Consejos y avisos

28/7/11

As festas de Santiago con retraso

Atopei este fin de semana a un dos lectores do blog, (bo a verdade é que atopeime con varios, xa que estes días é máis fácil vervos pola costa, que pola city; saúdos a Xullo Freijido, Guede, Benito etc.), e como bo pontino, amargamente queixábase de non poder estar nas festas do barrio este ano, polo menos dicíame, a entrada do blog será da ponte?.
Vino tan apesadumbrado, que logo de confesarlle que non, que a entrada programada era doutro tema, e comentarlle que eu sempre procuraba afastarme da actualidade, (pra iso están os xornalistas), comprometinme a que a seguinte seria do seu barrio.

O problema é que non tiña nada preparado, e poucos medios pra preparalo; por todo iso, aproveitando esta fotografía que me deixou Javier Torres, cumpro o meu compromiso, e deixo o comentario para outro momento.
Aínda que penso que esta fotografía ben merece que a contempledes un intre, apreciando os múltiples cambios que sufriu esta zona do barrio, e máxime pensando nos que se lle aveciñan.

Esta era a Avenida de Marín nos sesenta, en fotografía obtida por Augusto Pacheco, intentade pasar por alí e facede unha estes días, porque posiblemente nun ano ou dous o aspecto que ofreza sexa moi diferente. o meu consello e que nesto vos fixedes na beira rua da dereita, hoxe totalmente construida; e na que obteñades vos hoxe, que vos fixedes na da esquerda, xa que polo que parece esa e a que vai mudar radicalmente.  

25/7/11

Agradecemento a Poio

 Sabedes que no verán adoito ser un pouquiño máis permisivo, con certos temas, e un deles, é o de abrirlle a porta a outras zonas distintas á nosa provincia.
Hoxe síntome obrigado a darlle o meu máis sincero agradecemento aos Padres Mercedarios custodios do Mosteiro de Poio; en primeiro lugar polas facilidades que lle están dando á miña irmá Beatriz (a ela tamén lle dou as grazas, pero xa se sabe a familia?.), para que poida investigar nos magníficos fondos que alí se conservan.
E en segundo lugar, por conservar a base do seu esforzo, a biblioteca do mosteiro, é conseguir que sexa unha das mellores que hoxe en día temos en Galicia.
A orixe da biblioteca podería dicirse que é tamén o das facultades de Dereito e Medeciña de Santiago de Compostela; desde que no ano 1482 os Mercedarios se instalaron no convento de Conxo, (anteriormente habitado polas monxas Benedictinas), comezaron a formar a sua excepcional biblioteca; durante anos, acrecentaron o volume e a calidade dela, mais foi a partir de 1649, data na que conseguiron a creación das dúas facultades en Santiago, cando se envorcaron na súa ampliación, para colaborar na preparación dos estudantes que aloxaban nas súas dependencias.
En 1835, coinciden, non por casualidade, senón por causalidade dous feitos significativos: os benedictinos de Poio, teñen que abandonar o seu convento, e os Mercedarios de Conxo, o seu; a causa foi a desamortización de Mendizábal. Os Mercedarios conseguen quedar ao cargo da parroquia de Conxo, volvendo anos máis tarde ao mosteiro (aprox. 1881).
Posteriormente en 1890, os padres aceptan o seu traslado desde Conxo, ata Poio, para deixar o Mosteiro ao cargo da Mitra compostelá, que quería instalar o sanatorio psiquiátrico.

Desde ese momento a biblioteca alcanza por fin unha situación estable e segura, polo que recupera o seu esplendor, e da man dos padres, aumenta o número de volumes, e con eles a calidade da propia biblioteca. O último fito a comentar, é o que máis o relaciona co meu interese en explorar esa biblioteca, e trátase do feito de que en 1958, reciben a doazón do bibliófilo Ourensán, Don Antonio Rei Soto, formada por gran cantidade de exemplares de prensa ourensá histórica, e exemplares bibliófilos de altísima calidade que don Antonio fora recompilando en vida, coa colaboración de dona Angelita Varela.

Reitero o meu agradecemento, aos Padres Mercedarios, que na persoa do padre Jerónimo, están proporcionando todas as facilidades ao traballo da miña irmá, á que espero que Deus llo  págue, ela xa sabe que estes traballos, só contan coa remuneración do agradecemento.
A portada que vos mostro, e a postal, son da colección que a Heliotipia Hallmeyer e Gautier fixo nos anos vinte do Mosteiro  

Espero non haber tido excesivos erros neste pequeno relato da historia da biblioteca, pero algún dos datos foime imposible contrastalo debidamente, eiqui vos deixo o enlace a web do Mosteiro, que supoño que sera totalmente fiable, e penso que non contradice os meus datos.
* fixen unha pequena corrección o día 28 de xullo, por datos aportados polo padre Jeronimo, a quen de novo agradezolle a sua colaboración.  

20/7/11

Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense


Unha das ideas que teño pra estes días de descanso, e propoñeros leer estas pequenas obras de Don Miguel Ángel Gonzalez García, e si teño tempo de facer o escaneado, por descontado que alo menos una ou duas poderedelas consultar; teñen a vantaxe da brevedade, co cal e unha lectura apropiada pra calquera sitio, non e complicado imprimila, e levala a praia.
A de hoxe e a pprimeira que vos ofrezo, da serie "Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense", e a proxima intentarei que sexa da serie "Notas de patrimonio Auriense"; praque vos vaiades familiarizando con todas elas. Disfrutadea.  

Xa sabedes ata finais de Agosto, as entradas seran menos, e os días procurarei que sexan os luns e xoves. Pra calquera cousa tedes o meu mail a vosa disposición.
Pasadeo ben, se podedes.

19/7/11

As obras do viaducto ano 53~

No mes de marzo, pusenvos outra fotografía das obras do viaducto, e xa daquelas comentaba, que ia ter que revisar as entradas que falan desta magna construcción, dado que penso que algunhas teñen erros.
Nesa misma entrada, xa tiven outro erro, cando digo que debo ter unas dez fotografías do seguemento das obras, e penso que nos baixa das quince.
De comezar as obras realmente no ano 13, no que se empezo a traballar no proxecto, de seguro que non teriamos hoxe unha colección tan boa do avance das obras. Pero esa espera, que os nosos concidadans deseperou, a lo menos pra nos tivo algo bo, a fotografia foise popularizando, e a maiores das imaxes obtidas polos profesionais, que non son poucas; unense as dos afecionados, que dende os anos coarenta, floreceron de xeito exponencial, (nada semellante o de hoxe en día, que todo o mundo anda ca camara no peto; bó mais ben co mobíl con camara).
Dese grupo de imaxes e a que vos presento hoxe, feita polo pai do amigo Pastor Fabrega, mais ou menos no ano 53, a estructura metalica xa estaba rematada, e xa se via caseque todo o encofrado pra botar o cemento. 
Como xa vos dixen dende o día vinte reducirei as entradas, esperando que por fin chegue o verán; e ata mais ou menos finais de agosto, non retomaremos a frecuencia diaria, para que non nos botemos moito de menos, tentarei facer duas entradas o longo da seman, pero si vedes que algunha non sae, agardo que seades benevolentes.
Si podo os días de publicación seran os luns e xoves. Pero o meu correo estara a vosa disposición a diario. 

18/7/11

Danos colaterais

Ando estes días cos asuntos da cronica negra ourensá, pero non quero poñer de golpe tantas historias, non precisamente agradables, terremotos, suicidios, revoltas, incendios etc, os tempos non estan pra eso.
Esta fotografía puidendo incluirse nesa cronica negra, vouna salvar, xa que realmente non se trata de algo directamente relacionado co tema, senon que como digo no titulo, tratase de danos colaterais, eses que collen no medio o que lle cuadre. Nesta ocasión os perxudicados sen comelo nin bebelo como se adoita decir, foron os Irmans Maristas, na sua primeira etapa, de feito estaban estreando o seu primeiro edificio na rúa Vicente Perez, (xa todos o tedes claro, pero por si es caso, lembrade que é onde hoxe esta a Delegacion de Defensa).
O día vinte e dous  de abril do 1909, no convento de Oseira, produxeronse uns feitos traxicos que acabaron ca vida de nove persoas, a mans das forzas do orden; a causa foi un desencontro entre os veciños de Oseira (Cea), e o Bispo Illundaín. 
A historia como vos digo trataremola noutra entrada, (na rede podedes atopar moitos comentarios e referencias), hoxe somentes queria aproveitar esta fotografía que no seu día publicou a revista Vida Gallega, e mostra o estado no que quedou o primeiro colexio dos Maristas.
Logo dos lamentables feitos, os cidadans de Ourense, deciden manifestarse en apoio das victimas, e contra do Bispo, o día nove de Maio; os animos quentanse, e o que ia ser unha manifestación pacifica convirtese nunha revolta, na que os edificios relacionados co Bispo e as autoridades, pagan as consecuencias. 
O bispado foi un deles, a casa do concello e  o goberno civil, (daquelas no edificio da Deputación), outros, e de rebote tocoulle o turno o colexio dos Maristas, supoño que por dous motivos, un o de ter o seu caron, o edificio do Circulo catolico de Obreros, (onde o Bispo tivera reclutado os carpinteros que foron desmontar o baldaquino orixen de todo o conflicto), e  outro por ser o edificio, propiedade do Bispado.
Sexa como fora os cristais do colexio pagaron as culpas, (por fortuna non houbo que lamentar nas revoltas danos personais), como podese apreciar na fotografía.
A fotografía corresponde o dia vinte de maio, e ainda se pode ver que o edificio tiña os cristais rotos, e un vixiante de reten.