Consejos y avisos

9/4/09

Semana Santa en Ourense

Fotografía Pacheco (propiedade Arquivo Municipal)
Aquí tedes dúas imaxes da celebración da Semana Santa Ourensá, na primeira que corresponde ao domingo de ramos, (é unha pena que non salga o burriño, centro da procesión), na segunda vemos ás damas da procesión do Santo Enterro, lucindo as súas galas e adornadas coa súa mantilla e peite.

San Amaro nos 50

Vou aproveitar esta entrada, para comentarvos un pequeno detalle.
Moitos tedes e temos o costume, de levar no peto, esa fotografía, que por diversos motivos apetécenos ter cerca, aínda que despois pase o tempo, e non a miremos, pero velaí está.
De momento todo correcto, o problema está en que esa fotografía, na maioría dos casos algo antiga, e da que posiblemente non teñamos copia, vaise deteriorando e por desgraza ás veces rompe, eu recomendaríavos, que se podedes a escaneéis, ou lle pidades a un profesional da fotografía, que vos faga unha copia, en moitos casos con 3 ou 4 euros será suficiente, e teredes os vosos recordos a resgardo.
A fotografía é un claro exemplo, disto que vos digo, realízouna nos 50 un profesional para min descoñecido, Don José Rodríguez Pérez (Laxas-Arbo-Valeije), a un grupo de veciños de San Amaro, na Romaría do santo, se non me trabuco alá polo mes de xaneiro, como podedes observar, o deterioro comenza ser moi grande, e algún personaxe xa non se pode ver.
Menos mal que os garrafon non sufriron dano de momento, e a bandexa, vese que aínda estaba chea.
Un abrazo a Don Manuel Cao, que por eses pagos adoita andar.

8/4/09

Paco e as setas


Fotografía propiedade de Don Francisco Amaro
Non vos fixedes no cabaleiro das lentes, o importante da fotografía, son as setitas que atopou.
A fotografía ten uns 30 anos máis ou menos, e desde que alguén (por desgraza, eu non) zampouse estes exemplares, coido que non se volveron a atopar deste tamaño nas proximidades ourensás.
Neste caso non debe apuntarse ao cambio climático como culpable, nos últimos anos, desatouse unha enorme paixón pola micoloxía, e é complicado que algunha consiga chegar a este tamaño, atópanse antes de chegar a esas alturas.

7/4/09

Establecimientos Alvarez y Hotel Roma

Non adoito realizar entradas similares en tan pouco tempo, pero recibín un mail con esta imaxe, cando acababa de facer a anterior, (aproveito para comentarvos, xa que algún mo preguntastes, que as entradas xeralmente fagoas cando teño un intre libre, en ocasións fago tres ou catro, e déixoas programadas para publicar, ou o que é o mesmo, antes facíaas e publicábaas en vivo, pero agora na empresa non me deixan, a censura?).
Imos ao que importa, aquí tedes unha perspectiva da rúa do Progreso nos 50, o añorado edificio do Roma, daba os seus últimos estertores, e pódese ver que xa non tiña actividade, (que pena), ao seu lado vemos a casa de Establecementos Álvarez, este aínda mantivo a súa actividade durante bastantes anos, a continuación temos o edificio, agora non podo confirmar se xa estaban aí os Almacéns de Ferrer, ou aínda estaba, a fabríca e a tenda de Mobles Sánchez Puga, pero dese edificio teño que buscar algunha fotografía que creo que teño, e dareivos mais explicacións.
A fotografía polo que me din debe de ser do inefable Pacheco, e aínda que eu non a coñecía, parece ser que se publico nalgún libro, se o pescudo ou mo dicides poreino.

6/4/09

Salesianos ano 57

Teño que recoñecer que a calidade da fotografía, non é a máis adecuada, pero deste colexio e neses anos non puiden atopar unha de mellor calidade, na que se vexa un plano tan xeral.
No que respecta ao edificio, darédesvos conta que non sufriu máis variación que o muro que ten hoxe en día na parte esquerda.