Consejos y avisos

24/2/09

Cal queredes ver

A distribución indiscriminada de material en internet fai que a xente, decida facer este tipo de cousas, cal e a que queredes ver a primeira ou a segunda?.

23/2/09

Tornillo y Auxilio Social

Tedes que perdoarme, pero esta semana as entradas van ser moi irregulares, outras ocupacións reteñenme, onde teño moi mala cobertura de rede.
Aquí déixovos esta fotografía, na que aparece a tristemente soada Ferraxaría "El Tornillo", da que vos falarei con máis detalle noutro intre, e as dependencias do Auxilio social, que tamén tristemente, tan necesario foi no seu momento.
Tentarei facer algunha entrada máis, pero non prometo nada.
Gozade do Entroido.

21/2/09

Nados no 60

Comeza o fin de semana, e entre desculpas e dedicatorias terei que facer varias entradas, esta é para pedir desculpas á xente de http://www.carrileiros.com/ , parece ser que ma enviaron fai días, pero por algún motivo non chego ao seu destino.
Aquí está a fotografía, corresponde ao curso 70-71, e eu só identifico, (casualidades da vida), a un ilustre cirurxián, con certo grao de consanguineidad, o que pasa é que aquel día paréceme que estaba encabuxado, (iso ou a súa habitual discreción fixo que non mirase a cámara)
Podo saudar?.........., un saúdo ao meu ?sobriño? Luís, que este ano xogara "Copa Galicia". Felicidades.

Percepciones 20-02-09

Con esta entrada doulle as grazas a Moncho Conde-Corbal pola publicidade feita na sua columna no diario "La Región", e confirmarlle que si, que a señorita que acompañaba o "Procer", era sin lugar a dudas unha señorita "prestituta", (coido que quere dicir que se "prestaba toda").
Grazas.

20/2/09

Sanjurjo I

Don Luís Sanjurjo Vergara, foi outro dos ocupantes dunha barraca na parte final da alameda, comezou a súa actividade, sen ter cumpridos os 15 anos, pero cunha vocación inquebrantable.
Don Luís e a súa irmá Manuela Naqueles anos.
Como xa vos contei noutra entrada, denominábaselles "Fotógrafos do Minuto", e prestaban un servizo inestimable, a todos os cidadáns, o que tiña medios, prevía a necesidade dun retrato para os seus documentos, pero a xente do pobo, sempre se atopaba coa necesidade de forma inesperada, neses momentos o que urxía era conseguir o retrato, non así tanto a beleza do ou da retratada.
Aínda con tanta prema, con aquelas maquinas de outrora, estes artistas facían marabillas, non vos digo nada se lle deixaban un momentiño para retocar na trastenda a fotografía, palabras de Don Luís, "en ocasións non se parecía en nada, a fotografía co negativo", pero sempre era por unha boa causa, o militar de guarnición que quería enviar un recordo á súa prometida, ou a noiva que desexaba que o seu amado levase no seu corazón a máis bela imaxe daquela que lle agardaba.
Logo de moito traballo, e conseguidos uns aforros, trasladaronse á rúa do Progreso, corría o ano 1946, e xa pasaba dos 26, afortunadamente, sempre conto coa axuda e o apoio da súa irmá Manuela.

Continuase............

Entroido Ourense IV

Como remate do Entróido vén o mércores de cinza, pero iso será noutro momento, agora trátase de gozar leste; para que collades modelos, déixovos unhas cantas fotos de mascaritas de fai poucos anos, desde o obxectivo de insignes mestres da fotografía de rúa.

Dúas instantáneas do gran "Rizo", - na cidade-
Aquí están outras de Cardoso e Bouzo.
Gozar e control coas copas que son "mu malas".
Fotografías da colección particular de Don Marcial Feijoo. "Armeria Marcial".

Entroido Ourense III

O entroido tradicional representado neste cartel,sen ignorar outras vilas da provincia que tamén contan con tradicción carnavaleira, estas tres son as que mais sona teñen tanto a nivel Galicia, como España.

Entroido Ourense II

Como di aquel, "para gustos hai cores", a min iste (despois do anterior), é o Entroido que me gusta, (pode ser polos meus anos de residencia en Canarias), pero a mascarita desinhibida e alegre, é a que dá a verdadeira diversión á festa, non fan falta moitas caretas, o imprescindible son as ganas de divertirse sanamente.
"Ponche o teu mellor disfrace e entra no entroido, que a vida invítache a gozar", (estrofa da canción do entroido de Las Palmas de Gran Canaria, polo menos nos meus anos de estancia).

O entroido en Ourense

Hoxe toca Entroido, e como este blogue é tan Ourensán como o Entroido, (haberá que recoñecer que ten máis fama o dalgunhas vilas), poreivos algunhas imaxes que representan o Entroido.

Estas son as primeiras, e mostran as diferenzas do onte e hoxe dunha parte fundamental do Entroido, darédesvos conta que á vista os cambios son poucos, se seica nas instalacións.
Desgraciadamente só prestáronme a fotografía, e non podo dar a miña opinión en canto ao cheiro e sabor dos produtos, dou por feito que se son de elaboración caseira, pouco cambio sufriron co tempo, aínda así estaría ben que me facilitasen a proba, non me gusta falar sen datos.

Fútbol Maristas Ourense

Chalet
Fotografía do arquivo dos Irmáns Maristas
Fai uns días ensínevos o plano, pero agora podédelo ver en fotografía, en Maristas desde a construción do novo colexio, fomentouse o deporte, como arma educativa.
Nos comezos, o contar cun campo de fútbol, permitiu que este fose o máis practicado, (tamén a contorna social tivo algo que ver), do colexio saíron infinidade de xogadores, que aínda que no seu momento decantáronse por outra actividade, en moitos casos perfectamente poderían ter un futuro co balón.
Centrándonos na fotografía, podedes notar a inexistencia aínda da rúa Valle Inclán, xa nin menciono a rúa Ramón Cabanillas, (houbo que esperar moitos anos a que unha decisión municipal solicitase aos irmáns, os terreos para abrila), a gran cantidade de edificios que aínda non existían e algúns que desapareceron, destes últimos quedaban algúns que recordan o pasado da zona como arrabalde da cidade, non esquezades, que aquí estivo o "Campo da Feira", "O Lazareto, a "Fundición Malingre, varias fabricas, e algúns almacéns.

19/2/09

Excursión con Don Jose Ramón

Chegaba o bo tempo, e os paxariños saían do niño.
As excursións didácticas, hoxe fanse en autobús, e amplíanse horizontes, (Grove, Vigo, etc.), temos máis medios, pero teriamos que pensar se non serian igual de instructivas (ou máis), as que se organizaban a golpe de zapato.
Os Salesianos, tiñan por costume realizar paseos pola ribeira do Miño, o "mestre", contaba detalles da vexetación, dos "Muiños", ou simplemente mantiña unha charla distendida cos alumnos, (en cantas ocasións destas charlas, decatábase o mestre de problemas do alumno!), o seu era ilustrar e ao mesmo tempo coñecer aos futuros próceres.
Nesta fotografía facilitada polo incansable Mazaira, podemos verlle a el cos seus compañeiros, (que se identifiquen eles se o desexan), xunto a un Mestre, do que a maioría sentense orgullosos, segundo dinme, "bo mestre, e mellor persoa", Don José Ramón, nesa ocasión foran a pasar a tarde ao campo de Reza. Aínda non corrían os 50 pero case.

18/2/09

Typical Auriensis

Non me puiden resistir, deixáronme esta mañá esta fotografía, e recoñezo que non teño outra que en tan pouco espazo poida reflectir unha época concreta da nosa historia local, cunha chiscadela á historia europea.
Á marxe do elegante cabaleiro que loce ben coidado mostacho, símbolo de elegancia en por si, pero unido ao pano na solapa, e a gravata, identifican a un verdadeiro cabaleiro dos 60.
Unha chiscadela á florecente Europa, ao montar unha Vespa , pero non vos perdades a esquina de "Previsión" (I.N.S.S.), autentica locomotora de castañera, (posiblemente a que ocupaba praza fixa na esquina do Banco de España ou contiguos), e ao seu lado (é a primeira fotografía na que vexo un na cidade, en pobos e vilas teño varias) o carriño dos Xeados, eran unha marabilla da tecnoloxía, rodas para facilitar o seu transporte, deposito "illado" para as barras de xeo que conservaban o produto, tejadillo para salvagardar ao operario dos lategazos do astro rei, colgador lateral para os trapos de limpeza, e nalgúns modelos tubos transparentes (de momento non eran de metacrilato, pero o plástico servía) para transportar os barquillos.
Resumindo unha fotografía das que se cadra sen querer recolleu moitos recordos para todos nós.
Grazas a Don Marcial Feijoo, "Armería Marcial", por permitirnos gozar a todos deste o seu recordo.
A fotografía tomouna no seu día "Cardoso" un dos moitos fotógrafos de rúa, que permitiron que moitas cousas esquecidas, recuperen un espazo na nosa memoria.
En canto poida fareille unha entrada a el e outros moitos, "Cudeiro", "Gómez", "Cine", "Novo", etc.

A Pena Corneira

Roberto.
Fotografía y modelo, Roberto Villar del Castillo.
Algo intemporal é o que permanece invariable no tempo, (ou case, a erosión meteorolóxica!), e esta fotografía demóstrao, aínda que se obtivo nos 50 hoxe podería ser case igual, bo, o modelo que vedes co seu chapeu Indiana Jones aínda que segue facendo as súas camiñadas, xa non ofrece o mesmo aspecto xuvenil, o tempo fixo máis mella nel que na Pena Corneira.
E iso que din que o galego é duro!

Los Blues 69

Como o seu nome indica, formouse no ano 69, os integrantes eran:
Castor (batería), Enrique (saxo), Mero (trompeta), Urbano (baixo), e Chicho (teclados, (órgano).
No seu momento alcanzaron grandes éxitos, e eran dos máis solicitados para as festas populares, aínda non fai moito tempo, podíase gozar da música de Chicho na cafetería Biher, (hoxe tamén desaparecida).

17/2/09

Banco de La Coruña

Grazas a Don J.J.Gil. Tráiovos hoxe estas imaxes.
É a entrada e o interior dun gran banco do século pasado, (non vou entrar a explicarvos os seus devenires, pero naceu nunha época de gran importancia das finanzas, na cidade da Coruña, homes como José Pastor Horta, Olimpio Pérez Rodríguez e Dionisio Tejero Pérez, impulsaron o crecemento de Galicia dende A Coruña, e dun xeito ou outro, a súa obra segue en pé).
As imaxes evocan tempos de manguitos, lapis, e pesados libros de contabilidade, nada semellante ao actual, cun simple computador xa está a mesa servida.
Como xa descubririades, estaba na esquina de Paseo coas escaleiras de Paz Novoa.

16/2/09

"Orfeón Unión Ourensán" (Parte I)

Orfeon
"Orfeón ano 1906 Claustro do Otero Pedrayo"
Fotografía do Arquivo do "Orfeón Unión Ourensán"
Desde que en 1880, creouse a "Sección Coral Eslava", baixo a dirección do pianista Ourensán Don Mariano Pastor, (a súa presentación foi da man do Sr. Don Ricardo García), albiscouse en Ourense a inquietude pola creación dunha masa coral que permitise representar á cidade nos diversos eventos musicais que se desenvolvían naqueles tempos, (de poucos medios, e moita ansia de cultura).
Precisamente a escaseza de medios e apoios, deron ao traste con este primeiro intento de Coral ourensá.
Un segundo intento que se desenvolveu anos máis tarde, tamén tivo unha curta duración, porque os problemas persistían, moitas ganas pero poucos medios, nesta ocasión a denominación foi "Orfeón Ourensán", e o seu director Don Arturo Fernández.
Chego por fin o ano 1886, no que un acontecemento de gran relevancia, a inauguración da estatua e homenaxe ao Padre Feijoo, promoveron un concurso de corais na cidade, os integrantes dos grupos anteriores, que nunca perderan a esperanza de poder crear a nosa propia coral, decidiron unir esforzos e crear o "Orfeón Unión Ourensá", (existe a crenza de que o nome puido ser tamén en homenaxe a Don José Rodríguez Santos, propietario do Café A Unión, o cal durante os comezos da formación, erixiuse no seu principal benefactor, chego a facerse cargo persoalmente do aluguer do local de ensaios "O Mesón do Centro" situado en Progreso, á beira da ponte das Burgas, así como dos gastos de mantemento de devandito local).
En poucos meses de ensaio e baixo a excepcional dirección de Don Francisco Prieto, alcánzase un nivel máis que satisfactorio, isto leva nun intento de avanzar en busca da consecución da vitoria no certame, á contratación dun semi- profesional Director, Don Enrique Fernández "O Trépedes", (violinista Ourensán).
Traballo, empeño dedicación e porque non dicilo calidade, deron os seus froitos, e en setembro de 1886, coa obra "O regreso da Patria", o Orfeón Unión Ourensá logra o seu primeiro triunfo, 500 pesetas, e o seu primeiro estandarte, foron a súa dotación que permitiu albergar esperanzas de continuidade.
Continuará.............

14/2/09

Outra de Touros

Volvemos de novo aos touros.
Aínda que hoxe resúltenos estraño, na cidade existía unha gran afección, coido que xa vos comentei, que ata houbo un proxecto de levantar unha praza fixa nun solar da Avda. de Zamora, detrás da actual igrexa de Pio X.
Domingo 25 de Xullo do ano 1943, os extraordinarios "xateiros" Luís Díaz (Madrileñito), e Pepe Luís Álvarez Pelayo, ás cinco da tarde e baixo un sol de xustiza efectúan o paseíllo polo albero Ourensán, lidiaran catro xatos, da afamada gandería salmantina dos Pérez Tabernero.
O respectable e entendido publico, entre os que se atopan caras coñecidas da cidade, esta gozando co magnifico espectáculo.

San Valentin

O marxe da sua parte comercial, coa que non me identifico en absoluto, máis que nada porque acepto agasallos todo o ano.
Non ten porque haber un día dedicado ao amor, nin ao pai, nin a nada, cando queres e respectas algo faló todo o ano, non cando o digan as grandes cadeas comerciais.
De todolos xeitos un detalliño fai bonito, unha frase unha caricia, unha foto??
Aquí tedes a foto, cedida polo amigo Ricardo, retomando as dedicatorias de Radio Orense,
"Para Ana do seu marido Ricardo que a adora, e deséxalle que pase un día moi feliz"
A foto só vai ser pouco, terás que pór algo máis da tua parte.
Un saúdo

Don Ramón y Don Eustaquio

Fotografía cedida por Dona Veva Alvarez Gomez (filla de Don Eustaquio)
Esta entrada, é unha das que con máis agrado realicei, nela coinciden dúas persoas coas cales a miña familia tivo unha relación mestura de amizade e familiaridade.
Don Ramón é visitante habitual deste blogue, e por fortuna continuará séndoo, (aínda queda moita documentación grafica que mostrarvos) , confeso que antes de comezar este blogue, os meus coñecementos sobre este gran home (en todos os sentidos), circunscribíanse ao ámbito familiar, da súa obra escrita "Arredor de si", "O señorito dá Reboraina", a biografía de Don Marcelo Macías e pouco mais, hoxe en día o meu respecto cara el aumentou se cabe , e pouco me queda por ler da súa produción.
O outro invitado é Don Eustaquio Álvarez Eire, Doutor dos que xunto a homes como Don Luís Galego, serviron aos cidadáns de Ourense, mantendo precisamente iso "O servizo por encima do interese".
Non me estendo mais, porque calquera deles aparecerá en calquera momento por aquí e poderemos seguir falando deles.
Por certo dous datos, na fotografía tamén aparecen segundo información proporcionada por Don Miguel Abad Vila, o doutor Don Xullo Nogueira de Castro, e o profesor Don Claudio González Laso, que posiblemente tamén sexan obxecto dunha entrada no blogue.

13/2/09

A Fonte da Feira

Esta que vos traio hoxe, é a primeira fonte que se instalo no campo da feira, como podedes imaxinar, durante a súa etapa na zona do actual pavillón.
A parte da fonte, que xa merece a pena, fixarvos no cartel que hai nos edificios do fondo, é unha das poucas probas graficas da existencia do "Cine Yago", doutra banda, vese unha esquina dun edificio pegado á ponte, que supoño será a hoxe reformada caseta do Legoeiro.
Por favor, antes de coller algunha fotografía para publicala en calquera medio, recórdovos por enésima vez que debedes preguntarme se é libre, ou ten propietario (a xeito de exemplo, as fotografias do colexio Maristas, agas das dos alumnos, son propiedade dos Irmáns Maristas, e precisase autorización, para publicalas), aparte de temas xurídicos, é tamén unha cuestión de educación.
Grazas
O meu e-mail no meu perfil.

12/2/09

Maristas "La Zarpa" 20 de Agosto do 1931

Zarpa
O ano 32 os irmáns Maristas abandonarían a cidade, e non regresarían ata o ano 54, no diario "La Zarpa" de Don Basilio Álvarez, anunciaron o comezo das clases dese que foi o seu último curso da primeira etapa.
Recuperamos este anuncio, para comunicarvos algo que pode resultarvos agradable.
A partires de mañá día 13 de Febreiro ás 5 da tarde, no hall e aula de profesores do colexio, ábrese ao público, a exposición:
"Expo Centenario Maristas Ourense", e a "Aula do Onte"
A exposición componse de diversos instrumentos de laboratorio, dispositivos de ensino, libros e antigos aparellos (radios, cámaras fotografas, etc.) da época do cincuentenario e centenario.
Pola súa banda "Aula do Onte" é unha evocadora recreación, dun aula das primeiras épocas do colexio.
A súa visita cremos que non vos defraudase.

O encoro de Castrelo, onde esta?

Fotografía de Roberto Villar del Castillo (Castrelo 1951)
Non o busquedes, aínda non estaba construído pero creo que merece a pena ver a zona como era.

11/2/09

A Banda Municipal I

A banda da cidade sempre tivo entre as súas funcións, aparte de dar magníficos, concertos dominicais, (que por certo ultimamente ou non me decato, ou é que non se están levando a cabo), o agasallar aos visitantes ilustres que se deixaban caer pola cidade.
Eu hoxe vounos a utilizar (a imaxe dos músicos), para agasallar a un novo visitante e espero que bo colaborador, o Ourensán Moncho Conde-Corbal .Aproveito o saúdo para publicitar o seu novo proxecto empresarial, en forma de páxina Web http://www.elcercano.com/ recoméndovos que lle fagades unha visita, a súa idea pode ser moi interesante.
Un saúdo

10/2/09

Sala Auria

Comentario ficticio
Fotografía da colección de Don Lisardo Mazaira (Conxuntos Ourensans)
"Sábado pola tarde, o local a rebentar, Don Luís Blanco Merino, estaba no despacho, preocupado, e feliz ao mesmo tempo depositara a súa confianza neste novo grupo local, a súa única preocupación era que a concorrencia saíse contenta do espectáculo, e todo estaba por ver, faltaba pouco e empezábanse a escoitar os murmurios do público, tamén nervioso, no escenario presentábanse por primeira vez "
"Os Cramps"

Banco Pastor vs Banco Simeon

Fotografía Toño e Luis (Catuta), Luyte.
Ano 1930?, a competencia entre entidades bancarias era durísima, xa non era que se loitase centímetro a centímetro, polo aforrador, se non que tamén polo investidor.
Cando as cousas subían de ton non había máis remedio que organizar un duelo no campo da Honra, con padriños e testemuñas para intentar acougar os ánimos.
Pola data o campo podería ser o Lonia, pero quen ma presta garánteme que é o Couto, eu procuro non establecer polémicas, dado que, quedeime sen padriño fai tempo.
Opinade vós.

9/2/09

A pesca no Miño

Cada un que saque as súas propias conclusións, estas imaxes son de diferentes anos, e todas as capturas corresponden á mesma zona do Miño.
Ano 1955 Ribadavia
Persoalmente non me gusta buscar culpables, pero deberían esixirse responsabilidades e solucións, hoxe en día botas unha lombriga na auga desa zona, e dá gusto ver como goza co baño, emulando a Esther Williams en "Escola de Sirenas".
Ano 1966 Ribadavia por si es caso, informovos que eso e unha anguia, SI Si e o tatara bisavo das que ten o Silvino. Ano 1968 Ribadavia
Espectacular, o pescantín tamen tera algo que ver, pero hoxe nin el pode sacalas.

8/2/09

Dedicatorias Fotografícas Orense 4

Para rematar por este fin de semana as dedicatorias.
"De Don Aníbal, para que os seus fillos, netos e demais, nunca esquezan que na vida o importante é pór a cabeza e o corazón no empeño, e que traballar duro é a mellor forma de prosperar na vida"Non vou dicir quen son os personaxes da fotografía, pero algún é bastante coñecido en Auria.

7/2/09

"Capitán Bombilla"

O Capitán.

Fotografía Seabra e Lisardo Mazaira.
Eu non o coñecín, pero falaronme en moitas ocasións del.
O seu nome real creo que era Emilio, e segundo din un desengano amoroso tivo a culpa de que unha parte da súa vida fose un pouco estrafalaria, desde logo non era bobo, se seica demasiado bo, os amigos da Ponte, recordan que en infinidade de ocasións deixábase caer polo barrio, e aínda que algún se ría del, a maioría rían co el, pero tamén é certo que fríamente, pensado, el ríase con todos, por que ao final da visita el habitualmente estaba ben comido, "ben" bebido, e con cincocentas pesetillas, para ir á Elia ou a Socorro, a esquecer os seus males.
O de Capitán viñalle do seu precioso gorro militar condecorado cunha lámpada.
Un Saúdo a ourensan@ e grazas.

Dedicatorias Fotografícas Orense 3

"Para o neno Xose Ramón, dos seús curmans na sua primeira comunión"

Gustaríame colaborar no teu traballo aportando fotos do meu colexio Marista, etapa que pasei alí dende o ano 1974 ata o 1983, 9 anos que hoxe xa con 43, dende a distancia, parécenme maravillosos.
Dúas fotos que aporto do meu álbum o teu blog, esperando podaas admitir.
Unha delas MARISTAS 1983, corresponde o curso de COU de CIENCIAS 1982-1983.
Nota: Primeiro curso académico no que se INCORPORAN AS FÉMINAS O COLEXIO MARISTAS DE OURENSE (no curso de C.O.U. xa estaban dende o ano 80, no resto dos cursos, non entraron ata o ano 82)Paso lista a todos eles, De esquerda a dereita, de arriba a baixo:
1. Vicente Rúa 2. Silvia Tejada 3. Rosa 4. Llorens 5. Bóveda 6. Ojea 7. Zabal 8. Antonio Angel 9. Franco 10. Mazaira 11. Santomé Pose 12. Cañedo 13. Luis Alberto “Allariz” 14.Castiñeiras 15. Rosa 16. Asunción 17. Pablo Simón 18.Mari Carmen 19. ?? 20. Manuela 21. Dorribo 22. Odilo Martiñá 23. Nuñez 24. Valentín 25. Manolo 26. Santi 27.Andrés 28. Pilar 29.Ucha 30.Susana 31. Jesús De la Iglesia 32. Maria Dolores 33.Villar 34. Marcos Ivo 35. Maria José 36.Viky 37. Justo 38. María Eugenia 39.Buján 40. Cesárea 41. Movilla 42. Pepi.

A segunda foto, corresponde a unhos exercícios espirituales, que vaya por Dios, asistiron os mais festeiros, era o ano 1981, en Novembro. na casa de exercicios de "Vista Hermosa".
De esquerda a dereita:
1.Antonio 2. Hermano Julio 3. Movilla 4. Lim 5. Buján 6. Michelena 7. Santamarina 8. Troncoso 9. Rodicio 10. Paz Araujo 11. Nogueira “Barullo” 12. Armesto Mantilla 13. Marcos Ivo 14. Antonio 15. V.Estévez 16. Raúl 17. Justo 18. Jesús De la Iglesia 19.Pablo Simón 20.Lugrís 21. Odilo 22. José Manuel Barreiros 23.Vicente Rúa 24. Tabarés 25.Mazaira 26. Carnero 27. Guitián 28. Andrés 29.Muñiz 30. Hermano Mayra?

Dedicatorias Fotografícas Orense 2

"Para Migueliño con motivo da sua onomastica, dos seus tios que o botan de menos e quéreno moito, para que siga sendo bo"

EQUIPO DE 1º C (BUP). SALESIANOS 1976
FILA (DE PÉ, IZDA a DCHA): CAMILO VAZQUEZ, MANUEL AGUILAR ("Manolo O Cordobés"), JUAN CARLOS CASTELO, AFONSO RODRIGUEZ ("Notita") e JOSE RAMÓN ALVAREZ ("Tío Pacheco").
FILA (AGACHADOS, IZDA a DCHA): MIGUEL ABAD, SUSO VALVERDE, PACO SARRIA, MANOLO DO MUIÑO e AFONSO BAÑOS ("Xariño").
CURIOSIDADES:
FOTO TOMADA NO ANTIGO PATIO SUPERIOR, HOXE EN DÍA REMODELADO E CUBERTO.
DENDE A Rúa SÁENZ DÍEZ PODÍASE ASISTIR os PARTIDOS EN DIRECTO.
FALTA UN XOGADOR, ISIDRO MONTOTO, QUE ESE DÍA NON PUIDO XOGAR (a súa ausencia na fotografía pode lerse na esquina inferior dereita, anotada a man).
NAS MARXES, ESTÁN ANOTADOS Os GOLES QUE MARCOU CADA XOGADOR o LONGO DO CAMPIONATO ESCOLAR.
COMO se PODE OBSERVAR, ESTE EQUIPO QUEDOU SUBCAMPIÓN; PARADOXOS DA VIDA, HOXE EN DÍA NON SE SABE QUE FORMACIÓN RESULTOU GAÑADORA NIN EXISTEN FOTOS DOS SUPOSTOS CAMPIÓNS.
CAMILO VÁZQUEZ FALECEU 6 ANOS LOGO DESTA FOTO, NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO.
O POPULAR PACO SARRIA TRABALLA EN ONDA CERO - OURENSE. SEMPRE XOGABA CUNHA CAMISETA DE PORTEIRO DO BARÇA.
As CAMISETES ERAN DE COR AZUL CELESTE E Os PANTALÓNS AZUL MARIÑO.
SUSO VALVERDE, MANOLO DO MUIÑO E MIGUEL ABAD SON HOXE EN DÍA MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA.

Radio Orense (Don Ramón Puga)

Desilusión para algúns, alegría para outros, desilusión para os que esperaban nesta entrada recordar a Don Ramón Puga e a súa inesquecible emisora (Rúa das Tendas) "Radio Orense", alegría para todos os que nestes días proporcionáronme fotografías, apoio e datos, a todos eles grazas.
Aínda que non me guste facelo, poreivos unha serie de fotografías, non tan antigas como me gustaría, pero que se que vos apetece velas.
Gozalas, e enviarme datos, se non van quedar un pouco orfas.
Agora entenderedes o de "Radio Orense", (a ver se os carrozas como eu e anteriores lembrades istes comentarios?).

Dedicatorias fotográficas Orense 1
"Para o simpático José Luís do seu avó que o quere moito adicamoslle esta preciosa imaxe cos seos amiguiños".

6/2/09

Batalla de Flores 1930 Jose (Catuta), Luyte

Luyte.
Fotografía propiedade de Jose (Catuta),LuYte. (moitas grazas)
Gozala, só uns detalles para que non os perdades.
Produtos Kodak Farmacia Román.
Fachada de festas (feira de abril, en Sevilla).
Os corceles tamén deben ser andaluces.
Esta fotografía e outras que vos mostrarei noutro intre, forman parte do albúm familiar de (LuYte).

A saida do Liceo na praza do Recreo?

Liceo.

Fotografía propiedade de Don Lisardo Mazaira, o cal teño que seguir dandolle as Grazas, pola sua impagable colaboración.
Comentario ficticio.
Aquí temos aos ilustres e doctos señores socios do Liceo nunha apracible tarde estival, organizando o traslado das súas dependencias na Praza do Recreo, rumbo á súa nova morada, naqueles momentos discutíase sobre a posibilidade de acondicionar unha zona de baño, nas novas instalacións, pero afortunadamente e posiblemente motivado polas poucas ganas de embarcarse en sisudas discusións sobre o longo da tea nos traxes de baño, decidiuse, que era mellor dedicar as instalacións a un uso máis cultural e por fortuna así foi.
Non é que vaiamos sobrados de instalacións lúdicas, á marxe de discotecas pubs e cafeterías, pero o evidente é que estamos escasos de instalacións culturais, que tal o edificio do Banco de España? .

5/2/09

A ribeira do Avia en Leiro

Fotografía tomada por Don Pastor Fabrega Santamarina

Fotos varios grupos de Maristas

Se vos apetece, facede labor de investigación, aquí tedes traballo, se me dicides quen están en cada foto, poreino con moito gusto. Podedes utilizar estas fotografías, para recordar a compañeiros que fai tempo que non vedes, e se queredes reunirvos, só tedes que expolo ao colexio.
A

B
C

D

E

F

G

H

I

J

K