Consejos y avisos

30/4/11

Suso Silva "O Circo dos Horrores"

A Coruña do 29 de Abril o 17 de Maio,
Queixabase amargamente o amigo Moncho Conde Corbal nas suas "Percepciones", de que de novo na cidade onde naceu, non vai actuar, o añorado Suso Silva. "Suso Clown"
No 2009, o dia 29 de Octubre estrenou na Coruña, o seu espectaculo, e onte 29 de abril do 2011, de novo regresa A Coruña, e seica desta vez tamén pasara por Vigo. Os amigos da "escola", teremos que coller de novo o coche, pra poder velo. É tan complicado que lle ofrezan actuar, eiqui na sua cidade?.

Como nada cambiou dende aquelas, repito hoxe caseque integra a entrada que no 2009 fixen falando del; certo e que ainda non poiden ir onde a sua nai pra recoller unhas fotografías que me ofreceu, pero seguro que vou, antes de que lle ofrezan vir mostrar o seu excepcional e terrorifico espectaculo. 

"Suso Silva, (polo seu verdadeiro nome, Jesús, só recordo que o chamasen, os profesores do colexio, e os do instituto, e non todos), é un deses ourensáns que por seguir a súa vocación, non ten máis remedio que pasar a vida viaxando; logo de case trinta anos de profesión, supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.
Coido lembrar, (e de non ser así que alguén me corrixa), que só se lle puido ver con ocasión dunhas festas da cidade, fai xa bastantes anos (uns vinte), daquelas tiña en marcha un orixinal e divertidísimo espectáculo penso recordar que se chamaba "Paxaros na Testa", (Paxaros 86), o cal por casualidades da vida puiden gozar aquí e nunha illa a mais de 1000 km. Gran Canaria.
Puiden rirme con el, tamén en Madrid, vendo  un "fotógrafo xenial", e desgraciadamente non puiden gozar da súa colaboración co Circo da Arte.

Damas e cabaleiros

Comeza o espectáculo !!!!!

Facede clic neste enlace e palideced.
 
Eu vereino, e vos se podedes ir tamén, disfrutar desta xenial obra do noso Suso Silva.
Saudos e unha aperta. 

29/4/11

Don Manuel García

Xa onte vos dixen que se visitabades a exposición, non buscarades somente o cadro de don Ramón Parada Justel; pretiño dese cadro, tedes esta fotografía que eiqui vos mostro.
E o retrato de Don Manuel García García.
Se vos fixades na fotografía da señorita tocando o piano, daredevos conta que xa daquelas don Manuel, tiña sido retratado por don José Pacheco.
Postos a especular, e agardando as correcions pertinentes do seu descendente, Santiago Mosquera do A.v.O. a fotografía de don Manuel, penso que debe datar aproximadamente de comezos de século XX, ou posiblemente finais do XIX, (1898??).
Casualidades da vida, esta fotografía ten historia propia; seica desde que se fixo, e durante anos estivo no salón da casa familiar na rúa do Instituto (Lamas Carvajal), acompañando os seus descendentes; ahí foi onde o retrataron, xa con marco e todo, gozando (espero), das practicas musicais da que supoño a sua filla, (anos 20??),  logo por avatares da vida, trasladouse cunha parte da familia, cara unha casa mais soleada, nos xardines daquelas de Concepción Arenal. Logo da sua estancia nesa casa, pasou uns momentos complicados que incluso fixeronno dar por perdido; a casualidade, e algo de fortuna quiso que fai relativamente pouco tempo,   parentes familiarizados ca sua imaxen por ter mais fotografias de Don Manuel, identificaronno na capital do reino, e decidiron o retorno a sua terra. Así e como hoxe en día volve estar en Ourense, e podedelo ver estes días no Museo.
Se as queredes ver teredes que visitar os dous andares da exposición, xa que don Manuel esta no baixo, e a outra fotografía no primeiro andar. Cuestions de organización!!!.

28/4/11

O cadro de Don Ramón Parada Justel

Como vos dixen onte, intentarei ensinarvos obxetos, (nalgun caso como o de hoxe, autenticas xoias), que aparecen en fotografías das que temos no Arquivo visual Ourensán, e ainda e posible velas hoxe en día.
Logo da do reloxo de onte, (que ten trampa), hoxe quero que vos fixedes nesta, que ultimamente estades a poder ver con frecuencia.
Tratase da fotografía que ilustra a portada do libro Achegamento a historia da fotografía en Ourense, e o mesmo tempo da a benvida os visitantes da exposición, Ourense, un século de fotografía en Ourense.A fotografía levou tempo conseguila, pero penso que pagou a pena, maxime cando o final apareceron, unha copia orixinal, e a placa orixinal de cristal, (todo un luxo).Pois nexa fotografía do estudio de Don José Pacheco, (datada supostamente no 1903), e feita (tamén supostamente), por don Pedro Ferrer, (este último dato, pode non ser exacto, dado que o aparecer a placa no arquivo Pacheco, fai poñer en dubida a autoria; a relación entre Pacheco, Ferrer e mesmo Ksado, foi moi boa, e non e extrano que instantaneas feitas por un deles, levaran o selo doutro). Como decia, nexa fotografía podense ver os aparellos propios do estudio, xunto cos obxetos utilizados por estes profesionais pra ambientar as suas fotografías.
Pero neste caso, temos outro obxeto, que non esta ahí, pra decorar, senon que pode ser como agradecemento, cara o autor, que lle fixo este fermoso agasallo ao mestre Pacheco. Falo do cadro de Ramón Parada Justel, que como di na dedicatoria, don Ramón.
 "A mi buen amigo Pacheco, afectuosamente. Orense 1875"
Foi dun amigo cara outro. A fortuna, e a amabilidade do meu "vello" (por fastidiar) Mestre Augusto Guedes, neto de Don José, fixo posible que estes días na exposición podamos disfrutar desta fermosa obra pictorica o natural.
Como xa vos dixen nalgunha ocasión, (ou a lo menos pusenno no libro), esta obra forma parte dunha triloxia do autor, que se completa con "El Segador", e "Neno tocando a flauta", ambalas duas obras hoxe en día en poder do Museo Arqueoloxico de Ourense.
Tedes na exposición do Museo Municipal a posibilidade de ver estas duas imaxes en directo. E si tedes ganas e paciencia fixrvos ben, porque na entrada de maña, poreivos outra curiosidade que tamén esta estes días no Museo.

Ourense, un século de fotografía (Tvg) A Revista

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

27/4/11

Pequenos detalles "La Regidora"

 Fotografía propiedade de A. Camba.
Ando estes días dandolle voltas a cabeza, pensando en que podo poñer, tendo en conta que esta a exposición no museo, e os afecionados e posible que estean un pouco saturados de "vintage".
O caso e que por casualidade atopei esoutro día un obxeto, que me chamou a atención, maiormente, porque estou canso de coñecelo, e de pequeno viao con moita frecuencia.
Falo do reloxo do restaurante "La Regidora", (poucos dos que pasan dos trinta teran esquecido este local, do que xa falei nalgunha ocasión no blogue); o bar Fervenza, nos viños, garda este pequeno tesouro, pra os amantes do pasado local;  testigo de celebracions gozosas de moitos dos ourensans, este reloxo era un personaxe mais, nas fotografías que se facian no convite.
Por il rexiase a vida do bo de José Ramón, da laboriosa Rosina, e do fenomenal cociñeiro co que contaba o restaurante.
O problema e que despois de velo, e confirmar co dono do Fervenza, a procedencia do aparato, chego onde o meu arquivo, e atopo esta fotografía na que sae o reloxo en cuestión, como podedes ver ser e moi parecido, pero igual de todo non é. Explicacions poden existir moitas; por exemplo que a madeira que rodeaba a maquinaria houbesese sustituido co tempo, (a fotografía da boda, e mais ou menos dos anos 50); outra opción que se me "escurre", e que na miña memoria (non moi fiable), existe un lonxano recordo, da existencia de dous reloxos, un detras da barra, e outro no comedor.
Se algún de vos sabe cal e a explicación, sabe que ten o meu mail a sua disposición.
Como vos decia o principio, a casualidade de atopar este reloxo, diume a idea de intentar ensinarvos cousas que actualmente se poidan ver, no mesmo estado que saen nalgunha das fotografías que temos no AvO.
Se podo maña empezo. 
Por certo se vos pasades polo Fervenza, poderedes ver o reloxo, pero tamén algunha cosiña mais; como as vellas taquillas do Principal, e algunha mais. Mentras tomades un viño buscade polas paredes, que según vaides "libando", iredes vendo mais cousas interesantes. 
(un día destes pasarei por alí pra coller unha "merluza", a conta da publicidade gratutita.) 

26/4/11

A sorte

Olá de novo a todos.
Xa postos a retomar o traballo, despois de pasar uns poucos días de ...., (cada un que poña o que quera). Ocurriuseme, dexesarvos sorte; que ca que esta a caer penso que fai un pouquiño de falta.
Hoxe temos moitas opcions, (magoa que polo de agora en Ourense, ningunha repartira de xeito abundante a "ilusión"), Primitiva, Euro Millon, Bono loto, os non seique da Once, e algun mais. Pero os de sempre, son os que son, a loteria, (a de Nadal, e a mais tradicional), e as Quinielas, pode ser que os premios que dan estes xa non teñan a importancia de antes, pero continuan a ter o seu encanto.
Na fotografia que me deixa o amigo Javier Torres, podemos ver o despacho das Quinielas que os nosos pais visitaban pra tentar a fortuna, daquelas estaba na rúa dos fotografos, (Cardeal Quiroga), e logo pasou pra as galerias Dorzán, pero ainda quedan ourensans que a lembran nesta outra ubicación, debeu marchar mais ou menos polos anos 60-70.

15/4/11

Preparando a Pascua II

Eiqui tedes a segunda das fotografías que os prometín o mercores; e outro exercicio pra estes días nos que vos deixo sen entradas, (algún dara saltos de alegria).
A lo menos un dos musicos que saen na fotografía, teñoó localizado como un dos Pandegos (da Segunda xeneración, que eu saiba houbo en duas épocas distantes no tempo, un duo "musical" con ese nome).
Pois veña intentade estes días visitar os avós (os que seades novos). Amador, chega con que faga memoria; e tentade aportarme datos sobre estes cabaleiros, e o que vos presentei o mercores.
O día 26 espero estar de novo con vosco na rede.
O meu mail pra as achegas de información ourensenotempo@hotmail.com .
Pasadeo ben se vos ides de vacacions, e si non disfrutade da Semana Santa en Ourense, tamén ten moito que ofrecer.

14/4/11

Tiedra- Ourense un camiño de Progreso

Non sei o que opinaredes vos o rematar de leer esta entrada, pero a mín gustoume facela, e espero que os implicados me digan se e do seu agrado, ou incluso se queren que a retire do blog, cousa que de ser preciso farei de xeito inmediato.
Comezarei por decir que non vou personalizar, xa que no texto podense reflexar moitos dos industriais que marcaron una época na nosa cidade, Mazaira, Moretón, Eire, Villanueva, Cuevas, Tabares, apelidos que supoño a ninguen lle van soar extranos. 
A millora das comunicacions, efectiva en Auria, a partires de finais do século XIX (1865....), foi un argumento mais que suficiente, pra que homes emprendedores, viran as posibilidades de negocio, que esa apertura de carreteras, e vias abria o Progreso. Houbo un feito que rematou por abrir as expectativas, i ese foi o aumento das vias do ferrocarril. (non vou falar agora das estacions da cidade, nin das aperturas de novas liñas, eso deixollo os amigos de Carrileiros, a quenes aproveito por felicitar polas milloras que ultimamente estan a ter nas suas xa multiples instalacions. Mereciannas.).
A Ourense, chegaron estes homes, ca clara idea de mellorar as suas vidas, e con elo facer crecer os que os rodeaban; cada un tivo mais ou menos fortuna, pero todos eles traballaron arreo, pra que a vida na nosa cidade fose mais comoda.
O entorno de Canedo, e a rúa do Progreso, foron os lugares escollidos, pra a sua instalación, ou o que e o mesmo, a Carretera ou o Ferrocarril, marcaban o lugar, as mercancias tiñan que chegar o mais rapido posible, o seu almacenaxe requeria de moita man de obra, e o seu reparto mais do mismo, co cal o traballo daquelas habiao; as condicion laborais, non eran certamente as millores, pero ainda así supuseron un avance moi importante, no desenrolo do que era unha cidade "agricola", como a nosa.
Non contaron inicialmente co beneplacito de todolos ourensans; o propio Don Ramón, referiase a algun deles con no moito cariño precisamente; non deixaban de ser intermediarios, co que eso ten de especulación; pero teremos que recoñecer que daquelas era posiblemente a forma de progresar, ou pra non entrar en discusions, foi a que tivemos.
O marxe dos temas de clase e negocio; o que a mí mais me gusta lembrar, son as partes agradables das "hestoreas", e neste caso o punto estrela, foi o nacemento da "Tarxeta de credito de estraza". Xa esta este tolo con outra das suas; eso non  existe.  Pois non, de xeito oficial non existe nin existiu, pero eu ainda na miña etapa de "estudo", tiven que utilizala, (as copas non as fiaban, e o pan e o leite na tenda do barrio, si, Grazas Eloy). O fiado personal, non o bancario, que eso xa e outra cousa mais sesuda; foi a solución pra moitos dos ourensans. O recoller o froito das terras, todo era abundancia, pero co paso dos meses iase acabando a fartura, e comer habia que comer igual, co cal era moi habitual, achegarse o almacen do ...., e deixalo a conta.
Vouno deixar por hoxe, que me estou a alargar moito, e non quero aburrir demasiado.
A fotografía que e o millor da entrada, e unha autentica xoia, que lle agradezo o meu amigo ....., (que me diga el si quere que lle poña nome, faria moi sinxelo recoñecer a familia). Poderia ser perfectamente a portada dun libro que falara de todos eses Maragatos, Zamoranos, Vallisoletanos etc, que axudaron a construir o que hoxe e a nosa cidade. Nela podemos ver un deles, preparado pra comezar o viaxe de Tiedra a Ourense, co mulo ben cargado de provisions, e sobre todo de moitas ilusions.  

13/4/11

Preparando a Pascua I

Os que que sodes veteranos seguidores do blog, sabedes que de cando en vez, a autoridad competente, prohibeme o acceso a rede. E un xeito de "desintoxicarme" según di ela, teño que admitir que nos últimos días, ou semans, ata pode que teña algo de razón; e teña que alonxarme un pouquiño do meu hobbye; non sei se sabedes aquelo da -Quixotización de Sancho-, non vai ser que me deixe mostacho a francesa, e comeze a gastar Chapeau.  
O caso e que ata o 26 mais ou menos, non vou poder facer actualizacions, nin contestar mails, nin siquera actualizar  o Facebook (se podo de cando en vez vere de usar o mobil, pero xogandome a pel, así que non garantizo nada), pra que os que non teñades restriccions podades entretervos de cando en vez, vouvos deixar dous pequenos exercicios, un e o de hoxe, o venres porei outro case que igual. A entrada de maña, e un antoxo, e un xeito de agradecerlle a un amigo exiliado nos Madriles, as fotografías que me esta a deixar.

Ben; deixovos esta fotografía da colección do amigo e socio do AvO, Javier Torres, na que sae un dos persoaxes, que eu chamo "entrañables", e gustariame que todos lle concederamos o respeto que merecen; algún deles, a maioria realmente, non tiveron gran fortuna na vida, outros viviron así, por que foi o que lles apeteceu, pero sexa como sexa, forman parte de historia da nosa cidade.
O exercicio consiste, en intentar identificar o persoaxe, e aportarme os datos que poidades, eu penso que poderia ser o Medallas da Ponte, pero non podo aseguralo, por eso preciso da vosa colaboración.
No arquivo visual ourensán, temos mais ou menos "40" persoaxes coma estes, e pensamos que unha posible exposición, no futuro, poderia ser unha homaxe a esta xente, falamos do Pepiño, do Capitan Bombilla, do Toniño, do Frain, etc que xa andan polo blog, e moitos que ainda teñen que aparecer, A Bruxa, Os pandegos, O Cego, etc, etc.
Maña entrada normal. O venres poreivos o segundo exercicio; tamén podedes aproveitar estes días de lecer, pra revisar o blog, e buscar os moitos erros que teño cometido.
O meu mail xa o sabedes ourensenotempo@hotmail.com

Ourense, un século de fotografía (Telemiño)

12/4/11

Ourense en color 1965

Entre as imaxes que estamos a recibir estes días, grazas a colaboración de todos vos, esta un pequeno lote de fotografías en color, que Don Guillermo Beszeda, tivo a amabilidade de deixarnos escanear.
A pesares de que non son das mais antigas, teñen un gran valor pra historia da fotografía na cidade.
A fotografía en color, foi no seu momento unha revolución no mundo da fotografía. En Ourense, como en todo o pais, os primeiros que se decidiron a utilizar a nova tecnica, tiñan que ter duas cousas principalmente, cartos e paciencia; supoño que xa vos imaxinaredes o porque do primeiro, como todo o novo, o comezo os precios estansomentes o alcance de alguns afortunados. O da paciencia, ven xustificado, porque o carrete tiña que enviarse os E.E.U.U. pra o seu revelado, co conseguinte prazo de demora.
Anos mais tarde, reduciuse o tempo de espera, porque comenzaron a montarse laboratorios de revelado en todolos paises.
Pois ben, polo que me contan o paso seguinte, foi popularizar a instalación deses laboratorios en calquera parte; en Ourense, (a falta dunha investigación mais exhaustiva), foi no 1965, cando comezaron a traballar eses laboratorios.
A fotografía de Don Guillermo Beszeda, corresponde a esa época, co cal e posiblemente das primeiras fotografías en color reveladas na nosa cidade.
O feito de que o fotografíado sexan as obras da nosa Torre, aportanlle outro punto de interese.
Unha fotografía semellante a esta saira publicada nestes días no diario "la Región", que tan amablemente esta colaborando co Arquivo visual Ourensán, na difusión e obtención destas imaxes.
Grazas a Don Guillermo, e a todo los que estan deixando as suas fotografías, e os poucos iremos dando a coñecer a todos os ourensans.

11/4/11

Ourense por Barrios

Na entrada de onte, daba as grazas o diario La Región, pola sua colaboración durante a exposición que o A.v.O. mostra no Museo Municipal.
O caso e que seria unha inxusticia, non dar as grazas tamén, o periodico mensual Ourense por Barrios, que nos últimos meses, tamén esta a colaborar con nos.
Aproveitando que o mes pasado, por error envieille un arquivo equivocado, co cal faltaba caseque todo o texto, (pido desculpas porque xa o comprobei e foi un erro meu), poñovos eiqui a que iba ser a entrada do Ourense por Barrios do mes de Marzo. O primeiro parrafo foi o unico que saiu.

"A maioria das fotografías antigas as que se lle da interés, son as que mostran rúas ou edificios xa desaparecidos. No Arquivo visual Ourensán, pensamos, que e preciso, conservar todas as que existen, dado que todas aportan algún dato para a Historia; ao marxe da beleza que se atopa nesas imaxes de tonos sepia, e marcas do inexorable paso do tempo. Existen moitos datos que se poden extraer delas.

Advertindo que non somos profesionais, senón meros afeccionados. Gustaríanos ir suxerindo métodos para poder identificar aos profesionais, as datas e os lugares onde se obtiveron esas imaxes.
O primeiro que nos gustaría resaltar, é que sempre que sexa posible, debemos prestar moita atención aos bordos, e a traseira das fotografías, nelas aparece a maior parte das veces, mais información que na propia imaxe.
A fotografía que hoxe vos propomos, móstranos un ramallete de belezas ourensás durante o que supomos é unha batalla de flores. Á marxe da posible identificación dalgún dos personaxes, que seria de gran axuda; datos como o vestiario son moi importantes, (nesta ocasión poderían inducir a equivoco, dado que poderían ser disfraces). A contorna tamén sería interesante; fixarvos no cartel do H. La Barcelonesa.
Hoxe non queremos que vos fixedes na fotografía, senón no soporte. O passe-partout empregado polo fotógrafo, xa nos confirma que é un traballo do estudo Pacheco; a dirección que se nos achega do estudo, Alba 9, permite acoutar as datas, entre aprox. o ano 1899 en que Don José abriu o seu estudo nese emprazamento, e o ano 1915 en que Don Luís Espada Guntin foi nomeado ministro de Fomento, (causa pola cal dedicouselle a rúa en que residía coa súa familia no edificio número 2).
Para non deixarvos coas dúbidas, dirémosvos que a fotografía obtívose aprox. contorna a 1910, na rúa Progreso actual número 127 (H. Barcelonesa), o autor é Don José Pacheco (José de Sousa Guedes Pacheco)."

Moitas Grazas a Ourense por Barrios, a La Región, e teñen a porta aberta todolos medios de comunicación Ourensanos. Entre todos poderemos facer ese arquivo visual da nosa cidade, (e si podemos da Provincia), que nos gustaria "ter". Millor dito "ver".

10/4/11

"La Región" colabora co A.v.O.

O Arquivo visual Ourensán, pra poder desenrolar a sua labor, precisa da axuda e colaboración de todolos ourensans. O diario "La Región" referente da prensa en Ourense, foi dos primeiros en ofrecer a sua colaboración. A partires de onte, nas suas paxinas, faixe eco da Exposición do Arquivo visual Ourensán, e publica unha das fotografías que nos estades facendo chegar.
Lembrovos que tedes varios metodos pra facelo.
  • No Arquivo Historico Provincial de Ourense, (rúa Hernán Cortes, traseira do Arqueoloxico), se levades a vosas fotografías, intentaran facer o escaneado no momento, co cal poderedes levarvos xa con vos os orixinais.
  • Na exposición tedes uns sobres, nos que podedes introducir as vosas fotografías, co voso nome, enderezo e número de telefono, a o telas escaneadas, poremonos en contacto con vos pra devolvelas.
  • Tamén podedes envialas por mail, se as tedes escaneadas, os blogs e páginas dos colaboradores do Arquivo.
Todolos dias escolleremos unha, sen facer valoracions de ningún tipo, (calidad, tematica etc), ou o que e o mesmo, non se trata de ningún concurso, no Arquivo visual Ourensán, cabe calquera fotografía de Ourense e os Ourensans; e o diario "La Región" publicaraa, pra que todos los ourensans vexamos que realmente temos xoias na casa.
A primeira das publicadas, que reproduzo hoxe, enviaa un Ourensán residente na capital do reino, Florentino Moretón, quen no ano 64 obtivo esa fotografía ca sua propia camara na rúa do Paseo. Mais adiante, e posible que dende o blog retomenos estas imaxes e fagamos unha entrada intentando aportar datos, se ben o diario La Región, xa  via facer, a premura con que se fae todo, non permitira que teñan tempo suficente pra dar todolos datos que eles quiseran.
Animadevos.

9/4/11

Exposición Zanchi ata o 1º de Maio

Penso non errar, o recomendarvos que este sabado e domingo, busquedes un oco nas vosas axendas, e pasedes un rato estupendo, facendo unha visita a lo menos a duas salas de exposición da cidade.
Pouco teñen que ver unha ca outra. Na fantastica mostra da colección Zanchi, teredes oportunidade de disfrutar da beleza, da armonia, en fin de obras maestras, do arte, que por fortuna podemos gozar sin ter que ir a Roma, Madrid, Paris etc. A ver si cunde o exemplo, e os nosos rapaces empezan a ver se xeito frecuente, obras deste estilo, que a ben seguro seran un perfecto complemento na sua educación.
A outra e unha "cousa", diferente, pero penso que agradable e moi apropiada pra visitar en familia, refirome por si non o sabedes a Exposición que presentaron os amigos do Arquivo visual Ourensán estes días. (perdón, onte dixen que ia deixar o tema, pero e que me esquecin de dar as grazas o amigo, Fernando del Rio, e seria inxusto, non agradecerlle os seus desvelos, e a gran axuda, que a mín de xeito persoal, e o A.v.O. como asociación, nos ten prestado. Grazas Fernando e un pracer terte como amigo)  

8/4/11

Cambio de Terzo

 Aproveitando a xerga taurina, vou deixar de aburrirvos xa co tema da Exposición, (porque xa sabedes que onte se inauguro unha exposición "Ourense, un século de fotografía" no Museo Municipal, e que a poderedes visitar ata o día 8 de maio).
Para abandonar o tema, hoxe tráiovos estas fotografías realizadas na tarde do mercores na sala, que me van  servir, pra dar as grazas tamén a todos os que alleos ao Arquivo visual Ourensán, colaboraron pra que esta exposición puidese facerse.
Comezo por ter un afectuoso recordo cara a dona María del Socorro Alonso Martínez-Risco, quen tiven a fortuna de coñecer, e de quen amablemente recibimos o permiso para expor unha das xoias da Exposición, un visor fotográfico que pertenceu a Don Marcelo Macías. Por desgraza ela non poderá visitar a exposición en persoa, pero en espírito, sabemos que estes días lembrara un Ourense que ela tan ben coñeceu. Grazas tamén aos seus fillos Fernando e Federico Román Alonso, que sobrepóndose á dor da perda da súa nai, seguen colaborando con este blog e o Arquivo visual Ourensán.
Grazas tamén, a Luís Santa Rita, Antigüidades "El Desván", pola súa xenerosidade, ao prestarnos as vitrinas que realzan as cámaras e accesorios que presentamos; ata nos prestou tres preciosas cámaras de principios de século, da súa propiedade.
Na fotografía de arriba, podedes ver un detalle creo que simpático, por se non o sabedes, coméntovos que nesa fotografía están dous profesionais da fotografía, que aínda encima teñen moita relación con "os minuteros", a Mazaira xa o coñecedes, pero o primeiro pola esquerda, é Arcadio Vila, o fotógrafo de referencia en Monforte de Lemos; grazas a el e a súa paixón pola fotografía podemos gozar estes días da maioría das cámaras, instrumentos e fondos que tedes na exposición.
O noso agradecemento tamén, ao persoal do Museo Municipal, pola súa profesionalidade, e boa disposición; dirixidos por Eva Torres, fan fácil o difícil.
E non quero esquecerme de Esther Pacheco, a neta de don José, e filla de Augusto, quen a pesar do breve tempo de contacto que tivemos, puxo á nosa disposición gran parte dos seus recordos familiares.

Esperando non esquecer ninguen. A todos de corazón Grazas. 


7/4/11

O AvO da as Grazas

Esta e a primeira entrada que non leva fotografía, pero penso que ten que ser así, hoxe o que quero resaltar, e o nome das persoas que formamos o Arquivo visual Ourensán.
Todos nos estamos moi agradecidos, pola acollida que na cidade esta a ter a iniciativa de recompilar o material fotografíco que conforma a nosa historia.

Amador Rego Villar-Amor
José Natalio Blanco Sierra
Patricia Santamaria Hervella
Miguel Ángel Abad Vila
David Simón Lorda
Pastor Fabrega Carballo
Xose Lois Carrión Gonzalez
Ana Maria Malingre Rodriguez
Miguel Ángel Gonzalez García
Fernando Valcarcel
Francisco Javier Espino Domarco
Manuel Ángel García Yanes
Santiago Mosquera Gonzaléz
Norberto Tabares Feijoo
Candido Ventim Sanchez
Javier Torres
Augusto Guedes de Castro
Juan Ramón Valencia Calvillo
Manuel Dominguez Quiroga
Lisardo Mazaira Saburido
Ernesto Schreck Mata
Rafael Ángel Salgado Sanchéz

Sinceramente, queremos darvos as grazas a todos.

Grazas

6/4/11

Ourense, un século de fotografía (A.v.O.)

 Hoxe e o día, as oito da tarde, no Museo Municipal, inaugurase a Exposición
"Ourense, un século de fotografía"
Non podo decir que vaia ser espectacular, nin siquera sei de certo se sera do voso agrado, o unico certo, e que nela reflexase o traballo de vinteun ourensans, que lle teñen moito cariño a cidade; a que foi, a que e, e a que sera.
Se nos fiamos pola fotografía de hoxe, amigos non van faltar, e pra nos realmente seria un honor contar con todos vos. Grazas de antemán
Seica algun dos socios quere agasallar a todolos asistentes, cun viño e algo de picar, o problema e que non se poñen dacordo, sobre si sera millor o pincho de panceta, do Rei do Xamón, as empanadillas dos sucesores do Trangallán, unhas orellas do Orellas, o un pulpo do Samuel, o viño xa non admite discusión, un bo Ribeiro, soluciona a discusión. 
Falta saber si son capaces de organizalo a tempo, eu por si es caso, levarei un peso, e mal sera que non poda tomar un viño por os arredores, bares non faltan.  

5/4/11

Invitación a Exposición

Tanto falarvos dela; ainda que as veces de forma "encuberta", e non os tiña invitado.
Eiqui vos deixo a invitación oficial, pra exposición que por si non o sabiades montamos mal que ben, os socios do Arquivo visual Ourensan, e maña inaugura Dona Isabel Perez, Concelleira de Cultura do Concello de Ourense, quen tivo o valor de confiar en nos.
Esperamos non defraudala, pero por si es caso, e pola parte que me toca, xa pido desculpas.
Os socios do Arquivo visual Ourensan, estariamos encantados de contar ca vosa compañia.

Por si non o ledes ben, pon que e maña día 6 as oito da tarde, no Museo Municipal.
Grazas.

4/4/11

“Ourense en 1888” (Federico Román Alonso)

Amigos como Federico, son los que necesita este blog; aparte de escribir bastante mejor que yo, los datos y fotografías que nos aporta, siempre gozan de un enorme interes.
La entrada que nos regala en esta ocasión viene como se suele decir "como anillo al dedo". Me permite ampliar los datos sobre fotografos ocasionales en la ciudad, (en este caso, de gran prestigio, pero aficionado); y al mismo tiempo enseñaros una imagen que si guardais en la retina, podreis comparar con una que sin duda "vereis" en la exposición que se inaugura el miercoles en el Museo Municipal a las ocho de la tarde, (publicidad subliminal).
Disfrutadla, tanto en el texto, como en la fotografia.
    "Esta vista de Orense, conservada en el Archivo familiar de María del Socorro Alonso Martínez-Risco, fue tomada en diciembre de 1888 desde el camino “do can”, por Benjamín del Riego, profesor de Matemáticas en el Instituto orensano y amigo de don Marcelo Macías, a quien le dedica ésta y otras fotografías.



Del Riego y Fernández Vallín había nacido en San Esteban de Pravia (Asturias) en 1844, estudiado en la Facultad de Ciencias de la Universidad de Valladolid y ejercido la docencia en distintos destinos: Colegio de la Concepción de Madrid, Instituto de Segunda Enseñanza de Huesca, Instituto Libre de Baeza, Instituto Libre de Linares, Colegio de San Juan de la Cruz, de La Carolina; posteriormente fundó un colegio de segunda enseñanza en Cazorla. En 1881 obtuvo por oposición la cátedra de Matemáticas del Instituto Jovellanos de Gijón (donde también fue catedrático Macías desde 1882 hasta su traslado a Orense en 1884); a continuación estuvo destinado unos meses en el Instituto de Oviedo, y en 1888 se incorporó al Instituto de Orense, donde residió poco tiempo, pues en 1890 vivía de nuevo en Oviedo. Aficionado a la fotografía, en su breve paso por la ciudad nos dejó este magnífico testimonio.


En una carta que cita Alberto Gil Novales (“Navidad 1894. Benjamín del Riego escribe a Joaquín Costa”, San Lorenzo, Diario del Alto Aragón, 10-8-2010), entre otros temas, habla de su pasión por la fotografía: “… Me doy por contento, ya porque nunca he tenido grandes ambiciones, ya porque mis necesidades son modestas, ya también porque no me ocupo más que de mi cátedra, de mi casa, de libros que ni de cerca ni de lejos se relacionan con la abominable política, y de la fotografía, que es ahora mi “chifladura”, como en Andalucía lo fueron los caballos: así, con modestas aspiraciones, con la paz y tranquilidad del hogar propio, y con ocupaciones que ni pongan en tensión los nervios ni aumenten o exacerben la secreción biliosa, se pasa relativamente bien esta corta vida …”.


Así era Orense en el año en el que nacieron, los que serían grandes compañeros y amigos del Instituto donde impartió clases Benjamín del Riego, Ramón Otero Pedrayo y Manuel Martínez-Risco y Macías".
Animo Federico; tu madre estara orgullosa, de que te repongas, y continues trabajando con esta documentación.

3/4/11

No coche polo Museo

Levaba feita esta entrada, case que una sema, e cousa que non me gusta facer, onte borreina e refixena enteiriña, supoño que a causa e o cabreo que teño, explicovolo:
O venres como cada vez menos afortunados, tiven que traballar, (por chamarlle dalgun xeito o que eu fago); pois lembraredes que facia un dia primaveral, fermosisimo; incluso o vento que alguen tildou de desagradable, penso que colaborou a que as temperaturas foran mais soportables; pois ben, onte que xa tiña plans o ceo cubrese, e caen algunhas "gotiñas", eso si espalladas, pero que ..... igual.
Con esto e o outro, ala se foron os meus plans o .. "roble", (ia poñer "carballo", pero por si algun rapaz lee esto, hai que ter coidado co vocabulario).
Pra que o entendades millor, contovos os meus plans; o amigo Arcadio Vila (foto Arcadio Monforte de Lemos), deixounos pra exposición, que imos presentar o mercores día 6 as oito da tarde no Museo Municipal (rúa Lepanto, zoa viños. Por si non o sabiades hai un Museo nos viños),  este fermoso e potente descapotable, e pra ver que tal ia, pensei dar unha voltiña ata Allariz, e si quedaban ganas, intentar chegar a unhas poblacions que non coñezo, pero que estan nesa dirección, Mingarabeiza, e Chaguazoso, das que un amigo meu tenme falado maravillas, e ainda non tiven oportunidade de visitar.
Pero que se lle vai facer cando non se pode non se pode, entenderedes que non me puiden arriscar a que se mollara o flamante automovil; como o iamos poñer logo ca tapiceria mollada no Museo. O non poder probalo, non podo asegurar se arrancara, de todolos xeito alí vai estar agardando por si o queredes ver, incluso se queredes deixaremovos sacar unas fotiños dentro del.
Veña maña xa se tera pasado o meu cabreo, e voltarei a normalidade.
Hoxe perdoade polas tonterias, a entrada e de coña, pero e que coche tamén o é.

2/4/11

La Perdiz

Ourense foi sempre unha cidade aberta a opinión; certo é que os últimos anos non son os mais prolificos, pero sempre se pode cambiar.
Podemos voltar os ollos a ese pasado que tanto nos ensina, e atopamos con unha serie de publicacions que usando a ironia e a satira, como bandeira, en mais dunha ocasión, dín o que a miña avoa chamaba as "verdades do barquero" hai quen di que son "verdades como puños"; e outras veces, non buscaban mais que o divertimento dos cidadans.
Don Valentín Lamas Carvajal, foi un dos que encontraron neste xenero, unha forma de divertirse, e o mesmo tempo soltar as veces puyas que.... Os seus parrafeos do Tio Marcos, ou as Mostacillas publicadas no Eco de Orense, son boa proba desto; e o tempo, fan reflexionar tamén na necesidade de ter pluralidad na información, Don Valentín era libre de facer a sua satira, e loxicamente estaba esposto a recibir o mismo trato, senon leede "As Agujetas" de Alvarez de Novoa no diario "El Miño". (aproveito pra dar a benvida o blog, a un novo colaborador, neto de Don Francisco Alvarez de Novoa, e fillo de Reinaldo, retocador de Don José Pacheco e o seu fillo Augusto, con quen a relación era mais unha cuestion de amizade que de traballo).
 Non pensedes que estes foron  os unicos; xunto a esas "pinceladas", de Don Valentín e don Francisco, podemos falar tamen de xornais completos dedicados o arte da ironia e a satira. La Tranca, Piave, El Ataud, Fra Díavolo, El Cinife, (moitos deles xa referenciados no blog, usade o buscador da dereita e seguro que os atopades) etc. Son hoxe xoias buscadas nas bibliotecas e demais "depositos" da Cultura, pra poder ter unha vision o mais real posible do pensamento daqueles anos.
Feita esta referencia, animadevos, e tentar atopar por onde sexa un ejemplar do numero 0 de "La Perdiz". A moitos lle gustara, a outros non tanto. Cada quen ten a liberdade precisa pra opinar.

Non quero rematar esta entrada de salutacion e benvida a esta nova publicación, (outro día falaremos da sua cabecera editorial, e faremos a ficha tecnica da publicación), sen lembrar outra das frases didacticas da miña avoa, (ai! Ramonita, canto sabias), que poidera servir de complemento o titulo dunha publicación como esta, "Al que le pique, que se rasque", (vai en castelán, porque así a escoitaba eu de neno).
Por certo, agardo poder contar o mercores ca presencia dun dos "redautores" de "La Perdiz", na inauguración da exposición, que fai ese día, mercores día 6 as oito da tarde no Museo Municipal (rúa Lepanto, zoa viños), o Arquivo visual Ourensan, (porque xa sabedes que estamos argallando unha exposición fotografíca,  prao día 6 as oito, non sí??). Si se achega por alí sera ben recibido, pero xa lle pedimos de antemán que sexa benevolo na sua critica, ten que ter en conta, que pra nos e a "primeira vez", e xa se sabe, os nervios, a falta de experiencia, a novidade; en fin unha "chapuza"; pero eso si asegurovos que feita con toda a millor das intencions, e a impagable axuda de moitos ourensans.

1/4/11

As ringleiras

Ainda que pra os lectores do blog, xa e sobradamente coñecido, non en balde, e un dos mais activos colaboradores; o amigo Pastor Fabrega, acheganos esta imaxen que lle cedeu a amabilisima Conchita Calvo, na que podemos ver o ambiente que reina na Praza da Constitución da cidade (perdón, hoxe Praza Maior), agardando a inauguración da exposición; tendo en conta que o museo esta na rúa da Obra, (perdón, hoxe Lepanto), imaxinadevos como estaran esas rúas, Tendas, Groria (perdón, hoxe Arcediagos), Praza do Carvom, Patin Vello, Tras do Cristo, (perdón, hoxe mais ou menos Juan de Austria), cheas de xente, e iso que terán que esperar ata o miercoles dia 6 as oito da tarde. A ver se vai resultar que estan agardando outra cousa.

Vaia dime Pastor que a fotografía esta cortada, e no resto vese que se celebraba unha misa, na Praza Maior, e aínda encima que a fotografía debe corresponder a comezos do século pasado.
 
Perdoade esta broma, pero e que o meu maxín, ultimamente xa esta moi "escurrido", fixadevos que xa me vellen antes a cabeza os vellos nomes das rúas que os actuais. Sera o "inconsciente", que non entende as veces a necesidade deses cambios.