Consejos y avisos

5/9/11

Curros Enríquez (Fernando Valcarcel)

Ano 1916 Eduardo Blanco Amor posando apoiado no monolito adicado a Curros

Empezan a ser costume as entradas enviadas polo amigo Fernando Valcarcel, e publicamente agradezollo; ogalla algún mais se animara a colaborar de xeito habitual, sodos moitos os que me enviades fotografías, pero textos vexo que vos da mais medo, e non ten por que ser así, eu no que poda estou disposto a colaborar, animadevos. 
Aquí tedes a entrada de Fernando  
O MONOLITO E A RÚA

(OU A MERECIDA HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ)

En 1880, trala publicación de “Aires da miña terra , o bispo de Ourense firma un edicto condenando o libro por conter “proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas, y algunas que merecen otra censura”. Secruestáronse os exemplares en poder do editor e destruíronse os moldes. Curros Enriquez foi procesado, condeado en Ourense e absolto na Coruña, consecuencia delo, perde o traballo na cidade da Burgas,e ten que marchar a Madrid.

Non será ata 1913, cinco anos despois da súa morte en La Habana, cando a nosa cidade lle rinda merecida homenaxe coa colocación dun monolito “in memorian” na marxe ourensá do Miño, ao pé da ponte maior. O acto estivo amparado polas poetisas Sofía Casanova e Filomena Dato,e, os literatos Antonio Rey Soto, Ramón Fernández Mato e Eugenio López Aydillo, entre outros. Nada se sabe do destiño do bloque de pedra tallado polo canteiro López, que, coma a farola dos xardíns das Burgas, as vellas placas sinalizadoras das rúas, as cartelas anunciadoras, ou o empedrado da praza das Merdedes, pezas do noso patrimonio disipáronse entre o tempo e no olvido.

En xuño de 1925, prodúcese a “reconciliación” do poeta celanovense con Ourense nun acto de recoñecemento público celebrado no teatro Principal. Dende esta data, a céntrica rúa que dende 1918 se denominou Avda de Wilson, na zona do “Ensanche”, que discurre entre a actual rúa do Paseo e a Ponte Nova pasara a chamarse rúa de Manuel Curros Enríquez.

Para ilustrar esta entrada optei pola foto do monolito na que posa apoiado o noso ilustre veciño Eduardo Blanco Amor, dado a singularidade da imaxe, fronte ás múltiples e variadas perpectivas que este blog nos amosa da rúa antes mentada.

4/9/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXVI)

Xa andaba polo blog o amigo Pepin, pero durante a exposición a sua dona Olga animouse a deixarnos mais fotografías deste deportista ourensán. Recupero parte dos datos que na outra entrada din de Pepín.

" Ourense non deixa de ser unha pequena cidade, en canto a número de habitantes, iso xa de seu é un hándicap, sobre todo no mundo do deporte, o feito de que alguén sobresaia, sempre vai unido a un gran esforzo individual que supla as carencias, (de instalacións , axudas etc).

Jose Vicente Mendez Novoa (Pepín)

É un exemplo deste problema, dende os 15 anos a competido a gran nivel, Campión Galego varios anos, tanto en individual como en dobres (masculino e mixto), chego a ser seleccionado pola Escola Blume de Barcelona, onde se relaciono coas grandes figuras da época. Actualmente continua ligado ao Tenis como adestrador (Titulo de monitor nacional dende o 73), adestrou a figuras como Marta Alastrué, e traballa cunha canteira de posibles figuras da cidade."
Ainda volveres ver a Pepín por eiqui, xa que deixaronme unhas cantas fotografías, o final vou ter que cobrarlle pola publicidade.

3/9/11

Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense 9 (M.A. Gonzalez Garcia)

Mi intencion era que pudierais disfrutar de alguno de estos textos durante las vacaciones, pero la informatica este verano no ha querido estar de mi lado, y me ha sido imposible. Ahora ya con todo casi solucionado, retomare la publicación de estos breves pero interesantisimos trabajos de don Miguel Angel Gonzalez García.
Recordad que podeis leerlos en la web, o descargarlos para poder guardarlos en vuestro ordenador.
Aqui os dejo el archivo  Fai clik pra ver o documento  .

2/9/11

Corrixindo un erro

Os cadros que acompañan esta entrada modifiqueinos de xeito informatico, dandolle un tratamento fotografico de envellecido, paga a pena intentar ollar os orixinais.
O mes pasado, tiven a fortuna, de poder ofrecervos unha entrada escrita polo profesor Xabier Limia Gardón, que nos falaba de Don Vicente Risco; e por descoñecemento, tiven un erro. O facer a referencia o seu blog, fixen o enlace o blog que por cuestions laborais, mantén xunto con outros compañeiros do colexio Maristas.
De xeito persoal, o profesor e critico de arte Xabier Limia, agasallanos con este blog, Fai clik, asegurovos que vos vai gustar. (Tedes tamén un enlace fixo o seu blog "Do gran ó pan" na barra lateral deste blog)

Aproveitando as visitas que dende que o coñezo, fago o seu blog; estou a descubrir artistas que pola miña torpeza, descoñecia; e de certo que o sinto. Procurarei estar mais atento.
Ese e o caso do fantastico Manuel Vidal, do que vos mostro unha adaptación (chapucera das miñas) da súa Praza do Ferro. Non vos mostro os orixinais, pra dalgun xeito obligarvos a indagar na sua obra. O mesmo que fago cas outras duas dun estilo semellante, pero que a mín "encantanme".

Pra que me coñezades un pouco mellor; comentareivos que nos temas artisticos, somentes me atrevo a facer comentarios personais, e acepto todalas opinions. Os meus comentarios son tan sinxelos como: Gustame, non me gusta; e nalguns casos como o destes artistas que vos mostro hoxe "encantanme".
Pra ver a obra de Pannini teredes que visitar o Louvre, e os outros buscalos en exposicions, (de Antonio Lopez, tedes estes días ata o 25 unha exposición no Thyssen de Madrid, e, de Manuel Vidal terei que investigar pero cando o sepa direivolo).

Remato pedindo novamente disculpas o profesor, e adiantandovos, que se comprometeu a facer mais colaboracions co blog. Os poucos grazas os colaboradores ira collendo calidade.  Grazas

1/9/11

Xa non estan


Escribir entradas como a de hoxe, é moito máis difícil do que eu pensaba.
Certo é que me gusta recordar escenarios e xente doutros tempos, pero dalgún xeito na maioría dos casos, é algo que a distancia no tempo fai sinxelo; tes o recordo, pero non a dor; é só iso, recordo.
Como é habitual, xa estaredes pensando en que se me foi a olla; pero espero que entendades o que quero dicir.
Nos últimos meses, demasiadas persoas próximas fóronse; nalgún caso eran persoas das que só coñecía a súa obra, e aínda que tiven algunha posibilidade de falar con eles, non foron máis que saúdos de cortesía, falo de Don José Rodríguez Bouzo "Foplas" (tedes unha entrada dedicada a el no blog, obra de Xosé Lois Carrión quen se o coñecía ben) e de Pepe Perla; con Pepe puiden falar un pouco máis, non moito, pero o suficiente como para notar o seu amor por Canedo.
Os outros casos eran máis próximos no persoal, e por iso fáilleme máis difícil falar deles. De feito pouco máis vou facer que citalos. Pablo Pascual, un home de 20 anos, que estará para sempre no corazón de todos os que o coñeceron, e María José, ou mellor dito María Xosé Camba, unha das miñas profesoras de Instituto, da que teño moi agradables recordos; gustaríame contarvos algún dos detalles, pero sinceramente non teño humor estes días, mais adiante veremos.
Por desgraza a relación non acaba aí, falta outra persoa coñecida, por mín e moitos de vós, pero de quen por fortuna non teño que falar, os seus netos fixérono por todos, e realmente nas súas palabras queda reflectido o sentir de moitos dos que o coñecemos.
Para non alargalo demasiado aquí déixovos as palabras do seu neto. Gozádeas.
             
Se nos fue Segis, el maestro, el padre, el abuelo, el hombre. Su vida fue la música y se lo llevó una música dulce, suave, un sueño que dio paso a otro más largo en el que nos espera dando clase allá en donde esté a nuevos alumnos que ahora disfrutan de sus enseñanzas y su sencilla forma de ser un buen hombre, sabiendo que aquí deja nada más que buenos recuerdos, anécdotas a miles -que servirían para llenar miles de entretenidas páginas de una biografía plena-.

Abuelo, fue un orgullo ser tu nieto, y ver cuántas personas te querían. Y como sé lo mucho que te gustaba la música y la poesía -música al fin, pero de las palabras- quiero darte el último beso con una. Espero que se la enseñes allá arriba a todos, como enseñarás las que nos recitabas a todos (recuerda 'as cebolas', a Ponte Pedriña... y esa forma tan dulce de cantar 'a dónde vas, Mari-i-a ...')
Un abrazo de tu nieto 'Barbastristes', y de quienes no te olvidaremos.
ABUELO
Hoy se quedaron mudos los pájaros, los ríos,
el bullicio de gentes que alegran las aceras;
hasta el mismo Morfeo te ayudó a que murieras.
Te vas como viviste, sin ningún vocerío.
Dejarán de cantarte las farolas, los muros,
sin golpes de bastones que les saquen sonido;
en la Ponte Pedriña no aceptan que te has ido
y habrán de recordarte en estos días tan duros.

Completaste una vida plena hasta tu partida,
y sé que mucha gente te estará agradecida
pues fuiste un hombre bueno con extraños y afines;
dejas huérfano al mundo de tu música y tallas,
por eso, aunque nos cueste... es normal que te vayas
al Cielo a enseñar música a nuevos querubines.

Aproveitando a xenerosidade da familia de Segis, volvera a aparecer dentro de uns días no blog.