Consejos y avisos

31/3/11

Obxetivos da Exposición

Como xa vos dixen noutras entradas, o principal obxetivo da exposición que inauguramos o día 6 as oito da tarde no Museo Municipal (publicidade subliminal), e intentar que todolos ourensáns, poidan identificar os mestres da fotografía que nos agasallaron co seu traballo nos comezos deste arte. Ese e un primeiro paso, necesario, pra poder acadar outras metas.
A intención do Arquivo visual Ourensán, é os poucos, ir xuntando todas esas imaxes, que por separado, teñen sen dubida un valor, pero que no conxunto que poden formar, recollen toda a nosa Historia desde os anos 40 do século XIX, ata hoxe en día. 
A nosa busqueda non se limita, as imaxes de persoeiros da nosa historia, senon tamén as dos cidadans que non chegaron a figurar nos "papeis", pero que tiveron un "papel", igual de importante que os outros, o fin e o cabo, todos eran Ourensáns.
En canto os edificios, e rúas pensamos do mesmo xeito, interesanos tanto o edificio representativo, Concello, Hotel Roma, Delegacion de Defensa etc, como o Forno do pan, ou a Tahona onde se tomaba o viño do Ribeiro, (ou da cidade, que tamén era bo), ca sua tapita.
Recoñezemos que posiblemente pequemos dun pouco de avaricia, pero gustarianos ver todas esas vellas imaxes, que tedes nos vosos albums, somentes, pra que todos os Ourensáns as poidan disfrutar.
Noutra entrada vos falarei de como podedes facer pra que non teñades que preocuparvos de nada, nos encargaremonos de escanear ou copiar esas xoias, e devolverllas aos seus donos, que son quen as teñen que seguir disfrutando.

30/3/11

A Autoridade

Outro dos novos socios do Arquivo visual Ourensán, Fernando Valcarcel, (quen profesionalmente colabora na salvaguarda do noso patrimonio documental local), de cara a exposición do día 6, e tendo enconta o valor, (economico en algún dos casos, pero historico e sentomental en todos), dos obxetos espostos, propon a presencia da autoridade.
Eiqui tedes unha reunión dos membros da forza publica nunha reunión preparatoria do operativo de seguridade preciso pra exposición.
Como podedes comprender tratase dunha das miñas invencions; certamente e unha reunión dos axentes da Policia Local, tamen chamados daquelas Gardas Urbanos, que prestaban atención posiblemente nun curso ala polos anos sesenta mais ou menos.
Se vos fixades as duas imaxes que vos poño son a misma, cunhas pequenas diferencias de retoque (non e o resultado definitivo), é pra que podades descubrir o que hoxe en día os profesionais da fotografía poden facer cas vosas antigas fotografías.

29/3/11

Imos o circo

Non quero aburrirvos, falando da exposición, todo ó contrario, gustariame que cheguedes o día 6 nun estado de relaxación, que vos permita disfrutar dela.
Pra conseguilo, conto ca axuda de todo o Arquivo visual Ourensán; quenes por certo merecen tamén que lles faga un pouquiño de publicidad, neste o noso hobbye interesa que a xente sepa que o fas, pra que aparezan as fotografías con mais facilidad.
Hoxe presentovos un dos últimos en incorporarse a asociación (xa se sabe os últimos seran os primeiros no AvO, e broma e casualidade). Javier Torres, un home que no seu traballo dedicase a repartir a fortuna entre todos os ourensans e xente que visita a noda cidade. Precisamente pra que vos relaxedes, propón unha visita o Circo.
Ei tedes tres operarios do Gran Circo Feijoó, agardando por nos diante da taquilla, pra que podamos colarnos sen pagar; como se entere Don Secundino nos sei que pasara, bo seguro que nada entre os seus paisanos, Don Secundino atopabase tan a gusto, que non se preocupaba polo negocio, interesaballe mais traer un pouco de alegria a cidade, que o resto de problemas.
Ademais, que queredes que vos diga os tres cabaleiros que estan na taquilla, son todos da cidade, ou de cerquiña, asi es que a ver como lle negan a entrada a sua tia, ou o seu colega de farras. Veña pasade que o touro esta a piques de comezar a sua danza, no numero do director.
A non me acordaba, chegades un pouquiño tarde a función, a fotografia fixose no ano 1943. 

28/3/11

Os primeiros fotografos

Non me vou cansar de repetilo, pero sei que moitos prefeririades que vos mostraramos as fotografías que son fiel reflexo dos cambios que foi sufrindo a cidade, as vellas rúas, os edificios que xa non estan, solares que hoxe son parte da "xungla do asfalto", (que cinematografico queda eso, non ). Pero polo de agora ides ter que conformarvos, cunha pequena mostra desas imaxes.
Supoño que teremos que recoñecer que as cousas teñen que ser contadas desde o seu comezo, e o comezo da historia da fotografia na cidade, ten que partir do coñecemento, dos artistas que fixeron posible que podamos botar esa ollada o pasado. Son os que eu chamo no blog, "Os vixiantes do pasado".
Eles van ser os principais protagonistas da exposición; queremos que sepades quen estaba detras do obxetivo, cando o tataravo, foi facer a fotografía que lle agasallou a que logo foi a sua dona, ou cando naceu o voso bisavo, e decidiron inmortalizar aquela barriguiña (el pasou toda a vida tentando atopar a fotografía pra destruila, pero a sua nai soubo esconderlla, e hoxe podemola ver, e decirlle que non tiña por que destruila, saia moi "riquiño", e grazas a ela sabemos que o noso fillo parecese a él), ou cando a avoa ia facer a sua primeira comunión e luciu por primeira vez o traxe dunha noiva. Todos eses momentos quedaron grabados na memoria externa do noso ordenador familiar, "o album fotografico" da familia.

En vez de dedicarlle todos os días ata o 6 que se inaugura a exposición, a explicarvos de que trata, e pra que poda quedar mais dun detalle que vos sorprenda, vou ir alternando entradas, así tampouco vos aburro.
Maña iremos o circo grazas o amigo Javier Torres, un dos meus amigos do Arquivo visual Ourensán.

25/3/11

Ourense, un século de fotografía

Eiqui vos presento o triptico da exposíción que a xente do Arquivo visual Ourensán, con mais ilusión que medios e coñecemento, estamos intentando poner en marcha, grazas a inestimable colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense.
A nosa intención e que vos resulte informativa, esteticamente bela, e incluso intentaremos que resulte divertida. non sei se sera moito o que queremos, pero por ganas asegurovos que non vai quedar.

Idesme permitir, que me colla esta fin de semán, de vacacions, teño que atender unha visita. Pra comezar con mais folgos a partires do luns. podedes botarlle unha ollada as entradas do domingo, luns e martes pasados, xa que a filosofia da exposición, coincide case que na sua totalidade co libro.
Polo de agora as nosas pretensions reducense a dar en coñecer, os pioneiros da fotografía na nosa Auria.
O luns seguirei.

24/3/11

Grazas a todos


Sinceramente, non sei como podo dar as grazas, a todos pola acollida e o ben que me encontrei rodeado de todos vos. Teño que admitir que me sentín abrumado pola vosa xenerosidade, e comprensión. A todos os que me honrastes ca voxa presencia, grazas de corazón. Pero tamén de corazón llo agradezo a todolos que non poideron asistir, sei que non e sinxelo compaxinar a obligación ca devoción; ainda así sei que o intentachedes, e estabades pra mín, todos no meu corazón. Eso si, supoño que sufrindo apreturas, xa que os nervios eran moitos, e se son sincero unhas horas despois, ainda continuo a notar un certo nerviosismo.
Non quero aburriros, polo cal limitareime a repetilo.
Grazas a todos co corazón.
E logo do agradecemento, falta outro detalle; pedir perdón, o mismo tempo que rogarvos que sexades benevolos, cos multiples e inxustificables erros que de seguro ides atopar no libro. Froito todos eles da miña inexperiencia. Se por algúnha improbable circunstancia volvo meterme nunha aventura como esta, prometo prestarlle mais atención o traballo, antes de envialo a imprenta.
Perdón

Ca axuda dos amigos do Arquivo visual Ourensán, intentarei recompensaros ca seguinte oportunidade que nos teñen brindado.
Seguindo ca intención de darvos a coñecer os profesionais que honraron a cidade co seu traballo, e permiten que podamos botar unha ollada o pasado, o Arquivo visual Ourensán, a partires do 6 de Abril, no Museo Municipal (rúa Lepanto), ofrecevos a exposición.
"Ourense, un século de fotografía." 
O Arquivo visual Ourensán agradecevos xa de antemán a vosa visita.
Os proximos días o blog estara dedicado a esta exposición.

23/3/11

Achegamento á Historia da fotografía en Ourense

Hoxe limitareime a faceros extensiva a invitación oficial, a todo los lectores do blog, espero que vos guste.
Grazas.

22/3/11

Os Estudios, Gabinetes.

O último capitulo do libro e un anexo, no que por medio do Estudio Fotografíco, (algún día terei que contarvos, por que vai ser mais sinxelo chamarlle "gabinete" no lugar de Estudio), de Don José Pacheco,  acercovos os obxetos empregados por estes profesionais no desenrolo da sua labor diaria. Case que todos objetos utilizables na actualidade; tanto a sua robusta construcción, como a calidade dos materiais empregados na sua fabricación (madeiras como a cahoba e o palisandro, e metais como o latón e o bronce), artesanal na maioria das veces, facilitaban que nas mans destes profesionais, ainda hoxe podamos ver estes aparellos.
Camaras, tripodes, proxectores, prensas, cizallas, lanternas maxicas, atriles de retoque, visores de fotografia, lupas, son alguns dos obxetos xa esquezidos en algun caso, que poderedes lembrar.
O marxe do seu valor como antiguidade, esteticamente desde o meu punto de vista mostran unha beleza envidiable polos seus competidores actuais.
Vemonos maña no C.C. da Deputación as 20,15. 

21/3/11

Achegamento á historia ..........

 Retrato de Don José Garcia Mosquera, obra de Constancio Lopez (propiedade I.E.S. Otero Pedrayo)
Si onte vos falaba de Manuel Vales, como o primeiro fotografo o que poidemos poñerlle cara; hoxe falareivos da primeira persoa relacionada ca cidade, que según os meus datos fixo a lo menos unha fotografía.
Sei que soa un pouco farragoso, pero e que os comezos do arte fotografíco na nosa cidade tamé o son na sua comprensión.
O ano 1858, na Exposición Rexional de Santiago de Compostela, Constancio Lopez Corona e Hijón, presentou a concurso una fotografía "Patio de los leones, Alhambra de Granada". O feito e as probas son contundentes; co cal non podemos poñer en dubida, que Don Constancio, fixo unha fotografía daquelas; e o seu vencellamento ca nosa Auria, e sinxelo de comprobar, foi o director da Escola de Belas artes da nosa cidade.
Polo de agora, pensamos que a sua relación co mundo da fotografía, limitouse a un coñecemento da tecnica, que en ocasions evitaballe ter que tomar apuntes, pra despois facer as suas pinturas. De todolos xeitos queda aberta a porta por si aparecen imaxes da sua autoria.
Sabemos que faleceu na nosa cidade, e que a sua viuva e o seu fillo, medico de profesión, e escritor de aficción, continuaron a residir eiqui, habera que seguirlle a pista.....
Volvo reiterar a invitación, do mercores no Centro Cultural da Deputación, as 20,15. Vemonos alí.

20/3/11

Os proximos días

Retrato de Manuel Vales. Fotografía propiedade Juan Zaragoza Alberich.
De hoxe ata o fin de mes, e posible que as entradas resultenvos un pouco repetitivas; pero e que a miña continua falta de tempo; unense duas ocupacions, placenteras pero o mismo tempo absorbentes.
Xa vos dixen que os amigos do Arquivo visual Ourensán, estamos a preparar una exposición ao redor da fotografía antiga na cidade. "Ourense un século de fotografía".
O mismo tempo, dironme a oportunidade de publicar un traballo, que versa sobre o mismo tema,
 "Achegamento á historia da fotografía en Ourense",
e si nada o impide, presentareino iste mercores día 23 as 20,15 no Centro Cultural da Deputación, (Edificio Simeón).
Estades todos invitados os dous actos, realmente mais que invitaros, rogariaos que asistirades; mais que nada por que nunca me vín noutra, e supoño que contar co apoio dos amigos, fara mais facil o trago de falar en publico.
O primeiro no tempo, vai ser a presentación do libro o día 23, por eso estes días adiantareivos un pouco de que vai o libro.
Dende logo que levara vellas fotografías da cidade, pero menos das que se poderian presentar. Como a intención e conseguir que o Arquivo visual Ourensán, chegue a recoller todas as fotografiás posibles da nosa cidade e a nosa xente. Considero preciso, antes de nada, que coñezamos quenes foron os profesionais que as fixeron. Non podemos saber que buscamos sen ter datos.
Poñovos un exemplo: moitos de vos, gardades albums de fotografías na casa, nos que se atopan vellas Cartes-de-Visite, (Cdv. habitualmente fotografías de estudio pegadas nun pass-partout), as traseiras destas adoitan levar a firma do fotografo; pero non sempre pon de onde era o profesional, se a esto sumamoslle, que moitos tiveron parentes na emigración, (Cuba, Costa Rica, Arxentina etc, eran os destinos habituais nos comezos do século XX), que enviaban de cando en vez algun deses cartonciños, pra tentar non ser esquecidos pola familia. Atopamosnos con moitos nomes de profesionais da fotografia, que non temos claro cal era o seu lugar de traballo.
Pois precisamente ese e un dos obxetivos deste traballo, (evidentemente mellorable), que poidades identificar os fotografos que o longo do tempo, desenrolaron a sua actividade mais ou menos fixa na nosa cidade.
Pra comenzar presentovos o primeiro que poidemos poñerlle cara, Don Manuel Vales, un Ourensán mais recoñecido pola sua labor como pintor, pero do que existen probas de que se dedicaba tamén a fotografía en torno o ano 1860.
 Por desgraza non atopamos polo de agora ninguha fotografía ca sua marca, o que nos fai "supoñer", que non lla puña, (temos no arquivo duas fotografías, que poideran atribuirse a sua autoria, pero falta a confirmación, que non sera posible mentras non apareza mais material deses anos. Na exposición mostraremovolas por si tedes algunha semellante).

19/3/11

Día do Pai 2011

Todolos días D. fago o mismo comentario: non creo neles, nin na sua necesidade.
Pero o fin e o cabo, o decilo, un pouco estas entrando no xogo; que se lle vai facer, aise que deixar levar pola corrente, en moitas ocasions.
O que non estou disposto a renunciar e a pedirlle os meus fillos, que o agasallo, non sexa comprado, senon traballado. (do comprado xa se encargara a sua nai pola conta que lle ten).
Cando leades esta entrada espero estar disfrutando dun debuxiño, ou unha montaxe de photo shop, ou calquera detalle dese estilo, os que lle dou moito aprecio.
Eu pola miña banda, e xa que o día e festivo, voume fazer iste agasallo.
Na fotografía que vos mostro, tiña uns poucos meses; canto choveu dende aquelas.
Realmente non renuncio a ningunha das vivencias que pasei, e espero seguir ampliadoas; pero non sei se coincidiredes conmigo, esa etapa da vida, e unha das mais felices, ou polo menos das mais comodas, non tes que preocuparte de nada nin siquera de pedir as cousas, basta que des un pequeno berrido, e xa tes alguen ocupandose de todo.
No  interpretedes que esto sea unha indirecta, pra que os fillos valoren os traballos dos pais. E totalmente directa.
Animo a todolos pais, xa falta menos pra ser avós   

18/3/11

Os primeiros días do novo Instituto

Catro de Outubre do 1897, foi a data na que comezaron as clases no "Instituto Provincial de segunda enseñanza", (I.E.S. Otero Pedrayo).
A necesidade de contar cun Instituto na cidade, foi palpable, dende que o caudillo Abd-al Aziz no 716, ordeu arrasar a cidade, (e broma, ou non????). Certamente os datos que temos situan no 1840 a primeira solicitude pra a sua creacción, logo de varias incomodas pero fructiferas academicamente, visicitudes; o 14 de setembro do 1857; comezase a argallar a construcción dun novo centro de estudios na cidade.
Contovos estes pesados datos, (datas e cousas dese son tipo, son sempre farragosas), pra que vos resulten mais "incomprensibles" as queixas dos rapaces do Instituto, que don Valentín traslada aos seu lectores, a modo de Mostacilla, (nota do autor do blog: Esta xuventude non sei que queren, sempre queixandose..).
Valentín Lamas Carvajal; Mostacillas Tomo II 
Mostacilla nº V.
Copia de la exposición que elevan al presidente provincial, varios alumnos del Instituto de Orense.
"Señor: salvo error de cálculo,
hizo lunes cuatro meses
que se ha inaugurado el Centro
de Instrucción, y aún no hay retretes.
Loa apuros que pasamos
ocultársele no deben,
que en esto, usted como en todo,
es persona competente.
La necesidad apremia
y urge tanto... tanto... á veces,
que á muchos ya se nos baja
la imaginación al vientre.
Como usted es el culpable
de lo que nos acontece,
en usted solo pensamos
y es de justicia se piense.
Por vagancia, o resto do texto, teredes que leelo deste escaneo

   
Os autores do texto, non sei se se identificarian, pero poidera andar por ahí, a pluma do Gayon, ou mesmo do Perniñas; non sei si pola idade poderian ser eles, teremos que comprobalo.
Deixaremos por uns días tranquilo a Don Valentín, pero de seguro que volve aparecer polo blog, con algunha das suas xenialidades.

17/3/11

Don Valentín e as Rúas

Rúa Arcediagos, Arcedianos ou da Gloria. (Museo Etnoloxico de Ribadavia Xunta de Galicia)
Cando terminedes de ler a entrada de hoxe, escusades mandarme mails, preguntando se estudie pra cura; xa vos digo de antemán que non.
Teño na miña biblioteca, unha boa colección de libros con Ourense e os ourensáns como temática principal, por desgraza aínda a pesar diso, son moitísimos os exemplares que me gustaría ler, non é preciso que os teña, con poder lelos con calma sería suficiente.
De todos os xeitos se vos sobra ou moléstavos algún, dicídeme onde podo recollelo, como dicía aquel, "todo é bo pra o convento".

Vén a conto todo isto, porque levaba tempo querendo botarlle a vista encima, a un pequeno libro, que o insigne Don Valentín Lamas Carvajal, déixounos pra que puidésemos gozar da súa ironía, (non podo dicir que fose moi "fina", xa que máis ben poderíase definir como grosa; máis directa sería imposible). Trátase da recompilación das súas "Mostacillas", que o amigo Juan Valencia, tivo a amabilidade de prestarme.
Aínda que seguro que lle dedicarei algunha entrada máis; hoxe gustaríame que virades unhos versiños dunha das máis graficas con respecto á cidade. Nela fálanos das suas "belas" rúas, e o ben "traídos" que están os seus nomes.
Gozádeo, e lembrade se tedes algun libriño deste tipo na casa e molestavos, eu recollereino encantado.

 Mostacilla, versos humoristicos 1897 Imprenta de El Eco de Orense 
               Tomo II  Mostacilla XXI (resumen)
" No era no, un cabeza hueca
ni razonaba á capricho,
el periodista que ha dicho:
"Aqui todo se trastueca".
.....
Obedeciendo a esa ley
ó trastueque verdadero,
un inmundo abrevadero
pasa por fuente del Rey.
.....
Es la calle de las Flores
una empinada pendiente,
sucia, estrecha maloliente
y de las calles peores
....
Es para el ornato un ripio
la calle de San Martín,
pues la casa que esta al fín
es con la que da principio.
....
A una calle cuya historia
pudiera en resumen ser
pulpo, callos y ¡á beber!,
se le llama.... de la Gloria.
.....
Otro día os traere alguno mas de los versos del "rueiro" de don Valentín, pero para mañana como me ha gustado el librito, os dare noticias del Instituto Provincial..... 

16/3/11

Como hemos cambiado ...

Fotografía do arquivo Botas
Non, por fortuna para vós, non penso dedicarme á canción, a pesar de que o titulo da entrada coincide co da fabulosa canción de Presuntos Implicados.
Eu referíame ao cambio tan radical que experimentou a do Paseo en Celanova, ou polo menos así se chamaba en 1900. Por falta de tempo fai moito que non visito a terra do meu pai.
Xa sabedes que non é o meu a fotografía antiga de fóra da cidade, pero quero contentar a todos os que lles gustan estas imaxes; antes de empezar a aburrirvos, coas entradas dos dez últimos días do mes, que case de forma monográfica; dedicarei a un libro próximo a saír de imprenta; e dunha exposición que con máis ilusión e empeño, que medios, estamos organizando a Asociación Arquivo visual Ourensán.
De momento se algún lector amigo quere darnos algún dato da fotografía, encantado publicareino. Eu nin sequera atrévome a dicir se o Bar América, está nun dos edificios que ven á esquerda, nin desde logo podo dicirvos se o bar Túnel xa se vía na imaxe.
Agardo a vosa colaboración.

15/3/11

Os dentistas

Interior da clinica do doutor Villar na rúa Pereira 3, fotografia publicitaria de Pedro Ferrer. ano 1903
Non quero enganarvos, por iso recoñezo que esta fotografía ocupa o lugar doutra, por vagancia. Espero que os García del Villar non mo tomen a mal; outro día falarei do seu avó, (nalgún momento, xa o citei), e outro día retomaremos ao matrimonio Dainow.
Realmente hoxe quería falarvos de Mr. Cheriguain, don Arménak, pero non atopo a fotografía que teño do interior da súa consulta en Progreso 40 - 42, e se a do doutor Villar na súa consulta da rúa Pereira 3 (Avda. de Pontevedra). Para o caso valerá.
Pois ben Don Armenák, vencendo as reticencias que suscitaban as súas orixes, era de Constantinopla Turquía, (recordade as incursións de piratas turcos na costa galega, Apunte de Pastor Fabrega); conseguiu facerse un oco na sociedade Ourensá de principios do século XX, o seu bo facer como dentista, colaboro a iso, pero o seu matrimonio coa que cremos filla de Manuel Vales Penedo, (podería ser neta, pero a información facilitada polos actuais descendentes, e a similitude de nomes de pai e fillo complican a confirmación), pintor e fotógrafo Ourensán autor da restauración e mellora das pinturas do altar maior da catedral ourensá, rematou por facilitar a súa integración na nosa cidade.
Espero que o amigo David Simón, (investigador da historia médica da nosa cidade), poida aclararnos máis datos deste profesional, e de quen supomos o seu fillo, Atilano (Atilano Moreno?), quen mantivo a clínica aberta, ao trasladarse don Arménak a Xixón.

14/3/11

Exercicio con don Estanislao

Deixoume esoutro día, o amigo Santi Reverter, unas magnificas fotografías do seu pai, Don Estanislao Reverter. Xa vos adianto, que en breve faremos unha entrada facendo un resumen da sua biografía; pero polo de agora vou aproveitar esta fotografía pra poñervos outro exercicio.
No momento en que Santi estaba a me deixar esta e as outras fotografías, ibamolas vendo, e o chegar a esta, preguntoume se seria en Ourense, e asi sin pensar moito, disenlle que non; non lembraba que houbera un Cafe Madrid, na cidade.
Logo cando as vin con calma no meu ordenador, empecei a pensar (ainda me doe a cabeza desde aquelas), e dinme de conta que estaba equivocado.
Si que houbo un Cafe Madrid na cidade; e eiqui ven o exercicio, onde estaba Don Estanislao, paseando ca sua flamante Montesa esa tarde?.
Se vos fixades ben, penso que o edificio onde estaba o Madrid, e un dos que ainda seguen en pe, da época na que pra o meu gusto se fixeron os edificios mais fermosos da cidade.
As respostas, o meu mail ourensenotempo@hotmail.com

13/3/11

De lectura obrigatoria

Este venres pasado, día 11, tiven a oportunidade de asistir á presentación dun libro, que creo non pode faltar nas bibliotecas dos ourensan@s, (non me gusta o emprego deste informático símbolo, a @, pero non se me ocorre outra forma de englobar a todos os cidadáns, sen distinción de sexo, acepto suxestións?). Fai tempo que podemos gozar dos datos que a amiga Rosa Cid Galante, proporciónanos no seú blog, http://mulleresourensas.blogspot.com/  Pero nesta ocasión, xunto coa profesora Carmen Benso Calvo obséquiannos cun moi documentado e laborioso traballo, sobre temas tan de actualidade nestes días: os logros da muller no ámbito laboral e educativo.
O seu traballo céntrase no relato da situación que se "padecía", desde comezos do século XX e sen ningunha dúbida é imprescindible o seu coñecemento, para facerse unha idea dos cambios habidos. Non se pode negar que a situación, cambiou de forma significativa, pero seguen sendo moitos os logros pendentes de conseguir.
Lendo este traballo, dásche conta que o paso do tempo aínda non foi suficiente, para que se faga xustiza coa metade do xénero humano, (tomado da frase de dona Concepción Areal); desde logo que hoxe teñen os mesmos dereitos e oportunidades para estudar, (conseguírono oficialmente desde 1910), poden ter independencia económica. Permíteselles ter contas en entidades bancarias, como a calquera home. Teñen acceso aos mesmos postos de trab......
Non sei a vós pero a min resúltame estraño que no século XXI aínda existan desigualdades entre xéneros.
Espero que gocedes lendo esta magnífica obra de Carmen e Rosa, ás que lles agradezo o traballo realizado.

 "Entre a tradición e o cambio en Galicia"
As Mulleres na Sociedade Ourensá de Comezo do Século XX 
Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante
deixademe uns días pra que poda leelo completo, e intentarei volver falar del, penso que paga a pena.

12/3/11

3 Aniversario

Desde o día 12 de Marzo do ano 2008, que decidín iniciar este blog. Moitas son as fotografías que vos levo mostrado, caseque 2000, nun total de 1070 entradas; pero eso non son mais que números, o importante e o que me fai continuar, e a cantidade de novos amigos, que grazas o blog, teño feito neste tempo.
A lista seria moi larga, e seguro que algún se me esqueze, así que doulle as grazas a todos, pola sua colaboración, xenerosidade e amabilidade.
Como agasallo pra vos neste aniversario, ensinovos as últimas fotografías que recibin froito desa xenerosidade, algunha desde o meu punto de vista, unha autentica xoia. Non pola sua calidade, que a teñen, pero eu nunca me atreverei a valorar eses aspectos das miñas fotografías, deixo esa parcela pra os autenticos profesionais. Se non pola sua rareza, e antigüidade.
Estas duas son un exemplo, das que pensadesque non interesan debido o seu estado, e precisamente son das que mais interesa conservar, xa que de non facelo remataran por desaparecer, e ainda que non o pareza aportan información pra historia da fotografía na nosa cidade. Pra que vos fagades unha idea, o grupo familiar que tedes a dereita, e unha das poucas fotografías que temos dos primeiros anos de José Samaniego en Ourense.

Esta e una das millores fotografías de Minutero que poidemos localizar. E do amigo Arcadio de Monforte de Lemos, e ten o valor engadido de que a fixo o seu pai.
Esta e unha das que lle gustan os amigos de Carrileiros, e supoño que xa a teran, si no e así que mo digan, polo que me di quen ma presta, tratase das probas de seguridad do viaducto Ourensán, sendo así, o edificio que se ve o fondo, seria o vello hospital das Lagoas.
Esta e, ainda ue non o pareza, a xoia das que vos mostro hoxe; tratase do reverso dunha fotografía feita por García, Carlos Santos García, posiblemente o primeiro ourensan que se dedicou a fotografia de xeito profesional, e o amigo Manuel Dominguez tivo a amabilidade de deixarma, (falaremos estes días desta e outras xoias semellantes).
Grazas a esas colaboracions, naceu o ano pasado, a Asociación Arquivo visual Ourensán, e a piques estivo de coincidir este aniversario, ca primeira actividade oficial da Asociación. A primeira exposición fotografíca que imos intentar facer no Museo Municipal, se non se torcen os planes, a partires do día 31 de Marzo.
"Ourense,un século de fotografías"
Pero ese e un tema do que falaremos durante esta proxima seman.

Grazas de novo a todos vos que sodes os que permitides que poda facer iste blog,

11/3/11

Villa Argentina, Chalet de Añel 1960.


O 28 de Febreiro, pusenvos unha copia desta fotografía de arriba, pra que me axudarades a localizala, e sinceramente, estou moi satisfeito, pola resposta que tiven; non sei se sera debido a que moitos de vos lembrades perfectamente esa Casona. Non como noutros exercicios que vos teño posto, que pola data da sua desaparición poucos son os que ainda presumen de telos visto.

O primeiro dato aportanolo Augusto Guedes, ou case que millor chamareino Augusto Pacheco Jr. (se non lle gusta que mo diga, e cambiareino deseguido, pero e que e un follon falar de avo pai e fillo, con tantas variantes que teñen no nome). Na copia da fotografía que ten no seu poder, das que lle deixou o seu pai, con notas da identificación, podemos ver que a fotografía esta feita no ano 1960, e o chalet era de Añel.

Outra colaboración cheganos de Lleida, e no la envía Alfonso Blanco,
"La Villa Argentina (se llamaba así) estaba en la avd de Buenos Aires,
hacia esquina con Avd de la Habana y por detras llegaba hasta al Camino
Caneiro. Habia flores y gran cantidad de cepas de viñedos, que subian por
columnas de hierro y alambres formando largos pasillos en diagonal desde
el chalet. El chalet era de color rojo oscuro (ladrillo) con lineas
blancas.
... los que vivíamos detras nunca lo olvidaremos. Su muro posterior era
"nuestra portería de fútbol" ... hasta que urbanizaron el camino caneiro."
Este outro comentario, enviamo a amigo Paco Boluda facendo emprego por primeira vez do Facebook.

Paco Boluda Este chalet se llamaba "Villa Argentina" y estaba situado en un solar que daba a Camiño Caneiro, avda. de la Habana y avda. de Bos aires. En el edificio que se vé al fondo, situado en Camiño Caneiro, estaba la fabrica de gaseosas "La Unión", aunque en un principio solo tenía la planta baja.

O amigo David Simón, aporta o dato de que caeu entorno o ano 1977.
E así ata un total de 37 amigos, que lembran ter ollado a casa en pé, na avda de Bos Aires; eso sí algún mais ca mín, situabaa metro arriba metro abaixo.
Grazas pola vosa colaboración.
Fotografía da zona na actualidade, feita polo amigo Manolo Dominguez Quiroga. www.canedo.eu

10/3/11

Fin do Entroido 2011


Rematou o Entroido e volvemos a rutina diaria.
Eiqui vos deixo algunas das imaxes que obtiven pola rúa estes días.
Damas venecianas, algun personaxe de Libia, algún Arabe, moitos bombeiros, un grupo de paisanos facendo a matanza do porco en plena rúa, almirantes da armada, un campamento base de ascenso o Anapurna, cabaleiros do temple, e moitas mais traballadas mascaras, (e algunha menos traballada).
Divertirse e gratis, soo fai falla ter ganas. 
Xa volvin trabucarme, e pusenvos imaxes dóutra época xa pasada. Agora xa esta e non as vou sacar, pero alo menos deixovos algunha actual.
Non poño o nome dos propietarios das fotografías, pra non facilitar o recoñecemento das mascaritas.
Ata o Entroido 2012.

9/3/11

O Barallete

Hoxe e  o fin do Entroido, día triste, no que teremos que enterrar a sardiña do 2011.
Pra paliar esa tristura, a ver si poidera ser que hoxe asistiramos o re-nacemento dunha tradicción moi desta nosa terra, O Barallete.
Ando estes días quitandolle partido o libro de Don Domingo Alvarez Alvarez as "Jergas de Galicia", no que xunto con outras tres lingoas, recolle o dicionario Barallete- Castellano, (magoa que non fixera o Castelán- Barallete, mais que nada porque facilitariame o traballo).
Pra introducilo sen ser demasiado pesado, hoxe traivos o "Padre Nuestro" do Barallete.

"pros mutilos que caneaban a labroñar, e xirando tiza no TAFENO:
Milcos te ticen;
a gaurra nos chegues,
e a guchia do xibas
te escorromeles!
Jalrroume onte a gaurra
o naceiro que me boires
largueño un caneiro; que o
fin do moro pregunta o na-
ceiro: __¿Qué hay que tizar?
__Caleiros de brote e pinazas
de oreto non lle han de faltar.
¡As ánimas benditas llo acrecenten!"
A traducción, no libro e o castelán, e terei que respetalo eiqui a tedes:
"de los rapaces que iban a trabajar a Portugal y pedian de paso, amén del precio del trabajo, algo que comer y ahorrar la ganancia:
Lobos te coman;
a la noche no llegues,
y a la puerta del Cura
te desparrames.
Ayer por la noche me dijo mi amo
que me dieses un buen pedazo de pan, por-
que al fin del pueblo, me pregunta el amo:
¿Qué hay de comer?
Pedazos de pan y tazas de caldo no le han de faltar.
¡Las ánimas benditas se lo acrecienten!"
Buscarei outro día, pra presentarvos algunha palabra do Barallete, pra que podades comezar a aprendelo.
A fotografía como vos dixen onte, e o positivo da placa despois da sua rotura.
Neste caso o meu profesor Augusto Guedes de Castro, (neto de Jose Pacheco), tivo a precaución de escanealo, tan pronto chegou o seu poder, a rotura posterior e una magoa, pero non tan grave, como seria de non existir esa copia.

O Arquivo visual Ourensán, ten como principal obxetivo, tentar precisamente que existan copias de todas as vellas imaxes que teñades da nosa cidade, e nos proximos días direivos como sera unha das accions previstas polo AvO, pra axudaros nesa tarefa de conservación.

8/3/11

Ourensans no Mundo

Tendo en conta o día que e hoxe, Martes do Entroido, supoño que os que vos acerquedes o blog, teredes ganas de entreteros, e si  e posible, botar unha risa. Como volo advertín o domingo, vou aproveitar pra trancribir unhas anecdotas que un meu antepasado lonxano, recolleu no seu libro Jergas de Galicia.
A primeira aconteceu no Rif (Marrocos), ala polos anos 30-40 supoño, e contoulla o xornalista Benedicto Conde.
"Unos cuantos soldados gallegos iban de paseo por tierras del Rif, y en un arrabal marroquí hallarón con un grupo de moros que rodeaban atentamente a un rifeño barbudo, de pelo largo y facciones morunas, que al parecer, explicaba o leia a sus oyentes, a juzgar por las veces que repetia:
__Jam-Alá, jam-Alá!..
Uno de los soldados referidos, despues de estar viendo lo que hacía y oyendo lo que decía el del centro del corro, en la creencia firme de que no le entendíanmás que sus compañeros, exclamó:
__¿ Qué lle estara decindo este tio carballo ós que o rodean?...
Y cual no seria su asombro, cuando oyo al ue suponían santón, que dijo, sin volver el rostro, desde el centro del corro:
__Estaivos por ahí que xa vol-o contarei...
Esperaron. La sorpresa fue de lo mas extraordinario. Llegado el momento les conto lo ocurrido. Que era un soldado Gallego -- de La Coruña --, que se habia salvado del desastre de Annual por pies y por arte. Estuviera escondido en las montañas, viviendo lleno de zozobra y de hambre, como pudo. Le crecio el pelo y la barba; adelgazó, se transformó, y conocedor de parte de las costumbres moras y del árabe, se arrimo a la primera kábila que halló, como pordiosero. Se amañó, se hizo antón o brujo, y vivía de su oficio tan cristianamente... "
Fixadevos que daquela non sei por que lembrabanse do "Carballo", en terras africanas.
A outra anecdota, ainda que mais lonxana na ubicación e no tempo, tocanos mais de cerca.
Aconteceu ala polo 1880 mais ou menos, cando o xa mentado no blog Don Juan Manuel Pereira de Castro, exercia de embaixador de España no Extremo Oriente. Esta contoulla o meu parente, o avogado Ourensán, Don Antonio Rodriguez Montero. 
"Hace ya tambien muchos años, un ministro o embajador de España, llegó a Pekín. De la comitiva o séquito de aquel diplomático hacía parte el fallecido Cónsul de España, Sr. Meruendano, natural de Orense. Entre la gente del pueblo chino, que en multitud esperaba su paso por determinada calle central, le llamo la atención un chinesco en toda regla, que tenía su trenza de pelo correspondiente, traje del país, el bigotito singular de los chinos. Los ojos y aún toda su fisonomia. Y le llamó la atención porque profirió a los niños que resultaron ser sus hijos, una palabra malsonante en gallego. El Sr. Meruendano, que no podía suponer que en China hubiese carballos, confió a su secretario la misión de localizarlo y citarlo para el Hotel, a fin de hablarle.
Y a su tiempo ... llegó el mandarín al lugar indicado.
__Vamos a ver, hombre__ le dijo el Sr. Meruendano, despues del correspondiente saludo en Español __: ¿Usted es gallego, verdad?
__Sí señor__ repuso el interrogado__; sunlle de Orense.
__También yo soy. ¿Y como llego usted hasta aquí?
__Pues... atrás de la tarazana (la rueda de afilar). Y aquí me casé, tengo hijos y vivo bien; y hasta administro justicia en un departamento...
Coincidires conmigo, que o noso "carballo" podese considerar Patrimonio da humanidade. Que mal soa esó, pero que conste que me refiro a palabra.

A fotografía que acompaña a entrada, realmente e,  un negativo que no momento que se escaneou estaba entero, e lamentablemente o puco tempo rompeu. Pra que vexades a importancia que ten conservar nas mellores condicions posibles este material hoxe ensinovos como era o orixinal, do que se poderan obter copias con bastante calidade, e maña mostrareivos o estado actual, positivado da placa, pra que vexades como serian hoxe as copias. 

7/3/11

Aniversario de Marcelo Macias (Federico Román Alonso)

Grazas de novo, ao amigo Federico Román Alonso, polas suas magnificas colaboracions; e pola amabilidade que tanto él como a sua nai Dona Socorro, tiveron conmigo en datas recentes.

El 7 de marzo se cumple el septuagésimo aniversario del fallecimiento de don Marcelo Macías y García (1843-1941), cuyo semblante podemos observar en esta fotografía tomada por Augusto Pacheco en la última década de su vida. Está retratado con parte de las numerosas condecoraciones que recibió, entre ellas: Comendador de la Orden del Cristo de Portugal, Capellán de honor y predicador de Su Majestad, Cruz Blanca del Mérito Militar, Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII, Medalla de los Sitios de Astorga, Merced del hábito de la Orden de Calatrava, etc.
Hoy recordamos aquella fecha, y qué mejor manera de hacerlo que con las palabras de Otero Pedrayo: “…Expiró dulcemente sobre las cinco de la mañana del gran día en que la Iglesia celebra la Festividad del Angel de las Escuelas. El cuerpo yerto, descansó en el ataúd en el Oratorio en que tantas veces había celebrado el Santo Sacrificio.
Al llegar a este punto la pluma se resiste a seguir escribiendo … es difícil acostumbrarse a la ausencia de una inteligencia y de una palabra como las que animaron a Don Marcelo. Muchas veces hemos vuelto a su casa donde continúa recibiendo al visitante la gentileza y el cariño de los familiares de Don Marcelo, y nunca podemos librarnos de un sentimiento de inexpresable angustia al no oír la voz de Don Marcelo en el jardín, al constatar que el sillón está vacío, que la noble diestra no se tiende, generosa y cordial.
Al entierro, celebrado en la tarde del día siguiente, y al solemne funeral, cantado en el templo de Santo Domingo, concurrió todo Orense. El féretro fue llevado hasta la carroza y desde la puerta del cementerio a la tumba por los sobrinos de Don Marcelo, Don Sebastián Martínez-Risco Macías, Don Federico Alonso y los discípulos y amigos Don Jaime Pérez Colemán, Don Vicente Martínez-Risco, Don Jesús Soria y el autor de este libro …

Dos retratos más realizados por José Pacheco, padre y profesor de Augusto, nos muestran a don Marcelo en perfil similar. Las enseñanzas fotográficas de don José se aprecian en la obra de su hijo y en la de Luis Casado (Ksado); éste último acompañaría a Macías en algunas excursiones por la provincia, en las que también participaban Antonio Rey Soto, Benito Fernández Alonso, y distintos miembros de la Comisión Provincial de Monumentos.

El cultivo de las distintas ramas de las ciencias histórica y literaria, en las que don Marcelo fue maestro, se prolongó en sus discípulos, muchos de ellos personajes destacados de la generación Nós. Se fundaron grupos de estudio e investigación a los que se les puso su nombre, y que mantienen vivo el recuerdo de Don Marcelo: “Grupo Marcelo Macías del Museo Arqueológico de Orense”, “Centro de Estudios astorganos Marcelo Macías”, etc.
Fotografías cedidas por Mª del Socorro Alonso Martinez- Risco

6/3/11

Jergas de Galicia

Despois de tres anos escribindo no blog, a parte de moitas satisfaccions, unha cousa que teño clara, e que os fins de seman, e os festivos non son os millores días pra recibir as visitas. Estes días son de entroido, e comprendo perfectamente que internet non sea unha das millores opcions pra pasar o rato. Dito esto, xa vos adianto as entradas desde hoxe ata o martes.
Hoxe tedes este libro, do que vos falerei abaixo.
Maña que e dia de traballo, e aproveitando a xenerosidade do amigo Federico Román, lembraremos a Don Marcelo Macias, quen fai nesa data setenta anos que deixou de ilustrarnos co seu coñecemento.
E o martes e mercores volverei utilizar este libro que hoxe vos presento, que penso podevos interesar. Pra que vos fagades unha idea, soo vos vou decir que eso do "Galego na lua", non e un mito, pode ser que sexa unha realidade. Teredes que agardar ata o martes pra entendelo.
O libro que hoxe vos presento, lamentablemente, non e sinxelo atopalo nas librerias, e penso que incluso, non son moitas as bibliotecas que o teñen entre os seus fondos. Eu tiven a sorte de recibilo en, digamos "herencia familiar".
Escribiuno Domingo Alvarez Alvarez, (nota pra miña familia: estaba casado cunha prima da avoa Margarita, era filla de Ricardo Abundancia de la Barona, irman de Don Pio un dos nosos bisavos), quen entre as moitas ocupacions que desempeñou o longo da sua vida, (contable, secretario de concello, procurador, fiscal, xuiz de paz, corresponsal de prensa), tiña un gusto especial polas lingoas, dominaba o Latín, o Portugues, o Italiano, o Frances, e o Castelán, (e mais o Guarani e o Tupí,) e o mesmo tempo gustaballe investigar e escribir.
Así e como case que por hobby, fixo este e outros libros ("As cooperativas", en lingoa portuguesa, e "Versos de otoño" en castelán)
"Jergas de Galicia", e unha recomplación das catro principais "jergas" historicas da nosa Galicia, loxicamente relacionadas con oficios. 
 "El Barallete", o "Latín dos Paragueiros", do cal falarei na entrada do mercores.
 "La Jerga dos albañiis", o "Latín dos Chafoutas"
 "La Jerga dos canteiros", Dos Arginas
 "La Jerga dos tejeros" o "O verbo dos Daordes".
Vou ampliar un pouco os datos, xa que non son verbas habituais hoxe en día. Paragüeiros e afiadores, non precisan de presentación na nosa Auria. A inmensa maioria dos que andaban por ese mundos de Deus, eran paisanos, de Nogueira de Ramuín, Esgos ou Pereiro de Aguiar (o meu parente esquenceu mencionar os oriundos de Parada do Sil, e algún mais, pero imos ter que perdoarllo, polo seu orixen pontevedres, e as suas escasas visitas a nosa provincia).
Mais descoñecidas pra nos, son as outras, A dos Albañiis ou Chafoutas,ten a sua orixe, na zona de Tuy e os seus alrededores, sendo das catro a de menor difusión. Comparte o orixe provincial cas outras duas Dos Canteiros ou Arginas, (nome que levaban os patrons), tamén coñecido como lingoa dos Cabaqueiros. E a Dos Tejeros, ou telleiros (fabricantes de tella a mán), tamen chamada verbo Dos Daordes; esta última falouse tamén froito da movilidade laboral dos seus falantes, en moitas zonas da Coruña.
Non me atrevo a aseguralo, pero penso que poderia ser o primeiro diccionario escrito destas jergas, ou alo menos dalgunha delas, xa que consta que iste libro, foi admitido pra a publicación polo Consello superior de investigacions cientificas, o ano 1955,  a ficha do libro, e:
 .-Domingo Álvarez Álvarez   Jergas de galicia, ed. do autor, Tomiño 1965-.
 E por exemplo o de Ben Cho Shey,  "Santa Marta de Moreiras", ten esta ficha: .
-Xosé Ramón e Fernández Oxea (Ben-cho-shey): O barallete, en: Santa Marta de Moreiras, Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), Edicións Castrelos, Vigo, 1968.-
Tamén traballaron sobre o tema, Antón Fidalgo Santamariña en "O afiador" (1992), e Olegario Sotelo Blanco, en "Os Afiadores" (2011).
No caso da dos Canteiros, (ou Arginas), consta un dicionario anterior, feito por Julio Ballesteros Curiel, no 1929. E nos outros dous casos non me consta existencia de publicacions ainda que haberia que investigar un pouco, (sabedes que admito axudas).
Tamén veñen no libro unhas explicacions sobre cuestions tecnicas, e algo que penso que vos pode gustar: anecdotas desas falas, e das xentes que as empregaban.
O martes transcribireivos unha delas relacionado con dous paisanos nosos, de fai moito tempo, e nunha terra moi lonxana.

5/3/11

A Festa da Arribada 2011

Os que seguides o blog, tedes claro que a vila de Baiona, e  un dos lugares onde me gusta perderme de cando en vez.
Un dos motivos que me fan ir dar unha volta por alí, e a "Festa da Arribada".
"O día 1 de marzo do ano do señor de 1493, "arriba" as costas da vila de Baiona, a carabela "La Pinta".
Capitaneada por Don Martin Alonso Pinzón,  retornaba ca flota do almirante Colón, do viaxe que habia dado lugar o descubrimento do Novo Continente; a piques de rematar a travesia, unha terrible tormenta azota os intrepidos navegantes, e fai que se separen; a fortuna quiso que "La Pinta" , pasado o temporal descubrise que a sua posición era cercana as costas de Galicia, e pon rumbo cara Baiona.
Con eles chega a boa nova do descubrimento, o que fai que se desate a alegria. Envianse con urxencia, mensaxeiros á Corte, pra adiantar as novas, e mentras o capitán, a tripulación e a nave fan un breve descanso, que lles vai permitir coller folgos pra rematar a sua viaxe co resto da flota en Palos da Frontera."
Este feito historico conmemorase desde o ano 1974, en Baiona, O que comezou sendo un día festivo pra os residentes na vila, acadou  o ano pasado, o galardón de festa de interese nacional. E de seguir así de involucrado o pobo, non dubido que chegara a se converter, en festa de interes internacional.
E xa que falamos dunha fantastica festa historica, imos comezar a darlle un pouco de publicidade as nosas, que ainda que son un pouco mais tarde, tamén son merecentes de galardons; "Bela Auria" "Da Historia", "Do Esquecemento",  a mais proxima a da Bela Auria, que comezou a sua andadura o pasado ano, (e con moi bo comezo por certo), xa esta no proceso de preparación, así es que podedes ir empezando a sacar as galas do armario, que iste anos tedes que vir vestidos de época.
  



3/3/11

A Casa do Pobo

Plano conservado no Arquivo Municipal de Ourense
No ano 1910, comeza a xestarse a construción dun edificio que dese servizo aos obreiros; reunións, formación, e ata exercicio e diversión, eran os fins para os que se propuña.
Existía xa naqueles tempos, o Circulo Católico de Obreiros, que ocupara instalacións no antigo hospital de San Roque, (alameda), e posteriormente no caserón da rúa Vicente Pérez (Paseo), á beira da actual Delegación de Defensa. Era este un sindicato creado polos grandes empresarios da cidade, e a súa operativa era moi limitada.
Pola súa banda o sector obreiro, e as clases medias, (comerciantes na súa maioría), formaran anos antes o Centro de Sociedades Obreiras (1885), con sede na Praza das Mercedes, pero en cuxo local, non se podían organizar as actividades que reclamaba a sociedade.
Logo de infrutuosos intentos para conseguir un local adecuado, este segundo grupo, aproveita as folgas do 1913, para incluír entre as súas reivindicacións, a construción do edificio. Son os tempos de Manuel Suarez Castro (Manoliño), Manuel Rodríguez, Justo Gutiérrez etc.
Por medio dese acordo, empresarios da cidade, como Fermín García, Isidoro Temes, e Castor Eire, apoiados xenerosamente tamén por Ourensáns de non tan alto poder económico, entre os que figuran profesionais como o propio José Pacheco, ou o doutor García del Villar; realizan as achegas necesarias para comezar o proxecto. Este vería por fin a súa culminación no ano 1915.
Estaba situado, na rúa Progreso, cerca do xardín do Posío, e aproximadamente no mesmo solar que posteriormente ocupou o Colexio Universitario.
Caeu ao redor de finais dos anos 60.
Levo os catro anos que estou a facer o blog, tentando atopar unha fotografia deste edificio, e non fun quen polo de agora de conseguilo, se algún de vos tena, estarialle moi agradecido, que ma deixase. 

2/3/11

Reis do Entroido Ourensán

Fotografias de dona Elisa Gonzalez Pombar
Xa pasaron por eiqui "O Trangallán", e o amigo Marcial Feijoo; dous animadores do Carnaval Ourensán, faltan moitos personaxes entrañables, que viven ou vivian nalgun caso, estas festas con moita ilusión, e pra elo non dubidan en participar de xeito activo.
Hoxe presentovos unha parella que nos anos 40-50, non perdían un día da festa, Falamos do Marrón, e a Marrona.
Don José Rodriguez Rodriguez e dona Piedad Ariza Pedregosa, era un matrimonio que deixou a sua impronta, na cidade.

Tiñan un posto de carniceria na praza de abastos, e alí traballaban a diario, pero os seus momentos de lecer, gustaballes deixar de lado o mandil, e vestir de "punta en blanco"; era algo habitual, atopalos nas salas de festas da cidade, Bilbaina, O Moderno, etc. tomando o seu café, e case que sempre en boa compañia; moitas das artistas que viñan actuar na cidade, non sei o motivo, pero contanme que soian gustar da compañia desta algre parella.
Non era dificil, velos paseando na calesa do "Patillas", (existe certa discrepancia entre os meus informantes, sobre o nome do conductor- propietario de coche de cabalos), ambolos dous, elegantemente vestidos, Don José, as mais das veces, gustaba portar Chistera.
Pero chegando o Carnaval, eran un dos centros de atracción nas rúas e bailes da cidade.  
Disfrutade do Entroido que esta a piques de comezar, e esquezede a lo menos por uns días as penas, como decia aquil, "sempre positivo, nunca negativo"... 
Bo Entroido,
(coidado co alcohol, que e moi malo.....)