Consejos y avisos

1/10/08

Orense (Tres Arroyos, Argentina)

O ano 1843, o ourensán Ramón Joaquín Manuel Cesáreo García Valcárcel, Ramón Santamarina (1827-1904), pai da Sra. Marquesa de Atalaya Bermeja Doña Angelita Varela , emigrou a "A Arxentina", como moitos outros paisanos, o seu foi traballo, esforzo e imaxinación, (supoño que tamén un algo de sorte, dado que en moitas ocasions tivo a sua vida en perigro), o caso é que entre outras moitas cousas, que podedes ler nestes dous links
na sua memoria fundouse un pobo por aquelas terras, na provincia de Tres Arroyos, que se chamou Orense en lembranza da súa terra, esta situado na costa atlántica, a mais de 500 Km. de Bos Aires.
A 17 Km. da poboación atópase o enclave que vedes na fotografía (dos anos 50), chámase Balneario Orense (tamén coñecido por Punta Desnudez).
Tentarei conseguir mais fotografías da zona, das xentes e do fundador, pola colaboración dun ourensán, de alí, Sebastián Roppel.

Mais promocións dos "Maristas"

Promoción, posiblemente do ano 23, co Sr. Director Irmán Leopoldo, pousando diante da máquina de cine doada anos antes, polo Sr. Bispo da Diocese, Sr. Don Eustaquío Illundáin, nunha das súas múltiples visitas ao colexio.
Fotografías arquivo Irmans Maristas
Alumnos do colexio curso 1920-21 (no patio do colexio dos Santos Ánxos, de aniversario maña día 2 de Outubro)

30/9/08

Fatima no Couto

Logo de moitos anos de traballo e esforzo, Don Jose, os veciños do Couto, e en xeral todos os ourensáns, puidemos ver terminado o Santuario de Fátima, ese foi o último e necesario empuxón, para desenvolver o barrio mais próximo ao centro da cidade.

26/9/08

Pacheco (Fotógrafo) 1


A finais do século XIX establécese en Ourense, Don José de Sousa Guedes Pacheco, fotógrafo excepcional, mestre de fotógrafos, e posiblemente a persoa que mais fotografías legounos aos ourensáns (xunto co seu fillo Augusto).
Unha inxente cantidade de traballos particulares, que se gardan como tesouros nos álbums familiares, e unha enorme colección de fotografías da cidade.
Cando eu era pequeno unha dos costumes que tiñamos, era achegarnos ao escaparate do seu estudo na rúa do Alba (Cardeal Quiroga), para ver as comparativas que don José expuña do antes e agora.
Hai uns días un amigo de certa idade, comentábame que a sua discrección granxeoulle moitos amigos, nos tempos de guerra e posguerra, xentes de todas as ideoloxías achegábanse ao seu estudo, para pedirlle que destruíse os negativos de fotografías comprometedoras (uniformes, bandeiras etc), e sempre se atopaban coa agradable noticia de que Don José "nunca fixera esa fotografía".


Esta será a primeira entrada de Don Jose Pacheco; polo amplo do seu traballo, é de quen mais material teño

25/9/08

Almacenes "Celso Ferro" Praza de Santa Eufemia

Celso
Aínda teño o recordo, dos canteiros, traballando ao pé da catedral, para volver levantar ese edificio. O que non entendín daquelas, é porque si se podía tirar un edificio desas características, non se deixo espazo para unha praza?, ou como mal menor, como non se tentou facer un aparcadoiro de residentes?.
Teño a impresión, de que nesa zona unha escavación, podería achegar algunha sorpresa, rúas das mais antigas da cidade, unha sinagoga próxima, residencias do clero, en fin existen certas probabilidades de atopar restos doutras épocas.