Fotografia do ano 1958 cedida por Luis Glez Iglesias (pai de Miguel Angel portero do Real Madrid)
Non estaba prevista esta entrada pra hoxe, pero fagoa con gusto, pra agradecerlle o amigo Fernando Valcarcel, as suas colaboracions, e achegas de datos tan necesarias pra mín. Nestes días dedicou tempo a revisar o blog, e atopou algunha das miñas dubidas, e supoño que moitos dos meus erros. (
xa os iremos corrixindo).
Os Relampagos do Couto Fotografia cedida por Andres Iglesias
Poñovos o mail tal e como mo enviou, e logo unha pequena aclaración da miña colleita.
O estadio do Couto
Estimado Rafael, repasando as entradas antigas do blog, atopo unha foto dun partido entre dúas entidades bancarias, o Banco Pastor e a Banca Simeón Pra ver a entrada orixinal fai clic , nos anos 30 celebrado no Estadio do Couto, valéndote da data , dubidas en relación ao lugar de celebración de tan magno acontecemento deportivo e comentas que pode ser que se celbrara no “Campo da Lonia”, aspecto que hoxe se revela como incerto.
Esa mesma tarde, curioseando na rede, atopo o seguinte dato que reproduzo de xeito literal: “La inauguración del Estadio del Couto tuvo lugar en el año 1949 con un partido entre la extinta U.D.Orensana y el Rácing de Ferrol, partido que finalizó con empate a dos”. De novo incerto.
A continuación resolveremos as posibles dúbidas con respecto a este aspecto de importancia relativa para min, que, non me gusta demasiado o futbol .
Podemos afirmar de xeito rotundo dende a rigurosidade que o 1 de abril de 1928, se inaugurou o “Estadium do Couto”.
Ese mesmo día, no diario “La Región” figuraba o titular “El Campo del Burgas F.C”, a explicación débese a que a Sociedade Deportiva Burgas F.C, presidida por D. Víctor Pemán Fernández, remataba a comezos do ano 28 no barrio do Couto a construcción do campo de deportes onde xogaría como “local”, deste xeito, o xornal, publicitaba o partido inaugural que entfrontaría ao Burgas F.C co ”Club Vianense ás 15.30 horas (curioso horario).
O Reverendísimo prelado da Diocese bendiciu o acto, e, posteriormente actuou a Banda Municipal de música.
Ogalla todas as nosas dúbidas (as miñas son innumerables), tivesen tan bo arranxo.
O meu amigo Andres Pereiro co seu caliqueño "campando" no estadio nos anos 60
Aproveitando os datos de Fernando, e sumandolle outros que co tempo foron aparecendo,
(certo e que a confirmación non e sinxela, a ver si o blog amigo barbadasbase.blogspot.com bota unha man), vanse aclarando os temas.
O estadio que se inaugurou o ano 28, Estadium do Couto, ou campo Burgas, foi o antecedente do actual, si ben estaba ubicado un pouco mais cara a vella carretera de Madrid, o seu peche era de madeira, e nos alrededores habia daquelas arboles frutales que permitian ver os partidos sin pagar a entrada, e si acaso merendar de gratis. Penso que xa falei algunha vez do detalle, que as veces os espectadores desta grada improvisada, co seu peso rompian a rama e os servizos sanitarios do clube tiñan que acudir prestos a atender os feridos.
Logo no 52 fixose o actual, e co tempo foi adquirindo o estado actual cas gradas de tribuna preferencia, e a de fondo que se foron facendo segun as necesidades e "posibilidades".
Aproveitando estes datos do amigo Fernando recuperei tamen a fotografia do equipo dos Relampagos do Couto, que no seu día penso que quedou un pouco pobre. Eiqui vos deixo os datos que acompañaban daquelas a fotografia.
Aquí temos a outros dos que xogaban cun ladrillo se facía falta, coñeceron o campo Loña, tamén o "Burgas" (solar vivendas caixa de aforros no Couto), e por fin o "Jose Antonio" (actual, chamouse asi moitos anos), posiblemente fosen a base do "Sporting Couto", que deu lugar ao "Atlético Orense".