Consejos y avisos

17/3/09

Era de Macieda

Fotografía do arquivo de Don Lisardo Mazaira
Eu non tiven o gusto de coñecelo, pero me houbera gustado, máis que nada para resolver as dúbidas dos meus colaboradores, un di que era Fraín, outro Frailde, e outro Failde, eu non podo resolver a dúbida, puidese ser que existisen dous personaxes similares, pero o tema é que coinciden o resto de datos, segundo el dicía, e non hai motivo de polo en dúbida, "Son de Macieda".
A súa presenza pola cidade aínda que era habitual, non se podía evitar nos días de feira, o 7 e o 17 na súa axenda estaban marcados como de obrigada asistencia á feira ourensá.
O seu look era bastante singular, aínda que nalgúns momentos partes da súa indumentaria estiveron de moda, rexeitaba o uso de calcetíns, aínda que non é que usase mocasines precisamente, o seu calzado era de forte bota, (por desgraza en non moi bo estado), e do mesmo xeito que a mocidade actual, os pantalóns adoitaba levalos caídos, suxeitos por un rudimentario cinto de coiro, que non permitía que chegasen ao chan, aínda que era normal velo tirando deles cara arriba, (non teño o dato sobre se usaba gayumbos de marca, como os nosos retoños), outro dos seus signos de identidade, era o seu servizo de comida, que sempre levaba presto a pór en funcionamento, era unha daquelas latas de medio quilo, de sardiñas Alfageme, que o mesmo lle servía de prato, como de improvisado tambor, para amenizar a súa ladaíña "Deme unha pesieta por favor", en ocasións e dado que era bastante coñecido, (e de fiar), pedía directamente comida, entón os seus pasos encamiñábanse cara a domicilios onde el xa sabía da boa vontade dos seus propietarios, e entón pedía "una taza de quialdo ainda que estea muermo".
Esta última frase procede do libro de Don Antonio Cid Miranda, "Cisneros 50 aniversario dunha promoción".

16/3/09

Traballo para todos

Descoñezo a procedencia da imaxen, ainda que pola calidade supoño que figurara nalguna publicación. (É un pracer contar cuns lectores tan dilixentes, a fotografía, aparece publicada na portada do libro do Doutor David Simon Lorda, "Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra: Historias dá «longa noite de pedra" . O autor da fotografia é Pacheco, e a mesma figura no libro de José María Castroviejo "Galicia, Guía espiritual dunha terra" (Ed. Espasa Calpe, 1960?)).
Grazas ao Doutor David Simon por facilitarnos esa aclaración.
Fai uns meses, recibín un mail con esta fotografía, preguntándome datos do edificio que ten a cúpula, case á beira do chalé Losada, e aínda que é fácil de situar, é moi complicado atopar unha fotografía na que se vexa ben ese edificio, (algunha hai, por exemplo unha postal en cor, pero xa caera o Chalé Losada, e trátase de obter unha da época en que coeexistieron as dúas edificacións) a ver se me botades unha man, e podo satisfacer a curiosidade dun lector.
Aclarar, que o edificio esta identificado, o eso pensaba eu, era o da Sala Auria, case enfrente da entrada da Praza de Paz Novoa, hoxe esta ahi unha das moitas perfumerias que se instalaron na zoa, (body bell), o que me fai falta e unha fotografía del nesa epoca, co Chalet Losada ainda o seu carón. finais dos 60, comezos dos 70, no 73 xa estaba a facerse o das galerias Viacambre, co cal ten que ser anterior.
Grazas a todos polos comentarios.

A alameda no 38

"Hestorea é hestorea", esta frase de Don Ramón, (supoño que de máis xente, pero eu escóitella dicir a el en máis dunha ocasión, neste galego non normativizado), vén a conto para presentarvos estas imaxes, forman parte dunha fabulosa serie de fotografías que me prestaron. (teño que preguntar se estou autorizado a pór o nome de quen mas cede, esquézinme de facelo, porque só tiña ollos para elas).
Corría o ano 38, mes de xullo, día 13, xa a data de por se é clarificadora, estamos inmersos en plena guerra civil, aínda quedaba case un ano de sufrimento e dor, Ourense habemos de recoñecer que comparativamente con outras provincias, foi das máis afortunadas, nela non se produciron sanguentos combates, iso posiblemente dese lugar a que manifestacións como esta que se ve nas imaxes tivesen como marco a nosa cidade, aínda que neste caso existían razóns obxectivas para a súa realización na cidade, Don José Calvo Sotelo fora elixido Deputado en dúas ocasións pola Provincia de Ourense.
O que o espectacular cinematógrafo está gravando, (se alguén ten esa gravación ou calquera outra anterior aos 50 agradeceríaselle que deixase que a vexamos todos os Ourensáns), era un acto con dous partes ben diferenciadas:
En primeiro lugar, "Funerais á memoria de Don Jose Calvo Sotelo", coa presenza e alocucións dos Sres. Ministros de "Facenda", "Obras Publicas", "Organización e Acción Sindical", e de "Educación Nacional".
E por outra banda, xúra de bandeira dos novos alféreces de Ávila.
Ademais do precioso cinematógrafo, chama a atención o espectacular estrado montado para o acto, os estandartes, que recordan aqueles que as tropas de Xullo Cesar levaban á batalla, cos nomes das vilas e pobos da Provincia, así como o busto de Franco, que se non me equivoco estivo posteriormente na actual delegación do goberno.
En breve ensinareivos outras imaxes do día.

13/3/09

Grupo de vivendas Mariñamansa

O grupo Posío, ou as 161 vivendas da avenida de Zamora, comezou a súa construción no ano 1954, e habitáronse no ano 1958.
Formaban parte do Plan de Vivendas da Caixa de aforros Provincial, e viñeron paliar o gravísimo problema de vivenda que había naqueles momentos.
A promoción corría a cargo da C.A.O. a través da súa filial, a Sociedade construtora benefica de Ourense.
Así figura nos informes da época:
"O grupo Posío, construído en mazá dunha bela traza, con fachada a catro rúas e tres patios centrais nos que se situaron xardíns, piscinas etc., para esparexemento da veciñanza, embelece o acceso á capital pola estrada de Madrid, xa que unha das súas fachadas dá á Avenida de Zamora sobre devandita estrada.
As 161 vivendas de que consta o grupo son de gran amplitude.
Ademais os baixos, en número de 11, foron aproveitados para establecementos comerciais que dan animación e vida ao sector da cidade onde o grupo está situado."
En castelán no orixinal
Do libro "Veinte años de paz en el movimiento nacional bajo el mandato de Franco"

Parroquia Maria Auxiliadora

Fotografía Pacheco (Propiedade Arquivo Municipal)
Dende que en novembro do 1951 púxose a primeira pedra deste templo, houbo que agardar ata maio do 54 para celebrar a primeira misa pontifical no seu interior.
Inaugurouse como Parroquia Salesiana "María Auxiliadora" en xaneiro de 1983.
A fotografía de Pacheco corresponde coido ao ano 54, o do seu remate.
Máis información na web http://www.salesianos-ourense.com/