Fotografías da colección particular de Don Pastor Fabrega Carballo.
Nesta imaxen, Eduardo Fuentes Canal Impartindo as primeiras nocions do esqui
Nestes días de canicula, pensei que poderia ser unha boa idea, traer unhas imaxes refrescantes; teño a sorte de contar con bos amigos, que me surten de material que eu considero de un gran valor historico, (historia proxima, pero historia), e vouvos mostrar unha parte das últimas que me deixou o amigo Pastor Fabrega.
Aproveitarei de paso, pra presentarvos a maoiria dos pioneros do montañismo e o esqui, en Ourense, uns rapaces que ala polo ano 1957, (pode que un pouquiño antes), con mais ilusión, que medios, empezaron a coronar as cumbres ourensans, e os poucos propiciaron o nacemento da estación de montaña do Noroeste español, Manzaneda.
Penso que todolos apelidos que eiqui van aparecer vanvos soar, xa que son de familas "das de sempre" na cidade; Santiago e Piloncha Tovar, Pastor Fabrega, Ramón Muñiz, Pablo Garcia Vazquez, Cristina Perille, Jorge Ouro, Jacobo Casares, Mº del Carmén Villalba, José Antonio Rumbao, Manuel Murias, Jorge e José Luis Gurriarán, os irmáns García Quintela, Carballo, Taboada, e algún máis que as présas non permitiron recoñecer nas imaxes, pero que en calquera momento o amigo Pastor, ou algún de vós iredes completando.
Na imaxén De Pastor Fabrega, un xoven Miguel Echegoyen, dirixindo o transporte dos esquis, cara o refuxio
Naqueles anos mediados os cincuenta, grupos de mozos de Ponferrada, o Barco e Ourense, grazas á afección dos irmáns Andrés e Nazario Villalba de Zamora, e a Don Gonzalo Gurriaran medico do Barco, (quen promoveu a construcción do refuxio de Fonte da Coba), puideron contactar con espazos naturais, practicamente virxes. Subir á zona, pra gozar daquelas neves que na primavera permitían deslizarse polas ladeiras, era xa en por si unha aventura, o tren ata Sobrádelo, a espera, ata que un camión louseiro descargase, pra amablemente, subilos na caixa ata onde a estrada permitíao, e finalmente coa axuda de animais, (como podedes ver na fotografía), facer o último tramo ata o refuxio.
Os irmáns Villalba, logo contaron ca axuda de Elias Gurriaran, Luis Carballo, e José Luis Tovar pra crear o Clube Pena Trevinca, que serviu de punto de encontro, pra os afeccionados dos deportes de montaña Ourensáns.
Para non estenderme demasiado, deixaraeino eiquí, pero noutro momento retomarei o tema, e falaremos do traslado a Manzaneda, xa que como vedes os comezos foron en Trevinca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario