Consejos y avisos

30/4/10

Ampliación da rúa Santa Eufemia

Esta é a clarificadora imaxe, á cal referíame o martes.
Nela vemos perfectamente, que a pesar de non ser igual, o aspecto da fachada de Santa Eufemia, ao actual, non existen dúbidas sobre se é ou non é; aparte de que algúns informadores, comunícanme que cando se constrúiu a torre da dereita, tamén se modificou a parte superior da fachada.
Esta fotografía, achega outro dato de interese, na súa traseira, o autor, (fotógrafo de afección e home de recoñecido prestixio na cidade), escribiu a data en que foi obtida, "San Xoan de 1938", e por datos recollidos noutras das imaxes que me facilitaron, dedúcese que estaba próximo a ser derrubado. Recompilando toda a información, poderemos dicir, que a obra que a finais do século anterior (s. XIX), proxectou o Sr. Gulías, pra ampliar a "Canella que baixa a Rúa Nova dende Zapateiros" (Santa Eufemia), en xuño do 1938, aínda tiña pendente de executar a última fase, a derriba do edificio que se ve na fotografía.
Por imaxes que vos mostrarei proximamente, veredes que os máis próximos a Santa Eufemia, xa estaban case que rematados, coa súa nova liña.
Se vos fixades nos cristais, de todos os edificios, veredes un detalle significativo, da época en que foi obtida, tanto esta fotografía, como a do martes; os cidadáns, colocaban, ben unhas tiras adhesivas, ou ben pegaban unhas gomas en forma de xe, en todos os cristais, non pra evitar a súa rotura en caso de bombardeo, ou disparo de armas, (algo que facilmente podía ocorrer, dado que o país estaba inmerso en plena Guerra Civil), senón, pra evitar que ao romper eses cristais, os anacos actuasen como proxectís, tanto pra viandantes, como pra os habitantes das casas.

28/4/10

Maristas do 58-59

*últimas correccions feitas por Victor Mouttet, (tedelas en bermello na relación), grazas Victor (3-Maio-2010)
Estan a levar tempo as identificacions dos persoaxes que aparecen nas fotografías de grupo, tanto dos Maristas, de outros colexios, ou calquera outro grupo de xente; sexa como fora, siguen abertas as paxinas do blogue, pra ir completando os datos.

Hoxe, e despois de varios mails, (o último de Jose Mª Eguileta, quen tivo a amabilidade de numerar a todolos seus compañeiros), traiovos de novo este grupo de alumnos do colexio Maristas, nados no 58-59, que pousaban no patio o curso 69-70?.

1. Melchor Barja Conde 2. Saco 3. Suárez 4. Blanco 5. Quevedo 6. José Mª Perez 7. ¿Márquez? 8. Jorge *Arturo Iglesias Suarez-Noguerol "Gugú" 9. Victor Jaime Mouttet Álvarez 10. Reverter 11. *Fernando Lamas 12. Javier Fdez. Seara

13. Justo Salvador Salgado Sanchez 14. Luis Fábrega 15. ¿ 16. José Mª Eguileta Franco 17. Deza 18. ¿Rebolledo? 19. Fraguas 20. ¿ 21. * José Antonio Rodriguez "Coté" 22. ¿ 23. ¿ 24. Randulfe

25. Pedro Araujo 26. ¿ 27. García 28. Arturo Alonso 29. José Mª Arrojo 30. *Moncho Corcobado 31. ¿ 32. ¿ 33. Antonio Menor Penedo 34. *Ferro 35. ¿ 36. Alfonso Fírvida

37. Jorge Osuna 38. ¿Tomas? 39. Jorge Hentschel Guerra 40. José Manuel González Sánchez 41. Enrique Castro Fernández 42. Julio 43. José Luis Vila Vázquez 44. Domínguez 45. José Luis Rodríguez 46. Doval 47. Sas 48. *Guntín
Como podedes ver, ainda quedan *8 incognitas, e algunha dubida, a ver si mais adiante rematamola.

27/4/10

O patín da catedral

Esta vai ser unha entrada, que teredes que esperar ao venres, pra entendela.
A primeira vez que vin esta fotografía, debe facer, pouco menos de dous anos, lembro que me atopaba con Don Jose Cesar Llana, do museo Etnolóxico de Ribadavia, e que nada máis vela, dixen que era o patín da catedral, e aí quedo a cousa; realmente éo, co cal non parece nada estraño.
O caso é que posteriormente, revisando o meu arquivo, mírea con máis atención, e había varios detalles que non me encaixaban; antes de continuar, teño que advertirvos, que as miñas capacidades para distinguir perspectivas, e calcular distancias, deixan moito que desexar.
Ben, volvendo ao tema, relatareivos as miñas elucubracions:
.- Se a esquina do patín, é a parte superior da Xoiería Cid, onde está a rúa da Paz?
Vale, un fallo de perspectiva, o pequeno chaflán que se ve no bordo da imaxe, é o do edificio do café latino, cara á rúa da Paz, asunto resolto.
.- Pero entón que fai aí ese edificio da galería, e a gran cheminea?.
.- E aquilo que se ve pegado a ese edificio, é Santa Eufemia?, porque a falta de torres, podo entendela; foi na década dos oitenta, cando Don Luís Rodríguez Portugal (párroco daqueles anos en Santa Eufemia; o meu párroco por certo), conseguiu, coa axuda de todos os seus fregueses, levantar unha das torres, (a outra aínda esta "pendente" ). Pero do que non sabía, era da modificación da fachada, na fotografía vese un tellado a dúas augas?.
.- A ver se vai ser que, se trátase do patín do Pórtico do Paraíso?.
Non, iso é imposible, aínda que o edificio de en fronte fose o que ocupou Radio Orense, na rúa das Tendas, o da galería non caberia, máis que nada, polo "ancho da rúa".
Ahhhh, o "ancho da rúa", e aí foi onde se me empezaron a despexar todalas miñas dúbidas.
Botarlle unha ollada á entrada do 30 de novembro do 2009, "A nova aliñación da rúa Santa Eufemia", (http://ourensenotempo.blogspot.com/2009/11/nova-alinacion-da-rua-santa-eufemia.html) e no plano que aí atoparedes, veredes a solución.
Pero pra rematar de comprendelo, recoméndovos que vexades a fotografía que espero pór o venres.
Deixouma unha encantadora señora, xunto con outra serie de imaxes moi orixinais, que agardo podades ollar en próximas entradas, polo momento non direi o seu nome, recoñezo, que me esquezín preguntarlle se, me autorizaba a citala ou non?, polo cal de momento queda no anonimato.
Por certo a marca de auga da fotografía, e a do "Arquivo visual Ourensán", pero poderia ser a do Museo Etnoloxico de Ribadavia, a do Arquivo Municipal de Ourense, ou teria que darlle as grazas o amigo Lisardo Mazaira, os tres en diferentes momentos, facilitaronme unha copia desta fotografía, e realmente, vendo o que reflicte, comprendo a existencia de tantas copias.
De todolos xeitos grazas os tres pola colaboura.

26/4/10

Obras en Progreso

Nelas andan estes días, o que ocurre, e que a fotografía debeu sacarse, noutro arranxo da rúa, ala polos anos setenta, podedes imaxinarvos a rúa pechada ao tráfico, aínda que só fose durante unha semana?.
Pois se queredes que vos sexa sincero, penso que non pasaría nada, iso si habería que autorizar ao transporte público, e aos profesionais que precisan do vehículo para o seu traballo, a empregar posiblemente a rúa do paseo, pero o resto ben poderiamos en gran medida prescindir do coche.
Pero bo, este non é o tema de hoxe, aínda que o titulo así o pareza; realmente polas obras en Progreso, quería referirme ao atentado que se perpetrou datas antes, e no momento da fotografía, estaba en pleno proceso de reafirmación.
De todolos edificios que houbo e hai (aos futuros non me podo referir, e non descarto que algún se faga con bo gusto), na cidade, o que máis me houbera gustado que sobrevivise a "voraxine construtiva" , (como a chama o amigo Manolo Domínguez da web http://www.canedo.eu/ ), que na segunda metade do século pasado, desatouse na cidade, é o que albergaba ao Hotel Roma.
Na fotografía, obsérvase a construción de..., o que se puxo no seu lugar, aínda se podía gozar polo menos, da presenza do edificio Álvarez, coa súa peculiar fachada, enfronte seguía en pé, aínda que tampouco por moito tempo, o que albergou a clínica dental de Don Atilano, e espero non equivocarme, ao dicir que o cartel de produtos Kodak que tedes á dereita, pertencía ao negocio do meu amigo Pastor Fabrega.
Bo como se adoita dicir, "agora xa foi, Marica non chores".
Aproveito para dicirvos que se tedes algunha fotografía deste edificio, estaríavos moi agradecido, se ma deixasedes escanear.

25/4/10

Villanueva y Al Paraiso



Fai unhos días, falando co amigo Pastor Fabrega, xurdiron os nomes de varios negocios da cidade, entre eles, este da rúa do Instituto (Lamas Carvajal), "Al Paraiso", que il lembraba, cun propietario distinto; non e de extrañar, xa que o anuncio que vos estou a mostrar, publicouse o ano 1903, na revista, "AuriaBella", e il daquelas, non contaba no padrón de habitantes da cidade.
Este tipo de circunstancias, e das que mais problemas estanme a dar, a hora de ubicar negocios, sedes politicas, consultas medicas, etc, nas ruas do vello Auria.
Pra que vos deades conta, lin estes días un traballo do profesor Julio Prada, sobre o Carlismo Ourensán, e o marxe dos diversos nomes que tiveron os partidos que os representaban, no periodo que vai, dende o ano 1894 (no que se creou o Circulo Tradicionalista, na rúa da Imprenta), ata o ano 1924, contei sete diferentes localizacions da sede oficial do partido; eso conleva, que cando estas a buscar información, e o autor limitase a decir:
"Samaniego tiña o seu estudo, fronte o local da Agrupación Jaimista".
O dato e de agradecer, pero escaso, e pouco clarificador, si puxera:
"Samaniego tiña o seu estudo no 18 da rúa do Alba, fronte o 23 que ocupaba a Agrupación Jaimista".
Eu estarialle moito mais agradecido.
Esto ben a conto, pra que intentedes ser un pouco mais benévolos cos meus erros, (que teño moitos), xa que as veces non son tal.
Fixadevos pra rematar, no segundo anuncio que vos poño, procedente da misma publicacion, do ano 1903, Ferraxeria "Francisco Villanueva" (Progreso 32), naqueles anos o 59, era o que hoxe ocupa a cafeteria "America" (tamen foi o 83, e agora o 71), co cal a primeira vista, onde ubicariades a Ferraxeria?.
Pois no actual edificio onde esta o cartel da Academia Postal.
De todolos xeitos, pidovos desculpas polos erros que frecuentemente teño, e vos agradezo de certo, que me corrixades. Graziñas.

24/4/10

Pano de Fondo (C.e.f. Vigo)

PANO DE FONDO
Achegamento á fotografía de estudio 1880-1960
Este fin de semán, din que o tempo vai ser bo, co cal, unha magnifica idea, e desplazarse a cidade Olivica, e dar unha volta polo Centro Caixanova.
Dende o 24 de marzo, os amigos Suárez Canal e Sendón, do Centro de estudos fotográficos de Vigo, estannos a presentar unha fantastica exposición, na que imos atopar un amplo abano de imaxes, cun nexo en común; tratase de "fotografías nas que o proceso de traballo, e o propio do estudo fotografíco". Non falamos de que se limiten o interior do estudo, senon que os metodos empregados, luces, accesorios, retoque etc, son os que tiñan os profesionais daquelas, e non dubidaban en emplealos indiferentemente onde fora preciso.
Tratase dunha moi boa oportunidade, de achegarse a parte da historia da fotografía en Galicia. Aconsellovos que lle dediquedes un ratiño, a disfrutar dos foto -montaxes, que con gran esforzo, conseguiron reunir pra esta exposición, parece increible, que cos medios que contaban istes profesionais, se conseguiran traballos de tanta calidade.
Espero dentro de pouco, poderos anunciar a visita na cidade desta exposición.
Non quero rematar a entrada, sen felicitar os artifices desta maravilla, Manuel Sendón e Xose Lois Suárez Canal, os dous, moitas grazas.

23/4/10

Bela Auria IV

Outra nova entrega de posibles diseños, que se van poder lucir na festa do día trinta.
Nesta ocasión, tedes na imaxen superior, duas neniñas, cos seus pololos, que se vian por debaixo da saia, na compaña, do que penso poderia ser o pregoeiro do Concello; detras tedes dous municipais (poideran ser tamén homes do reximento, pero inclinome a pensar que e a primeira opción), e pra rematar, de costas, tedes o paisano, que baixa pra "Capital", mercar o preciso pra levar o pobo, co seu saco de arpillera ainda baleiro (tiña que se por de moda outra vez, levar a compra neses sacos, canto se aforraria en plastico), pero cando suba, de certo que ira cheo, habia que aproveitar os viaxes. (Rúa Pereira 1909~)
Nesta outra fermosa fotografía, vemos as damas que veñen da misa de doce na catedral, unha mañancina do vrao, de seguro que ian cara a Alameda, dar unha volta, eso si lucindo os "trapitos" pola Avda. de Pontevedra, diante dos cafes da rúa. (Rúa Juan de Austria 1915~)

E pra rematar por hoxe, tedes este gran grupo de xente, que posaban no vrao no balneario de Mondariz. (Gandara - Mondariz 1898~)
Todalas fotografías que estouvos a poñer orientativas pra festa "Bela Auria", do trinta de maio, podedelas ver xuntiñas, no blog http://belaauria.wordpress.com .
Como algun comentoume, podense atopar na rede, moitas mais imaxes do tema, seino, pero penso que e millor ver como vestian, precisamente os nosos paisanos, non e que houbera moitas diferencias, pero así, non hai dubida; por se non vos decatachedes, todalas fotografías que vos estou a poñer son de Ourense, e/o de Ourensáns.

22/4/10

Tesouros esquecidos "El Olivar"

Fotografías do arquivo de Don Francisco Mendez.
Posiblemente a persoa máis autorizada no tema, Don Francisco Méndez, envíame estes datos relativos a un dos pazos que temos ao redor da cidade, nin el nin eu coñecemos o estado actual desta histórica edificación, pero pra colaborar a que non se perda o seu recordo, aquí tedes estas imaxes, e o comentario de quen o viviu na súa mocidade.
Consta que no século XVIII, "El Olivar", pertencía a unha familia "Novoa", orixinaria de Vilafranca do Bierzo, quen nese século decidiron o seu traslado a este belo lugar; descoñécese a anterior propiedade, aínda que posiblemente os Novoa, adquiriron un caserón de pobo, ao que someteron a posteriores remodelacións, dándolle o grandioso aspecto "actual", (referímonos ao aspecto que ofrecía en 1969, descoñecemos o de hoxe en día).
Dos seus comezos, existen datos de que sufriu varios ataques das tropas francesas, durante a guerra de independencia, cesando estes en 1809.
Poucos son os datos que se teñen destes primeiros moradores, aínda que podemos citar algún: Don Juan José Novoa, capitán xeral (nado no Olivarl, fillo dos primeiros propietarios), caso con Dona Catalina Seron Molina (do señorío de Molina de Aragón). Fillos deste matrimonio, foron Josefa e Antonia Novoa Seron, a primeira casada cun Puga, e sen descendencia, e a segunda casada con Don Manuel Méndez Miramon, (tiveron catro fillas e dous fillos homes), nese momento, 1905 é cando a propiedade pasa á familia Méndez Novoa, (propietarios da capela dos Remedios no campo do desafío, Ourense). Parte desta familia viviu unha época do ano no Olivar e ocupouse do funcionamento da leira, ata que en 1969 os herdeiros decidiron vender o pazo; deses anos, fainos unha perfecta descrición Don Francisco Méndez, xa que o viviu en primeira persoa.


"O centro do Olivar consistía nunha antiga edificación de pedra, amurallada e pechada sobre si, do estilo característico dos pazos galegos.
Nun lateral do patio central había unha modesta construción de pedra que estaba destinada á habitación dos caseiros. Unha cociña grandísima, a lareira situada baixo a cheminea ornamental e que en principio era a cociña dos caseiros e que comunicaba coa escaleira secundaria que vai ata o patio no que estaba situada unha adega con inmensas cubas, varia cuadras, e unha gran prensa en madeira para as uvas.
Deste patio arrincaba a gran escaleira principal que ía ata a solaina cuberta desde a que se vía a estación de Barbantes (cun catalexo podíase ver a hora). A solaina era o acceso ao primeiro piso onde estaba a parte nobre do edificio: salón, habitacións, comedor, cociña e a Capela que tiña tamén acceso mediante unha escaleira ao camiño de San Fiz.
Atravesando o salón e a cociña chegábase ao patio alto (parras de moscatel, laranxos e un limoeiro así como un xardín e un pombal).
Un pouco máis lonxe chegábase a unha viña que se chamaba "Do pombal" dunhas vinte e cinco aéreas. Saíndo pola porta segundaria chegábase á viña "Do Pumar" dunha hectárea cun aljibe de auga fresca proveniente dunha fonte, onde os veciños acudían a coller auga; mais alá había un prado chamado "Fabas" dunhas setenta aéreas onde pacían unhas vacas e terneiras, e un pedazo de monte de bastantes áreas, do outro lado do camiño había un monte de cento setenta áreas chamado "Alban", había tamén un gran monte chamada "Acebiñeiro" onde había moitos madroños e eucaliptus e que segundo os papeis tiña duascentas cincuenta e catro áreas.
Bo, bastantes máis cosas había, como un par de casas, (todo está nunha lista realizada por non sei cantos peritos).
Había tamén a "Torre da María" que pertenceu á familia "Saco" e que se dicía que había uns subterráneos que ían do Olivar á Torre, imaxínome que iso era unha historia para dar medo aos nenos?.
Ata eiquí o relato de Don Francisco, agora e aproveitando a primavera, podedes achegarvos a Puga, aínda que só sexa para gozar do paseo pola máis fermosa estrada, que sae de Ourense, e intentar descubrir se existe ese pasadizo, seguro que se o atopades, estará repleto de marabillosos tesouros; se por desgraza non conseguides descubrilo, non perderiades o día, as vistas desde a zona, son fabulosas e merecen a pena.

21/4/10

Maristas na Alameda

A sabendas, de que teño pendente a continuación da breve historia do colexio Maristas, recibín unhas cantas fotografas que don Camilo Conde, por medio do amigo Lisardo Mazaira, (socio do Arquivo visual Ourensán), facilitoume, e quixen non deixar pasar máis tempo para mostrarvos alo menos unha delas.
Pertence á segunda etapa do colexio na cidade, ano 1955-56, cando os irmáns logo de unha longa paréntese, abren de novo as portas do colexio, nunha localización provisional, a alameda, ou para ser máis exactos Avda. de Pontevedra, (daquelas rúa Pereira), aínda que o edificio, antiga clínica do Doutor Pol Piñeiro, posibilitaba perfectamente o desenvolvemento das clases, non dispuña dun patio que permitise realizar as actividades dos alumnos, por iso nesta ocasión polo menos, a fotografía de grupo dos alumnos, fíxose nas escaleiras que o Obispado, ten cara á alameda.
A falta dunha identificación máis completa, na imaxe deberían andar todo o grupiño de alumnos que poucos anos máis tarde, van inaugurar as instalacións definitivas en Bedoya (1958); algúns xa pasaron por eiquí facendo gala de bos deportistas, Camilo Conde, Felipe Chacón, Carioco, Fernández Ojea, Carlos Bóveda, Guti, etc.
Se algún ten ganas e identifícaos, non teño inconvinte en refacer a entrada. E falando de refacer a entrada, a proxima seman, poreivos a fotografía dos nados no 58, xa que estan a gran maioria identificados.

20/4/10

O colexio de avogados no Roma ?

Nesta ocasion, non e que vos poña outro exercicio; presentovos esta imaxen, por si algun de vos pode aportar algun tipo de dato, pra ir identificando estes señores que posan, "presuntamente" pra o profesional José Pacheco.
A fotografía chegou as miñas mans, por medio do amigo Pastor Fabrega, quen a sua vez, recibiuna do seu propietario, Don Alfonso Pazos.
Os datos que podo aportar, son escasos, limitanse a recoñecer o lugar onde tivo lugar a xuntanza, que non e outro que o patio interior do "Roma", (podedes botar un ollo as fermosas cristaleiras, que pechaban fiestras e portas do Hotel), e a data, que ten que ser entre os anos 1933, a 1935.
Somentes temos garantia de que o primeiro de pé na esquerda, e Don Alfonso Pazos (pai, ou avó, que si non me trabuco, os tres son Alfonso), e con certas dubidas, o seu carón, estaria Don Basilio Alvarez, e no sexto lugar desa mesma fila, Don Fernando Ramos.
De feito non temos seguridade total, que se trate dunha xuntanza de avogados.
Sei que non sera sinxelo, pero miradeo con interese, pra ver se somos quen de identificar estes persoeiros, douvo las grazas por anticipado.

19/4/10

Termas do Outeiro

Poucos seran os que lembran, que na cidade aparte da non fai moito caída, Casa de Baños, "La Moderna", que así se apelidaba, existiu outra moi próxima, coa cal polo menos no publicitario, mantiña unha dura pugna.
Na traseira do vello cárcere, no que daquelas se denominaba "Campo do Outeiro", (e hoxe que eu saiba, non se denomina).
Don Patricio Martín Sánchez, alá polo final da década dos felices anos 20, abriu unha casa de baños, "con todos os adiantos modernos que a ciencia médica aconsella", tal e como rezaba na súa publicidade. Da súa localización, colleu o nome, termas "El Outeiro", pero pra facilitar a súa localización, empregaba como dirección Progreso 29, (que xa daquelas as técnicas de mercadotecnia, eran empregadas).
O aspecto, máis interesante, deste balneario, (penso que común con "La Moderna"), era que se fornecía de auga de mananciais propios, ou o que é o mesmo, utilizaban a mesma auga que manaba das Burgas.
Descoñezo se naqueles anos acudían veraneantes a tomar as augas, cal se dun balneario tratásese, ou se os seus clientes habituais, eran os cidadáns que naqueles anos non podían aínda gozar da comodidade do baño no seu domicilio, quen se consta que facían uso destas casas de baños, eran os membros dos diferentes rexementos do exército, que pasaron pola cidade.
De neno, lembro ver esta casa no seu sitio, pero de certo que levo tempo sen fixarme, por se ainda esta ahí, ireino ver, pero non volo direi, aproveitai o bo tempo que vai comenzar a facer, e dade un paseiño pola zoa, as vistas dende a Ponte da Burga, teñen o seu encanto, e unha visitiña o xardín, nunca ben mal.

18/4/10

Boletin de Información Municipal

O B.I.M. do concello de Ourense, foi unha publicación, que a pesares de non ser moi antiga no tempo, non e sinxelo documentar, actualmente non se localizan a totalidade dos numeros, ainda que se supon, que poden existir, en mans de particulares; dos 24 numeros que se cree viron a luz no periodo comprendido entre o mes de Agosto do 1956, e abril do 1962, so teño localizados 16 numeros, sendo os dous primeiros, uns dos que non aparecen.
Os primeiros numeros sairon ca intencionalidade de ser mensuais, e recoller así, as actas das reunions do Concello, pero non tardou moito en pasar a trimestral, e incluso nalgun momento, a sair sen data fixa.
Os seus colaboradores, que penso non apareceron nos primeiros numeros, foron M. Leiros (arquivera municipal) quen presentaba unha sección "Orense ayer y anteayer", a cal ainda hoxe e unha lectura de interese, Juan M. Amor Vazquez, (Teniente de Alcalde, concejal, e neto de Don J.M. Amor Pereira), que escribia articulos de lembranzas, e os señores, Vicente Risco, e Isidoro Guede, (firmaba con pseudonimo Carlos Almendrares), que facian achegas ocasionais.
As fotografías eran do fotografo Villar, (pode que non todas levaran a sua firma).
Aproveito pra agradecerlle o amigo Amador Rego Villar-Amor, (socio do Arquivo visual Ourensan), que deixara nas miñas mans os exemplares que ten da sua propiedade, e a Don Manuel Ángel Garcia Yanes (A.H.P.Ou, e tamen socio do Arquivo visual Ourensán), a sua paciencia deixandome consultar os exemplares restantes.

17/4/10

Ordenanzas Municipales

Algún xa me ten preguntado, se estiven no seminario, e podo asegurar, que foi un dos poucos centros de Ourense, onde non estiven matriculado.
O que imos, ensinovos hoxe a portada deste libriño, que levo tempo tentando ollar, pero non son quen de atopalo, os meus amigos, por desgraza non contan con el nas suas bibliotecas, a pesares que algun deles tena ben surtida, algún amigo, comentoume que lle soaba que foron reeditadas, pero tampouco atopei nada dese dato, sexa como fora, non o dou ollado; se algún de vos pode deixarmo pra botarlle unha ollada, estarialle agradezido.
Como vedes, son as Ordenanzas Municipales do Concello de Ourense publicadas no 1895.

16/4/10

Don Celidonio (Bela Auria III)

A semana pasada, na entrada que fixen pra presentarvos modelos de época, para a festa de "Bela Auria", comentei a posible asistencia de Don Celidonio.
Recibín algún mail, preguntando por este cabaleiro, e realmente enténdoo, dado que non é o típico heroe, que deixe pegada no lector. No meu caso, relín non fai moito "O porco de Pé", de Don Vicente Risco, polo cal teño recente na memoria a descrición diste "ficticio" cabaleiro.

O xastre Nogueira fixo de Don Celidonio un señor: chaqueta e chaleque negros; pantalón de listas; camisola branca, co cuello almidonado; cravata escura, con clavillo de brillantes; leontina douro, delgadiña, nos bolsos d´abaixo do chaleque; botinas lustradas, polainas grises; bimba na cabeza, sortellas nos dedos, con pedras finas, guantes de gamuza, abrigo de peles….”.
Esta é a descrición dun xa boiante Celidonio; tedes nesta interesante novela de Don Vicente, outros estilos de vestir, tanto deste cabaleiro, como da súa dona e o seu contorno, polo cal recoméndovos un repaso á obra; (xa postos se conseguides a edición que no 2008 publico a fundación Vicente Risco, coa achega do profesor Manuel Outeiriño "O humor político de Risco", teredes unha visión máis clara da novela).
A fotografía que acompaña esta entrada, non é máis que un chafalleiro traballo de photo shop, polo cal como adoita dicirse, "calquera parecido con personaxes reais, é mera coincidencia", non así a magnífica caricatura que Don Pastor Fabrega prestoume, da colección do seu pai na cal caricaturizou a un Ourensán de prol, do cal vou a omitir o nome, por non ser procedente.

15/4/10

A esquina de Hospicio co Paseo

Envíame o amigo Miguel Abad, esta fotografía, que vénse sumar ao grupo que os pouquiños estou a facer cas que mostran ese orixinal edificio que ocupaba a esquina de Vicente Pérez con Hospicio, (actual BBVA do Paseo).
Ao meu entender, unha das esquinas comerciais estratéxicas da cidade, descoñezo a data en que se levanto este edificio, pero tendo en conta que a década dos setenta no século XIX, foi a que viu nacer as dúas rúas que forman o cruzamento (Paseo 1873, Trives 1879), quero pensar que os comezos da década dos oitenta, fixaron o seu nacemento.
O seu primeiro uso foi froito dunha puxante nova industria, o automóbil; para dar acubillo ao concesionario e talleres dos "Chevrolet", chegouse a solicitar autorización para instalar un chafariz de carburante, para dar un máis amplo servizo á clientela, pero non me consta que chegase a funcionar.
A súa situación excepcionalmente céntrica, posiblemente, converteu en pouco práctico, o uso de gran parte do solar como talleres, polo cal mudou de actividade. Non o podo asegurar, pero penso que durante unha tempada paso a ser ocupado polo "Café Paris", e durante o período de Guerra Civil, foi empregado como "Oficina de información de Frontes e Hospitais".
Rematada a contenda, converteuse nun dos máis importantes bazares da cidade, "Bazar Pedro", o cal xunto con "Bazar Outeiriño", situado no mesmo edificio, (fachada a Paseo), e os "Sánchez- Puga" fornecían de lámpadas e mobles aos domicilios ourensáns.
Xa nos anos sesenta do século pasado, caeu baixo a picaraña, e xa no renovado edificio, pasou a ser oficina bancaria, iso si, a súa fachada a publicitado, varias entidades, antes da actual, a primeira salvo erro, foi a do Banco Hispano Americano.
Non quero terminar esta entrada, sen mencionar ás dúas señoras que pousan, nun balcón do Hotel Bilbaína, trátase da avoa do meu amigo Miguel, Dona Rosa Vila, en compañía de Dona Ramona Vázquez Cancio, propietaria do Hotel.
Coido que na entrada non hai ningún dato erróneo, o que se se nota, é unha gran carencia de datos, datas, propietarios etc. se algún tedes información que poida ampliar a entrada, agradeceríavos que ma facilitásedes.

14/4/10

A nosa Ponte

O amigo Paco Boluda, fixo fai tempo este debuxo, recreando o estado anterior da nosa ponte; estou atento estes días a un traballo que seica se vai facer pra desvelar todalas dudas que temos da sua construcción, e as diversas reformas que se fixeron necesarias, segundo parece pola mala cimentación do pilar central, sexa como fora, agora e nosa a obriga de conservala.
O ver o debuxo, chamame a atención o ben que lle quedaba (e a miña opinión), a torre de vixiancia que tiña no extremo de Canedo, e ocurreseme que o millor, (agora que e peonil, e os medios tecnicos que existen, poden garantir a sua conservación), poderiase voltar levantar esa torre, ou se me apuras, facer as duas, que na outra beira seica tamén houbo unha nalgún periodo historico. Agardaremos que vexa a luz ese estudio, non vaia ser que tecnicamente non sexa factibel.
Se vos fixades no escudo da cidade, penso que veredes que estaria xustificado ese esforzo.
Grazas o amigo Boluda, e o millor algun día deixanos ollar outra xoia que ten; seica ten unha fotografía dos romanos en plena faena de construcción, e a dicir verdad, os seus debuxos, valen ben coma fotografías.

13/4/10

Marcelo Macías, Gregorio Marañón e Ramón Otero Pedrayo (Federico Román Alonso)

Remiteme o amigo Federico Román Alonso, unha nova entrada, que penso ten gran valor historico, nela temos datos da reapertura do Ateneo, e tres documentos excepcionais, que compoñen a correspondencia intercambiada entre Don Marcelo, e Don Gregorio Marañón, o doutor Marañón, precisou da axuda de Don Marcelo, pra poder rematar a sua obra sobre o insigne P. Feijoo. (de non haber ningún erro, se facedes clic nas epistolas, poderedes velas cun tamaño superior).
El 3 de mayo de 1936 tuvo lugar la inauguración del nuevo Ateneo de Orense, con una conferencia sobre “El Padre Feijóo y sus amigos”, pronunciada por Gregorio Marañón. La presidencia de honor recayó en Don Marcelo Macías, sentado en el centro de la mesa, como podemos verlo en la fotografía tomada ese día en el desaparecido Teatro Losada; a su derecha, el nuevo presidente, su discípulo predilecto, Ramón Otero Pedrayo.
Macías había ocupado la presidencia del antiguo Ateneo en 1914 y estudiado la figura de Feijóo desde distintos puntos de vista, empezando con su panegírico “Elogio del P. Feijóo” en la catedral de Orense, el 9 de septiembre de 1887 (día de la inauguración de su estatua), editado en la “Biblioteca Gallega” (reimpreso en el volumen “De Galicia. Discursos de carácter regional”), y continuando con “Romance laudatorio dirigido por Doña Ana Mª Moscoso de Prado al P. Feijóo y carta de éste a la autora” (Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense). También escribiría “Ortodoxia de Feijóo” y “Feijóo, poeta” publicados en el B.C.P.M.O. con motivo del 2º centenario de la edición del primer tomo del Teatro Crítico, así como “Discurso en el descubrimiento de la lápida en el pórtico del Ayuntamiento de Orense”, el 17 de junio de 1926”, etc.
Don Marcelo y Marañón establecieron comunicación epistolar, dado el interés del segundo por el estudio de Feijóo, como se puede observar en varias cartas que envió a Macías:

10-X-33
Sr. D. Marcelo Macías.
Muy señor mío; perdone que le moleste con las líneas siguientes: Estoy terminando un libro sobre el P. Feijóo (principalmente sobre sus ideas médicas y biológicas) pero lucho con algunas dificultades de bibliografía. No encuentro el tomo 1926 del Boletín de la Comisión P. de Monumentos de Orense, en el que hay un estudio de Vd. Sobre Ortodoxia de Feijóo. Quisiera conocerlo y le pido si tiene Vd. un aparte de él. Se lo devolvería, y se lo agradecería mucho.
Mande a su afmo. amigo q.b.s.m. G. Marañón


El tomo 1926 al que se refiere Marañón es el Tomo VII de septiembre-octubre de 1926 Nº 170, se trata de un número especial dedicado al P. Feijóo, como indico más arriba en los trabajos que Don Marcelo le dedicó.
En otra de las cartas:

Sr. D. M. Macías
Mi distinguido amigo: comprendo que abuso de su bondad; pero mucho le agradecería me dijese, porque yo no he podido averiguarlo, si hay fotografías de la mascarilla de Feijóo que se conserva en Casdemiro. Creo que allí hay también un retrato suyo ¿reproducción del de Granda de Oviedo?. Nuevamente le pido me excuse.
Mande a su afmo. amigo. G. Marañón



Macías contesta a su petición, respondiendo Marañón:

18-X-33
Sr. D. M. Marcelo Macías
Muy señor mío: recibí su libro y la copia de su artículo, que muy de veras le agradezco- Aunque no puede compensar su regalo, le enviaré mi libro sobre Feijóo, así que se publique.
M. su afmo. amigo G. Marañón

Marañón publicaría su libro en 1934 con el título de: “Las ideas biológicas del padre Feijóo”, el mismo año en que leyó su discurso de entrada en la Real Academia Española: “Vocación, preparación y ambiente biológico y médico del P. Feijóo”.
Una copia de la fotografía que se muestra, con un dibujo aclaratorio que hice de los personajes que aparecen en ella, así como copias de distintas cartas de Marañón a Don Marcelo, fueron donadas por mi madre, María del Socorro Alonso Martínez-Risco, en 1992, a la Fundación Gregorio Marañón. La fotografía, con el dibujo, está expuesta estos días en la Biblioteca Nacional, en un panel con otras que se van alternando de forma rotatoria, formando parte de una exposición dedicada a Marañón en el cincuentenario de su fallecimiento.
La directiva del Ateneo la completaban: Julián Bravo, José Navas, Leopoldo López Teijeiro, Vicente Bóveda, Juan José Gil, José Fernández Borrajo y Eligio Núñez.
Es curioso señalar que tanto Macías como Otero Pedrayo tuvieron como médico de cabecera al internista Miguel Courel Fernández, antiguo discípulo de Marañón, y de grato recuerdo en distintas generaciones de orensanos.
Sería, a la edad de 92 años (a dos meses de cumplir 93), el último acto público al que acudiría Macías; así nos lo cuenta Otero Pedrayo en la biografía por él escrita: “… Desde mayo de 1936 no salió Don Marcelo de su casa y barrio. La última vez que acudió a un acto público y literario fue el de dicho mes con motivo de la inauguración del nuevo Ateneo de Orense celebrado en el Teatro Losada con una conferencia del Doctor Gregorio Marañón sobre “Los amigos del P. Feijóo”. El anciano maestro, un poco vacilante, recibió con un profundo saludo la última ovación de un público entusiasta. Era el día de los Mayos, fiesta tradicional en Orense, exaltación antigua de la alegría primaveral…”

12/4/10

Apertura de Bedoia?

A semana pasada, nunha reunión do "Arquivo visual Ourensán", o amigo Amador Rego, prestoume uns exemplares dunha revista da que ata agora só sabía da súa existencia, polo libro do profesor Marcos Valcárcel "A prensa en Ourense e a sua Provincia".
Trátase do "Boletín de información Municipal de Orense", outro día dareivos datos desta publicación, o que motiva a entrada de hoxe, é unha das fotografías que se poden atopar, no número 9 da devandita publicación.
A fotografía da que vos puxen dúas copias en diferentes calidades, (non consigo mellor resolución, polo cal déixovos as dúas para que as intentedes ver o mellor posible), corresponde á construción, segundo reza no pé de foto, da rúa Bedoia, en concreto, di: "Arranque de la calle Bedoya, en construción desde el Parque de S. Lázaro".
Como xa sabedes non son historiador, pero si un curioso en temas da historia da cidade, e realmente non me encaixa o comentario, e as posibles datas, que se suxiren da revista, cos que eu tiña.
Paso a explicarvos, a revista publicouse en abril do 1958, e recolle os datos dos acordos municipais, de parte do ano 1957; a fotografía evidentemente é anterior, pero non pode corresponder á apertura da rúa, non polo menos na súa totalidade, encaixaría todo, se o pé de fotografía referísese á ampliación do tramo intermedio, o que partía de catro camiños, cara á "Carreira dos defuntos", (nome que tiña a parte mais empinada da rúa actual), o cal aproveitando as obras do Colexio novo dos Maristas, si que remato de aperturarse neses anos.
De feito na fotografía, creo ver a esquina do colexio que linda con Bedoia e Valle Inclan, e percíbese claramente, que existen xa edificios de certo empaque na contorna, o que esnaquiza todo o razoamento anterior, é a altura dos edificios que se ven precisamente detrás deste edificio en construción, que eu interpreto como Maristas.
A resolución final déixoa nas vosas mans.

11/4/10

Onte e Hoxe sempre igual

Publicouse no Diario Galicia o ano 1930, pero perfectamente podería ser onte, hai cousas que non mudan co tempo.

10/4/10

Festa da República

Andan estes días de festa os "Amigos da República", e ocurriuseme que poidera ser de interes lembrar os seus comezos na cidade de Ourense, esta imaxen que vedes, e a do primeiro Comite Provincial Local, falamos de Maio do 1931, de esquerda a dereita, estan os señores:
Abdías Tapias, Juan Fernandez "Xesta", Hipolito Sinforiano Luengo, Luis Fabrega Coello, Leopoldo Arias, Pio Principe y Santos Fernandez.

Se queredes coñecer o programa de actividades desta sema de celebracions dos "amigos da República, facede clik neste enlace

9/4/10

Casa Romasanta (Praza das Mercedes) *

Fotografia archivo HH. Maristas
A primeira vez que apareceu esta fotografía no blog, pasou certamente desapercibida, o comentario, non era moi abundante que digamos, por fortuna (neste caso polo menos), naqueles tempos, marzo do 2008, o blog líao eu e catro ou cinco despistados.
Non sei se hoxe mellorara, pero a lo menos achegareivos algún dato máis.
O motivo principal na fotografía, é a casa Romasanta, situada na esquina, onde hoxe están as galerías "Israel", a ela trasladáronse os irmáns fundadores do Colexio Maristas, alá polo 1910, viñan dun pequeno piso da rúa San Miguel, xusto encima do famoso restaurante que colleu o nome da rúa como propio; das apreturas da sua anterior morada, á amplitude, (aínda que só dispuxesen dunha planta), da nova, na cal podían gozar dun pequeno xardín privado, foi un cambio substancial; segundo os meus datos os irmáns Maristas abandonaron esa vivenda, en 1915, cando lles foi concedido o uso de todo o edificio na rúa Vicente Pérez , (Delegación de Defensa, rúa do Paseo).
Un dato que me gustaría confirmar, é que segundo parece, no xardín (horta) da casa, a modo de adorno había un óso de balea.
Seguindo pola actual rúa Concordia, daquelas, estrada de Trives ou Hospicio, vemos unha das poucas imaxes que teño dos edificios que pechaban o acceso á Rúa Cabanillas, un deles de bela factura, (con outra fotografía máis reveladora, falareivos deles).
E pra rematar, fixadevos na caseta da esquerda; non podería ser outro dos fielatos da cidade?.
Polo seu aspecto, novo, non era, e Don Evaristo Lopez, fixo o seu, (o que non fai moito que caeu) no ano 60, a fotografía penso que ten que ser pouquiño antes.
Por certo penso que xamais mencionei no blog, que esta praza, tamén se coñeceu como praza de Vigo.
26-03-08

8/4/10

Correos en Canedo

Fai uns días lía o articulo firmado por Pepe da Guardesa, (que me disculpe pola confianza, pero penso que todo o mundo coñeceo por ese nome), no periódico "Ourense por Barrios", e mencionaba o edificio de Correos, no Concello de Canedo.
Pola miña idade, non teño lembranzas, dese hoxe, barrio da cidade, anteriores aos setenta, é por iso que me gustaría que algún dos que si, sabedes do tema, confirmédesme se este edificio que se ve á entrada da Ponte Vella, era ao que Don José se refire no seu artigo.

7/4/10

Rúa de Paz Novoa 1900 *

Cando fixen esta entrada fai dous anos, realmente non dicía nada; non é que agora vaia analizar milimétricamente a fotografía, pero se que vou intentar achegarvos un par de datos.
A esquina da rúa do alba con Vicente Pérez, estaba xa ocupada polo edificio que hoxe coñecemos como Caixanova, (bo un dos dous, o outro é a casa Junquera en Avda. de Pontevedra), levantouse, a finais do XIX, segundo un proxecto de Don Eduardo Mercader (ano 1892), e o seu labor inicialmente, foi o de dar servizo á familia de comerciantes Román, por iso a planta baixa acollía o local comercial e os almacéns, e na planta superior estaban as oficiñas e vivenda dos propietarios. O xardín que vemos a continuación vindo cara á rúa do Instituto (Lamas Carvajal), non estou seguro, de se era xa da casa contigua "Os Populares", ou se esta, queda fóra da imaxe, (alguén poderá confirmarmo).
En fronte á Casa Román, estaba un solar, que foi localización do Cine Pinacho, e posteriormente do Salón de variedades "Apolo"; e máis cara eiquí, aproximadamente onde se ve ao neno, estaban as fai moi pouquiño pechadas Galerías Tobaris, e daquelas salvo erro, estaba "A Moderna", un dos cafés máis frecuentados na época.
12-03-2008

6/4/10

A Bela Auria II

Os amigos de Bela Auria continúan traballando na preparación da festa; no seu blog ( http://belaauria.wordpress.com/author/belaauria/ ) , poderedes mantervos informados dos seus avances; eu pola miña banda, seguirei propóndovos vestimentas adecuadas ao evento. Hoxe nesta fermosa fotografía doutro membro do "Arquivo visual Ourensán", podedes ver novos tipos de vestimenta; fixádevos nas capas, os variados chapeus, os panos de gravata, e iso si, moi importante, o longo de saia das señoras.
Como xa vos comentei na entrada anterior, as opcións que temos en canto a vestimenta son amplísimas, o cal pode facilitar moito que ninguén se disfrace, se non que se vista de época, un traxe dos que hoxe están no armario, con algún pequeno complemento perfectamente servirá.
A modo de idea, sería un luxo contar coa presenza na festa, de grandes homes, como Don Ramón (que de certo non a perderá), Don Marcelo Macías, os Irmáns Villar, e por que non, "Don Celidonio" tamén seria benvido.
A fotografía ten outro detalle de interese, algún sería capaz de situala, no colexio das Franciscanas?, pois si, nese emprazamento obtívose, daquelas, cóntanos Santiago, o lugar era unha viña situada nos arredores da cidade, onde a súa familia organizaba saraos, e producía as uvas que permitían elaborar o "bon vinho de Orens", que tanto gustaba a Afonso X, (puidese ser que esta fose a resposta, ao porque do apelativo de Sabio).

5/4/10

Estrada Villacastín- Vigo *

Rúa Progreso nos 60 (General Franco)
Andiven a revisar as vellas entradas do blogue, e aproveitando que tiña tempo, pero non conexión a rede, fixen unhas cantas correccións, agardo que vos gusten. Se ainda correxidas, detectades algun erro, decidemo, e tentarei modificalo.
Esta era "a miña rúa", así a chamaba, quizais porque vivín nela os primeiros catorce anos da miña vida (e iso desenvolve o espírito de propietario), o territorio estaba delimitado, e só se podía circular libremente pola Alameda; sempre e con coidado de que non nos visen, podiamos chegar ata "As Burgas". Os pais da época, advertíannos -coidado cos coches-, e é que xa era habitual velos circular como tolos, saías da casa, e un seiscentos a fume de carozo, adiantaba ao "carrito" que ía cara ao "Posío".
Á dereita vemos o Obispado, antigo Seminario Conciliar, e á esquerda o edificio de Correos, anteriormente ese solar foi ocupado polo hospital de San Roque, (do antigo edificio non se conserva nada nesa localización, fago a aclaración porque se existe a antiga entrada do hospital, pero foi trasladada e forma parte dunha das entradas da Igrexa de "A Santísima Trindade").
A continuación de correos e cruzando Parada Jústel, estaba o restaurante "La Regidora", (onde Xosé Ramón servía o seu viño galardoado no concurso de cata do Ribeiro, non lembro en que anos o obtivo, pero o cartel recórdoo de toda a vida, e a Rosiña e o seu dono trataban con agarimo aos comensais), ese local, anos atrás, fora a localización do Café Moderno, onde Lerroux no 1904 chegou a celebrar un mitin; ao seu carón estaba o estudo de "Foto Sanjurjo" (no segundo andar tiña a súa oficina de seguros D. Aser), ese edificio foi morada tamén doutro Ourensán, un home dos que se pode dicir sobordaba "bonhomía", Don Juan Manuel Amor Pereira; seguía a beirarrúa, coa ferraxería "Anta", e un pouquiño máis adiante "O Fornos", (onde Dona Carmen cociñaba autenticas delicias e preparaba banquetes todos os fins de semana).
Mais atrás vese a construción do edificio dos "Diéguez" (un dos máis altos da época), á beira dese edificio tiña o seu comercio "Avance", Olegario, (casado ca sobriña de Don Alejandro Veiras), home emprendedor que tivo a boa idea de ofrecer na época das rebaixas a súa mercancía, camisas, chaquetas, pantalóns etc., a troco de ovos, pitas, coellos, etc (mercancías que durante uns días formaban parte do escaparate, el o chamaba: "Coñitas" e "puñeteras Rebaixas").
Moitos anos antes estivo alí un dos primeiros chafarices de gasolina da cidade.
Desta localización porei mais fotografías (nas que ven modificacións puntuais), e ampliarei os comentarios, dado que e unha dás zonas que menos mudou no tempo, con todo sempre foi un punto neurálxico da cidade.
17-03-08