Consejos y avisos

31/7/09

O Goberno Civil e o entorno

Moi semellante a esta, xa tedes outra imaxe no blogue, incluso pode que sea a mesma, o certo e que agora conseguin unha copia de millor calidade. O ano 57 este era o aspecto do Parque de San Lazaro, o clube de Tenis reunia a fror e nata da cidade, avidos de facer deporte, o Airiños e o campo dos Maristas deixaban paso a "A Diagonal", o bar Azul ainda servia os seus clientes, en fronte da futura Torre.
As casiñas que se ven detras do Goberno, ( e que xa apareceron mais veces no blogue), contanme (e non fun quen de confirmar), que se construiron pra dar servizo a feira xa que como sabedes, o San Lazaro en tempos, foi o Campo da Feira, logo seguiron dando servizo pra acoller a familias de agricultores que traballaban na cidade, algo así como xornaleiros, (non eran poucas as leiras que tiñan producción dentro da cidade, nalgunha fotografía das que xa estan no blogue, e mais que veredes; a beira do Barbaña, eran todo hortas e leiras, buscade no blogue a imaxen da Finca Najera, e veredes de que vos falo), logo unha parte desas edificacions converteuse no salón social do Clube de Tenis, e logo desas "caeron".

30/7/09

Regatas de remo no Miño

Estamos no verán, e o rio énchese de bañistas, e xente ansiosa por ligar bronce, e o que cadre, a min ocorréuseme, que con esa xa elevada presenza de xente, poderíase facer algo para achegar máis a cidade a ese rio que tan ben nos coida, e ao que nós históricamente tan mal tratamos.
Eu suscito a idea estival, e quen queira que a utilice, non cobrarei dereitos.
Como vedes na imaxe, as barcas que tiñamos antiguamente, e que tan bos servizos deron, tanto para a pesca, (quen diría que se podía vivir da pesca no Miño), como para o transporte de viaxeiros, de todas as especies, ("contan que nunha ocasión "O Porfirio", parecía unha vaca na proa da embarcación, pero ao ir achegándose á beira déronse conta de que non era el, se non que levaba unha vaca capitaneando o barco, a desgraza foi que mentres os veciños comentaban o erro, a capitá decidiu erguerse , para estirar as patas supoño, e de feito conseguiuno, a barca envorcou, e o pobre animal que ía atado non foi quen de nadar coas extremidades nesa tesitura, o carnicero ese día tivo que facer os filetes coas botas de pesco, pero seguro que non todo foi perdida, daquelas o fame era moita").
Xa se me foi a olla, o que eu quería dicir, e volvo á idea orixinal, é que se cadra sería unha boa idea rescatar esas antigas barcas, e organizar unha regata de beira a beira, ou de ponte a ponte, bo deixo as normas e o seu desenvolvemento a quen lle interese, a mín dende logo gustaríame velas, iso si o de remar non o levo ben, aparte do Alzheimer que os meus fillos din en ocasións que me empeza a afectar, (segundo eles teño problemas para recordar promesas e permisos), as miñas articulacions non están todo o diligentes que debesen, será a idade.......

29/7/09

O Auria




Algún dira que me repito, e certo e, iste edificio xa apareceu por eiqui, e recuncara se atopo mais imaxes dil, non en vano tivo no seu interior o local que marco unha epoca na cidade, A Sala De festas Auria.
Nesta fotografía que se publicou no ano 59, podemos velo rematada a construcción, de feito ainda non tiña na sua fachada o luminoso, (que seica ainda segue vivo), a marquesina como vedes xa naceu con il, e os locais comerciais estaban todos a espera dos seus inquilinos.
Hoxe non falarei deles, xa que apareceran noutras ocasions, co negocio en marcha.

28/7/09

Oira

Canto se vota de menos estes días, a barcaza, case que era millor que non houberan feito as piscinas, asi se excusaban reparacions.
Na fotografía recollese precisamente, o momento do cambio, a barcaza facia os seus últimos servicios, e as edificacions das piscinas comezaban a surgir, a esquina que se ve en concreto, teño a dubida se sera Do "Playa", ou dos vestiarios da piscina.

27/7/09

Cisneros

Ser eran deportistas, pero non vo los traio hoxe eiqui, nesa faceta.
Dos rapaces de Cisneros, teño moi pouquiñas imaxes, e sei que algun deles gustarialle conseguir algunha, pra recordar vellos tempos, de certo penso que teño mais grupos de rapaces no Cisneros da Barrera que no colexio novo.
Buscade por casa os antigos alumnos, os que tivechedes que estudiar cas paredes de ladrillo, e as escaleiras sen rematar, (eso di Luis, o que me deixa a foto), e si atopades algo podedes enviarmelo o decirmo no meu mail.
Por certo fixadevos na fotografía, e veredes que as camisolas, non estan todas iguais, segundo me contan, equipos tiña dous o colexio, e xogo de camisetas somentes un, co cal habia que pasalo dunhos a outros, e as presas pola foto, fixeron que algun a puxera mal.