Consejos y avisos

11/6/08

"Hestorea"

Século I (finais), os achados arqueolóxicos na contorna das "Burgas", confirman que xa nesa época existiu un asentamento fixo na zona (Romanización). (Sen base documental), construción da ponte maior

Ano 550 (sen base documental) os suevos co seu Rei Carriarico (Teodomiro?) á fronte establecen en Ourense a sé da corte do reino. Como agradecemento pola curación do seu fillo Miro (Mirón?), erixen a primeira Catedral de Ourense (antiga Santa María Nai?)

Ano 572, "Parrochiale Suevum" fai se referencia o adxectivo "auriensis".

Ano 716,o caudillo musulmán Abd-al Aziz ordea arrasar a cidade.

Ano (886 ou 900?), Alfonso III concede un privilexio á "cidade".

Ano 1071, o Bispo Ederonio fai se cargo da sé episcopal, encárgase da reconstrución da Catedral antiga (hoxe Santa María Nai) no 1084.

O seu nacemento como cidade propiamente dita discútese entre dúas datas :

O 17-1- 1122, no que Dona Tereixa de Portugal concedeulle ao Bispo Don Diego Velasco a xurisdición sobre Ourense (Auriensem Burgum), e este dita a "carta puebla" .

E o 15-5- 1131, no que se outorga unha concesión señorial por Alfonso VII e dótase á cidade dun estatuto de autonomía (foros de Ourense).
Ano 1178, construcción da "Igrexía da Trinidade"

Ano 1188, fai se a primeira referencia ao "concello de Ourense", Alfonso IX exime ao bispo, cabido e "concilio" do pago de portádego e impostos do viño.

Ano 1188, consagración do altar maior da actual catedral polo Bispo Afonso (1174-1213).

Ano 1259, os cidadáns enfróntanse ao poder episcopal, en busca de maiores atribucións de goberno, que conseguen en parte por concesión do Rei Afonso X (Toledo)

Ano 1272, na baixa Idade Media ,primeira mención as "Burgas" , -Burgana-.

Ano 1348, a cidade sofre os efectos da peste negra e ve a súa poboación considerablemente mermada.

Ano 1448, o Bispo Pedro de Silva dita unha ordenanza pola cal a feira de San Martiño pasa a celebrarse na praza do campo, centro da cidade, (anteriormente desde 1386 celebrábase á beira do castelo de Pena Ramiro), isto confirma o despegamento da cidade como centro de comercio, o cal procurará o renacer definitivo da cidade.

Ano 1571, Felipe II nombra o primeiro Correxidor.
Ano 1722, Reedificación de "Santa Maria Nai".

Ano 1850, o 3 de marzo, no 14 da rúa de Lepanto, constitúese o "Recreo de Artesáns de Orense", hoxe "Liceo Recreo Ourensán".
Ano 1856, o hospital de "San Roque", trasladase a "Praza das Mercedes"

Ano 1881, inauguración da vía férrea.
Ano 1887, comeza a sua andaina o "Orfeón Unión Orensana"

Ano 1898, nace o "Boletín da Comisión de Monumentos da provincia de Ourense".
Ano 1908, Comeza a historia dos Irmáns Maristas en Ourense.

Ano 1943, prodúcese a unificación do Concello de Ourense co de Canedo.


O núcleo vello de Ourense medrou, entre os cotos de Montealegre e o Barbaña.
Os orixes foron:

O redor das Burgas

A Igrexa da Trinidad

O entorno da Fonte Arcada (preto da Praza San Cosme)

É o entorno do Concello

No hay comentarios: