Consejos y avisos

26/7/08

Unha amiga nas Burgas

Fotografías cedidas por J.Mª.A.C.
As fotografías corresponden aos anos 40, son dunha amiga, que por discreción e respecto, non direi o seu nome, soamente as iniciais J.Mª.A.C., hoxe ten ao redor dos 60 anos?.
Podemos ver unha parte do muro das leiras que desapareceron na zona das Burgas, para dar paso á rúa Calpurnia Abana, os xardíns de Cachafeiro, e a maioría dos edificios da rúa Doutor Marañón; de seguro que o muro foi testemuña das andainas dos persoaxes da "Esmorga", na zona que se ve, esta hoxe a oficina de turismo. Outro día falareivos dos propietarios desas leiras.

O meu amigo analfabeto (Penedo "La Codorniz" 1963)

Dedicado a todos os "culturetas" actuais, que só buscan beneficio económico "di o que queiras ao amparo da liberdade de expresión, aínda que sexa mentira e prexudique a alguén, o importante é facer caixa". Contrastar as noticias, e tentar ser obxectivo, é unha perda de tempo.
"Coñezo a un analfabeto, ao que non se lle nota, porque sabe disimular moi ben.
Ao reves que a maior parte dos analfabetos, que para despistar, adoitan pasearse cun xornal debaixo do brazo e páranse nos escaparates das livrarías, o meu amigo nunca merca o xornal e nunca ninguén o viu cun libro na mán.
Como todos os que saben ler, o meu amigo o analfabeto follea os xornais mirando só as estampiñas, e cando alguén lle ofrece un libro, descúlpase dicindo que non ten tempo para ler e que ten unha novela empezada desde fai máis dun ano.
O meu amigo o analfabeto, como todo o mundo, fai os seus pinitos literarios, pero sen darlle importancia. Unha ou dúas veces ao ano (como moito) preséntase cun articulo ou cun conto (pasados ao papes por unha irmá), lénolo e vólveo a gardar coma se tal cousa, ou o rompe.
A maior parte dos analfabetos en cambio delátanse deseguido, debido á súa teima de producir dunha forma esaxerada (a maioría, todos os días) e logo de ler a súa produción aos amigos, no canto de gardala ou rompela, diríxense ás redaccións dos xornais ou das revistas, para intentar publicala.
O meu amigo o analfabeto é un tipo intelixente, sinxelo, simpático, que se non fose porque o outro día díxonos que estaba escribindo a letra para unha revista musical, ninguén se houbexe decatado do seu analfabetismo."
Adaptación libre ao galego dun texto de Penedo colaborador da revista "La Codorniz" 1963

21/7/08

Diario "La Región"

" La Región" Diario Ourensán dende o 15-02-1910.
Editado pola sociedad anónima "Acción Social Católica", no seu comezo, na actualidade o Director e Don José Luis Outeiriño Rodríguez, fillo do tristemente falecido Don Alejandro Outeiriño, que no ano 1968, fixose ca práctica totalidade, das acions da sociedade.


Esta entrada non estaba prevista para estas datas, e por iso é tan breve, (como sempre digo, cando poida ampliareina), pero por agradecemento véxome obrigado a facela.
O vindeiro mércores, o diario "La Región" de Ourense, dá comezo á publicación dun coleccionable, de 10 láminas sobre o Ourense Antigo.
Tiveron o marabilloso detalle de titulalo:
"Ourense no Tempo",
sairá os mércores e xoves dende o día 30 de Xullo.
Reitero o meu agradecemento ao diario "La Región", polo detalle que tiveron (non sei si de xeito consciente), con este humilde blogue, ao cal con esa publicidade inmerecida e gratuíta, faranlle un gran favor.
Fotografía da galeria do "Ourense Antiguo" do diario "La Región", na localización que mais ourensáns lembramola. Rúa do Alba (Cardeal Quiroga), tamén estivo unha tempada no edificio que hoxe ocupa "Caixanova" na rúa do Paseo (Edificio Román), e hoxe en día na casa de "Felipe Santiago", tamén na rúa do Paseo.
(Falamos da librería, non da redacción e talleres do xornal)

18/7/08

Plano Ourense 1923?

Este plano publicouse nun folleto do "Patronato Nacional de Turismo", non especifica data, pero varios datos axúdannos a situalo de forma aproximada.


- Estación en Vicente Risco.
- Os nomes de Hospicio e Alba nesas dúas rúas
- A existencia da Ponte Nova.
- A falta da rúa Xoán XXIII.

Fannos supor que é dos anos 1923, ao 1927*. De todos os xeitos non é moi fiable, non ten a rúa San Miguel entre outros detalles.

*Corrección feita por Don Manuel Domínguez Quiroga

Fosfo Glico Kola (1903)


Fósforo, Ferro, etc. (antianemico)
Xa daquelas coñecíanse as bondades da lecitina, hoxe volve estar de moda, porque realmente é un complemento alimenticio, moi beneficioso para a saúde. (vendo á fermosa dama debuxada no anuncio, podería ser a solución para o problema de Anorexia que sufrimos actualmente).