Consejos y avisos

1/3/11

Os "coches" do futuro

 Turismos do ano 1926
Supoño que andaredes todos o mismo que eu, preocupados, pola situación economica que estamos a pasar, e o que queda por pasar. Por se non o sabedes, recordovolo eu, neste blog, non esta permitido facer comentarios que se podan interpretar en tono politico.
Respetando a norma, pero aproveitando que esta en boca de todo o mundo o tema dos limites de velocidade. Gustariame ver si existe a posibilidade, de que xa que non vai importar a velocidade dos automobiles, non seria posible rescatar o estilo dos chamados "Vellos cacharros"; entendo que co limite a 120 Km/h, estes sean un estorbo nas carreteras, pero si baixamos un pouquiño mais o limite, (se a 110, forramos 300000......€, se o deixamos en 55, forraremos 600000....), con esas velocidades xa non haberia ningún problema por ir en caravana, un Hispano Suiza, cun Lamborghini. Recoñezo que posiblemnente estes fermosos cacharros non son precisamente austeros no consumo, pero esteticamente non digades que nos seria unha maravilla, e sempre queda a opción de adaptarlle, un motor dos modernos, ou non?
Por si e factible a idea, a maiores das fotografias que nos deixou o Sr. Pacheco, (non poño nome, porque ultimamente teño moitas dubidas a hora de atribuirlle a autoria a Don José, ou o seu fillo Augusto, neste caso eu diria que son de Augusto, pero o selo di Don José). Deixovos este video que atopei no YouTube. Penso que vos vai entreter todo, pero gustariame que prestarades atención, a unha parte que esta no min. 1,05, ten o titulo de "The Motor Car designed for the women"; pra mín espectacular.     

28/2/11

Un Chalet na Avda de Buenos Aires

Levaba tempo esta fotografía no meu arquivo, e pensei que a tiña ubicada, vai ser que non esta tan claro.
Co gallo de localizar Villa Amelia, que como sabedes quedou identificada o luns da semana pasada; andiven revisando, e fixeime que onde eu pensaba que estaba este chalet, vai ser que non e.
A primeira ubicación, era na maza de edificios que estan na Avda de Buenos Aires, entre a nova urbanización de Xoan de Novoa, e Emilia Pardo Bazan. Agora as dubidas levanno a un pouquiño mais adiante e na beirarua de enfrente, ou preto do cuce de Celso Emilio Ferreiro, ou a rúa Noriega Varela.
Como xa fai moito tempo que por non poder atender os vosos mails, non vos poño traballo, vou intentar que seades vos os que me despexedes  as miñas dubidas.
Se podedes decirme onde estaba exactamente, agradeceriavolo, pra que teñades mais datos, seica ahí o lado na casa que soo se ve a parede blanca, estaba Fajauto na sua primeira localización na cidade.

As respostas o mail ourensenotempo@hotmail.com

27/2/11

A electricidad

Esoutro día un bo amigo fotografo de profesión, ensinoume un aparello dos que usaba o seu pai, pra retocar as vellas fotografías; un atril ou mesa de retoque, e como en moitas ocasions que me deixo levar pola miña memoria de pez, metin o zoco.
Eu dixenlle que eses aparellos funcionaban grazas a un espello que reflexaba a luz do sol, co cal ese tipo de traballos soo se podian facer polo día, e il deciame que o aparello non levaba espellos, que utilizaba a luz electrica.
Tiña toda a razón, os primeiros aparellos era como eu decia, pero loxicamente os avances da ciencia, foron permitindo que tamén estes aparellos tiveran a sua evolución, o seu avó, ou o seu pai, dous dos millores artistas da fotografia que tivemos na cidade, fixeronlle no seu momento un invento ao "Atril de Retoque", que permitia traballar ca luz electrica, co cal sobraba o espello.
Xa aproveitando e por se non o sabedes, en moitas das cidades un dos primeiros negocios que instalou a luz electrica, foron os estudios fotograficos, pra eles era un avance indispensable.
Pode que algún ata montara un grupo como este que se anunciaba na prensa o ano 1898.
Por certo o amigo fotografo por si queredes sabelo e Ernesto Schreck Mata, que ben merece un pouquiño de publicidade, polos traballos que presta o Arquivo visual Ourensán.
Pro mercores

26/2/11

Olladas dunha época

Con duas semanas de retraso, pero o fin falovos deste fermoso libro de fotografias.
O libro podese considerar o catalogo da exposición Tui Olladas dunha época, que ca colaboración da Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes e Imaxe, presentouse en Santiago de compostela en decembro do 2009, e meses despois en Tui.
A exposición, tiña como objetivos, conmemorar a Exposición de Galicia do 1909, e o mismo tempo, lembrar a figura dun dos millores coleccionistas de arte galegos, o avogado Tudense, Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez. Pero non me quero repetir, e de Don Ricardo xa vos falei fai moi pouquiño, podedelo ollar facendo clic eiqui .
Hoxe quero aproveitar este maravilloso catalogo, pra comenzar a adiantarvos algún dato ao redor dun libro que en pouco tempo (cun pouco de fortuna a mediados de Marzo), terei o honor de presentarvos xunto cos amigos do Arquivo Visual Ourensán.
Sin entrar en profundidades; a historia da fotografía en Galicia, penso que si alguen quere facela, tera que ter moito coidado, de non errar, o atribuirlle ubicación a moitos destes profesionais.
Explicome, no fondo Blanco Ciceron, como moi ben nos dín Maria Reis Camiña, Belén Saenz-Chas e Fernando Acuña, autores do texto, conviven fotografías, por exemplo de Gervasio Alonso Montenegro, iste profesional, podovos decir que perfectamente pode figurar na lista dos artistas que traballaron na zona de Vigo, e Pontevedra; pero perfectamente pode aparecer tamén no listado dos que traballaron en Ourense; sen embargo, na maioria das investigacions, falase case que soo, do seu traballo na rexion Andaluza, onde chegou a ter gran sona en Xerez. Semellante e o caso de Pedro Varela Ulla, (autor da magnifica imaxen, que se presenta na portada do libro), a quen podemos ubicar tanto en Lugo, como en Ourense, ou Tui, e finalmente asentase na cidade de Valladolid.
A causa e ben sinxela, nos comezos da fotografía, a maioria dos profesionais, tiñan que desplazarse dunha cidade ou vila a outra, a fin de poder vivir do seu traballo, a economia de finais do século XIX, non permitia que fora masiva a afluencia a os estudios fotograficos, polo cal eran eles os que collian os bartulos e buscaban os clientes.
Temos datos desa costume xa ata comezos do século XX, e así como un profesional da talla de Don José Gil, no 1904, ainda seguia con ese sistema de traballo. Certo e que se sabe de estudos estables con anterioridade, no caso de Ourense, dende o 1881, pero sempre con moitas dubidas, a hora de facer afirmacions, debido a esa mobilidade.
Deixareino por hoxe, pero seguiremos co tema mais polo miudo.

25/2/11

Terceiro curso do Instituto 40-41

Deciavos onte, que a ver se colliades carrerilla e seguiades enviando colaboracions. O caso e que cando pensaba que o venres ia ser cousa miña, e de feito xa estaba a entrada preparada, recibin esta fotografía cos fantasticos datos, que vos mostro. Sabedes que procuro alternar os temas, pero neste caso penso que o merece.
De agasallo de nadal, o amigo José Manuel Perez Vazquez, amablemente deixoume esta fotografía, que xa vos mostrei daquelas; pra mín xa era unha maravilla e ao pouco tempo ainda foi millor, xa que me permitiu poñerlle cara a Don Juan Saco, e a Don Jesus Soria, (grazas o meu amigo Andres I.). O amigo José Manuel aproveitando a memoria prodigiosa do seu pai, seguiu co traballo de identificación, e grazas a él podemos recoñecer a estes ourensans, que de seguro vaivos soar algún. Pola miña parte agradezolle que identificara a unha xovenciña Mª Teresa Delgado, dona de Don Xesus Ferro Couselo, e miña profesora do Instituto.
Eiqui vos deixo os nomes:
1. DANIEL VAZQUEZ
2. ¿
3. D. JUAN SACO MAURESO CATEDRATICO DE LATIN
4. D. GERMAN GUTIERREZ PROF CIENCIAS
5. RAMON SABUCEDO
6. FELIPE CRIADO MARTIN (PINTOR)
7. AVELINO FERNANDEZ OTERO
8. JOAQUIN RODRIGUEZ GONZALEZ
9. ¿
10. ENRIQUE REY LORENZO (PSTE. ONCE EN VIGO)
11. CESAREO PEREIRA RODRIGUEZ (O MELIAS)
12. JOSE FERNANDEZ VAZQUEZ
13. RAMON ALVAREZ QUESADA
14. MANUEL QUESADA ALVAREZ
15. AMADOR GONZALEZ ORDOÑEZ
16. SALVCADOR FERNANDEZ VAZQUEZ
17. BASILIO
18. SERGIO CANAL
19. CASTELAO
20. D. JESUS SORIA .CATEDRATICO DIBUJO
21. EFREN BORRAJO DACRUZ
22. EDUARDO PEREIRA AMADO
23. JOSE ANGEL VALENTE DOCASAR
24. GUSTAVO SOTELO PARAMO
25. STA. BARRETO (PROFESORA)
26. DOÑA Mª TERESA DELGADO (PROFESORA)
27. BERNARDINO GOMEZ IGLESIAS
28. LUIS DIEZ VIGO
29. MARTIN FERNANDEZ
30. YEBRA
31. SERVANDO ELLACURIAGA TESOURO
32. CESAR OLANO GURRIARAN
33. ALBERTO MEIJIDE
34. JOSE PEREZ DOMINGUEZ
35. D. LUIS SEARA BRULL
36. RAMIRO FERNANDEZ
37. EIRIZ
38. LUIS BECERRA GIL
39. ANTONIO MUÑOZ QUINTAIROS
40. JUAN FERNANDEZ PENEDO
41. ENRIQUE TOBAR BOBILLO
42. JOSE PEREZ RODRIGUEZ (EL DE LA MEMORIA INCREIBLE)
43. AUGUSTO GONZALEZ SEARA
44. ISIDRO FERNANDEZ
45. D. JAIME PEREZ-COLEMAN

Grazas de novo a Don José Perez Rodriguez, e o seu fillo José Manuel Perez Vazquez.