Este venres temos a oportunidade de asistir a presentación dun novo traballo do limiao Miro
Martínez Cerredelo. As súas anteriores obras téñense convertido en imprescindibles
pra coñecer a historia de aquelas belas terras. E a de hoxe con toda seguridade
será un perfecto complemento; nesta ocasión tratase duna recopilación de
articulos sobre: a “pequena historia” de Xinzo, esa que en moitas ocasións pasa
desapercibida. Agardamos que teña continuación….
Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia,
1946). Investigador e historiador limiao. Neste novo libro, ao longo dos seus
relatos, fainos un percorrido por diversos aspectos da historia da nosa vila
nos séculos XVIII, XIX e XX, ao mesmo tempo que reconstrúe, con sentidas
palabras, recordos de feitos e lugares da súa infancia e mocidade. Vivencias
persoais que nos levan a coñecer algúns aspectos esquecidos da nosa vila, dos
anos 50 e 60 do século pasado, e a evolución urbana de Xinzo, sempre presente
no seu corazón.
Son artigos moi variados entre eles a relación dos condes de Gimondi coa Limia, a historia dos nosos retratistas, a evolución da construción da igrexa nova, a chegada da
electricidade a Xinzo en 1911, a historia de radio Ginzo-La Voz de la Limia, historias e lembranzas do noso Entroido desde comezos de século, e tamén a historia do fútbol en Xinzo dende o ano 1919. Son total 30 artigos con diversos temas de interese para coñecer historias do noso esquecido pasado.
O autor ten publicado varios artigos na prestixiosa revista Lethes do Centro de Cultura Popular do Limia, e os
seguintes libros que recollen boa parte da historia de Xinzo e da Limia: no ano
2006 publicou o seu primeiro libro, A prensa en Xinzo de
Limia. Século XX (1911-1925). En 2008, Historia e Memoria. A Limia: 1931-1953. En 2009, Julián Toubes (1796-1870). O correxedor de Xinzo que quixo desecar a lagoa. E no ano 2012, Historia de Xinzo de Limia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario