Segundo Alvarado |
Hoy el amigo Paco Espino, me hace un gran favor: Tenía desde hace mucho tiempo una deuda pendiente con este ourensano, pero por diversos motivos no me atrevía con ella, finalmente alguien que le conoció bien y forma parte de su familia, como es Paco, me ha "regalado" estos apuntes biográficos que yo comparto con vosotros.
Al mismo tiempo y si me lo permitís, me gustaría recordar que aún está pendiente algún tipo de homenaje de la ciudad a este gran ourensano, y si bien es cierto como decía el gran Ben-Cho- Shey que "los homenajes mejor en vida". No es menos cierto aquello de "Nunca es tarde si...
Mi agradecimiento al amigo Paco Espino por recordarnos a este gran ourensano que fue:
Segundo Alvarado Feijoo Montenegro.
Axiña destaca no mundo poético co “Grupo Azor” e logo na revista Ourensán “Posío, Arte y Letras”. Na década dos 40 comeza a sua actividade radiofónica na emisora EAJ57 Radio Orense, aínda que xa prestara a súa colaboura dende o ano 1938, alongándose a mesma máis de dúas décadas. En 1948sera xefe de Emisions y Producción e da programación de Radio Nacional en Ourense.
A Súa actividade periodística desarrollarase no xornal Ourensán La Región, principalmente, Hoja del Lunes (desde 1950) e El Pueblo Gallego, con abondosas redaccións, artigos e columnas diarias de variado contido (noticias, arte, cultura, teatro, deportes, reportaxes, etc). Por o seu traballo periodístico e en especial ns crónica deportiva, o ano 2000 recibe o Premio Galicia de Periodismo Deportivo.
A principios dos 60 é cofundador do Campamento Juvenil “Virgen de Loreto” en Porto do Son (A Coruña). Funcionario da Deputación de Ourense, ata a súa xubilación por idade, na que foi durante moitos anos responsable de cultura, sendo un dos seus grandes logros para a cidade, a adquisición do interesante fondo documental e bibliográfico do querido galeguista e polígrafo Ben-Cho-Shey. Con este tesouro inaugurou a Deputación a súa biblioteca de temas ourensáns o día 17 de maio de 1982. Tamén grazas as súas xestions logrouse, a merca dos fondos de Eduardo Blanco Amor e de Alberto Vilanova.
Na década dos 60 e 70 desarrolla con moito éxito a súa actividade teatral. Esta comeza co “Grupo Juvenil de la OJE. de Orense” para continuar con el grupo “Teatro de Cámara y Ensayo” que vai ser o precursor do grupo de Teatro “Valle Inclán”, co que obterá grandes éxitos e importantes recoñecementos ao longo de toda a xeografía nacional: I Galardón del Duero, mellor dirección e ambientación no II Certamen Nacional Juvenil de Teatro (Zamora 1965), campións no certame teatral de Galicia en Lugo; en 1966 gana a “Medalla de Oro” no “III Cértamen Nacional Juvenil de Teatro”, no teatro Romea de Murcia na que fan a estrea para España da obra “Donadieu”, de Frizt Hochwälder. Neste ano repiten Galardón del Duero (Zamora) e participan nos “Festivales de España” no Parque Castrelos de Vigo; no 66 Alvarado foi considerado por Jose Tamayo como o mellor director de teatro non profesional de España do momento.
No ano 67 fora de concurso, participan no “IV Cértamen Nacional Juvenil de Teatro” e concedenlle o premio especial da dirección de cinematografía y Teatro. Tamén participan no “Ciclo de Teatro Greco Latino” no teatro de Malaga e no “Forum Nacional Juvenil de Teatro” de Toledo, representando “Antigona” de Anouil e Edipo Abandonado de Jose Luis Lopez Cid.
Foron numerosas as obras representadas nestes anos: Ademais das antes citadas, La rosa de papel e la Marquesa Rosalinda (Valle Inclán), La Dama del abanico (teatro Noh japonés de Yukio Mishima), Esperando a Godot (Samuel Beckett), Don---hamlet (Alvaro Cunqueiro), La voz humana (Jean Cocteau), Las sillas (Eugene Ionesco), Seis personajes en busca de autor (Luigi Pirandello), ….. unha producción prolífica e de altísimo nivel, que conlevaba moitas dificultades na posta en escea. O grupo aguantou ese ritmo ata 1972.
Alvarado foi tamén vicepresidente do Instituto de Estudios Orensanos na década dos 70, recibindo no mesmo a Garcia Berlanga. A sua vinculación desinteresada e altruista co pulso cultural de Ourense levouno a presidir o Ateneo Ourensán entre 1988 2 1992, sociedade de prestixio na que xa con anterioridade organizara un ciclo de charlas culturais dedicadas ao teatro (1971-72); asi mismo foi directivo da Sociedad Filarmonica Ourensán, xa que a música clásica foi outra das suas pasions.
Anos despois do seu pasamento, en 2014, concedeuse o premio Ramón Puga, instituido por Radio Ourense-Cadena Ser, ao grupo de Teatro “Valle Inclán e ao seu director Segundo Alvarado.
(2019 Francisco Javier Espino Domarco)
No hay comentarios:
Publicar un comentario