Consejos y avisos

15/8/09

San Benitiño

Faleivos da sua faceta, de facedor de santos, na entrada do celebre Xan da Coba; esta é a imaxen que fixo do San Benito, pra venerar na parroquia de Santa Eufemia, onde si non me trabuco ainda ten que estar. (dende logo pouco sei de imaxineria, pero coido que non ten porque desmerecer de obras de mestres de mais sona).
A fotografía corresponde a unha publicación do ano 1931, e ainda que non o podo asegurar, o fotografo poidera ser don Leopoldo Villar (Foto Villar).
Don Xan era dende logo unha personaxe singular, pero na sua epoca non eran poucos os que se poidan cualificar coma tal, velai o amigo Paco Roque, ou o "Bastón" do Sr. Gayón, perdón, o Sr. Gayón co seu bastón, ou como non o gran Benito Mateos, homes dos que os poucos tentarei darvos algun dato, pra que vos fagades unha idea.

No hay comentarios: