Varios dos meus amigos e colaboradores, faláronme desa masa forestal, que se ve á esquerda na fotografía, pero dous dos comentarios son os que máis me chamaron a atención.Páginas
30/9/09
O bosque dos Salesianos
Varios dos meus amigos e colaboradores, faláronme desa masa forestal, que se ve á esquerda na fotografía, pero dous dos comentarios son os que máis me chamaron a atención.29/9/09
Mais Maristas
O equipo de J.L.F. Ojea

28/9/09
"Relojeria Suiza" Rúa Pereira 2
27/9/09
Discoteca 3A
26/9/09
Cantos xogaron aquí ao parchís?
Coñecedes o conto de como unha e conto vinte, xa se comento noutra ocasión no blogue.Pois este que vos mostro hoxe era un deses locais en que se adoitaban xestar esas aventuras, o tema é que non vou dicirvos cal é, podedes tentar adiviñalo, e se non sodes quen, mañá poderedes ver o coñecedisimo logo que con algún cambio, continua na cidade.
Para darvos unha pista, os dos anos sesenta, non creo que coñecesen a sala con esa decoración. Con outras, raro é o que non entrou nalgunha ocasión.
25/9/09
A Praza do Pescado

El periodista Félix de Monterrey instó al Ayuntamiento de Orense a que fuese honrado públicamente, sumándose a esa propuesta el Concejal Pastrana; por todo ello el Concejo, en consistorio celebrado el 1 de febrero de 1898, acordó por unanimidad que: “Habiendo fallecido en Madrid Don Modesto Fernández y González, hacendista de fama, y escritor correcto, le conceptúa acreedor a que se perpetúe su memoria en esta Ciudad en la que nació.
24/9/09
O persoal do Roma
23/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana VIII "Jose Gil" 1890?
Teño que comezar a exporme, verificar mellor os datos; isto vén a conto, porque segundo avanzan as miñas pescudas en temas concretos, descubro inexactitudes, nalgúns casos importantes, é por iso, que a partir de agora a parte de seguir corrixindo as entradas nas que descubra erros, extremarei (dentro das miñas posibilidades) o celo por non cometer erros.
Na rúa de Santo Domingo
A señora en que se converteu a encantadora señorita que no 51 facía á súa primeira comuñón, dime que o chalecito que se ve detrás dela na imaxe, estaba situado na rúa de santo domingo, á altura das actuais galerías Sol.22/9/09
Novas imaxes da construcción do viaducto
21/9/09
A Ermida do San Lazaro (fusión)
Esta é a terceira imaxe que vos mostro desta ermida, esoutro día pediume unha amiga e colaboradora, que lle mostrase a súa localización orixinal no parque, e estando nas miñas mans facelo, cumpro a petición.
Amplíovos este anaco da imaxe, para que podades ver un pouco mellor ao señor que observa o xogo dos nenos, quen supoño será o propietario da máquina fotográfica que tedes na esquina, agardando clientes, era das do paxariño.
Eu non son capaz de recoñecelo, se vós podedes, dicídemo, grazas por anticipado.
O de fusión no titulo, explícase porque realmente o que estades vendo é a fusión de dúas fotografías; non moi profesional, pero dá o pego, ou non?
20/9/09
19/9/09
A peza do mes (Setembro 09)
18/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana VII "Hermogenes Garitaonaindia" 1890

O Trangallán
Se vos falo de Manuel Losada , poucos recoñecerédelo, con todo se nomeo a Manolo do Trangallán, rapidamente vénnos á mente a imaxe do Entroido, a esmorga e a diversión sa (bo tamén as empanadillas e o caldiño, pero esa e outra "hestorea").
E pra rematar por hoxe, (xa vos advirto que teño máis imaxes del, polo cal volverá visitarnos en breve.
Preguntáronme en varias ocasións como era a prohibición de disfrazarse que existiu durante bastantes anos?.
Recordándovos que non son nin un remedo de Historiador, o que se vos podo dicir é: en contra do que se pensa, a prohibición non parte da época franquista, se non que xa no ano 1921, ditouse por parte do gobernador, un bando que dicía:
"Se prohíbe la circulación de máscaras por las vías públicas con caretas puestas, pintadas las caras o desfiguradas, de suerte que no sea fácil reconocerlas, se deja no obstante en libertad a los aficionados, para que puedan celebrar tales fiestas en locales cerrados”.
(Nestes días precisamente xulgouse a uns menores que aproveitando o anonimato que proporcionan as máscaras, dedicábanse a roubar a outros menores, co cal habería que pensar que medidas deste tipo poderían ter algunha xustificación, non todo o mundo sabe divertirse).
B.O.P. 4 de febreiro do 1921
Na época franquista, a prohibición estendíase tamén aos disfraces de "respecto", ou o que é o mesmo, prohibíase utilizar disfraces que puidesen ridiculizar aos estamentos relixiosos e militar.
Si todo o mundo entendera o entroido como o Trangallán a non tardar este seria millor co Brasileiro.
17/9/09
Hoxe van os maiores
16/9/09
Hockey Feminino

Avenida Wilson
Non, ainda non toleei, (estou nelo), supoño que ninguen dubida o ver ese letreiro do hotel Sila, de cal e a rúa na que nos atopamos, ainda mais o ver o que esta enfronte, de confecciones "El Faro" (Adolfo Dominguez).15/9/09
As obras do Pazo Episcopal
A verdade é que as obras nesta cidade é algo desesperante, sábese cando empezan pero non cando rematan, levamos uns anos nos que se fala habitualmente das obras do convento de San Francisco, eu mesmo dende este blog, realicei algún comentario sobre o lamentable da situación que padece ese edificio coas súas obras.14/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana VI "Pedro P. Rolle" 1886
Os quintos
13/9/09
A Sección Feminina

12/9/09
Progreso
Quédome mal corpo esoutro día pola calidade da imaxe, que vos mostrei, por iso móstrovos hoxe estoutra, da mesma rúa, tomada desde un pouco máis lonxe, pero de mellor calidade.11/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana V "Jose Pacheco" 1882?
A banda de musica de Grou 1927
10/9/09
Volta o cole III (Hoxe si)
Logo de tan longa espera hoxe é o día, os infantes felices (uns máis que outros) por reencontrarse cos seus colegas, os pais contentos, pola volta á normalidade, e moitos avós dando saltos de alegría (con coidado que os ósos xa se sabe...), por recuperar a tranquilidade; non é o mesmo velos un ratiño, que ter que estar con eles caseque todo o día.9/9/09
Layton no Airiños
Volta o cole II
Tranquilos que aínda non é hoxe, na imaxe obtida esta mañá, podedes observar, aos infantes que esperaban o autobús que os levase ao colexio pra comezar o novo curso.8/9/09
A solución III
A calidade da fotografía, non é a máis desexable; con todo coido que pode servir pra que recoñezades o final da rúa progreso (zoa do Parque Infantil, ou alameda do Cruceiro como queirades), na década dos 30.A imaxe do outro día, estaba tomada aproximadamente á altura das actuais escaleiras que unen Progreso con Concello, esta se non me equivoco tomouse desde onde hoxe esta Arana (aprox.). Aínda que me consta que algún a recoñeceu con gran facilidade, non todos conseguírono, e non debe estrañarnos, de todos os edificios que se vían na fotografía, só un segue hoxe en pé.
As Josefinas dende A Burga
Deixáronme estes días unhas postais, entre as que estaba esta, (aínda que vos pareza estraño, aínda son moitas as que me faltan); de paso que me permite seguir co tema do regreso ao colexio, se que á directora do colexio das Josefinas, Dona Mercedes Álvarez, gustaralle vela.7/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana IV "Francisco Prieto" 1881
Transcribo aquí o texto do cartón fotografíco.
“TALLER DE FOTOGRAFIA FOTOTIPIA
Y FOTOLITOGRAFIA DE
F. PRIETO
ORENSE
Calle de Pelayo nº 20.3º Galería
Frente a la plaza de la Leña próximo a Posío.
Gabinete montado en 1881 con toda clase deaparatos modernos, se hacen en el establecimientoy a domicilio de día o noche, aun que vaya vientoeste nublado o llueva, retratos instantáneos einalterables grupos orlas vistas, producciones hastael tamaño de dos o más metros, así como todo otrogénero de trabajos pertenecientes al arte.SE CONSERVAN LOS CLICHES"Podo ampliarvos algún dato, en 1889 estaba en Pontevedra, habendo pasado antes por Marín, realizo as fotografías da homenaxe ao Padre Feijoo en 1887A entrada orixina, hoxe correxida, foi feita 6-02-09
Alcaldologio
Grazas as vosas colaboracions, (incluso o que se conformou con indicarme que na excelente tesis doctoral de Don Jose Somoza Medina habia bastantes datos), case esta feita a listaxe dos alcaldes da cidade, pendentes de facer o remate eiqui vola deixo.
.- Ilmo. Sr. D.García López de Chinchilla (1480?)
.- Ilmo. Sr. D.Tirso Perez Romero (1814 y 1821)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Sánchez (1821 y 1822)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Pérez Montero (1823)
.- Excmo.Sr. D.Jose Maria Montenegro(Marques de Leis)(1835 y 37)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Seijo ?
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Bahamonde (1855 y 1856)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Maria Pedrayo Silva (1860?)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Pereiro Rey (1880)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Fuentes Pérez (1883)
.- Ilmo. Sr. D.Feliciano Pérez Bobo (1887)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Taboada Tundidor ?
.- Ilmo. Sr. D.Ricardo Novoa (1891-1894)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Pereiro Rey (1895-1897)
.- Ilmo. Sr. D.Ildefonso Meruendano (1897-1899)
.- Ilmo. Sr. D.Tomas Fabrega (1900-1902)
.- Ilmo. Sr. D.Miguel Francisco Gutierrez (1902-1903)
.- Ilmo. Sr. D.Adolfo Rodriguez Obaya (1903-1904)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Rodriguez Iglesias (1905)
.- Ilmo. Sr. D.Modesto Varela Sotelo (1906-1907)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Rodriguez Iglesias (1908)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Fuentes Garcia (1909)
.- Ilmo. Sr. D.Modesto Varela Sotelo (1909-1911)
.- Ilmo. Sr. D.Ildefonso Meruendano (1912-1913)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Feijo de Sotomayor (1913)
.- Ilmo. Sr. D.Juan Taboada Gonzalez (1914-1915)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Feijo de Sotomayor (1916)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Pereira Rodriguez (1916-1917)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Varela Fernandez (1917-1918)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Saco y Arce (1918-1919)
.- Ilmo. Sr. D.Cesar Rodriguez Conde (1919)
.- Ilmo. Sr. D.Alejandro Mosquera Caride (1919-1920)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Villanueva Lombardero (1920-1922)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1922)
.- Ilmo. Sr. D.Rogelio Nuñez de Couto (1922-1923)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1923)
.- Ilmo. Sr. D.Alejandro Mosquera Caride (1923)
.- Ilmo. Sr. D.Narciso Rivas Martinez (1923-1924)
.- Ilmo. Sr. D.Olegario Muñiz Alvarez (1924-1925)
.- Ilmo. Sr. D.Matias Bobillo Bobillo (1925-1926)
.- Ilmo. Sr. D.Marcial Ginzo Soto (1926-1929)
.- Ilmo. Sr. D.Jesus Soria Gonzalez (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Marcial Ginzo Soto (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Villanueva Lombardero (1930)
.- Ilmo. Sr. D.Alfonso Junquera Devesa (1930-1931)
.- Ilmo. Sr. D.Luis Fabrega Coello (1931-1932)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Alvarez Dopazo (1932-1934)
.- Ilmo. Sr. D.Santos Fernandez Fueyo (1934-1936)
.- Ilmo. Sr. D.Rogelio Nuñez de Couto (1936)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Suarez Castro (1936)
.- Ilmo. Sr. D.Marcelino Mira Cecilia (1936)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique González Anta (1936-1937)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Saavedra Caballé (1937-1938)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Paco Núñez Romero (1937-1938)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique González Anta (1938-1941)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Valencia Fernández (1941)
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Olano Fernández.(1941-1944)
.- Ilmo. Sr. D.Alfredo Serantes Morais. (44-48)*
.- Ilmo. Sr. D.Eduardo Valencia Fernández. (1948-1954)
.- Ilmo. Sr. D.Leoncio Areal Herrera. (1954-1956)
.- Ilmo. Sr. D.Domingo Saavedra Sánchez. (1956-1958)
.- Ilmo. Sr. D.Ramón Taboada Salgado. (1958-1962)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique Alonso Cuevillas Crespo (1962-1963)
.- Ilmo. Sr. D.David Ferrer Garrido (1963-1970)
.- Ilmo. Sr. D.Ricardo Martin Esperanza (1970-1974)
.- Ilmo. Sr. D. Miguel Riestra París (1974-1977)
.- Ilmo. Sr. D.Celso Vázquez Gulías Alvarez (1977-1979)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Luis López Iglesias (1979-1983)
.- Ilmo. Sr. D.Antonio Caride Tabares Castro (1983-1987)
.- Ilmo. Sr. D.Jorge Bermello Fernandez (1987)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Veiga Pombo (1987-1990)
.- Ilmo. Sr. D.Jose Luis Mondelo (1990-1991)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Veiga Pombo (1991-1995)
.- Ilmo. Sr. D.Manuel Cabezas Enríquez (1995-2007)
.- Ilmo. Sr. D.Enrique Novoa López (Temporal 2007)
.- Ilmo. Sr. D.Francisco Rodríguez Rodríguez (2007).
*D.Alfredo Serantes no figura no libro dos 20 anos de paz no mandato de Franco
publicado orixinalmente 17-04-09
Volta o cole I
Nada máis lonxe da miña intención, que angustiar aos próceres do futuro da cidade; pero creo que vai sendo hora de que comecen a pensar en retomar as súas obrigas.6/9/09
5/9/09
A Torre de Ourense (Manuel Gomez)
4/9/09
O Gran Circo Feijoo
Non puiden pescudar a que idade púxose a traballar, pero dende logo moi noviño, comezou como músico no circo "Fasy", posteriormente montou un número de touros amaestrados, co que acompañado pola súa muller Dona Francisca Salas Cerdán percorreu Europa.
3/9/09
Pequena Historia Fotografíca Ourensana III ."Aquilis Bocconi" 1875?
De xeito mais lento do desexado, pero vou descubrindo datos deste que considero dos primeiros fotógrafos establecidos en Ourense, (recórdovos que o meu é só afección e podo estar equivocado).
Publicado orixinalmente o 10-01-09
Exercicio III
Como vexo que non vos incomodan estes traballos, eiqui vos deixo outro exercicio, non e moi dificil, co cal somentes vos vou dar unha pista, que ainda por riba pra moitos de vos non arranxara nada.2/9/09
Don Juan Manuel Amor Pereira
Os retos menos sinxelos, son os que mais atraen a nosa atención.Fai un tempo, caeron nas miñas mans, uns papeis, nos que se falaba dun Ourensan, descoñecido para mín , Don Juan Manuel Amor Pereira,
Foi nado en Ourense o 14 de abril do ano 1841, seus país foron Don Nicolas Amor, (San Cibran das Viñas), e dona Rosa Pereira, (Ourense).
Estudou en Madrid, na Escola Facultativa de Diplomatica da Universidade Central
Casou con dona Manuela Rolán, da cal tivo dous fillos, Emilio e Maria, (Emilio foi profesor ben coñecido do instituto provincial, e xa figura o seu nome nunha entrada deste blogue).
Morou a lo menos os seus últimos anos, na rúa Progreso, no edificio que ocupaba no baixo o estudo de foto Sanjurjo, (daquelas numero 45).
O día 1º de Maio do 1875, en sustitución de don Bonifacio Ruiz Abad, (primeiro director da biblioteca provincial), e recollendo o cargo de mans do axudante deste, Don Juan Leonato, (que interinamente ocupou o cargo no tempo que levou o nomeamento), foi nomeado Director da Biblioteca Provincial, (pertenecía o corpo de Arquiveiros do estado).
Morreu nesta a sua cidade o 8 de xullo do 1911, sendo enterrado no cemiterio civil
Xorden do resto de datos biográficos que atopei, alguna incongruencia, e posiblemente algún erro, de difícil aclaración, a xeito de exemplo, lendo un traballo do seu sucesor Don Juan Fernandez (Xesta), dinos, “el 28 de Abril, por haber cumplido la edad reglamentaria, fue jubilado el Jefe de la Biblioteca, persona dignísima, cuya probidad y cultura demostró en el desempeño de su cargo durante treinta y seis años, sucediéndole el autor de esta memoria el 11 de julio de 1911”, a falta de referencia o ano da jubilación, xa que a frase anterior fala do traslado da biblioteca o edificio do Insituto no 1896, temos que supor que a jubilación somentes a disfrutou menos de catro meses, e a toma de posesión do seu sustituto, foi a tres días da data do seu pasamento?.
Poñovos a continuación, as frases que suscitou o noso persoaxe nun persoeiro coma Don Vicente Risco, e que co gallo do cabo de ano do seu pasamento publicaronse nun pliego, xunto cas de outros persoeiros que xa vos irei mostrando.
Las fuertes individualidades, suelen emplear toda su fuerza en la conquista del éxito. Así son los que las gentes aclaman como profesores de energía.
Juan Manuel amor quiso que la pureza resplandeciese en sus acciones, palabras y pensamientos, y empleo su energía en vivir según su conciencia, con la noble entereza de un filosofo antiguo.
Este fue su triunfo y es el ejemplo que nos dio con su vida seria digna y austera.
Vicente Risco
Os que sabedes algo da vida deste gran home, teredes claro que , falta moito que contar; tentarei facelo noutras entradas, pero gustariame conseguir alguna imaxen del, pra poder adornalas, si algún de vos pode facilitarme fotografías del, estarialle moi agradecido.














