Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

12/4/11

Ourense en color 1965

Entre as imaxes que estamos a recibir estes días, grazas a colaboración de todos vos, esta un pequeno lote de fotografías en color, que Don Guillermo Beszeda, tivo a amabilidade de deixarnos escanear.
A pesares de que non son das mais antigas, teñen un gran valor pra historia da fotografía na cidade.
A fotografía en color, foi no seu momento unha revolución no mundo da fotografía. En Ourense, como en todo o pais, os primeiros que se decidiron a utilizar a nova tecnica, tiñan que ter duas cousas principalmente, cartos e paciencia; supoño que xa vos imaxinaredes o porque do primeiro, como todo o novo, o comezo os precios estansomentes o alcance de alguns afortunados. O da paciencia, ven xustificado, porque o carrete tiña que enviarse os E.E.U.U. pra o seu revelado, co conseguinte prazo de demora.
Anos mais tarde, reduciuse o tempo de espera, porque comenzaron a montarse laboratorios de revelado en todolos paises.
Pois ben, polo que me contan o paso seguinte, foi popularizar a instalación deses laboratorios en calquera parte; en Ourense, (a falta dunha investigación mais exhaustiva), foi no 1965, cando comezaron a traballar eses laboratorios.
A fotografía de Don Guillermo Beszeda, corresponde a esa época, co cal e posiblemente das primeiras fotografías en color reveladas na nosa cidade.
O feito de que o fotografíado sexan as obras da nosa Torre, aportanlle outro punto de interese.
Unha fotografía semellante a esta saira publicada nestes días no diario "la Región", que tan amablemente esta colaborando co Arquivo visual Ourensán, na difusión e obtención destas imaxes.
Grazas a Don Guillermo, e a todo los que estan deixando as suas fotografías, e os poucos iremos dando a coñecer a todos os ourensans.

No hay comentarios: