Consejos y avisos

1/11/09

Día de tódolos Santos

Sempre fun da idea, de que os días de... non son necesarios.
Calquera día é bo pra ter un detalle coa xente que aprecias ou queres, ou como no caso do día que hoxe se celebra, pra ter un recordo cara aos que xa non están connosco.
Pero bo, xa que estamos, aquí déixovos un dos meus recordos, cara a alguén querido, que xa non está.
Esta fotografía é unha das que con máis agarimo gardo, quero supor que eran momentos felices pra esa parella, que de vacacións, paseaba polas rúas da Coruña; non o sei de certo, pero calculo que seria nos anos 40, despístame que neses anos puidesen viaxar tan lixeiros de "equipaxe", xa tiñan algún "vulto" ás súas costas.
O que sempre me chamou a atención era o aspecto tan moderno, (e case que se podería dicir "actual"), que lucía Don Antonio, e o contraste que facía, co elegante modeliño da miña querida Ramonita.
Santos 2009

31/10/09

Crónica de los Obispos de Orense (1897)

Sabedes que non me custa nada agradecer a colaboración que me prestades, sen ela non sería quen de seguir achegando entradas ao blogue.
Neste caso o agradecemento, como en moitas outras ocasións, vai dirixido a Don Amador Rego Villar-Amor, home polo que sinto unha sa envexa, por varios motivos, pero o principal, é a extraordinaria memoria da que goza; el prestoume este magnífico exemplar, que me vai permitir, mellorar en gran medida o episcopoloxio que podedes ollar no blog, aparte de darme pé pra unhas cantas entradas.
O libro en cuestión, espero non equivocarme, é o primeiro episcopoloxio escrito sobre a diocese de Ourense; o seu autor, Don Benito Fernández Alonso, historiador (pertencente a Real Academia da Historia), foi vocal da comisión Provincial de monumentos, e Cronista da Provincia; dedico o libro ao Ilmo. Sr. Bispo Doutor Don Pascual Carrascosa, quen ocupaba a cadeira episcopal naqueles anos.
Imprimiuse na empresa Ourensá "El Derecho" (Padre Feijóo 7), o ano 1897.

30/10/09

O matasellos de Villaza

Desas cousas, que algúns gardamos, case sempre por unha motivación sentimental, quérovos ensinar hoxe esta, digamos carta, que me presta o amigo Afonso Bayón.
Non é máis que un papel, como diría máis dun, pero ten algo especial, o cuño é do pobo de Villaza, ao cal está moi vinculado Alfonso.
O caso é que se vos fixades pode ser que ao amigo Secundino Lorenzo (Chicho), (do que tedes varios enlaces ás súas páxinas á dereita do blogue), tamén lle resulte interesante este simple papel, xa que por algún motivo cítase ao pobo de Alberguería; e enlazando con este segundo pobo, seguro que ao amigo Lisardo Mazaira, (o meu mellor colaborador), tamén lle toca un pouco a fibra, xa que ese era o pobo da súa señora.
Parece mentira, un simple papel, sen valor económico, e con todo que poida ter gran valor, ¡non todo é diñeiro!.
As explicacions escritas a maquina debaixo da carta, son do propio Alfonso.

Fútbol dos 50

Levaba tempo sen traer ao blogue imaxes futboleiras, pero revisando fotografías, en busca dalgunha que ilustre unha entrada do Seminario, entre as que me prestou o meu amigo Andrés Iglesias, atopei esta bonita imaxe.
O marxe de poder verse o edificio do Seminario, só a falta de remates, (faltábanlle fiestras na planta superior, o cal fai que se poida datar a fotografía, aproximadamente entre o 1952, e o 1953); temos en primeiro plano aos aguerridos xogadores do A.D. Couto.
Varios detalles chámanme a atención, e fanme pensar que este equipo, mais parecíase ao Alcorcón, que ao Real Madrid (non vai con segundas); se vos fixades na indumentaria, as camisetas, non debían de ser suficientes para todos, xa que un dos xogadores aparece a peito aberto, ("ai esso si", tentando ocultarse detrás do grupo), e outro cunha camiseta diferente; no tema pantalóns, a escaseza xa era maior, podedes ver que se alternan as cores case por igual; outro detalle moi significativo, tédelo no centro da imaxe, ademais dá a impresión de que xa se colocaron así á mantenta, o cuarto de pé pola esquerda, loce unha tirita na cella, ao seu lado un compañeiro, a modo de cinta de pelo, leva unha vendaxe, e o seguinte polo si ou polo non, xa vai xogar con casco (boina).
Pra rematar, fixarvos no que supoño, é masaxista ou utillero, (non o teño claro), a fúnda é de mecánico, e as "pantuflas" que gasta a pesar de ser un marabilloso invento que perdurou no tempo, non creo que desen bo resultado os días de choiva.
Bromas aparte, un cariñoso saúdo o amigo Andrés e a súa dona, que andan estes días preocupados con asuntos de saúde.

29/10/09

El Circo de los Horrores "Psicosis"

Como se adoita dicir, a actualidade manda, e non podo pospor máis esta entrada.
Fai xa uns días, ofrecéronme unhas "antigas" fotografías dun amigo, pero a falta de tempo, fixo que aínda non estean no meu poder.
O caso é que de hoxe non pode pasar, co cal, aínda que sexa unha entrada diferente ás habituais do blogue; hoxe visítanos "Suso Clown".
Suso Silva, (polo seu verdadeiro nome, Jesús, só recordo que o chamasen, os profesores do colexio, e os do instituto, e non todos), é un deses ourensáns que por seguir a súa vocación, non ten máis remedio que pasar a vida viaxando; logo de case trinta anos de profesión, supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.
Coido lembrar, (e de non ser así que alguén me corrixa), que só se lle puido ver con ocasión dunhas festas da cidade, fai xa bastantes anos (uns vinte), daquelas tiña en marcha un orixinal e divertidísimo espectáculo penso recordar que se chamaba "Paxaros na Testa", (Paxaros 86), o cal por casualidades da vida puiden gozar aquí e nunha illa a mais de 1000 km.
Puiden rirme con el, tamén en Madrid, vendo a un "fotógrafo xenial", e desgraciadamente non puiden gozar da súa colaboración co Circo da Arte.
O que se teño claro, é que teño que buscar un oco e deixarme sorprender co novo espectáculo que montou, e hoxe día 29 estrea na Coruña.
Pra non estenderme máis, e porque farei unha entrada especifica deste gran artista, agora é o momento da actuación.
Damas e cabaleiros
Comeza o espectáculo !!!!!
Facede clic neste enlace e palideced. http://www.circodeloshorrores.com/