Consejos y avisos

28/7/11

As festas de Santiago con retraso

Atopei este fin de semana a un dos lectores do blog, (bo a verdade é que atopeime con varios, xa que estes días é máis fácil vervos pola costa, que pola city; saúdos a Xullo Freijido, Guede, Benito etc.), e como bo pontino, amargamente queixábase de non poder estar nas festas do barrio este ano, polo menos dicíame, a entrada do blog será da ponte?.
Vino tan apesadumbrado, que logo de confesarlle que non, que a entrada programada era doutro tema, e comentarlle que eu sempre procuraba afastarme da actualidade, (pra iso están os xornalistas), comprometinme a que a seguinte seria do seu barrio.

O problema é que non tiña nada preparado, e poucos medios pra preparalo; por todo iso, aproveitando esta fotografía que me deixou Javier Torres, cumpro o meu compromiso, e deixo o comentario para outro momento.
Aínda que penso que esta fotografía ben merece que a contempledes un intre, apreciando os múltiples cambios que sufriu esta zona do barrio, e máxime pensando nos que se lle aveciñan.

Esta era a Avenida de Marín nos sesenta, en fotografía obtida por Augusto Pacheco, intentade pasar por alí e facede unha estes días, porque posiblemente nun ano ou dous o aspecto que ofreza sexa moi diferente. o meu consello e que nesto vos fixedes na beira rua da dereita, hoxe totalmente construida; e na que obteñades vos hoxe, que vos fixedes na da esquerda, xa que polo que parece esa e a que vai mudar radicalmente.  

25/7/11

Agradecemento a Poio

 Sabedes que no verán adoito ser un pouquiño máis permisivo, con certos temas, e un deles, é o de abrirlle a porta a outras zonas distintas á nosa provincia.
Hoxe síntome obrigado a darlle o meu máis sincero agradecemento aos Padres Mercedarios custodios do Mosteiro de Poio; en primeiro lugar polas facilidades que lle están dando á miña irmá Beatriz (a ela tamén lle dou as grazas, pero xa se sabe a familia?.), para que poida investigar nos magníficos fondos que alí se conservan.
E en segundo lugar, por conservar a base do seu esforzo, a biblioteca do mosteiro, é conseguir que sexa unha das mellores que hoxe en día temos en Galicia.
A orixe da biblioteca podería dicirse que é tamén o das facultades de Dereito e Medeciña de Santiago de Compostela; desde que no ano 1482 os Mercedarios se instalaron no convento de Conxo, (anteriormente habitado polas monxas Benedictinas), comezaron a formar a sua excepcional biblioteca; durante anos, acrecentaron o volume e a calidade dela, mais foi a partir de 1649, data na que conseguiron a creación das dúas facultades en Santiago, cando se envorcaron na súa ampliación, para colaborar na preparación dos estudantes que aloxaban nas súas dependencias.
En 1835, coinciden, non por casualidade, senón por causalidade dous feitos significativos: os benedictinos de Poio, teñen que abandonar o seu convento, e os Mercedarios de Conxo, o seu; a causa foi a desamortización de Mendizábal. Os Mercedarios conseguen quedar ao cargo da parroquia de Conxo, volvendo anos máis tarde ao mosteiro (aprox. 1881).
Posteriormente en 1890, os padres aceptan o seu traslado desde Conxo, ata Poio, para deixar o Mosteiro ao cargo da Mitra compostelá, que quería instalar o sanatorio psiquiátrico.

Desde ese momento a biblioteca alcanza por fin unha situación estable e segura, polo que recupera o seu esplendor, e da man dos padres, aumenta o número de volumes, e con eles a calidade da propia biblioteca. O último fito a comentar, é o que máis o relaciona co meu interese en explorar esa biblioteca, e trátase do feito de que en 1958, reciben a doazón do bibliófilo Ourensán, Don Antonio Rei Soto, formada por gran cantidade de exemplares de prensa ourensá histórica, e exemplares bibliófilos de altísima calidade que don Antonio fora recompilando en vida, coa colaboración de dona Angelita Varela.

Reitero o meu agradecemento, aos Padres Mercedarios, que na persoa do padre Jerónimo, están proporcionando todas as facilidades ao traballo da miña irmá, á que espero que Deus llo  págue, ela xa sabe que estes traballos, só contan coa remuneración do agradecemento.
A portada que vos mostro, e a postal, son da colección que a Heliotipia Hallmeyer e Gautier fixo nos anos vinte do Mosteiro  

Espero non haber tido excesivos erros neste pequeno relato da historia da biblioteca, pero algún dos datos foime imposible contrastalo debidamente, eiqui vos deixo o enlace a web do Mosteiro, que supoño que sera totalmente fiable, e penso que non contradice os meus datos.
* fixen unha pequena corrección o día 28 de xullo, por datos aportados polo padre Jeronimo, a quen de novo agradezolle a sua colaboración.  

20/7/11

Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense


Unha das ideas que teño pra estes días de descanso, e propoñeros leer estas pequenas obras de Don Miguel Ángel Gonzalez García, e si teño tempo de facer o escaneado, por descontado que alo menos una ou duas poderedelas consultar; teñen a vantaxe da brevedade, co cal e unha lectura apropiada pra calquera sitio, non e complicado imprimila, e levala a praia.
A de hoxe e a pprimeira que vos ofrezo, da serie "Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense", e a proxima intentarei que sexa da serie "Notas de patrimonio Auriense"; praque vos vaiades familiarizando con todas elas. Disfrutadea.  

Xa sabedes ata finais de Agosto, as entradas seran menos, e os días procurarei que sexan os luns e xoves. Pra calquera cousa tedes o meu mail a vosa disposición.
Pasadeo ben, se podedes.

19/7/11

As obras do viaducto ano 53~

No mes de marzo, pusenvos outra fotografía das obras do viaducto, e xa daquelas comentaba, que ia ter que revisar as entradas que falan desta magna construcción, dado que penso que algunhas teñen erros.
Nesa misma entrada, xa tiven outro erro, cando digo que debo ter unas dez fotografías do seguemento das obras, e penso que nos baixa das quince.
De comezar as obras realmente no ano 13, no que se empezo a traballar no proxecto, de seguro que non teriamos hoxe unha colección tan boa do avance das obras. Pero esa espera, que os nosos concidadans deseperou, a lo menos pra nos tivo algo bo, a fotografia foise popularizando, e a maiores das imaxes obtidas polos profesionais, que non son poucas; unense as dos afecionados, que dende os anos coarenta, floreceron de xeito exponencial, (nada semellante o de hoxe en día, que todo o mundo anda ca camara no peto; bó mais ben co mobíl con camara).
Dese grupo de imaxes e a que vos presento hoxe, feita polo pai do amigo Pastor Fabrega, mais ou menos no ano 53, a estructura metalica xa estaba rematada, e xa se via caseque todo o encofrado pra botar o cemento. 
Como xa vos dixen dende o día vinte reducirei as entradas, esperando que por fin chegue o verán; e ata mais ou menos finais de agosto, non retomaremos a frecuencia diaria, para que non nos botemos moito de menos, tentarei facer duas entradas o longo da seman, pero si vedes que algunha non sae, agardo que seades benevolentes.
Si podo os días de publicación seran os luns e xoves. Pero o meu correo estara a vosa disposición a diario. 

18/7/11

Danos colaterais

Ando estes días cos asuntos da cronica negra ourensá, pero non quero poñer de golpe tantas historias, non precisamente agradables, terremotos, suicidios, revoltas, incendios etc, os tempos non estan pra eso.
Esta fotografía puidendo incluirse nesa cronica negra, vouna salvar, xa que realmente non se trata de algo directamente relacionado co tema, senon que como digo no titulo, tratase de danos colaterais, eses que collen no medio o que lle cuadre. Nesta ocasión os perxudicados sen comelo nin bebelo como se adoita decir, foron os Irmans Maristas, na sua primeira etapa, de feito estaban estreando o seu primeiro edificio na rúa Vicente Perez, (xa todos o tedes claro, pero por si es caso, lembrade que é onde hoxe esta a Delegacion de Defensa).
O día vinte e dous  de abril do 1909, no convento de Oseira, produxeronse uns feitos traxicos que acabaron ca vida de nove persoas, a mans das forzas do orden; a causa foi un desencontro entre os veciños de Oseira (Cea), e o Bispo Illundaín. 
A historia como vos digo trataremola noutra entrada, (na rede podedes atopar moitos comentarios e referencias), hoxe somentes queria aproveitar esta fotografía que no seu día publicou a revista Vida Gallega, e mostra o estado no que quedou o primeiro colexio dos Maristas.
Logo dos lamentables feitos, os cidadans de Ourense, deciden manifestarse en apoio das victimas, e contra do Bispo, o día nove de Maio; os animos quentanse, e o que ia ser unha manifestación pacifica convirtese nunha revolta, na que os edificios relacionados co Bispo e as autoridades, pagan as consecuencias. 
O bispado foi un deles, a casa do concello e  o goberno civil, (daquelas no edificio da Deputación), outros, e de rebote tocoulle o turno o colexio dos Maristas, supoño que por dous motivos, un o de ter o seu caron, o edificio do Circulo catolico de Obreros, (onde o Bispo tivera reclutado os carpinteros que foron desmontar o baldaquino orixen de todo o conflicto), e  outro por ser o edificio, propiedade do Bispado.
Sexa como fora os cristais do colexio pagaron as culpas, (por fortuna non houbo que lamentar nas revoltas danos personais), como podese apreciar na fotografía.
A fotografía corresponde o dia vinte de maio, e ainda se pode ver que o edificio tiña os cristais rotos, e un vixiante de reten.

17/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXV)

Recibir fotografías como esta que nos envío a amiga Mª Lourdes González, é un pracer.
Por unha banda, mostran os inicios dun deporte que na cidade a pesar da indiferenza de moitos ourensáns, ten un alto nivel; se non me equivoco temos dous equipos nas primeiras divisións do país. E por outro nos permiten ver a veciños na súa época de mocidade, (algúns por desgraza xa falecidos).
Aínda encima, se como neste caso envíannola con practicamente todos os datos para catalogala, mellor que mellor.
A fotografía obtívose nun partido celebrado en novembro de 1960 no xardín do posío, (naqueles anos a "pista" do xardín era marco habitual de competicións deportivas, polo blog andan imaxes de competicións de baloncesto e creo que algunha outra de hockey tamén). E os xogadores que pousaban para un fotógrafo afeccionado, eran: de pé de esquerda a dereita, Cholo (porteiro), Perfecto Alonso Orge (Piji), Cadavid e Felipe. Debaixo, Francisco Paz, (supoño que vos soase mais como Paco Paz, porque tratase del), ao seu lado esta un xovenciño, que na imaxe vese perfectamente que non era precisamente da mesma categoría deportiva, o equipo debía de ser xa junior, ou sénior, e este cabaleiro debía de ser infantil ou como moito cadete; segundo cóntanme era tan hábil no xogo, que suplía a diferenza de idade e tamaño, cunha rapidez e habilidade abraiante, chamábase Juan, pero no mundo do hockey era Peritas.

Falta por identificar ao último integrante do equipo, se algún quere colaborar, xa sabe que estes días están habilitados os comentarios das entradas.

16/7/11

Llegue tarde

Anuncio de la Gaceta de Galicia, 30 07 1892 (Galiciana)

Empiezo a tener un problema con este tema, (otro mas); cuando me pongo a leer prensa histórica; llega un momento en el que mentalmente me transporto a esa época; en ocasiones es agradable, otras no tanto, depende del momento histórico que toque; aunque parezca extraño, hoy no estamos bien, pero hubo momentos bastante peores, (y no me refiero a los periodos de guerra precisamente), y otros manifiestamente mejores.
Bueno hoy no toca eso; el caso es que esa inmersión, ya me ha llevado a hacer el ridículo intentando localizar el concesionario de Hispano Suiza en Madrid, para informarme de los precios y modelos de ese vehículo, o a llevarme una gran desilusión por que ya no se encuentran en el mercado las Píldoras adelgazantes del doctor Henemann.
Hoy le ha tocado el turno a esta máquina de fotos, la Phoebus detective, que por precio y utilidad me interesaría tener, por lo cual me he intentado poner en contacto con el vendedor en Barcelona, enviándole las veinte pesetas en sellos de correos, a la calle de Fernando VII numero 34. Mi sorpresa es que un diligente cartero a anotado en el sobre que me devuelve, lo siguiente:

Estimado usuario, me veo en la obligación de devolverle su carta, porque si bien por mis años, aún recuerdo cuando la calle Ferrán, se llamaba Fernando VII, lo que no he podido descubrir, es si la carta tengo que entregarla en la Ferretería Reina, o en las oficinas municipales, que comparten dirección en el numero 34.

En fin que me quedado sin cámara, menos mal que me devolvieron las veinte pesetas.
No hagais mucho caso a la entrada de hoy, es sabado y la cabeza esta pensando en el finde.

15/7/11

Julio Fernandez Gonzalez, en "La Voz del Miño"

Recibín estes días a fotografía que vos mostro, enviada polo fillo do artista que vedes co microfono.
A verdade e que a miña intención era falar co amigo Daniel Bouzo, ou algún dos que sei que coñecen a nosa historia musical (teño por certo unha entrevista pendente con un deles, pero polo de agora foime imposible dispor do tempo preciso pra reunirme con él, pidolle desculpas, pero non me esquezo), pero estes días non son os milores pra mín; así que decidín facilitarvos os datos que me envia ca fotografía; como o sistema pra darme os datos foi por medio de dous mails, vou intentar xuntalos, sin modificar o contido.
O meu pai chamábase Julio Fernández González (finado fai dez anos), era fillo dos "cereiros" de Celanova con dezaseis anos veu pra Ourense, e probou fortuna no mundo da musica, (eran os anos sesenta e moitos xovenes querian emular os Beatles), así e como por outra fotografía que teño, sei que participou tamén no concurso "Microfono de Oro" en Vigo, o ano 1964, no que acadou o primeiro premio. O seguinte dato e precisamente a imaxen que vos mostro, que pertence a unha actuación sua penso que do ano 1967, na emisora "La Voz del Miño" (CES 18, da cadena de emisoras sindicales), que tiña a sua sede i escenario no edificio da Sindical no Parque de San Lazaro. (se revisades o blog xa o amigo Mazaira nos ten ensinado ese escenario, nalgunha actuación que tamén el fixo nas matinais dos domingos da Voz).
Da sua historia como cantante, desafortunadamente non teño mais datos; a miña nai que por aquel entonces era a sua noiva, lembra escoitalo pola radio, pensa que cantando algo dos Sirex. A mín gustariame que si e posible alguen nos axudara a atopar algunha grabación ou anecdota del. Sei que non e sinxelo, pero por intentalo non se perde nada.O meu pai logo fixose electricista, e montou Electricidad Julio, empresa ca que fixo montaxes de importancia na cidade. Polo seu traballo e por ser moi extrovertido tiña moitos amigos.
Algún deses amigos seguro que lembra algo, e pode axudarnos a recuperar un pouco a memoria deste cantante Ourensán. Polo pronto que revisen as suas coleccions de cassetes, por si teñen algunha xoiiña por ahí.
Tedes habilitados os comentarios as entradas por si vos e mais sinxelo aportar os datos por ese metodo; si queredes que a información que me facilitades se use, tedes que por o final, os vosos datos.

14/7/11

Novos datos da historia da fotografia en Ourense

Na presentación do libro "Achegamento a historia da fotografía en Ourense", penso que xa deixei claro, que tratabase somentes deso, dun achegamento, e que a pouco que se continuara a investigación, poderianse ampliar o elenco de fotografos, así como os datos dos que figuran xa no libro.
 Eu non garantizo nada, soo me comprometo a ir xuntando os datos, e seguir revisando revistas e periodicos na busqueda de datos, pero con calma.
Hoxe aproveitando que por casualidad, descubrín unha nova faceta dun dos mestres que estiveron entre nos, si ben neste caso son moi poucas as fotografías feitas por el que temos, (case que temos mas nas que sae el); falo do mestre Luis Casado Fernandez, Ksado. A faceta descuberta, e a de deportista; na fotografía de arriba, e marcado co numero dous, (datos extraidos da revista vida Gallega), aparece o noso personaxe, aparece na misma folla da revista, outra fotografía (abaixo) que xa coñeciamos, pero non tiñamos identificados os personaxes, e tamen aparece Ksado formando parte dun equipo de Futbol, o "Blanco y Negro", (teremos que buscar datos deste clube, ter secion de futbol e ciclista, era un esforzo que de seguro esta reflexado en mais textos).
Atopar esta fotografía, tamén dame pé, pra citar alguns dos fotografos "de paso", que no libro quedaron fora por interpretar que o seu traballo, foi efimero; si ben co paso do tempo e a aparición de novos datos, comezo a comprobar que algun deles deixou mais estela do seu paso pola cidade, que algun dos que residiron entre nos. Ese e o caso por exemplo do editor precisamente da Revista Vida Gallega Jaime Solá, quen tivo corresponsales fotograficos (Pacheco, Samaniego, Gil etc), pero nalgunha ocasion el mismo firmou o reportaje grafico que publicou na sua revista, incluso esta case que confirmado que a famosa fotografía do estudio Pacheco na que aparecen os Xesta, Ksado e José Pacheco, foi obra sua.
"De paso", citaremos tamén a José Saliquet, Manuel Chicharro, Pelai Más, e todos os enviados polas editoras de postales, Hauser, Thomas etc .
Pra non aburriros co tema, citar unicamente, que a lista de profesionais que por eiqui andaron, sumando os das vilas, transeuntes identificados, e poñendo como tope os anos 60, a dia de hoxe pasa dos "150"
 As fotografias son do ano 1910, e foron publicadas na revista Vida Gallega, nunha reportaxe sobre A festa da caridade que nese ano organizou o F.C. Blanco y Negro, o autor ainda que non o pon, pensamos que foi o editor Jaime Solá. No equipo de futbol, Luis Ksado e o do bigotiño, sentado de segundo.

13/7/11

Crónica Negra de Ourense III (ampliación de Arturo R. Vispo)

Si ayer se estrenaba el amigo Fernando Valcarcel, hoy lo hace otro buen amigo, Arturo R. Vispo. Hace tiempo que ando detras de él para que nos regale una entrada, pero hasta hoy no se habia decidido.
La entrada del otro día sobre el desastre de Allariz en 1902, que el tenia bien documentada, por fin lo hizo decidirse.
Me gustaria que lo tomara como costumbre, incluso estoy dispuesto a ofrecerle el puesto de corresponsal del blog en Allariz (eso si cobrando lo mismo que yo). Aprovechando su presencia hoy en el blog, ya os aviso que durante el mes de septiembre espero que podamos disfrutar de un trabajo que lleva tiempo madurando, y en ese mes espero que vea la luz, estad atentos a finales de Agosto, que os mantendre informados; de momento no os dare pistas, le reservo a el ese privilegio.
Aqui os dejo los datos que me envia, y que de verdad le agradezco.

 Amigo Rafa:

En relación con la entrada de 05/07/11 relativa a la catástrofe de San Salvador de Piñeiro te adjunto fotos fresquitas de la `portada de la iglesia, hoy incrustada en el lateral sur de la de San Pedro de Allariz, en pleno centro de la villa, así como del monolito que se erigió en recuerdo de las víctimas.
Asimismo y a continuación te amplio alguna información sobre el suceso y algunos detalles que difieren, aunque de forma insustancial, con la versión que cuelgas en el blog, aportados por Puga Brau y Cid Rumbao, los dos grandes historiadores de Allariz.
El rayo, a decir de Cid Rumbao en su Historia de Allariz: Villa y Corte Románica, penetró por la sacristía* y por detrás de los seis sacerdotes que concelebraban, que salvaron sus vidas por el aislamiento que le proporcionaba la seda de sus correspondientes casullas, saliendo por la fachada. Fallecieron 13 hombres y 12 mujeres, con más de 40 heridos con graves quemaduras, y los muertos no lo fueron carbonizados sino por "asfixia blanca", esto es por un cambio brusco de la temperatura corporal. El entierro de las víctimas con participación de numerosísimos vecinos de Ourense, fue multitudinario, presidido por el gobernador civil, el obispo y don Valentín Lamas Carvajal. La cuestación popular llevada a cabo en toda España y promocionada en todas las revistas del país, se inició con la aportación de 3000 ptas del obispo y 5000 del rey Alfonso XII, y de tal forma exitosa que sacó de la miseria a muchas de las familias de las víctimas, y todavía alcanzó para erigir el monolito al que hacia referencia líneas atrás y cuyo texto dice:
LA CARIDAD ERIJIO (sic) ESTE MODESTO MONUMENTO A LA MEMORIA DE LAS VICTIMAS DE LA CATASTROFE OCURRIDA EL 24 DE JUNIO DE 1902.

La capilla de San Salvador de Piñeiro, de estilo románico, fue derribada sin motivo alguno en los primeros meses de 1922, apropiandose los vecinos de la piedra para su ultilización en cierres colindantes, salvandose la portada gracias a la intervención de Francisco Conde Valvís, quien llevó a cabo su traslado a la iglesia de San Pedro para utilizarla como solución a la cicatriz que había dejado la demolición de la capilla lateral de los Aranda en un anterior atentado arquitectónico. Y allí sigue, aunque, como se aprecia en las fotos, tapiada y pintarrajeada por los vándalos de turno*

* El dato de la entrada del rayo, que aportan Puga Brau y Cid Rumbao, fue una de las teorias que los diarios de la época barajaron, si bien con el paso de los días, tomo cuerpo, la de que habia entrado por el techo, como probaba la rotura de la cruz, y la piedra que la sustentaba, de todas formas como bien dice Arturo, no es un dato relevante.
* Teneis que perdonarme que no me pudiera contener al ver el estado en que los vandalos tienen la puerta en su ubicación actual, y me permitiera hacer una limpieza en la primera imagen que me remitio Arturo, en la última pueden apreciarse las salvajes pintadas a las que se refiere Arturo.

12/7/11

Columnas anunciadoras (Fernando Valcárcel)

Fotografia da coleccion de postais do diario La Región (fotografo Pacheco)

O amigo e socio do A.v.O. Fernando Valcarcel, estrenase como colaborador do blog; xa levaba un tempo facendo colaboracions do AvO, co periodico Ourense por Barrios, e por fin decidiuse a facelo co blog, doulle as grazas, e supoño que vos tamén llo agradeceredes, o fin e o cabo el e un especialista da historia, non un afecionado coma mín.
As columnas anunciadoras 

No ano 1911, o industrial domiciliado en Vigo, Luis Hylass Quintana, solicítalle ao Alcalde de Ourense a instalación de tres columnas anunciadoras. As columnas, consistían nunhas pezas artísticas de fundición onde se publicitaban aqueles acontecementos relevante que ían acontecer na nosa cidade. Deste xeito, a chegada do circo, as corridas de touros ou, o estreo dun filme eras citas obrigadas dignas de publicitarse nestes elegantes soportes.
Atopabánse en tres puntos da cidade, lugares estratexicamente elexidos por ser zona de paso de un gran número de personas, así, había unha na rúa Luis Espada (actual tramo da rúa do Paseo entre o parque de S. Lázaro e a rúa Concordia), outra na de San Miguel, e outra na rúa Pereira (hoxe Avda. de Pontevedra).
En 1931 sae a concurso a fabricación de un lote de “carteleras”, algunhas de un pé (semellantes ás columnas), e, outras de dous. Realizan ofertas os industriais locais D. Manuel Malingre Lamas e D. Rogelio Fernández. Descoñecendo que resultou adxudicatario, as “carteleras”, colócanse nas seguintes prazas da cidade: Maior, Saco e Arce, do Ferro, San Marcial, das Mercedes, Santa Eufemia e tamén fronte á casa Romero, segundo testemuña a documentación gráfica da época.

11/7/11

O Estudio do Artista

Esta e unha das poucas fotografías que poderedes atopar no blog, sin ter relación ningunha que eu saiba, ca nosa cidade.
Pero o certo e que non poiden evitalo; estes días que por motivos laborais estou mais encerrado, pero teño mais tempo (seica e unha contradicción, pero eche o que hai), estou revisando na rede, a prensa historica que a Biblioteca Nacional, o CSBGa, e moitas entidades publicas ou privadas permiten revisar por este metodo, aproveito pra darlle as grazas, por facer ese traballo pra todos os que gustamos deses temas.
Nesa revisión, atopei na Revista do Ateneo de Madrid, esta fermosisima fotografía dun estudio de comezos do seculo XX, e supoño que coincidiredes conmigo, en que e unha xoia.
Os diferentes escenarios xa montados na espera do cliente, tanto o que ten aires de grandeza e quere ser retratado no trono, como o grupo de amigas que desea inmortalizar as suas tertulias de cafe e pastas; todos tiñan satisfación os seus desexos no estudio do fotografo, ata o impenitente cazador que non sabia como se collia a escopeta, podia retratarse ca pel do oso que cazara nos seus viaxes a terras inhospitas.
Era a maxia da fotografía, hoxe o photo shop, certo que facilita e multiplica por .... as posibilidades, pero no me diredes que un pouco do encanto que tiñan esas fantasias, non se perdeu co cambio. 

10/7/11

Fermosa publicidade

Creo que xa nalgunha ocasión coménteivos, que na rede atópanse algunhas xoias, que aos que como eu gozamos vendo obxectos e imaxes do pasado encántannos.

A marca Nestlé, é das que poden presumir de ter unha longa historia e formar parte da vida das últimas xeracións. O Pelargon, A Leiteira, Os cubitos Maggi, o chocolate, e un longo etc. de produtos que están na mente de todos nós, pertencen á historia desta marca.
Aquí déixovos o enlace á súa páxina, na que podedes ver o estupendo álbum de Nestlé, ademais de gozar con anuncios publicitarios impresos, e ata radiofónicos.

Eu durante esta tempada de verán, ensinareivos algún dos anuncios que fun conseguindo, e pola súa orixinalidade, ou beleza creo que debemos recordar.
 No blog, xa tedes algunha cosiña dentro da etiqueta "publicidade", pero o certo é que levaba un tempo case esquecido.

9/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXIV)

Outra das imaxes que nos deixaron durante a Exposición, reflexa un momento complicado na historia do noso pais; folgas manifestacions, protestas; andaban os animos un pouquiño "alterados".
A necesidade de cambios, fixo que a xente comezara a sair as rúas, pra expresar as suas demandas. Na decada dos setenta e sobretodo os últimos anos, chegou a ser algo habitual; o comezo do curso nas universidades era o momento mais alxido, porque aó permanente descontento das clases traballadoras, unianse as demandas dos estudantes, co cal caseque todo o mundo estaba convocado a manifestarse nas rúas.
As autoridades indefectiblemente enviaban os membros da Policia Nacional, a sofocar as protestas, e si quero supoñer, que as instruccions que levaban era de tentar dispersar a xente de xeito pacifico, o certo e que o normal era que eso non fora posible, e acabasese con moita frecuencia as carreras e escoitando os disparos das balas de goma,das suas escopetas.
Eu daquelas era un rapaz, polo que a vision personal que tiña do tema, era eso, a dun rapaz que non se entera de moito, (ainda hoxe sigo sin enterarme de moitas cousas, ou millor dito, non son quen de comprendelas) e incluso tomaba a coña estos incidentes tan serios e decisivos pra o devenir da nosa historia.
Lembro una tarde de setembro, do setenta e seis ou setenta e sete, que me pillou a manifa na Rúa de Santo Domingo, botei a correr, e o chegar onde esta a paqueteria Renol, onde empezan os soportais da Praza do Ferro metinme nun portal que tiña a porta (non sei se hoxe seguira sendo asi, teño que fixarme...), das que se habrian en duas pezas, a de arriba e a de abaixo; o caso e que o entrar pechei a porta de abaixo, pero non fixen o mesmo ca de arriba; eu estaba alí agochado, cando o cabo dun momento, vexo entrar pola parte darriba una señora, que ainda hoxe non sei como foi capaz de facelo, era pequeniña, e os oitenta ainda nos os teria, pero pouco lle debia faltar, o certo e que veume moi ben a sua compaña, xa que pouco despois botou un ollo pola porta un policia e o ver a sra. conmigo, dixolle o compañeiro, "na, una abuela con el nieto", e marcharon, deixamos pasar un tempo, e saimos tranquilos, pero ainda hoxe lembro o salto que pegou a pobre da velliña.
A fotografia deixounola o amigo Emiliano Rodriguez.

8/7/11

A Porta da Burga ???


Cada día comprendo mellor a satisfacción que sente un buscador de tesouros cando atopa aínda que só sexa unha nova pista que o conduza cara ao seu obxectivo.

No meu caso e como afeccionado, conténtome co que creo son simples suposicións e posiblemente erróneas; pero mentres non aparezan novos datos, quero pensar que é correcto.
Xa sabemos que a nosa cidade tivo algo parecido a unhas portas que "gardaban" aos seus habitantes de perigos do exterior, desde logo nada que ver coa de Alcalá, nin a de Brandenburgo, ou outras xoias da arquitectura, que por aí andan, pero para a cidade eran as súas portas.
A da Aíra, da que se conservan catro "pedruscos", é a mellor documentada; ata temos un debuxo no Arquivo Histórico, de como era na súa totalidade. Do resto que eu saiba, a localización aproximada e pouco máis; algunhas para terminar de complicar o tema, ata se sabe que cambiaron de localización durante a súa vida.
Hoxe falamos dunha desas portas da cidade; a da Burga.

Precisamente é unha das que se comenta que tivo varias localizacións, (a outra é a que se supón estivo na entrada da rúa San Miguel, cando esta comezaba na deputación), hai quen a sitúa en metade da rúa Burgas, (a que baixa desde a Barreira), e hai quen di que estaba xusto á beira da Burga de arriba, outros din que xusto no muro da Burga e outros.....
Algún día atopáranse datos que confirmen se tivo todas esas localizacións, ou se foi menos viaxeira; eu humildemente no canto de arranxalo, vou botar máis leña ao lume.
No muro que vedes na fotografía (conseguida polo amigo Javier Torres), pertencente á leira dos Taboada Tundidor; por certo eu xa non o recordo, pero unha das miñas principais fontes de información, comentoume, que as últimas usuarias eran Josefa e Amalia Varela Taboada, ás que non era difícil atopalas gozando do bo tempo, naquel verxel; e que cre recordar que os Taboada Tundidor nun tempo foron propietarios legais do Mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, (haberá que confirmalo).

Xa me puxen a divagar, volvendo ao tema, nese muro se vos fixades na ampliación que vos mostro debaixo, pódese ver o que aparentemente podería ser unha columna, e en fronte non se aprecia que houbese outra en correspondencia, polo cal, non podería ser unha parte da Porta da Burga.???.
Opinade vos.

 

7/7/11

As Historias Menores da Catedral

Como vos dixen fai unhs días, e logo de facer as probas pertinentes, dandovos de paso as grazas polos vosos mails, confirmando que funcionaba ben o enlace. Vou tentar acercarvos a colección de textos que Don Miguel Ángel Gonzalez García, leva desde fai moito tempo escribindo.
Polo de agora, presenteivos con iste dos exeplares, da serie "Historias menores de la Catedral- Basilica de San Martín"; pero intentarei mostrarvos tamén as das outras series, "Aportaciones para la historia del Obispado de Ourense" y "Notas de Patrimonio Auriense".
Eu penso que ben poidera reunilos todos nun libro, que de seguro que a moitos nos ia interesar, pero polo de agora, prefire seguir con este formato, de pequeno caderno; e por fortuna pra mín, deixame compartilos con todos vos. Eu encantado, xa que lle da un toque de profesionalidade o blog.
Non podo decirvos cal sera a cadencia da publicacion destes textos, xa que depende do tempo do que dispoña pra facer o escaneado, pero un ou dous o mes intentarei poder achegarvos.
Pra ver o libro, fai clic eiqui

6/7/11

No tren a Galicia

 Como vedes, o meu é falar da actualidade a touro pasado, e salvo en contadas ocasións os meus comentarios levan un certo atraso, neste caso dependerá do lugar desde onde se lea a entrada, se é desde o destino vacacional, vou con atraso, se é desde a residencia habitual, poida que aínda chegue a tempo.

Atopei estes días na hemeroteca dixital do Ministerio de Cultura, este anuncio publicitario das liñas de ferrocarril de 1882. E coido que vos gustase velo. Non ten desperdicio, comezando polo trazado, e terminando pola duración da viaxe, todo fáillenos estraño; por non entrar en comparacións co que será no futuro o desexado AVE.
A barreira da Canda e o Padornelo, que sempre foi un encordio, non deixa pasar, pero tampouco dá lugar a montar unha estación de esquí, vai ser que a natureza ten erros (é broma, que non se enfade ninguén).
Bo o caso é que desde sempre foi un complicado paso, para as vías de comunicación galegas; naqueles tempos, a decisión supoño que a máis económica, á conta da duración da viaxe, foi evitar o seu paso, desviando a liña cara ao centro de Portugal, para despois subir toda a costa Atlántica cara Galicia.
Iso provocaba que o viaxeciño fóra de 34 horas como podedes ver na publicidade; posiblemente se podías tomalo con calma fose unha viaxe preciosa en canto a paisaxes, e se podías viaxar en 1ª clase seguramente que ata puideses gozalo, os de terceira naqueles asentos de madeira, non creo que dixesen o mesmo, pero "eche o que haí".
Esta liña supoño que xa coñecida polos amigos de Carrileiros, foi das primeiras que chegaron á nosa cidade, de feito polas datas comprobaredes que a estación que utilizaban ata polo menos o 1885 foi a do Ribeiriño; de feito agora que o penso, os meus escasos coñecementos sobre o tema levábanme a crer que o Ribeiriño só tiña conexión con Vigo, e agora descubro que xa recibía viaxeiros desde a capital do Reino, e desde as grandes cidades de Portugal.

5/7/11

Crónica negra de Ourense III "Mal Raio"

 Fotografias da Revista Actualidad Española de 1902,  fotografo José pacheco, dalgunha mostrase litografia

O 24 de Xuño de 1902, na igrexa de San Salvador de Piñeiro, Allariz, produciuse unha das peores catástrofes que figuran nas crónicas Ourensás.

Os días anteriores caracterizáronse pola sufocante calor, e as típicas tormentas de verán que sufrimos por estas terras. Na mañá dese día (ás 10,30), a maioría dos habitantes do pobo asistían aos funerais dun veciño, cando a tormenta, que pouco antes comezara, descargou un fenomenal raio, que penetrando pola cruz da igrexa, que partiu en dúas e arrincou a pedra onde se apoiaba, contan que "chegou a dar dúas voltas ao templo, saíndo posteriormente pola fiestra da sancristía". Aínda que nun primeiro momento as noticias falaban dun derrubamento producido polo raio, finalmente descubriuse, que os únicos culpables do desastre, foran a descarga eléctrica e o pavor provocado entre os concorrentes. O balance final fala de 25 vítimas mortais, e 108 feridos, algúns de gravidade; polo seguimento da prensa da época, cremos que por fortuna o número de falecidos non aumentou nos días seguintes.
Segundo parece o feito de atoparse as portas pechadas para protexerse da tormenta, fixo que a desesperación dos veciños agravase o fatídico resultado final, os forenses que logo de liquidar os moitos problemas orixinados pola dor do pobo, (que inicialmente negabase a permitirlles realizar o seu traballo), puideron certificar que os falecidos directamente pola acción do raio, foran doce, e o resto sería por aplastamento e/ou asfixia, o cal dá unha idea das terroríficas escenas que se viviron no interior o templo.
A desgraza se cabe puido ser aínda maior, dado que ao desprazarse as autoridades e forzas de socorro á veciña localidade, no medio da espectacular tormenta que durante todo o día continuo descargando na zona, a saraiba, e a continua caída de raios, nun momento segundo contan, obrigou a protexerse aos membros da comitiva debaixo dos vehículos.
As mostras de apoio e solidariedade foron continuas, desde todos os puntos de España, e os moitos do estranxeiro onde chego a noticia, facéndose colectas para socorrer aos damnificados. Como foi o caso dunha familia con nove fillos menores, que perdeu na catástrofe ao pai.

Pidodesculpas pola malisima calidade das imaxes, pero e que non dín atopado outras mellores. Sintóo.

4/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXIII)

Esta fotografía da Avenida das Caldas, xa sin a pequena ponte do ferrocarril que a cruzaba por riba, foi a primeira que nos deixou a filla do mestre Augusto Pacheco. Ester Guedes de Castro.
Tanto a ela como ao seu irmán Augusto (o meu vello mestre), reiterolle o meu agradecemento e o de todos os integrantes do Arquivo visual Ourensán, por compartir esas xoias que ainda atesora a familia.
A fotografía en sí, recolle unha escena habitual naqueles anos, (como podedes ler na propia imaxen pola anotación feita polo propio Augusto Pacheco data do 1960), de nenos tranquilamente xogando polo medio da rúa, sin medo o trafico, este era tan pouco, que a convivencia cos rapaces, levabase ben, Algunha colleja de cando en vez, pero non soia pasar deso. Claro que os tres da fotografía, eran uns privilexiados, (de non ser que o meu pai me enganara que todo pode ser), ver xuntas tres bicicletas daquelas non era o normal, o mais habitual era ver tres rapaces ollando como un disfrutaba da "bicicleta".
En canto a rúa, pouco se pode decir, algun dos edificios que se ven, ainda seguen en pe (algún totalmente remozado, e os outros a punto de caer), e a pesares de que outros caeron, o feito de ter limitadas as alturas, fai que non sexa moi radical a mudanza. 

3/7/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXII)

Enviounos o amigo Alberto Camba, esta fotografía de grupo, na que saen varios ourensans que no ano 1934 estaban a cumprir ca obriga do Servicio Militar.
Neste caso polo que nos contan da fotografía, tiveron fortuna cando se sorteu o cupo, xa que foron destinados o Ferrol, daquelas non era sinxelo quedar preto da casa; e dado que nas opcions figuraban os protectorados do norte de Africa (que xa non andaban moi tranquilos), mais felicidade ainda.
O Servicio, ou a Mili, que eran os nomes que se lle daba, tiña desde o meu punto de vista, a lo menos unha cousa boa: os quintos, de tanto pasalas "canutas", comezaban relacions de amizade e camaraderia que perduraban no tempo. 
Agora que o penso, tamen fomentaba a narrativa do pais, cantos non lembrades os nosos avos e/o pais, ca aquela letania: Cando eu fixen a mili en......
Bromas a parte, aquelas historias depende de quen as conte, poderian ser boas ou malas, hoxe persoalmente penso que dun xeito loxico, o exercito e profesional, e os seus integrantes persoas que voluntariamente deciden seguir ese camiño.  

2/7/11

OnT. nos medios (Ourense por Barrios V)

A partires desta entrega (04-2010) da revista Ourense por Barrios, comezaron a colaborar, varios membros do Arquivo visual ourensán; a deste mes correspondeu a Candido Ventím. Eiqui vos deixo o texto orixinal, por el remitido.

Rúa da Estrela 

A Rua da Estrela , foi em tempos umha das portas de entrada a cidade, conhecida antigamente como Postigo de Sam Francisco, ainda que daquelas as gentes do comum pugérom-lhe um nome menos poético como foi o de Quebra Cus. Tinha o conjunto o encanto do pequeno, o de estar feito a medida do homem, estaba configurada com umha arquitectura popular rematada num pradinho na parte mais alta, desde onde podíamos desfrutar de umha das melhores vistas “aéreas” da parte antiga da cidade. A rua toda cheia ela de escaleiras intermináveis poderia fazermos fantasiar com a bíblica Escada de Jacob, posto que no remate, o cruzeiro que ali houvo permitia-nos fazer um descanso, para poder continuar o caminho, isso si algo mais levadeiro que o “descanso eterno” que se nos oferece se seguimos uns metros mais arriba cara ao cemitério de Sam Francisco.
No ano 1985 as escavadoras derom passo a edificios mais modernos, alterando o espaço, tanto nos volumes como nas alturas ao feito anteriormente. O cruzeiro foi trasladado frente o Albergue de Peregrinos e do verde pradinho fica somente o recordo, as vistas sem embargo seguem ali, para quem as saiba apreciar.
Arquivo Visual Ourensan
Fotografo: C. Ventim
Ano da foto: 1981

1/7/11

Dona Ángela Santamarina (Angelita Varela)

 Fotografía da web Do colexio Santo Ángel 

Ángela Santamarina Alduncín. (Angelita Varela)

Nacida no Tandil, (Bos Aires, Arxentina) en xaneiro de 1863, era filla de Ramón Santamarina Valcárcel (ourensán de nacemento), e María Ángela de Alduncín Gaspuy, quedou orfa de nai aos tres anos de idade, e o seu pai decidiu confiala xunto aos seus irmáns ao coidado da súa tía Dolores Santamarina na nosa cidade.
Dolores había estado casada con Rafael Vidal, con quen tivo o seu único fillo Alejandro Vidal Santamarina; enviuvou e posteriormente contraeu novo matrimonio con Antonio Varela Bahamonde; de aquí vén o apelido adoptado por Angelita.
Aínda que os seus irmáns decidiron retornar á Arxentina, onde tiveron algún deles un papel moi importante na historia do país; Angelita decidiu continuar en Ourense coa súa tía.
Emparentou coa familia Temes, polo seu matrimonio co fidalgo Isidoro Temes e Sáenz de quen enviuvou no 1918.
Fíxose cos títulos nobiliarios de Marquesa de Atalaya Bermeja, (por rehabilitación propia en 1924), e o de Condesa do Valle de Oselle, (por rehabilitación da súa tía Dolores, en 1920 quen llo cedeu), Hoxe en día non fose posible, pero naqueles tempos era perfectamente legal.

A boa posición económica que o seu pai facilítolle, permitiu que desde o primeiro momento Angelita colaborase coa gran maioría de obras de caridade que se lle propuñan, seguindo o exemplo da súa tía Dolores; así mesmo a súa disposición a colaborar coa cidade era tal, que os visitantes ilustres que se achegaban por Ourense, habitualmente eran aloxados na súa casa. Como recoñecemento a estas obras, foi nomeada presidenta de honra da Cruz Vermella Española, e condecorada coa Gran Cruz de Beneficencia (Ano 1926).
Ao mesmo tempo, seguindo os consellos do seu confesor Antonio Rey Soto, financiou múltiples obras culturais; a máis destacada, foi posibilitar que o propio Rey Soto reunise unha fantástica biblioteca, a cal aínda que inicialmente ía ter como depositaria á nosa cidade, (concretamente o edificio que foi vivenda de dona Angelita na intersección de Santo Domingo coa rúa do Alba, era a función para a que se destinaba), diversos problemas e desencontros, fixeron que terminase enriquecendo a biblioteca dos Mercedarios en Poio.

Sen ánimo de crítica, gustaríame mencionar o inxusta que é ás veces a historia, vendo que é máis fácil atopar comentarios sobre a anécdota de que a diario lle levaban unha vaca desde as súas leiras no Couto, ata a súa casa en Santo domingo, para ser ordeñada; que sobre a gran achega que fixo á cidade facilitando a creación da fundación Santamarina-Temes, xestora do complexo do Santo Anxo (financiado por ela na súa totalidade), e cedéndolle a esta todas as súas propiedades, (entre as que se atopan a mellor colección de pezas de cerámica de Sargadelos, obras pictóricas de gran valor, xoias etc.).

Faleceu Dona Ángela Santamarina, na nosa cidade o 5 de Xullo de 1956

Na próxima entrada falaremos dos obxectivos da fundación
Fotografía propiedade de Ester Pacheco, feita polo seu pai Augusto Pacheco