Obra
Consejos y avisos
28/8/08
Rúa Valle Inclan (1956) O colexio novo
Fotografía do arquivo dos Irmáns Maristas
No seu regreso á cidade no 54, os Irmáns Maristas, viñan coa idea de establecerse de forma definitiva, para iso instaláronse provisionalmente na rúa Pereira 5 antigo sanatorio do doutor Pol Piñeiro (pódese ver noutra fotografía).
O seu colexio novo, foi unha gran obra na cidade, na foto pode observarse, o método utilizado, para subir as pedras, se recheo de terra a rúa, para poder reducir a altura; loxicamente, a rúa non existía neses momentos.
Nota
En datas próximas, comezarán as celebracións do centenario da chegada, dos irmáns, e o cincuentenario da apertura do novo colexio.
Etiquetas:
Os Maristas,
Rúas
25/8/08
O Primeiro museo arqueolóxico
Contaba don Jose Adrio, o que podería ser a creación do primeiro museo arqueolóxico de Ourense.
"Veamos: Vivía en la entonces Rúa de los Zapateros (hoy calle de la Paz) una doncella huérfana de padres, recastada de andaluz y galiciana.
Llamábanle D.ª Inés González de la Fondela, la que, al cuidado de antigua sirvienta, especie de dueña dolorida, atendía a sus menesteres con la abundosa renta de unos olivares de la provincia de Jaén.
Virtuosa por condición y educada dentro de la moral más rígida, poseía la muchacha extraordinaria agudeza; y si bien rebasaba los cinco lustros, hubiérase catalogado como real moza de no atenuarlo sus andares ligeramente patizambos, herencia de su ilustre progenitor.
Nuestra Inés, con sus ribetes de instruída, era coleccionadora de bargueños, almireces, palmatorias y coturnos, preciosidades que guardaba en el desván de su casa, en compañía de un chinela de Cleopatra, un alzacuello de Prisciliano y un gorro de dormir, en buen uso, que había pertenecido a su sobrino Viriato. ¡ Quién creyera que con todos esos objetos y algunos más, hallados en las tenebrosidades de una bodega de la casa número 7 de la calle de Eirociña, había de formarse el primer Museo Arqueológico Orensano el año 1837! ¡Misterios insondables¡......."
Que sorte tiveron os creadores da comisión provincial de monumentos de atopar todo este material xa á súa disposición, soamente coa peza de Viriato xa se tería escusa para unha exposición.
Etiquetas:
Contos da Cibdade
18/8/08
Overland 4 (1920)
Se alguén sabe quen era o distribuidor na cidade gustaríame sabelo, eu supoño que por catalogo, venderíano na "Chevrolet" (crux Hospicio con Paz Novoa), ou polo menos darianche a asistencia mecánica.
Etiquetas:
Publicidade
O monte do Seminario
Seminario
Aquí temos outra vista da ponte romana, cunha peculiaridade, se mirades ao fondo notaredes a ausencia dun edificio singular, si, o seminario aínda non era sequera un proxecto, o que si estaba era a cheminea da eléctrica. Xa non quero dicir nada da estrada que á vista, non é precisamente unha marabilla, agora ben os amigos de Os Peares, e os demais veciños desa zona considerarano un mal menor, xa o dicían os devanceiros, "Perdóolle o mal que me fai, polo ben que me sabe"
Etiquetas:
Pontes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)