Estou intentando facer unha pequena biografía de Don Ático Noguerol, e pra iso espero contar coa colaboración da súa filla, Dona Mercedes.
De momento e mentres busco tempo para facer esa entrada, tráiovos outro dos debuxos que Don Ático nos deixo, e a súa filla permitiu que estean en poder do Arquivo Histórico Provincial.
Non é o primeiro que aparece no blog e non será o último, a Don Ático como xa saberedes, gustáballe lembrar as cousas do Ourense antigo, e por fortuna gozaba dunha memoria fotográfica, nos seus debuxos; (nos que non tedes que fixarvos na calidade pictórica, senón no documento que polo reflectido representan), plasmou case fotografías de edificios e elementos cotiáns de outrora, con gran fidelidade.
No caso que hoxe nos ocupa, trátase da carreta que facía o traxecto Ourense-Verin, e Ourense- Santiago.
Por se non entendedes a letra de Don Ático, aquí tedes o texto explicativo, co que acompañaba o seu debuxo.
"Así eran os coches que iban á Verin y á Santiago, tiraban seis caballos, cada 3 leguas, mudaban los tiros, tardaban de 12 á 14 horas. Arriba era la Baca y delante de ella iba gente. Era de lona embreada y olia muy mal.
Y una de las diversiones que teniamos los chiquillos era el irlos esperar al Pte Mayor ó á Mariñamansa para venir montados en los estribos de atrás. Los rapaces que eran poco espabilados y no podian montar, se vengaban, gritandole al mayoral ¡ Tralla atrás ! y zurraban de lo lindo."
Como vedes Don Ático lembranos atá os cheiros daqueles tempos, noutras das suas laminas dinos incluso cal era a sua opinión, dalgún dos seus conveciños, "eran unas paveras", "un pollo pera", etc, pero co que os poucos imos descubrindo do autor, penso que non era un xeito despectivo de falar da xente, se non que eran adjetivos pra definir, o mesmo que hoxe decimos "e un pijo", ou "vai de emo" etc.
Outra das virtudes de Don Ático, era que gustaba de falar cos seus maiores, quenes de bo grado facilitabanlle datos que lle permitian logo, facer debuxos de edificios que el non chegara a coñecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario