Consejos y avisos

5/10/11

A peza do mes de Outubro

Tedes que desculparme, pero despisteime; esta entrada tería que habela feito onte martes, para que tivésedes tempo de planificalo, pero o descoido foi tal, que a última hora tiven que cambiar a orde das publicacións.

Como vos comentei o mes pasado, para min foi un agradable descubrimento, o acto de presentación da Peza do Mes que organiza o persoal do Museo Arqueolóxico de Ourense. E desde que coñezo da súa existencia, sempre que me é posible asisto a gozar desta actividade.

O feito de tardar tanto en descubrila, aparte de culpabilizarme a min mesmo, achácoo a que non é fácil conseguir que todos os interesados teñan a información precisa. Certo é que nos últimos tempos xurdiron e estanse desenvolvendo novos métodos de publicitar estas actividades, Tempo de Lecer, Mundourense, e algunha paxina web e publicación mais, inténtano, pero aínda así non se consegue chegar a todo o mundo.

En lugar de protestar, creo que vai ser mellor que entre todos e dentro das nosas posibilidades, todos contribuamos a difundir estas actividades. E iso é o que hoxe fago.

Hoxe 5 de Outubro, poderedes descubrir un dos libros que o noso Museo Arqueolóxico, atesoura, "Il Terzo Libro" de Sebastián Serlio. Un tratado de arquitectura imprescindible para os profesionais do século XVIII e ata para os do XIX. Pero mellor que volo explique dona María José Sierra, que é a persoa asignada polo museo para este traballo.
Lembrade hoxe ás 20,00

4/10/11

O tesouro da casa do Alba

Revisando os envíos que a miña irmá fíxome desde o mosteiro de Poio, atopei dous articuliños que falaban, aínda que achegando moi pouca información, da antiga casa da misa do Alba.
Esta construción, que durante bastantes anos, deu nome á actual Cardeal Quiroga/Alejandro Outeiriño, foi un dos meus obxectivos desde os comezos do blog. Non é que tivese moitas esperanzas de atopar imaxes dela, case podo dicir que a tiña conceptuada como os exemplares do El Gracioso de don
Xan da Coba, aínda que desde logo non tanto como as fotografías da primeira construción da nosa ponte romana. O caso é que grazas ao noso amigo Federico Román Alonso, e porque non dicilo, tamén a Don Marcelo Macías, (non estou seguro do nome do fotógrafo, polo cal non podo agradecerllo, é posible que fose un profesor do inst... non o sei, deixemolo aí), esa fotografía a chegado ás miñas mans e na entrada que nos facilito Federico facendo clic aqui podedes vela completa. Existe tamén unha ilustración que a mostra, pero ese é outro tema.
Imos á entrada que se non vai ser moi extensa.
No diario El Derecho de 25 de setembro de 1892, dannos conta, do achado durante a derriba da casa do Alba, de “... una cantidad respetable de monedas en oro y plata, acuñadas á principio del siglo actual”. Habemos de supor que ese tesouro, non pertencía á confraría da Misa do Alba, últimos moradores do edificio, se coñecesen a súa existencia, loxicamente levariannas con eles. Co cal os propietarios cos datos que nos achega Federico poderían ser os condes de Taboada, por certo, fundadores do convento de Oseira, ou os de Maceda, sexa como fose, dada a pouca información do artigo, descoñezo que se fixo con ese tesouro, pero me inclino a pensar que forme parte das propiedades do noso Arqueolóxico, preguntareino.

A outra noticia atopada, fálanos dun accidente laboral sufrido por dous dos canteiros que traballaban na obra, a referencia é tamén do diario El Derecho, pero esta vez de data 16 de decembro do 1892.

“Ayer han tenido la desgracia de caerse de una de las paredes de la casa que está edificando en la Plaza del hierro el señor Aperribay, dos canteros que allí estaban trabajando.
Con graves contusiones, fueron conducidos al hospital provincial."

Chámame a atención, que o diario soamente faga alusión ao Sr. Aperribay, cando polos meus datos na construción dese edificio, como demostran as inícialles gravadas na súa fachada, tamén participaron, os seus socios, Yebra e Pimentel.
Como vedes, máis que artigos, trátase de simples reseñas, e a pesar de que a primeira ten certo interese, non puiden atopar noutras publicacións da época ningunha referencia ao tema. Ao tratarse dun edificio tan singular, seguirei dándolle voltas ao tema.

O que se fixen, para ilustrar a entrada, foi xogar un intre co programa de retoque fotográfico, intentando poder mostrarvos o que debía de ser o aspecto que este edificio presentaba nos seus primeiros anos de existencia. Se comparades coa fotografía que me prestou Federico Román, o recorte que hoxe vos mostro, veredes a recuperación dalgunha das fiestras, e a apertura dun dos dous presuntos arcos que se adiviñan na fachada; o outro non o modifiquei de momento, porque estou intentando pescudar, se a pequena porta que se ve á dereita, puido existir nun principio, cousa que dubido, co cal é posible que a fachada tivese inicialmente soportais, como os edificios que lindan con ela.
Deixarémolo pendente ata a aparición de máis datos.

3/10/11

Hernan Cortes (Fernando Valcarcel)

Nova entrega do amigo Fernando, quen espero disculpe que as fotografías non sigan a orde do texto.

 A RÚA HERNÁN CORTÉS


Ás veces para entender o presente, precisamos viaxar cara ao pasado. Coa desapareción da maior parte da toponimia popular da nosa cidade, privousenos de coñecer o “modus vivendi” dos nosos antepasados, e, só algúns vestixios como a praza do Ferro, a rúa Liberdade ou a da Sal, entre outros (non moitos), perfilan no noso rueiro, un pasado case que esquecido.
Atrévome a realizar unha modesta achega sobre a rúa Hernán Cortés, que foi resultado da unión en 1178 de outras catro rúas: a da “Fonte Forcada” ou “Fonte da Arcada”, a de “Pena Vixía”, a de “Tras Palacio” e, a “dos Brancos” ou do “Macelo”.

O noso percorrido comeza na praza de San Cósmede e San Damián cara a praza do Trigo.
No lugar de saida (praza de San Cósmede e San Damián), no século XV atoparíamos a Porta e a Torre da Fonte da Arcada. A torre, tiña un carácter defensivo, e dende ela protexíase a entrada á cidade pola Porta da Arcada, situada ao comezo da actual “Hernán Cortés”.[Están documentadas ata trece destas portas de entrada á cidade , ademáis da mentada, estaban: A Porta da Corredoira (por onde entraban os campesiños procedentes das Caldas); a Porta da Burga (ao comezo da rúa da Burga); a de Cima de Vila (nas cercanías da Praza do Correxidor); a de Outeiro (sobre a ponte que salva o río Barbaña); a porta do Vilar (das máis concorridas, preto da igrexa da Trinidade por onde entraban á cidade gran parte dos produtos da horta e as leiteiras tras longas camiñadas pola estrada vella que unía Ourense e Celanova); a Porta da Aira (nun extremo da actual rúa Julio Prieto Nespereira, por onde entraban as rianxeiras que ían a Ourense dende Seixalbo, Zaín e San Cibrán polo camiño de Bo Nome); a porta do Campo ou Horta do Concello (que presidía a entrada da actual praza Maior); a porta de San Francisco (ao comezo da rúa da Estrella); a porta de Arcedianos (onda a rúa do mesmo nome); porta a Pía da Casca ou Fornos (cercana ao actual parque das Mercedes); a porta da Fonte del Rei (fronte á rúa Cruz Roja) e a Ponte Maior (ou ponte vella)].
Avanzando cara a praza do Trigo, a continuación atopamos a rúa “Fonte de Arcada” ou “Forcada”. Parece ser que esta desparecida fonte tiña un ou varios arcos (unha estructura “arcada”), que, lexitimaba a súa denominación.
A continuación enlazábamos coa rúa “Pena Vixia”. A pena que servía de observatorio para o control do acceso de xentes e mercadorías, cara ao “Palacio Episcopal” (hoxe Museo Arquelóxico Provincial e Arquivo Histórico Provincial), deulle nome á zona onde radicaba. Razóns de seguridade xustifican a existencias nas inmediacións da “Torre dos Brancos” que cumpría o mesmo cometido.
O seguinte tramo conformabao a rúa “Tras Palacio”, que se situaría nas traseiras do Museo Arqueolóxico Provincial (antigo Pazo Epíscopal). O Pazo estaba flanqueado por varias construccións defensivas xa que o bispo ostentaba un poder magno que se instrumentaba na elección do correxidor e outros cargos públicos, o cobro de impostos, a tarefa de lexislar e administrar xustiza,… , o cal suscitaba certas tensións co “vulgo”.
No derradeiro tramo, atopábamos a rúa “dos Brancos” ou “Nocelo”. Alí “operaba” o gremio dos carniceiros. Recibía este nome polos “bancos” onde se colocaba á mercancía obxecto de venda.
Outra acepción de “branco”, aplícase ao color, xunto co marelo e o mouro das reses vacunas, xa que era este gando o máis demandado xunto co ovino, posto que por aquel tempo o porcino consumíase moito menos.
Por “branco” nomeábase tamén un tipo de maravedí (recordar que os carniceiros conformaban un poderoso gremio, xa que, eran uns adiñeirados comerciais e, este poder económico (como hoxe pasa), dotábaos dunha gran consideración social).
Por todo o sinalado, calquera dos tres significados xustificaráin o nome, ainda que os entendidos na materia inclínanse pola primeira das opción que semella a máis lóxica.
Ademáis “nocelo” é sinónimo de “matadeiro”, e temos que recordar que os profesionais soían recibir as reses vivas, dábanlle norte, desfacíanas e vendíanas nos seus establecemnetos.

Para rematar, citar unha frase de Henri Bergson que nos convida á reflexión

"El Presente solo se forma del pasado, y lo que se encuentra en el efecto estaba ya en la causa."

2/10/11

Auria cumpleanos

Hoxe e domingo, e nos últimos tempos este día e o que aproveito pra facer a entrada da relación do Arquivo visual Ourensán cos medios de comunicación.
A de hoxe e unha nova feliz pra nos, e esperamos que agradable pra todos os lectores da Revista Auria que edita La Región, e entregaá como agasallo co seu diario, o ultimo domingo de cada mes, (este mes retrasouse, pra facer coincidir a saida da revista con meu cumpleanos.  E BROMA) . De non haber ningún problema, hoxe dous de Outubro, saira o noso primeiro artigo.
O de hoxe, realmente tratase dunha carta de presentación, que a todos os que saben de nos, ata e posible que lles soe. Pero resulta que temos claro que ainda queda moita xente por coñecer a nosa asociación.

A oportunidade que nos brinda Auria de achegarnos os seus lectores, intentaremola aproveitar, pra darvos a coñecer o noso traballo; que non se limita a buscar as imaxes, ainda que esa sexa a parte mais laboriosa e pesada. Logo de conseguila, e cando temos que traballar sobre ela. 
.-Describir o que se ve, e ubicalo (que as veces e bastante complicado, os seguidores do blog sabedelo)
.-Datala
.-Identificar o fotografo que a fixo etc, etc.
O mismo tempo, procuraremos ensinarvos imaxes doutra cidade, que foi, e que o tempo fixo que mudara, unhas veces pra ben e outras.....
Dalgun xeito teño que recoñecelo, o que buscamos e convencervos de que nos prestedes as vosas fotografías, pra entre todos chegar a facer o Arquivo visual Ourensán,  

Na revista que hoxe sae a rúa, iran varias fotografías, a modo de exemplo, e de entre elas, escollín esta, que si oresto dos socios esta dacordo, sera a primeira da que vos presentemos o estudio que cos nosos medios e escasos coñecementos sexamos quen de facer.
Desexamos que vos guste o resultado do noso traballo, e si nos botades unha mán, estaremosvos agradecidos.

A asociación ainda non ten un logo definitivo, e algun dia teremos que telo, si queredes, podedes botar unha mán, e enviar propostas. Este que poño e unha idea miña, pero non e mais que eso, unha idea, que habera que seguir traballando.

1/10/11

Historias Menores (Miguel Ángel Gonzaléz García) 24-11

Os poucos con estes textos de don Miguel Ángel Gonzalez Garcia, imos coñecendo pequenos detalles da nosa historia, que si non fora polo seu traballo, as mais das veces, perderianse. Polo que me contades, uns teñen mais interese que outros, pero xa sabedes o que se dice, nunca chove ao gusto de todos.
Estou seguro que cada libriño ten os seus seguidores. Disfrutadeo.
Pra leelo e / ou descargalo facede clic  aquí