Consejos y avisos

27/2/15

O COLISEO XESTEIRA III (Francisco X. Fernández Naval)


   A infancia. Supoño que foi no Xesteira onde vin aquela deliciosa película francesa A guerra dos botóns. Aínda lembro a música e a letra da canción que os nenos cantaban cando ían loitar e aquel: Se o sei non veño, que repetía un deles cando volvían para a casa derrotados. Sei que no Xesteira me fixen maior. Sucedeu coa estrea de A filla de Ryan, de David Lean. Eu non tiña os 18 anos, pero quería ver aquela película. Correra entre nós a voz de que a actriz amosaba un peito. Ela era Sarah Miles, marabillosa no papel de Rose Ryan; con ela no reparto, facendo de párroco irlandés, Robert Mitchum. Como entrar, se todo o persoal do cine me coñecía? Dende logo, non ao patio de butacas, xa que na porta estaría meu pai, tan estrito. Os amigos, non sei exactamente cantos, conseguiron arrouparme e así conseguimos entrar pola porta de butaca de club, que quedaba no primeiro andar. Vin a película, vin a teta de Rose ou de Sarah, pero hai nesa historia cousas que non esquecin nunca, os cantís de Irlanda e, sobre todo, a metáfora visual coa que Lean dá a entender que o oficial inglés e Rose fan o amor no bosque, ese leve abalar dunha arañeira entre dúas follas, brillando cun raio de sol e arrandeada polo vento.

   A principal distribuidora era Suevia Films, a empresa fundada en Madrid por Cesáreo González, na que traballou cinco anos o meu amigo, escritor e académico, Xosé Fernández Ferreiro, de quen recollín moita memoria daqueles días. Cesáreo González, de Nogueira de Ramuín, fora mutilo de afiador sendo neno. Unha vez, pola festa de San Bartolomeu, presentouse na parroquia conducindo un aiga, acompañado de Perico Chicote e Adolfo Torrado. O aiga, logo de transitar polas corredoiras, quedou destrozado. Pola empresa Pepe lembra que ían todos os famosos do cine español: Joselito, Marisol, Sara Montiel, Carmen Sevilla, Lola Flores ou Pablito Calvo (Marcelino pan y vino). Na película El balcón de la luna, traballaban Paquita Rico, Lola Flores e Carmen Sevilla que discutiron pola orde de aparición no reparto. Aquilo non semellaba ter solución, e o departamento no que traballaba Pepe propuxo confeccionar unha estrela cos tres nomes, de maneira que ningún estivera antes do outro e esa foi a solución que se lle deu ao preito.
Supoño que non é gratuito poñerlle a unha empresa o nome de Suevia, nin ofrecer como imaxe a ría de Vigo e de música os primeiros acordes dunha alborada. Aínda que procurando estar a ben co réxime, había en Cesáreo González, como había en Eduardo Barreiros, a necesidade de proclamar a orixe da que nunca renegaron, e de facelo con elementos simbólicos recoñecibles por todos.
   No Xesteira vin as películas de Joselito de Marisol e, tamén, algunhas mexicanas. Lembro unha vez, en sesión de domingo, sentado eu no palco do meu tío avó, na que no cine só estabamos dúas persoas, un que pagara, sentado no patio de butacas e eu. A película, se non lembro mal e non sabendo cal era, viña de México. Non sucedeu o mesmo coa estrea de O pequeno gran home, cun estupendo Dustin Hoffman. Do Álamo, o que mellor lembro é a súa banda orixinal, tan melancólica.
   E unha vez, tendo eu xa vinte e tantos anos, meu pai accedeu a un xogo. Daban Só diante do perigo, outra vez, a finais dos setenta. Pedinlle que accedera a que, aínda sendo en hora de noite, a película empezara, exactamente nese minuto próximo ás 11 da mañá, para que o tempo de proxección coincidise cos díxitos do reloxo, e concedeumo. Sabido é que a película ten un tempo particular, porque o tempo da historia coincide co tempo da proxección.

   Os últimos anos non foron bos. Meu pai estaba farto de traballar todos os sábados e domingos, de inverno e de verán, mentres o resto da xente se xuntaba para pasear e pasalo ben. A crise víase vir e moitos días de semana, na función de noite, suspendían a proxección por falta de público. Pero ademais, viuse obrigado a participar nunha ilegalidade. Eran os tempos iniciais da democracia, cambiara a fiscalidade e a empresa obrigou ao persoal a ser a man executora dun fraude. Os porteiros, de sempre, recollían e seguen recollendo a entrada, da que devolven unha parte ao espectador. A cuestión consistía en que de cada tres entradas, máis ou menos, debían quedarse unha enteira, que volvería a taquilla para ser vendida de novo. Se alguén protestaba pedían perdón polo “despiste” e devolvíanlle a parte que lle correspondía. Meu pai non aceptou ser cómplice. El, que votaba socialista, consideraba que Facenda era a garantía do que logo bautizamos como estado de benestar e que precisaba recursos. O sistema, ademais, obrigaba a unha dobre contabilidade de cartos e de entradas. A depresión foi grande e resolveu irse, sen reparar no custo. Tiña 61 anos. Na súa nómina a cantidade que cobraba por antigüidade era case igual co salario, pero a empresa só cotizaba por unha parte. Había que negociar. Eu fixen unha valoración do que a empresa aforraba cada ano só en antigüidade, se el marchaba, e fomos a Madrid, onde estaba entón a sede. Eu pedín unha indemnización por irse igual ao que a empresa aforraría nos catro anos que faltaban para os 65 da xubilación obrigatoria. Contei, ademais, que unha das razóns polas que marchaba, era por non estar de acordo co sistema de xestión de entradas. Ía de farol, pero non se asustaron moito. A parte máis débil era meu pai e sabiamolo todos. Ofreceron un millón de pesetas, e pactar un despido que facilitaría dous anos de paro. El aceptou. Pareceume que logo de 45 anos, era unha mala solución, xubilado con 63 anos e perdendo, por se xubilar anticipadamente, o 16% da pensión que lle correspondería.

   Agora, cando paso por diante do cine, como dicía ao principio, sinto mágoa. Era este un gran local, no centro da cidade, con capacidade para moitos centos de persoas, boa acústica, bo escenario e, sobre todo, con historia. Pero deixouse ir. Eu pensei sempre que puido ser auditorio público, reformado, modernizado, con capacidade semellante ao de San Francisco.
Son tantas as voces, as músicas, as imaxes, as emocións que alentan dentro de min cando evoco as tardes e as noites vividas alí. Volvín a el varias veces dende que cambiou de uso. Nunha tiven o privilexio de subir ao escenario e, con Cristina Huete, facer de mantedores dunha cea das organizadas pola Asociación de Amigos da República. Estar alí arriba aquela noite, foi unha emoción, como a foi a foto que fixemos cos artistiñas, a quen se rendía homenaxe aquel ano.

   Quizais todo isto dea, algún día, un libro. Empecei con el hai anos, pero a estrea da película Cinema Paradiso botoume atrás. A miña historia era semellante á que se narraba alí, pero eu nunca conseguiría contalo tan ben como facían eles. Pasaron anos e, se cadra, estas notas solicitadas por Rafael Salgado poidan valer para valorar de novo a posibilidade de escribir a  miña historia, parecida ou non á da película. En calquera caso, procurarei que sexa unha historia de cine. 

26/2/15

A Rosalia por mi amigo Ernesto

No me gusta repetir fotografías, y mucho menos entradas completas, pero hoy voy a hacer una excepción.

   El martes la gran Rosalía revivió en nuestros recuerdos, al "cumplir" 178 años; yo hace tiempo que no puedo pensar en sus poesías sin tener un recuerdo para mi buen aunque "breve" amigo Ernesto Ferro, (lo de "breve" no se refiere a su estatura, si no al poco tiempo que pudimos dedicar a charlar, o mas bien a escuchar sus historias de nuestra Auria, ). 
Coincide que Ernesto nos dejo un mes de febrero de hace ya dos años, pero antes de irse nos mostró a su Rosalia, la que el escenificaba,  en sus Airiños......
Aquí os dejo un pequeño homenaje a Rosalia, y al amigo.

el video del final "robado a Tempo de Lecer os va a gustar.....

Ernesto Ferro Borrajo

   De los cuatro abuelos que me tocaban en suerte, dos ya no estaban cuando yo nací, otro se fue cuando tenía yo dos años, con lo cual poco lo disfrute, y me quedo mi Abuela.

   Posiblemente mi relación con ella, sea la culpable de que las personas de edad, para mi hayan sido siempre personas con un interés añadido; la experiencia fruto de la edad es más valiosa que la mayoría de los estudios.

   Os cuento esto, porque realmente no sé cómo expresar la pena que me produjo este martes una llamada de otro de mis abueletes, Amador Rego, para comunicarme que había fallecido el amigo Ernesto Ferro.

   Lo conocí una mañana de primer domingo de mes, en el rastrillo que se celebra en la plaza mayor Ourensana, coincidimos viendo una viejas postales de Ourense, y a él debió resultarle extraño que un “pipiolo” como yo, supiera cosas que eran parte de su pasado. Sea como fuera me dio su teléfono, y me invito a visitarle, cosa que hice en esa misma semana.
Delante de una fotografía única de la escuela Laica Neutral, en la que Ernesto me presento a una de sus hermanas, me fue contando anécdotas de su larga vida; de sus años en el colegio Maristas,  (pero no el de Bedoya, ni el de la Avda. de Pontevedra, si no en el primero, el del Paseo, donde hoy está la subdelegación de Defensa), me contó como era la zona donde él vivía, un chalecito entre unas fincas a las que daban las traseras de las casas del Paseo; hoy donde estaba su casa está la plaza de Paz Novoa (ya salió en varias ocasiones en el blog). Un sinfín de historias de Ourense y los ourensanos, que fueron la escusa para que volviéramos a vernos en bastantes ocasiones.

   Ernesto allí donde estés recibe un abrazo de este amigo que te echara de menos.

25/2/15

Mi Club Deportivo Ourense; temporada 62-63

Fotografía propiedad de Eduardo Gamallo
    No miento al decir que es mi Ourense, cierto que “es” (podemos llamarle como queramos pero seguíra siendo el Ourense) de todos los ourensanos, pero esta alineación en concreto representa un poco más a todos los de mi “quinta”, se trata del equipo titular de la temporada 62-63.

    Un lujo de equipo

Gelucho – Ángel – Celso – Orban – Bouso

Gutiérrez – Chancho – Calleja – Wilson – Villita - Seara

Hace mas de 52 años que se hizo esta foto.

24/2/15

O COLISEO XESTEIRA II (Francisco X. Fernández Naval)


   No ano 1956, coincidindo co meu nacemento, pero non por causa del, meu tío avó decide alugarlle o Xesteira á empresa Fraga. Nel traballaba meu pai como operador primeiro e como xerente ou administrador despois, dende o ano 1944. Sacara o título de operador de cabina con 16 anos, nun exame que realizara no Teatro Rosalía de Castro na Coruña, que era onde se obtiña o título oficial. Nese momento, meu pai pasa de xerente da sala a ser o empregado menos querido da empresa, que o desterra ao cine Iago, no barrio da Ponte, na hoxe denominada rúa Ramón y Cajal. Esta é historia que conto na novela A noite branca. Daquela, a empresa Fraga, con sede en Vigo, no cine que levaba o seu nome, tiña en Ourense tres locais: Iago, Losada e Xesteira.


   A memoria de infancia confunde os locais e as primeiras películas. Sei que todos os domingos, de inverno e de verán, ía co meu pai o cine ás tres da tarde, cruzando a Ponte Vella e vía a película da sesión infantil e logo, ás veces, en  sesión de tarde, a de programación normal. Hoxe, tras revisar datas, documentación, e falar co meu pai nos seus últimos anos, penso que a primeira película que lembro e da que falo sempre como a primeira lembranza da vida, foi Tolo por Anita, con Jerry Lewis, Dean Martin e Anita Ekberg, que faleceu hai poucos días. Sería en sesión de tarde, que esa non era película para poñer nunha sesión infantil. Si eran para ese público e hora todas as mudas de Chaplin, Buster Keaton ou Stan Laurel e Oliver Hardy (O gordo e o fraco, diciamos), sempre precedidas de debuxos animados de Tom e Jerry, pero xa non sei se as vin no Iago ou no Losada. Pertence ao Iago a memoria das películas vistas dende a cabina, polo cadrado da parede, maiormente películas americanas da II Guerra Mundial, sobre todo ambientadas na fronte do Pacífico, con barcos, avións e submarinos. Alí, na cabina, sucedía ese milagre ao que me refiro tantas veces. A máquina de proxección tiña certo aire de canón. Meu pai que tería visto a película previamente, sabía cando un barco disparaba a artillaría, porque nalgún intre reclamaba a miña atención, eu concentrábame na pantalla e escoitaba como el dicía: Apunten! Fogo! E nese intre rebentaba o océano e erguíase unha columna enorme de auga e eu pensaba que era el quen disparaba.
  
    No cine, daquela, agasallaban coa entrada uns emblemas que se coleccionaban. Creo que eran escudos de cidades e países. Eu era a envexa dos meus curmáns, que vivían na casa dos Manganas, moi preto do cine, e dos seus amigos, porque chegaba a ter as coleccións completas e sen mercar entrada.
   Creo, con certeza, que a primeira película que vin no Xesteira, dende o palco do meu tío, foi a italiana Genoveva de Brabante, que é do ano 1964. Tería eu, polo tanto, 8 anos e coincidiría co regreso do meu pai, logo dunha ardua batalla laboral por recuperar o lugar de traballo que figuraba no seu contrato. Por ese tempo lembro, tamén, unha función teatral en domingo ou día festivo pola mañá, da parroquia de Santo Domingo. E na memoria sobrevive o rescaldo dunha representación musical, acaso unha zarzuela. Meu pai e meu tío avó contaban que o escenario do Xesteira podía albergar case cen artistas e había camerinos para todos.
   Unha das eivas de meu pai como programador era a de non estrear E o vento levou, que deu o Avenida. Porén, eu si vin esa película no Xesteira, con 17 anos, nunha reposición. Contaba aínda hai pouco que na celebración do centenario do cine en Galicia, Edicións Xerais acordou publicar un libro con textos literarios que falasen desa arte. Cando me chamou Camilo Franco pedíndome un relato sobre cine, eu pensei facerlle unha homenaxe a meu pai. Pregunteille, entón, pola súa película preferida e el exclamou Ben-Hur!. Non era doado escribir un relato relativamente actual dende ese argumento, así que insistín e pedinlle outra, de segundas díxome Belinda. Dirixida por Jean Negulesco en 1948, é adaptación dunha peza teatral de Elmer Harris. A protagonista, Jane Wyman, recibiu o Óscar daquel ano pola súa interpretación. Logo casaría con Ronal Reagan, de quen se divorciaría antes da chegada de Nancy. A historia da rapaza muda violada permitiume xogar con espazos queridos: Magarelos, Allariz, o Xesteira, e artellar un argumento semellante no que puiden, ademais, introducir ao meu pai. Co relato, Miguel Castelo escribiu un guión que nunca foi película, malia que pedimos entrevista con Baltar, pai, a quen explicamos o proxecto.

   Sei que o récord de recadación, cando menos ata que se retirou meu pai, no ano 1989, o tiñan dúas películas dos setenta, O golpe e Chacal. Por eses anos o Xesteira acolleu varias edicións das xornadas de Cine de Ourense e non sei se dentro ou fóra delas, proxéctase Berros e murmurios, de Bergman. Durante moito tempo, polas noites, meu pai deixou os cartos da recadación diaria nunha caixa forte que había no seu despacho. Polas mañás o seu primeiro labor era ir de bancos e facer os ingresos nas contas da empresa. Pero un día entraron no cine e roubaron. Dende entón, todas as noites ata a xubilación, levou os cartos canda el, para a casa. Miña nai estaba moi preocupada, porque podían asaltalo, así que falaron co señor Antonio, o noso sereno, que sempre agardou por el na esquina de Santo Domingo, acompañándoo á casa. Lembro paquetes grandes de billetes, repousando pola mañá na mesa do comedor.
Pero hai outra memoria de infancia familiar, tamén vinculada ao Coliseo Xesteira. Cando era neno, o día de Fin de Ano había función de noite. O cine ofrecía película, cotillón e baile. Na porta de entrada cada espectador recibía unha bolsa que contiña atrezo de animación: gorros de papel, globos, serpentinas de papel e cousas así; un calendario de peto do ano que empezaba e un bolígrafo, xentilezas de publicidade Radar, e unha bolsa transparente coas 12 uvas. Chegada a hora, suspendíase a proxección e dende a cabina, meu pai golpeaba unha chave inglesa enorme contra un anaco de raíl de tren que suspendía dunha corda. Eran as badaladas. Marcaba o cambio de ano nun reloxo Certina. Eu lembreime del cando no paso do ano 2002 ao 2003, fixen algo semellante, na carpa de Mar de Lira que acollía a cea dos voluntarios que loitaban coa marea negra do Prestige. Aquel día de temporal, no que pensamos que nos tragaba a galerna, Víctor Mosquera, Miguel de Lira e eu, disfrazados con aqueles uniformes vermellos, de botóns dourados que levaban brush por ombreiras, de tanta sona nas manifestacións, demos as badaladas cunha pota e un cullerón. Volvendo ao cine, logo das uvas seguía a película e, ao remate, había baile con orquestra no vestíbulo. Miña irmá e eu eramos beneficiarios daquela festa, porque meu pai traía para a casa parte das bolsas sobrantes. Nada sabiamos entón do que el sufría, indo traballar en noite como aquela, deixándonos a nós os tres na casa.
El Golpe


23/2/15

Western Ourensano!!!!!!!!


   A poco que escarbemos en nuestra historia, nos encontramos con infinidad de detalles simpáticos, o como en el caso de hoy, al menos llamativo por lo inesperado.
    Llevo una temporada incluyendo en mi Ephemera personal de la ciudad, muestras de la relación de Auria y los ourensanos con  el cine; fruto de esa recopilación son los antiguos programas de mano que las salas repartían en el paseo para que el publico supiera que estrenos podían disfrutar en la sala. Pocos los recordareis, los de mi edad (los cincuenta), recordamos recorrer las carteleras, que era como llamábamos a los pequeños escaparates que mostraban fotogramas del film a la puerta de los cines; como excepción el  Avenida nos acercaba los fotogramas y los mostraba en la esquina donde hoy está La Lechera.
    Ahora que lo pienso, en tiempos se pegaban carteles de cine en la plaza mayor y en los bellos porta-carteles que el ayuntamiento tenía situados en puntos estratégicos de la ciudad, padre Feijoo, alameda, plaza Mayor etc.  Ya me fui por las ramas, esos datos son de otro día.

   A lo que ibamos;  hoy se trata de comentaros que nuestro más prolífico director, guionista y productor cinematográfico Antonio Román, incluye entre su filmografía, un Spaghetti Western, (co-producción hispano italiana  ambientada en el Oeste americano).  
 De vez en cuando merece la pena echar un vistazo a este cine que podríamos denominar de posguerra, del que nuestro vecino fue uno de los mas representativos personajes, eso si tenemos que sentarnos delante de la pantalla con unas grandes dosis de permisividad en cuanto a los medios empleados; en el caso del genero western, podemos presumir de haber sido un referente para sus producciones.   
fotograma de la web ivid.it ir a la web original
Ringo de Nebraska 
Año 1966
España/Italia
Director: Antonio Román / Mario Bava
Reparto: Ken Clark, Piero Lulli, Yvonne Bastien, Howard Ross, Alfoso Rojas, Anthony Gradwell, Paco Sanz, Livio Lorenzon, Angel Ortiz, José Canalejas, Frank Braña, Simon Arriaga, Guillermo Mendez, Renato Caizzi
Guión: Jesus Navarro Carrion, Antonio Roman, Adriano Bolzoni
Fotografía:  Guglielmo Mancori
Música: Nino Oliviero
En otros paises: Gringo Salvaje. Los dolares de Nebraska. Ringo del Nebraska.

fotograma de la web ivid.it
SINOPSIS: Un enigmático pistolero, de nombre Ringo de Nebraska, es contratado por un ranchero llamado Marthy Hillman que sufre los ataques constantes de Bill Carter, un antiguo compañero de correrías. Ringo tomara partido por Marthy y pronto se enfrentará contra Hill y sus secuaces, pero al mismo tiempo se sentirá atraído por la mujer de aquél, Kay, complicándose la situación.

Para completar la informacion de esta ficha, visitad la Web 800 Spaghetti Western. de la que procede la sinopsis. Visita la web 800 spaghetti western
Para los que estéis interesados en ampliar información sobre Antonio Román, os recomiendo leer el excelente y completo trabajo que José Antonio Coira Nieto 'Pepe Coira' saco a la luz en 1999 con la colaboracion de la Xunta de Galicia. Para los que no tengais ganas de buscar, en otras ocasiones recuperare otras peliculas.

20/2/15

O COLISEO XESTEIRA I (Francisco X. Fernández Naval)



Esta semana todo foi carnavales e colaboracións.
Non é habitual facer entradas tan extensas, pero creo que nesta ocasión non había outra opción. Chisco viuse obrigado a comprimir os seus recordos, en tres entradas  que sei  van resultar do voso agrado.
 Hoxe a primeira, e o martes e venres próximo as outras dúas.

    Hoxe preséntovos a magnífica achega do escritor Francisco X. Fernández Naval, (Chisco), quen nos regala parte dos seus recordos sobre un dos chorados salóns de cine que tivemos en Auria:

 O Coliseo Xesteira
    Cando paso pola actual rúa ourensá da Concordia, antes Capitán Eloy e antes primeiro tramo da Avenida de Bos Aires, non podo deixar de sentir unha certa mágoa ao ver en que derivou o local do Coliseo Xesteira. Unha mala xestión familiar da herdanza recibida e un nulo interese das institucións por manter e conservar un patrimonio que foi privado e público ao tempo, deu este abandono.
Conservo un álbum con gardas de coiro e cubertas de raso, que conta parte da historia de Manuel Fernández Borrajo ou Manuel Xesteira, meu tío avó, fundador do cine. Nas súas páxinas interiores, con versos de Rubén Darío (Yo soy aquel que ayer...) ou de Ruskin (Tan firme y constante/ como la luz que nace...) vaise narrando a construción do edificio que alberga o cine, con fotografías do momento da inauguración e recortes de prensa que saúdan a apertura do local, poñendo énfase na decisión de darlle un nome en galego. As obras execútanse durante os anos 1938 e 1939 e a inauguración quizais ten lugar o día 4 de xaneiro de 1940, aínda que iso non está claro.
   Eu digo sempre que medrei aí, nese cine, entre o patio de butacas, ao que accedín, case sempre, pola porta do corredor da esquerda, o que levaba aos baños e ao despacho do meu pai, situado nun altiño, con fiestra circular sobre o corredor e que abría ata a metade, por ter dous puntos que actuaban coma eixo. O despacho estaba dividido en dúas partes, o que fora do meu tío avó Manuel Xesteira, fundador da empresa Xesteira, que deu o cine, o local de té, o café e o salón de xogos, todo no mesmo edificio, pero tamén, desta vez en sociedade cos Perille, da empresa de transporte de viaxeiros, que tiña as cocheiras no Túnel, entrando polo paseo, hoxe Galerías Centrais, e adxudicataria dunha das liñas entre Ourense e Verín. Esa parte do despacho, de estilo americano, lembraba aos que se vían nas películas de Borgart. Na outra parte meu pai, detrás dunha enorme mesa de madeira, con máquina de escribir Remington e unha calculadora manual, prehistórica, na que os números íanse compoñendo con panquiñas, (unha para as unidades, outra para as decenas, centenas, millares...) que a min sempre me fascinou e que meu pai manexaba con habilidade e precisión, levando con ela a contabilidade do cine, tanto dos cartos, como dos tacos de entradas.
   Para un neno ou un adolescente, ese espazo do meu pai era un mundo marabilloso, porque estaba cheo de “cadros”, afiches ou fotogramas ampliados das películas que ían vir e que se ordenaban en andeis de madeira, segundo a data de programación, e aínda outros que quedaran por alí. Os cadros colocábanse nos exhibidores exteriores e nos do vestíbulo. Nalgún lugar perdido gardo unha imaxe de Claudia Cardinale en viso negro, da que namorei dende que vin a película Belido, honesto, emmigrado a Australia, quere casar con moza. Daquel universo provén o cartel orixinal de Só diante do perigo que teño no meu estudio. 
   Na lembranza de moitos ourensáns sobrevive a memoria do meu tío avó, un home de idade, groso e baixo, que todos os días, na primeira sesión da tarde, sentaba na última fila, na butaca que quedaba á dereita da porta central, malia ter reservado un dos palcos. Sentaba alí e, en canto apagaban as luces, durmía e roncaba. De neno eu chamáballe “O tío pelleta”, porque era unha peseta o que me daba sempre que me vía. Vivía no segundo andar do edificio do cine. Eu non teño constancia diso que se di, de que dende a vivenda vían a pantalla. Unha lenda urbana, creo que era. Tamén meu pai forma parte desa memoria colectiva. Moita xente me ten falado dun home alto, que sempre estaba de pé, na porta, discretamente situado despois do porteiro, controlando a entrada. E si, era el, Paco Fernández ou Paco Xesteira, que as´o coñecían na cidade. Unha das preocupacións que tiña era evitar multas gubernativas por deixar pasar a persoas de idade que non coincidían coa clasificación dada á película pola censura: tolerada, catorce, dezaoito anos. Moitas veces, mesturándose cos espectadores, estaban os policías da social, controlando e levantando acta da infracción. El situábase xunto a porta por reforzar a acción dos porteiros, que en películas de moita afluencia, bastante tiñan con cortar as entradas. Non soportaba aos policías, pero supoño que a empresa facía recaer sobre os empregados toda a responsabilidade do control.
   O Coliseo Xesteira, no seu momento, foi un dos paradigmas de salas cinematográficas a nivel español. De feito, existe constancia documental de que os técnicos que deseñaban o cine Palafox de Zaragoza, viñeron a Ourense a estudar a iluminación e acústica do Xesteira. Probablemente é lembrado como sala de exhibición cinematográfica e non como teatro, pero orixinariamente cumpriu as dúas funcións, ata que chegou o TODD-AO, sistema de gravación e proxección con resultados excelentes, consistente nun negativo de 72 mm., con 5 perforacións de arrastre a cada lado do fotograma e unha velocidade de 30 imaxes por segundo e 6 pistas de son, cinco saíndo por detrás da pantalla e unha, en sensurround, que envolvía o auditorio. O resultado do TODD-AO na historia do cine considérase extraordinario, pero requiría pantalla cóncava fixa, cunha curvatura de 128º. A empresa Fraga que daquela rexentaba xa por aluguer a sala, e tamén o teatro Losada, decidiu dedicar o Xesteira a cine en TODD-AO e o Losada a representacións teatrais e musicais e cine convencional, con sesión continúa. Eu sempre pensei que a primeira película que se estreara no Xesteira con este sistema fora A conquista do oeste, dirixida por Henry Hathaway, George Marshall, John Ford e Richard Torpe. Lembro a estrea dese film e conservo a sensación de conmoción que me produciu o me sentir fisicamente metido nas historias, en particular na escena dunha escorrentada de búfalos. Pero non. Agora sei que esa película estaba feita co sistema anterior das grandes producións, o Cinerama.

    O TODD-AO trouxo ao Xesteira películas filmadas nese formato como: A volta ao mundo en oitenta días, que supoño sería a primeira, con Cantinflas, David Niven Shirley McLaine e as aparicións de Frank Sinatra, Marlene Dietrich ou Buster Keaton; Oklahoma; A Biblia de Huston; Cleopatra de Mankievicz, con Elizabeth Taylor e Richard Burton; Sorrisos e bágoas de Julie Andrews; Hello Dolly, con Barbra Streisand e Louis Armstrong; As sandalias do pescador, con Anthony Quinn; Patton; 2001 unha odisea no espazo, coa que eu fundei o meu propio club de fans de Stanley Kubrick ou Aeroporto. Moitas desas películas vinas en sesión de sábado pola noite, coa miña nai e miña irmá. Íamos e regresabamos os catro xuntos, xa de madrugada, contentos e felices. As últimas feitas en TODD-AO, que eu lembro ver na sala foron A fuga de Logan e Conan o bárbaro. Utilizo para as traducións dos títulos ao galego, as versións en castelán, aínda sabendo que algúns non coincidían co título orixinal, pero esa versión castelán forma parte da nosa educación sentimental.

19/2/15

"Ayer y Hoy" III (colección Isaac Valeiras Arnaiz)

   Todos los que fuimos alumnos de Carmelitas y muchísimos ourensanos que no lo fueron, le han llamado de siempre a esta pequeña callejuela, "Los puestos", eran, creo recordar dos pequeños locales a la derecha, y otro mas en el lado izquierdo, repletos de golosinas, pipas, cromos, algo de refrescos e incluso algún "bocata". Regidos no se si casualmente, siempre por señoras con aspecto de abuelillas, que si era preciso hasta "fiaban" a su tan selecta clientela. 
   Hoy son tres bares los que ocupan todo el espacio, en el que antes campaba el "Caracas". 
   Muy poco ha cambiado también esta calle, solo las gentes. 
  


18/2/15

Giner de los Ríos, Sales y Ferré y Manuel Martínez-Risco (Federico Román Alonso)

Francisco Giner de los Ríos (La Esfera 6 Marzo 1915)
Nueva colaboración del amigo Federico Román, en esta ocasión nos acerca al creador y director de la Institución libre de Enseñnaza, Don Francisco Giner de los Ríos y recupera su vinculación con algunos ourensanos. Gracias Federico

   En el centenario del fallecimiento de Giner de los Ríos (18 de febrero), me gustaría resaltar su vinculación con Galicia, y con algunos orensanos.
   De todos es sabida su estrecha relación con Manuel Bartolomé Cossío, casado con Carmen López-Cortón Viqueira, lo que lo llevaría a visitar La Coruña en distintas ocasiones.
   En esta entrada incluyo una tarjeta de pésame que Giner dirige al físico orensano Manuel Martínez-Risco por el fallecimiento de su padre, el ingeniero de caminos Sebastián Martínez-Risco y Pérez-Santamarina. No perteneciendo a la ILE, Martínez-Risco tuvo una relación cercana a Giner de los Ríos, por la estrecha amistad que con él mantenía su tío político y padrino, el sociólogo Manuel Sales y Ferré (próximo, pero tampoco institucionista, por ser muy independiente), del que muestro un retrato al óleo hecho por el pintor Gumersindo Díaz en 1882 (archivo familiar de María del Socorro Alonso Martínez-Risco). Entre los muchos discípulos de Sales se encontraban los hermanos Machado, Barnés, García Morente, Hilario Ayuso, Salvador y Carreras, Guichot, …, y el propio Cossío (en un artículo del BILE me extiendo más en este aspecto: “Un viaje a Italia de los institucionistas Constantino Rodríguez y Domingo Barnés en 1910”, nº 73, junio 2009).
   En la tarjeta (del 12 de julio de 1909) le da recuerdos a sus tíos; se refiere a Sales y a Jesusa Macías (hermana de don Marcelo). En esa fecha estaba M-Risco preparando su viaje a Holanda para disfrutar de una beca de la Junta de Ampliación de Estudios (JAE) al lado del premio nobel Pieter Zeeman.


   En octubre de 1910 se encuentra Sales enfermo en Vinaroz (en “Villa Jesusa”, su residencia de verano) y se interesa Giner por su salud, dándole ánimos a Jesusa Macías (la vemos fotografiada en dicha villa), como se aprecia en el fragmento de la siguiente carta:


  Sales había llevado a cabo en 1886 un viaje por distintos países europeos en compañía de Giner, Posada, Buylla, Cossío, Sardá y Sánchez Dalp, para conocer de cerca distintas instituciones académicas e intentar implantar en España un nuevo sistema de enseñanza, abierto al exterior, y en el que tenía gran importancia la observación, a través de excursiones, y la dotación de nuevos laboratorios para los centros educativos.
Retrato de Manuel Sales y Ferre (archivo familiar de María del Socorro Alonso Martínez-Risco)

   Uno de los profesores de M-Risco en el instituto fue el geógrafo Eduardo Moreno López, con gran influencia en muchos orensanos (como Otero Pedrayo),  cuyo padre (Moreno Espinosa) fue también amigo de Giner. Si añadimos la corta estancia como profesor en el mismo centro, del institucionista Julián Besteiro, de Antonio Gaite, y de la enorme aportación del catedrático Marcelo Macías, sacerdote, pero abierto al diálogo, y amante de un sistema de enseñanza científico, podemos ver con claridad el porqué del interés de algunos miembros de la Generación Nós por distintos aspectos de la prehistoria, etnografía, conocimiento del territorio, etc.

13/2/15

Fiesta y fijación "Carnavales 2015"

   Como digo en el titulo de la entrada, empiezo a pensar en que tengo una fijación con el bueno de Marcial Feijoo.

    Cuando pienso en las fiestas de la ciudad o en los Carnavales, de manera casi automática, se me vienen a la memoria estas fotos que en su día me presto para mi archivo.

Os las enseño para ver si vosotros le encontráis explicación a esta fijación.

 Felices Carnavales.


12/2/15

El mural de la estación Empalme

No son muchos los murales que tenemos en la ciudad, alguna farmacia, el "oculto" de las Galerías Centrales, y quitando el de la Estación Empalme, poco o nada más. Alguno más hubo, pero mejor no recordarlos....

Comento esto, porque días pasados un nuevo amigo pontino, Ramón Fernández Fdez. Se puso en contacto preguntándome si sabia quien había sido el autor de los magníficos murales que adornan la estación Ourensana. Desgraciadamente mi respuesta fue y sigue siendo que no lo sé, reconozco que hace ya tiempo que ando detrás de ese dato, que aparentemente no debería ser complicado de averiguar y sin embargo se me resiste.

Me gustaría, que si entre vosotros algun@ lo sabe, me facilite el nombre del autor de los murales. 

Ramón en sus pesquisas se ha encontrado con un posible candidato, Antonio Moragon, un reconocido pintor toledano que residió en Santiago, pero sin descartarlo, existen serias dudas de que haya sido él.

 El interés de Ramón por documentar las pinturas busca el lícito y deseable objetivo de conseguir que  ADIF las restaure, y estudie su posible inclusión en la nueva estación del Ave.

Me uno a su petición.


Los recortes del mural me los ha facilitado el propio Ramón Fernández Fernández. Muchas Gracias.

11/2/15

"Ayer y Hoy" II (colección Isaac Valeiras Arnaiz)


    Hoy la segunda entrega de este Ayer y Hoy.  No me ha preocupado que alguien se haga una idea equivocada, pensando que nuestra Auria poco ha cambiado ojala fuera así en muchos más casos, pero sabéis que no es así.

   La “Praza do Ferro” o “Crux dos Ferreiros”  ha conseguido sobrevivir casi intacta al paso del tiempo; maquillaje, y algunos intentos de modificar su suelo, han sido lo más significativo que ha padecido desde que “recibió” la fuente de San Esteban.

  Ah!, fantastica idea la de convertirla en peatonal.

10/2/15

Solo han pasado 50 años. (Isaac Valeiras Arnaiz)

Calle Bailen esquina Primavera años sesenta.

 Comienza hoy a colaborar otro amigo con OurensenoTempo, Isaac Valeiras Arnaiz.
   Hace tiempo que miembros de su familia, (su tío Fausto es un habitual, y su madre aunque silenciosa, esta siempre ahí), se han convertido en amigos personales, y hoy con una serie de fotografías que tiene Isaac en su colección vamos a comenzar una nueva sección, al estilo de la que el maestro Pacheco, ofrecía a todos los ourensanos en su escaparate de Cardenal Quiroga.

“Ayer y Hoy”.

 La base serán unas fotografías de los años 60 aprox, que con mi escasa habilidad intentare reproducir desde el mismo ángulo; en ocasiones si encuentro en mi archivo alguna anterior, os la enseñare también para que podáis haceros una perfecta idea de la evolución.

   En casos como el de la fotografía de hoy, los cambios, son únicamente de maquillaje, se han limpiado las fachadas, las medianeras están aisladas, y realmente se ve que las viviendas están habitables, a pesar de su antigüedad.  Bueno algunas reconoceréis con migo que gracias a sus actuales propietarios han tenido una restauración magnifica. La vieja Banca Romero, creo que ni de nueva lucia tan hermosa.   
Calle Bailen esquina primavera hoy
Se aceptan colaboraciones con fotos antiguas, e incluso vistas actuales de fotos conocidas.
ourensenotempo@hotmail.com

9/2/15

Solo fotos XXXI (A Ponte)


   Aparentemente la foto de hoy es una más de las que se pueden ver en ourensenotempo del Puente Nuevo, (que raro que a nadie se le haya ocurrido ponerle otro nombre????).

   Tenéis que fijaros un poco y veréis que solo estaba más o menos construida la actual calle Ribera del Miño, antigua General Aranda, las dos paralelas estaban “a monte”,  los posibles constructores de esos solares seguro que pensaban que la vieja estación de Canedo no era un “buen vecino”. La avda. das Caldas era el punto neuralgico del barrio. 

Los "pescos" encontraban "presa" al lado de la cepa del puente, ¡como han cambiado las cosas!!!!!!.

6/2/15

OurensenoTempo en el suplemento Gente Mayor de La Región


 Para los que no tuvisteis oportunidad de leer el pasado domingo mi articulo en Gente Mayor, hoy os lo subo a modo de entrada del blog.
La verdad es que estoy aprovechando para hacer una prueba retomando los servicios de Scribd.com que están modificando su método de trabajo.
Os aconsejo descargarlo en vuestro ordenador, que es la forma de ver las fotos y leerlo con mas comodidad; solo tenéis que pulsar en el icono Download que encontraréis abajo a la izquierda.

5/2/15

Colegio Menor "Calvo Sotelo"


“Hacia una educación cada día mas perfecta.”

   Fue en el año 1955 cuando a modo de prueba, se abre en Ourense el  Colegio Menor, se continuaba así con el proyecto que poco antes se había iniciado en Alicante y Toledo por parte del Frente de Juventudes.

   La idea inicial consistía en dar continuidad a la labor de los hogares infantiles, pero no quedarse en la educación, albergue y manutención, si no implicarse directamente en la formación académica de los muchachos a cargo del hogar.
Antonio Airas Roel primer director
   Un convenio entre el Ministerio de Educación Nacional, auspiciado por el gobernador Civil, (Sr. Albert),  la Diputación Provincial (presidida por Don Arturo Pérez Serantes) y el gobierno municipal,  permitió implicar  al profesorado del instituto provincial con lo cual se conseguía garantizar un altísimo nivel académico para estos jóvenes.

   La idea era que los niños del hogar tuvieran preferencia, pero dando la opción a cualquier joven de  entrar en el colegio (se podía entrar como externo, interno o medio-pensionista; este fue mi caso durante un año, se estudiaba y comía en el colegio, en mi época íbamos a clases (E.G.B.) al colegio San Fernando, y dormía en mi casa); al poco tiempo fue necesario restringir la matricula debido a la gran demanda. Aquellos años de emigración una de las mayores necesidades de las zonas rurales, era precisamente las de los estudios medios y superiores, y este centro con el internado posibilitaba que jóvenes de cualquier condición económica pudieran continuar sus estudios.
   En aquellos primeros años, se pedía a los ayuntamientos de la provincia (incluso se admitían chicos de otras provincias), que informaran de jóvenes que por su rendimiento académico fueran merecedores de apoyo para poder continuar sus estudios, (lo de las becas estaba en "pañales"). 
 Con el tiempo se fueron modificando los estatutos y métodos de trabajo del centro, e incluso se creo una alternativa para las chicas, pero todo eso intentare contároslo en un trabajo algo mas completo...........
Foto Revista Vida Gallega (facilitada por el Museo Etnologico de Ribadavia)

4/2/15

Solo fotos XXX (saltos espectaculares)

    Manulo,  Epi, Manaicas, Leyenda , eran algunos de los “clavadistas” que teníamos en nuestra Auria.

    Ya lo comente en varias ocasiones en el blog; en estos últimos años empieza a resurgir un deseable acercamiento a nuestro Miño, las termas durante todo el año, y las riberas en el entorno de los puentes en la época veraniega, vuelven a concentrar a muchos ourensanos ávidos de baños, aunque casi siempre sean solo de sol.

   No es nada nuevo, porque antiguamente en verano era uno de los puntos preferidos por nuestros padres y abuelos para escapar del atorrante calor que “sufrimos” por estas tierras, bueno también era muy normal acudir los fines de semana de buen tiempo a merendar al lado del rio, pero eso es otra historia.
   Hoy lo que nos muestra la fotografía es uno de aquellos saltos espectaculares que desde la cepa del puente viejo realizaban esos ourensanos, casi siempre a modo de diversión, aunque en ocasiones también servían de excusa para recaudar “fondos para fines sociales”, (estos fines sociales solían ser irse de juerga con los amigos).
 
   El bueno de Toñito Patata actuaba como maestro de ceremonia, presentando a los saltadores, y se encargaba con algún espontaneo de la recaudación; por lo que me contaba mi entrañable amigo Ernesto Ferro, no daba para muchas cervezas, pero sin embargo los protagonistas se veían recompensados por las alabanzas de muchas de las señoritas congregadas en la zona.


La fotografía supuestamente de Enrique Reza, pertenece a la Diputación Provincial, y se publico  en 1979 dentro del número 4 de la Revista Orense.