Consejos y avisos

13/5/10

Caixanova o Caja de Ahorros Provincial de Orense?

Arquivo Pastor Fabrega Carballo
Non, certamente non cabe ningunha dubida, non e o mesmo.
Caixanova e unha entidad de rango superior, na que a Ourensana Caixa de Aforros, xuntou as suas armas, cas da Caixa de Pontevedra e a de Vigo. Estes días (ou meses), estamos a escoitar os problemas que esta a dar unha nova fusion cas Caixas do Norte, o que hoxe e Caixa Galicia.
Non teño ninguha intención de opinar sobre a conveniencia, nin o xeito de levala a cabo, o unico que si quero facer, xa que e competencia deste blog, e lembrar cal foi o orixe da nosa:

Caja de Ahorros Provincial de Orense. (C.A.P.O.)
As caixas de aforro, naceron pra facer fronte á necesidade de axudar ao pequeno aforrador; a inexistencia de sistemas de protección social, e o feito de que a banca privada, só mostraba interese pola empresa, e as grandes fortunas, levaron á clase política a mediados do século XIX, a fomentar a creación das Caixas de Aforros.
Os seus fundamentos pois, non buscan o lucro, senón o servizo á cidadanía, por iso nos seus órganos directivos, sempre estiveron involucrados os gobernos locais.
Cando no ano 1932, desde a deputación Provincial, Don Luís Fabrega Coello, impulsa a creación da Ourensá, Caixa de Aforros Provincial, buscábase, abrir unha porta a toda a cidadanía, para que co esforzo común, e unha "segura" política de investimentos locais, fomentásese o crecemento da Provincia.
Obrigado é recoñecer, que no caso Ourensán, tivemos que esperar ao boom da emigración, para que a nosa caixa vivise os seus momentos de esplendor, lonxe quedaban aqueles días, en que Don Luís achegábase á oficina da Caixa nos baixos da actual Deputación e logo de consultar como ían os movementos do día, (escasos ou inexistentes a maioría dos días), efectuaba un ingreso na súa conta.
A colaboración da Caixa, foi fundamental, para o crecemento das escasas industrias que se crearon na provincia, e pra a mellora na calidade de vida dos Ourensáns; a proximidade no seu momento foi fundamental.
Hoxe en día é evidente que non é viable un sistema case familiar, como era o da Caixa, pero algún modelo haberá que atopar, para que se poida seguir axudando ao pequeno empresario, e colaborar cos emprendedores locais.
Esperemos que esta nova fusión, sexa beneficiosa para toda Galicia, e as provincias máis desfavorecidas, non se vexan esquecidas por esta nova entidade. Por certo, escoitei que unha opción de denominación para o resultado desta fusión, era "Caixa Atlántica", se é así mal empezamos, Ourense e Lugo, non son precisamente bañadas por ese mar, que tal se lle pomos "Caixa Galega", ou aínda que se poida confundir cunha anterior, e ata coa catalá, chamarlle "Caixa de Galicia".
Na fotografía que vos mostro, feita o día da festa da inauguración (20 de maio de 1933), no deposito de auga de San Francisco, recoñeceredes entre outros, a Don Luis Fabrega Coello, Don Justo Mendez Aguirre, Don Eleuterio González Salgado (Leuter), Don Constantino Añel, Don Manuel Suarez Castro, Sr. Vidán (gerente de la caja de ahorros de Vigo, quien colaboro activamente en la fundación de la ourensana) etc.
se recoñecedes algún mais podedes mandarme o dato por mail, e iremos completando o grupo, non e sinxelo, xa que algún dos retratados, eran invitados de fora de Ourense, pero podese intentar non?

No hay comentarios: