Consejos y avisos

31/1/11

Fotografos no Barco de Valdeorras

Nos últimos tempos, leeime cos fotógrafos da cidade, descoidando os das vilas e pobos da provincia. Non me comprometo a facilitarvos todos os datos, pero se polo menos, os que puiden descubrir cos meus limitados medios. Estoume referindo, aos Chao, (Ribadavia), Godas (Carballiño), Álvarez (Celanova), e un longo etcétera, que con calma iremos mencionando.
Hoxe tócalle a quenda, aos profesionais que realizaron o seu traballo no Barco de Valdeorras, ou no Barco, como queirades chamarlle.

Como en todas as zonas da provincia, os inicios foron protagonizados polos fotógrafos itinerantes, dado que non era sinxelo rendibilizar naqueles tempos o investimento necesario para montar estudos fixos. Por iso comezamos esta aventura, ao redor das últimas décadas, do XIX.
Os primeiros nomes, son realmente suposicións, pero que cremos con certo fundamento. Nomeariamos nesta época, a Pedro Varela e F.Prieto, quenes con base na cidade de Ourense, sabemos que se desprazaban habitualmente en procura de clientes; estes dous cabaleiros, penso que se lles ha de ter en conta, á hora de buscar material fotográfico, en calquera zona da Provincia. Seguidamente e con mais visos de comprobación, citaremos aos irmáns Garita, polo menos Pablo e Hermógenes, teñen moitas opcións de ser os artistas que retrataron ás familias Barquenses, a súa estancia moitos anos en Trives, facilitaríao. E para terminar este grupo dos posibles, e como nexo de unión, citaremos a dous dos profesionais dos que se existen probas do seu paso polo Barco, trátase de Conrado Tome, e José Pacheco, polas fotografías que se coñecen, poderiamos datar o seu paso pola vila cara ao ano 1889, data na que traballaban en sociedade.

O primeiro de quen temos constancia do seu establecemento fixo na vila, é don Eugenio de Puga García, fundador do "Bazar del Siglo", quen realizo a edición de cartóns postais como a que vos mostro hoxe. Polos datos que temos, a súa dedicación á fotografía non o era de forma profesional, senón máis ben como afección; é por iso, que á marxe das fotografías que deron lugar ás postais, non coñecemos produción de retrato de estudo.
De quen se podemos asegurar era fotógrafo de estudo, era do Segoviano Martín Gómez García, que abriu o seu estudo na rúa da estación, Don Martín viu o seu labor continuado polo seu fillo Joaquín, con quen a parte da fotografía uníalle a profesión de pianista, a cal no caso de Joaquín, relaciónalle tamén cos primeiros momentos do cine no Barco, xa que el era quen no salón "García Valle", amenizaba as exhibicións cinematográficas co seu piano.

Intentarei facer unha segunda entrada, para non facer esta demasiado longa; faltan por citar, nomes como Pedro Tertuliano Hervella, Blanco Pascual, Manuel Barrio, Rufino, e posiblemente bastantes máis que descoñezo.
recomendovos que leades o libro de DOCAMPO, Gustavo. Cen anos de O Barco nas fotos, Concello de O Barco 1990, nel tedes unha fermoaa recompilación de fotografía e moitisimos datos de interese..

30/1/11

El Museo Universal

O pasado fin de semana, fáleivos da revista "La Ilustración Española y Americana" e da revista "Blanco y negro". Nun dos casos cite esta publicación "El Museo Universal". Pero só de pasada. Creo que en xustiza tamén terei que presentala no blog. A pesar de non contar con datos que avalen a posible participación de conveciños nosos, nela, o feito de ser a precursora destas outras publicacións, é motivo máis que suficiente.

O 15 de xaneiro de 1857, na imprenta de Gaspar e Roig de Madrid (Príncipe 4), comeza a publicación de iste "periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles...", como rezaba na súa cabeceira. Foi o seu director, nos primeiros anos, don Nemesio Fernández Cuesta, (1857-1864), o editor era Don José Gaspar, home de amplísima cultura e con gran inquietude pola arte; o impresor era o seu amigo Fernando Roig.
A lista de debuxantes, e escritores, foi moi extensa, citaremos entre os primeiros, a Ortego, Daniel Urrabieta e Capuz, e entre os escritores: Fernández Cuesta, Pedro Antonio de Alarcón, Emilio Castelar, José Zorrilla, Gustavo Adolfo Bécquer etc., (case que...).
Realmente a revista, non desapareceu no 1869, senón que foi adquirida por don Abelardo de Carlos, e transfórmoa na "Ilustración Española y Americana"

Faltaría outra entrada, que falase da que verdadeiramente foi a primeira revista ilustrada, "La ilustración" (1849-1857), pero será outro día.

29/1/11

La Lechera

Atopei este anuncio de prensa, nun exemplar do diario La Región, do ano 1925, xa daquelas a xente era un poco lambona, e gustaballe chupar do bote, (non ten segundas intencions a frase, así que que ninguen se me enfurruñe...).
A verdade e que o velo, chamoume a atención, que na lata non se vira por ningures a marca que eu asocio con ese articulo, "Nestle", (xa que a cito a ver si a lo menos mandan un boteciño de mostra, pra devolver o favor). Pra sair de dudas, busquei na rede datos pra ver cal era o motivo, e cain na paxina da compañia, na que se explica a historia da marca e o producto.
Eu non volo vou contar, o que si fago e poñeros o enlace, pra que vos mesmos lle fagades unha visita. Se buscades ben na web, poderedes facervos unha copia de bastante calidade, do albúm de cromos que os nosos pais (ou avos), xuntaron de nenos.
 se vos fixades e unha zoa da web oficial, pero e que e a que interesa.

28/1/11

Sanatorio Pol Piñeiro

Por fortuna onde non chego eu, algún de vos xa leva un ratiño alí. Non fai moito tempo buscando axuda pra unha lectora, pusenvos a fotografía que tedes abaixo, daquelas deciavos que poidera ser a que ela supuña que era onde viviron os seus antepasados, e penso que pode seguir sendo posible.
O que si podo decirvos con seguridade, grazas o amigo Francisco Espino, e que esa casa ubicada na esquina de Celso Emilio Ferreiro con Cardeal Quevedo, foi a clinica do doutor Pol Piñeiro; ata o ano 54, o doutor tivo a sua clinica, na rúa Pereira 5, como xa vos comentei en mas dunha ocasión, o local que el deixou, ocuparonno os irmans Maristas no seu retorno, mentras se facia o colexio de Bedoia.
Na publicidade da epoca, na que sae a fotografía superior, a dirección que cita e na rúa Progreso, que era onde tiña a sua consulta o doutor, e penso que tamén era onde vivia, pero este caserón, estaba na esquina citada, daquelas carretera da Lonia.
Agradeceriavos que leerades outra vez a entrada anterior, por si podedes botar unha mán na busqueda de información. Pra que non teñades que buscala, poñovos eiqui o enlace. Clik eiqui
Con esta entrada, como se di habitualmente, damoslle o Cesar o que e do Cesar, e xa que tiven a imperdoable osadia de discutirlle o amigo Francisco Espino, o dato, agora doulle a razón, a proxima vez antes de correxilo, tereino que pensar moi ben.
   

27/1/11

Ourense in illo tempore (Manuel Outeiriño)

Despois de moito tempo agardando por unha colaboración pra o blog, do amigo Manuel, por fin chegou, e ainda por riba quedamos en que non ia ser a unica.
Xa sei que el non o vai recoñecer, pero e a verdade, no de escribir, non oso facerlle sequera sombra, pero el sabe que noutros campos, non me da o nivel, "sempre me quedara o futbolín".
Grazas Manolo. 
"Nesta imaxe aérea, vemos o Miño, libre aínda da dictadura estética dos comisionistas. Calquera das tres pontes, mesmo a do tren, sobriamente funcional, son máis fremosas que as que logo lle botaron por riba ó río. Ata chegar o culmen da que chamaron “ponte do milenio” que, pretendendo exhibir tensores de arquitectura funcionalista, quere dicir, amosando un aquel de sobriedade técnica, adubiouse cunha pasarela innecesaria, cun ornato que é contradictio in terminis. Amais, os banzos dese pendello son altísimos e fan tan difícil subir coma baixar por alí. Esa ponte, de gasto desmesurado, foi o culmen da dictadura estética do comisionista. Foi algo así como participar da estética trangalleira da Expo 92 con case una década de retraso. Porén, dez anos non son tempo ningún para os comisionistas. A chamada ponte do milenio tivo repercusión na estética municipal, deu pé o primeiro cartel das festas apaisado e, amais, feito por una axencia de publicidade e non por un artista. Ourense entrou no milenio perdendo a verticalidade estética, someténdose como é de rigor, cando goberna que goberna, á subsunción real, e non xa formal, da estética no capital. Sobre isto o noso vello Fredric Jameson no libro The Cultural Turn (1998), no ensaio Culture and the Finance Capital.


Ourense,sí, ó pé do Miño, é nesta foto una morea de liñas e manchas difícil de estruturar. Faime pensar nunha das célebres reflexións de Rudolf Arnheim sobre a fotografía, a titulada “A melancolía sen forma”, que debe andar polos Ensaios sobre a psicoloxía da arte ou, de non ser así, polos novos ensaios sobre a psicoloxía da arte.

Alén de non podernos deslindar nesta vista as distintas parroquias da cidade, quere dicir, alén da melancolía sen forma, está o poder do conxunto, o poder de representa-lo todo nesta cidade de ausentes e emigrantes. Esta tráeme á cabeza as palabras finais da Nota sobre a dialéctica de Herbert Marcuse, que podedes ler en galego no número 34 d´A trabe de Ouro, onde se di que “o todo é o real, e o todo é falso”. Efectivamente o todo desta vista é real, mais tamén falso como ha comprobar calquera que se poña a buscar o xardín dou pousío ou o vello instituto. Excusado é dicir que lle debo á Ourense o non desentenderme da idea do todo, como fan os especialistas eses que en Oxford son quen de escribir una tese sobre os xenitais das pulgas femias, como nos indicou hai pouco Terry Eagleton nun seu libro que lle mangou o título a unha película: "o sentido da vida". Aquí era onde tiñamos que chegar: esta vista aérea representa para min gran parte do sentido da vida."

26/1/11

O tanatorio

A decir verdad, esta entrada esta guardada no meu ordenador, xa fai mais dun ano, faltaballe o texto. E que non sei a vos, pero a mín estes temas non e que me motiven precisamente, pode que teña algo que ver cun periodo da miña vida en terras lonxanas???.
O caso, e que a casualidade, fixo que caera nas miñas mans, un libriño de lexislación sanitaria, escrito polo doutor Becares ("inspector de sanidad de la provincia de Orense por oposición"), ala polo ano 1916, no que ao meu modo de entender, marcouse a normativa que basicamente rixe na actualidade, algun detalle ten de aqueles anos,pero na sua maior parte, penso  que a lexislación actual, en pouco pode diferir.
Transcribo un parrafo, pra que vexades que as formas xa eran case que as actuais, refirese ostraslados o cemiterio, do falecido.
"... sin mas altos o paradas en la marcha que los indispensables para que descansen los individuos que conducen el cad..., (si éste es llevado a hombros, como sucede en casi todos los pueblos de España) o para no fatigar a los que acompañan, si es llevado en coches o carros funebres, prohibiendo las paradas delante de las iglesias para rezar responsos, y que vayan destapados los ataudes."
Da fotografía poucos datos hai que dar, no seu momento se fixeron os pavillons do hospital, e varios anexos, inclusa, edificio admistrativo, capela, este tanatorio, e algún mais, hoxe non sei cales quedan, eso sí remozados, pra dar servicio os universitarios.

25/1/11

Instituto 40-41

De agasallo de nadal, recibin esta magnifica fotografía dos rapaces do Instituto no curso 1940-41.
Nela aparecen homes, daquelas case nenos, que co paso de tempo, creceron, e nalgun caso destacaron na sua actividade.
A fotografía enviouma J.M.Perez Vazquez, e xa ten identificados a varios dos persoaxes: José Perez Rodriguez, Vicente Ferrer, Jose Angel Valente do Casar, Alberto Meijide,... e eiqui rematan os datos que xa ten, eu atreveriame a añadir dous sen poder aseguralo, Andres Iglesias Iglesias (alumno) e Joaquin Saura (Mestre de Lengua Española), José Manuel dime que intentara darme mais datos, e a mín gustariame poder darlle pola nosa banda algun mais, pra que o seu pai poda confirmalos. 
Entre todos, a ver si foramos capaces de facelo, tedes o meu mail a vosa disposición.

24/1/11

Os Bordini

Conseguiu o amigo Lisardo Mazaira, que don Pablo Gonzalez, deixaralle unhas vellas fotografías, e entre elas viña esta.
Fai unhos aniños, cando eu era un neno, o circo visitaba de xeito habitual a nosa cidade, O Mundial, O Americano, e outro que me impactou, que non sei se lembraredes, "Sorcar" o circo maxico da India, do gran mago Protul Chandra Sorcar, (ainda teño na memoria un numero cunhos tigres, e a sua xarra de auga, que botaba auga de maneira continua toda a función sen chegar a quedar baleira), pero deixarei pra outro día e cando atope algunha imaxen, falar do entrañable e espectacular mundo do circo.
A maiores do circo, teño dous recordos na cabeza de este tipo de actuacions, que siguen ahí como se foran imaxes recentes, unha penso que xa falamos dela, e foi a visita da gran Pinito del Oro, que facia os seus equilibrios no trapecio, o ritmo da canción de Sandie Shaw, "Puppet on a string", non sei como se traduce, pero pra nos era Moneca de farrapos (Muñeca de trapo). O outro, e a visita desta familia de funambulistas italianos, que a lo menos en duas ocasions viñeron mostrar o seu fabulos espectaculo; nunha ocasion, na Alameda, e a outra, a cal corresponde a fotografía, na Praza Maior. Eran os ultimos anos 60, comezos dos 70, e daquelas soo podiamos ver cousas semellantes de cando en vez na primeira das duas cadenas de TV, que tiñamos.
O ruxido daquela motocicleta, no alto da corda, e a falta de rede, facian que o público vivira un momento de tensión, que no meu caso quedou grabado ata hoxe, despois facian carreiras pola corda, como se estiveran pola rúa do Paseo, sen darlle importancia, pero xa non era tan espectacular; co paso dos anos, entereime, que realmente o complicado eran os paseos ca pertiga, xa que a moto levaba uns contrapesos que facilitaban a sua estabilidade (de feito o patriarca da familia seica faleceu nunha caida de sesenta metros mentras facia unha pasada pola corda), pero pra mín que era un neno o da moto era o millor.
Teño que enterarme, se continuan os descendentes traballando no espectaculo, pero sexa como fora, doulle un aplauso polos bos momentos que pasei vendo a suas peripecias. Gracias Bordini.
Xa estaba a entrada feita, e tiven un oco, pra buscar datos na rede. Non sei se hoxe ainda traballan, atopei datos das suas actuacion ata o ano 2006, co cal e posible que ainda sigan traballando; o que si atopei, foi a informacion do desgraciado accidente que sufriron no Barco de Valdeorras na sua actuación o ano 1981. Daquelas tres dos integrantes da troupe, caeron do cable facendo o numero da motocicleta, e eu que pensaba que era o mais seguro dos que facian. Queda claro que se xogaban a vida por gañar uns cartos, e darnos o seu publico unhas emocions, que nalgun caso ainda estan vivas na memoria. Por certo, non cobraban entrada, o publico daballes a voluntade. 

23/1/11

Blanco y Negro

Tirando do fio da entrada de onte, hoxe toca falar desta outra fantastica publicación, que dende o ano 1891, (estivo sen publicarse, do ano 39 ó 57), ata hoxe, figura na oferta dos lectores deste pais. Cos cambios loxicos que conlleva unha existencia tan longa; que a levaron incluso a mudar a cabecera hoxe e XL semanal.
Os seus fundadores, Torcuato Luca de Tena e Álvarez Osorio, foron 12 anos despois, os creadores do ABC.
Neste caso ainda que os grabados tamén formaban parte da revista, xa os medios tecnicos tiñan evolucionado e as fotografías eran habituais nas suas páxinas. Incluso o ano 1912 publican a primeira fotografía en color da prensa española.
Colaboradores desta publicación, e con nexos ca nosa cidade, temos que citar, a José Pacheco, José Samaniego, Leopoldo Iglesías (Villar Foto), Luis Xesta, e como dixen na entrada de onte, pode ser que aparezan mais profesionais que poideran estar nesta relación, pero sera preciso, un mais exhaustivo estudo do tema.


22/1/11

La Ilustración Española y Americana

O ano 1869  a revista "el Museo Universal", cesa na sua publicación; e un oco que a cultura nacional non pode permitir que exista, e así e como Don Abelardo de Carlos y Almansa, funda en Madrid, ese mismo ano, a revista "La Ilustración Española y Americana".
O obxetivo da publicación era a divulgación cultural, ciencias, arte, literatura, etc, todas as ramas tiñan cabida na revista. O rasgo mais caracteristico da publicación, era a gran profusion de ilustracions, que acompañaban as novas.
A segunda metade do XIX, contou tanto a nivel nacional como internacional con variadas publicacions similares, tal era a necesidade do publico por achegarse a cultura. Na Francia, leiase Le Monde Illustré, e Italia contaba co La Illustrazione; a nivel nacional tra la senda desta publicación, xurdiron unhas cantas semellantes, "La Ilustración Gallega y Asturiana", "la Ilustración Iberica", "La ilustración de Madrid" etc.
Naquela epoca, que a fotografía ainda era un embrión, e xa era complicado obter as imaxes, lonxe quedaba pensar en facer una publicación impresa con elas. Habria que agardar ata 1895 pra que apareceran as primeiras fotografias na publicación.
A revista tiña ilustradores, que non dubidaba en enviar a cubrir os eventos, pero en moitas ocasions era imposible, polo cal contaba con profesionais da fotografia de toda España, que en caso necesario podian obter a instantaneas que despois servirian de modelo pra facer a ilustración.
Con esta publicación, temos referencias da colaboración dalgun profesional dos que estiveron relacionados ca nosa cidade, son os casos de Patricio Bocconi, (pai de Aquillis), e de Gervasio A. Montenegro, nos primeiros anos, e de José Pacheco, nos comezos do seculo XX. (e moi posible que revisando a publicación, podanse atopar referencia a mais profesionais relacionados ca nosa cidade, pero polo de agora, estes foron os que puiden contrastar).  
 A revista desapareceu no ano 1921 sendo o seu director o fillo de Don Abelardo, que no 1881  habiase feito cargo da publicación.

20/1/11

A caseta do Legoeiro

Esta casiña que vedes na fotografía, hoxe esta irreconocible; reformouse fai unhos anos, e fai o servicio de Oficiña de turismo. A ubicación, e perfecta pra desempeñar esa misión, xa que e verdaderamente comodo pra os turistas que nos visitan, poder acceder a información, xusto nun dos puntos mais visitados da cidade, (certo e que nas Burgas tamén estan ubicado outro punto de información, co cal non se poden queixar das facilidades que lle damos na cidade).
Non me atrevo a aseguralo, pero penso que esa casiña apareceu o lado da Ponte, ala polo ano 1839; cando se retiraron as torres defensivas do seu emplazamento, (o final da guerra Carlista, deixabaas sen utilidade, e o que si supuñan daquelas, era un obstaculo pra circulacion). O mesmo que hoxe nas carreteras deixase unha zona de Conservación, daquelas fixoselle unha casa o Legoeiro, ou Legoeiros que se encargaban de manter o estado da Ponte.
O millor e preciso recuperar a figura do Legoeiro, a fin de que se vixie, o estado da construcción, somentes con que se ocupara de eliminar a vexetación dos muros, xa seria algo interesante.

19/1/11

Besteiro (por Amador Rego Villar-Amor)

O amigo Amador, tiña, e ten, unhas cantas colaboracions pendentes con este blog; os seus amplos coñecementos da historia da nosa cidade, fanno imprescindible, no intento de non perder moitas das vivencias non escritas, que axudan a recompoñer esta historia.
Hoxe e ven moi ben o fio da entrada de onte, decidiuse a aportar datos sobre un dos profesores que tivemos no Instituto, e que a historia non fixo xusticia con el, de feito teño que recoñecer, que ata que o amigo Amador mo nombrou, fai xa mais dun ano, non había escoitado falar del. Hoxe en día, os datos que teño recollidos sobre este persoeiro, fanmo asimilar a outro home pouco lembrado en Ourense, Don Juan Manuel Amor Pereira. Pero deixemos que sexa o amigo Amador, quen nos fale de: 

Julian  Besteiro Fernandez

"Quiero destacar que a finales del siglo XIX, tambien fúe catedratico en el Instituto de Orense, Don Julían Besteiro Fernández, este hombre nació en Santa Maria de Franquian (El Corgo- Lugo). Con pocos días sus padres se marcharon para Madrid, alli lo inscriben como nacido en Madrid. 
Estudia en la Escuela  Laica, gana las oposiciones a la catedra de Psicologia Lógica y Filosofia moral, para institutos. Por Real Orden de 26-3-1897 es destinado a Orense. pasa a tener los mismos problemas que su antecesor en el cargo, con el obispo Pascual Carrascosa y Gabaldón.
Por Real Orden de 14-12-1898, es trasladado a Toledo, y allí conoce a su esposa Dolores Cebrian Fernandez y se casan en 1912.
Realiza estudios en las universidades de Berlín, Munich y Leipzig. Gana las oposiciones de Logica fundamental, para la Universidad de Madrid. Ocupa importantes cargos en la UGT y PSOE, de 1914 a 1925, renuncia luego a ellos.
Con la llegada de la 2ª Republica, es nombrado Presidente de Las Cortes de 1931 a 1933. Estalla la guerra civil, algo que el pronostico, y renuncia a abandonar Madrid, dice quedarse con los suyos, y que la suerte de ellos sea la suya.
Es una de las figuras mas populares y respetadas de la 2ª Republica, pero a pesar de ello es el mas olvidado de la última experiencia republicana. Cuando termina la guerra es detenido, juzgado y condenado a muerte, conmutada la pena por 30 años de prisión.
Muere en la carcel de Carmona, en condiciones infrahumanas, el 27 de septiembre de 1940.
Este hombre que habiendo sido un hombre justo y honrado, al igual que otros, las urgentes leyes de los vencedores, hicieron que lo sentaran injustamente, en el banquillo de los culpables.
                          Ourense, Amador Rego Villar amor 17 de Enero de 2011

18/1/11

O Instituto


Logo de moito tempo, a semana pasada, tiven oportunidade de visitar as instalacións do Instituto Otero Pedrayo. Para ser sinceros, o que tiven foi a fortuna de coincidir co seu director, Don Luís Fernández, na inauguración da exposición de Mani Moretón, "eidética", e grazas á súa amabilidade, puiden ver a colección de pinturas que atesoura o centro, e ao mesmo tempo recordar as miñas andanzas polo centro fai xa ...

Noutras ocasións, xa se falou deste centro do saber neste blog, e en todas, referinme a el, como: O Instituto, ou o Otero Pedrayo.
A risco de cometer algún erro, debido á falta de medios para confirmar os meus datos, hoxe querería exporvos, os nomes polos que se coñeceu este edificio, e as institucións que nalgún momento ocuparon as súas instalacións. (se tedes algún dato que se puidese engadir, agradeceríavos comunicásedesmo vía mail).
Imos obviar os primeiros pasos desta institución como tal, que nos obrigarían a remontarnos ao 1 de novembro de 1845, data na que abre as súas portas na actual rúa Lamas Carvajal.

Polo cal atopámonos xa no 4 de outubro de 1897, data na que se inician as clases nas novas instalacións de rúa Padre Feijoo.
No momento da súa apertura, denominouse Centro Provincial de Instrución Pública, debido a que acollía, ao mesmo tempo que as aulas do instituto; A Escola Provincial de Artes e Oficios, a Biblioteca Provincial, e as salas da Comisión Provincial de monumentos históricos e artísticos de Orense. A modo de anécdota, comentarvos, que aínda hoxe en día, na entrada que existe pola rúa García Mosquera, poden observarse os rótulos que no seu día indicaban, onde estaba cada un destas institucións, ao entrar á dereita, a comisión, e á esquerda o Museo Arqueoloxico. A planta superior desta fachada, ocupábana a Biblioteca, e a Escola de Artes e Oficios.


O resto do edificio, (a maior parte), ocupábaa o que nun principio, denominouse: Instituto Técnico de Orense, posteriormente Instituto Nacional de Ensino Medio; nas súas instalacións estivo tamén (non sei se existe actualmente), o In.Ga.B a d. (instituto galego de bacharelato a distancia), e hoxe supoño que será o I.E.S. Otero Pedrayo. Sen esquecer que na cidade foi coñecido durante, posiblemente o período máis longo da súa historia, como o Instituto Feminino.
As laminas que acompañan o texto, pertencen a unha lamina de grabados da revista La Ilustración Española y Americana.
Pra profundizar no tema, tedes o libro  de Don Enrique Bande, e Carlos Taín "El Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Orense"

17/1/11

Gulias??

Non ides atopar esta fachada na cidade, por moito que a busquedes, por "extrano que poda parecer", esa casa caeu xa fai unhos vinte aniños (mais ou menos).
Os que a lembran, pensan que a construcción era obra do arquitecto Gulias, e non teñen a razón, pero tampouco estan equivocados. (como me gusta decir cousas sen sentido).
Explicome, a casa cando se fixo, non era mais que o baixo, e a primeira planta, como todas as que habia nesa zona da rúa (Estrada de Trives, fronte o parque das Mercedes), o lado estaban a panaderia, e a carboneria, e moi pretiño, a casa Romasanta, que xa saiu nunha fotografia do blog, (nela viviron os Maristas cando deixaron a casa da rua San Miguel). 
Non sabemos quen foi o arquitecto que firmou a obra; existe a posibilidade de que nin siquera intervira ningún; o que si sabemos, e que andando o tempo, o propietario decidiu darlle tres alturas maís a casa, (de paso así podia facer un reparto mais equitativo da herencia entre as suas fillas, xa que quedaba unha planta pra cada unha). Esa reforma do edificio, si que foi obra do Arquitecto Vazquez Gulias, realmente non e complicado detectar a sua mán na obra, fixandose na estetica das galerias da fachada.
En contra tamén do que algún lembra, a casa non tuvo que caer pra facer a apertura da rúa Valle Inclán, ese oco deixaronno as duas casas que estaban o lado, a carboneria, e a panaderia, (non lembro se xa esta no blog unha fotrografia de Augusto Pacheco na que se ven as duas).
Grazas a un bo amigo, podo decirvos quen eran os últimos habitantes desa fermosa casa: no baixo estaba a sastreria, de Varela, (que o amigo Arturo R. Vispo, desvelara algún dia cantos Varelas habia....), no primeiro os Del Rio, no segundo o secretario da Deputación, Don Silverio, no terceiro Don Nemesio Barja, e no atico a unica filla do propietario que habitaba no edificio, Dona Herminia. 
Por sorte ainda se pode ver unha galeria similar de Gulías, na casa da farmacia Taboada Allú no Progreso, fronte a estatua do San Rosendo.   

16/1/11

Sergio Pazos, Politicamente incorrecto.

Xaneiro, domingo, tarde, como non apareza un sol do c......, non se me "escurre" millor maneira de pasar o tempo que rindo un ratiño, lendo esta obra que o chofer de Antonio Alcantara (Cuentame....), tivo a ben brindarnos. 
A Sergio Pazos, xa o coñecedes; o habitual, e velo na pantalla do televisor, mesmo repartindo caixas de cervexas, que entrando nunha farmacia, ou  emulando os Men in Black; tampouco e extrano velo pola cidade, (menos do desexado, pero algunha "noite" ainda se lle pode ver); o que e algo excepcional e poder ler un libro escrito por el.
Non me atrevo a facer una critica da obra, non e o meu; o que si me atrevo, e a recomendarvos a sua lectura, se non me equivoco idelo pasar ben.
Falando de pasalo ben; a presentación do libro de Sergio, fixose no clube El Cercano. e asegurovos, que foi un rato moi divertido, xa non polos comentarios do autor, e os canticos dos Burgas Beat (por problemas de espacio soo estaban dous dos compoñentes, pero como sempre espectaculares), senon que o mestre de ceremonias, Don Ramón, sempre consigue algun caldiño, (nesta ocasion precisamente penso que tamén habia do de pita),  pero os que el consigue son eses do Ribeiro, que tan ben abren o apetito.

Por certo, non sei que me contaron dun porco dun amigo del, que segun parece deu a vida, por nos, e vaiselle facer unha homaxe o xoves que ven. Por respeto o amigo, non o porco, habera que ir ver si o sacrificio pagou a pena.

No caso de que non vos guste o libro e pra que non vos arrepintades da sua compra, o amigo Sergio de seguro que vos ofrece outras moitas utilidades. Non tedes unha mesa que coxea?, pois .......,

15/1/11

Centro Cultural da Deputación

Non podo decir que sea o primeiro libro do ano 2011, xa que se presentou a finais do ano pasado. O que si podo decir e que se trata dun libro que recolle a "vida", dun edificio.
 Tolos coma mín, asignamoslle as cousas, capacidades reservadas habitualmente o ser humano; pero realmente, non e mais que un xeito de falar; quen fai que un edificio teña vida, e a xente que o visita, que o utiliza, que o coida; "eles" o unico que fan e dar acubillo a quen o solicita.
Neste caso o Centro cultural da Deputación, ou Edificio Simeón, como ainda lle chaman moitos ourensans, foi testigo dun periodo moi longo da nosa recente historia. Tal e como ten grabado no seu frontal, desde o ano 1897, forma parte da fisonomia da nosa cidade, (ainda que o proxecto ten data do 1894). Tivo diversas ocupacions, comezou como almacen dun dos mais importantes comerciantes que tivemos, Simeón García, o bo facer deste emprendedor, fixo que o que nun primeiro momento, eran simples anotacions de pago no futuro, e custodia de cuartos dos seus clientes, que depositaban nesta empresa a sua total confianza. Levaran a empresa a convertirse nun banco; e así o edificio do almacen, deu paso as oficinas do Banco Simeón.
 Vou deixar o pasado eiqui, que o tedes moito millor contado no libro. Grazas ao saber de Don Pablo Ferro, (director do arquivo historico provincial)

O libro ten unha segunda parte, que conta todas as reformas que houbo que levar a cabo, e baixo a dirección do Estudio de arquitectura dos Suances, deron lugar as magnificas instalacions, que hoxe estan a disposición de todolos ourensans.
Finalmente fai un repaso, da aportación que pra Cultura na cidade, supuso e supon este edificio, que conta ca excelente dirección de Paco Gonzalez, quen coordina as diferentes seccions do edificio, biblioteca, coleccion de trens, formación, etc.
Pero millor que o leades vos, de seguro que vos vai gustar.
Aproveito pra felicitar a Ana Malingre, polo gran traballo realizado pra lograr sacar adiante unha obra deste tipo; que o implicar a tanta xente, sempre supón unha dificultade engadida. E de paso ao Arquivo visual Ourensán, que ainda que pequena, tamén fixo a sua aportación na obra. 

14/1/11

Samaniego Fotografo*


 Esta foi unha das primeiras entradas da sección "Vixiantes do pasado" no blog. Non a busquedes, xa que o facer esta estouna sustituindo. Sabedes que non e habitual que no blog se eliminen  entradas, son mais proclive a correxilas, pero nesta ocasión tomeime esta libertade
O motivo?.... Pois certamente non e soamente, eliminar unha das moitas malas entradas que teño feito o largo destes xa mais de tres anos; senon que gustariame aproveitar pra dar as grazas a todos os que visitades o blog, e as veces enviadesme mails, pra facilitarme fotografías e información, na maioria dos casos de moito interese.
Froito desa axuda, os poucos puiden ir recompilando unha información ao redor da historia da fotografía na nosa cidade penso que caseque descoñecida para a maioria de nos.
Iluso como son, tentei compartir eses datos con todos vos, cunha serie de entradas, que ainda podedes ver no blog, baixo o titulo de Pequena Historia da fotografia en Ourense; o certo e que decateime, de que ese metodo, non era o mais axeitado pra divulgar eses datos. Por varios motivos: serian textos moi longos, as fotografías poucas, e o blog trata de moitos e variados temas, polo cal non quisen que un solo destacara sobre o resto.
Imos deixar por hoxe esta explicación, adiantandovos, que si non ocurre ningún inconvinte, en breve poderedes ver todos eses datos, grazas os socios do Arquivo visual ourensán (A.v.O).

Lembrade que esta e a primeira* entrada na que falo do mestre  Samaniego

José Samaniego
Naceu en Baza (Granada), o ano 1888, sendo moi noviño, supomos que veu pra Galicia, e presumiblemente a zona de Castrelo, onde pensamos que era a sua nai. 

Entorno o 1914, casou con Eduarda Conde Vigo (de Celanova), e  tempo despois (1921), temos constancia de que traballaba nun estudio, na rúa do Alba 13, (Actual Alejandro Outeiriño), estudio que abrira con anterioridade o mestre Pablo Garita.
Samaniego conseguiu facerse un oco na sociedade Ourensá, froito do seu bo facer, e  o seu espiritu, inquieto, que lle facia indagar noutros campos, así e como termina facendose cargo das exhibicions cinematograficas do Liceo, sustituindo o sr. Barbagelatta, e recibindo encargos da prensa nacional, pra cubrir os eventos que ocurrian na nosa cidade, (as imaxes que tedes na entrada, pertencen a revista Blanco y Negro, e son obra de José Samaniego). Tamén consta a sua dedicación á pintura, e a sua capacidade pra formar no arte fotografíco, a outros profesionais, como e o caso contrastado, de Leopoldo Iglesias Lopez.  
Os datos que temos actualmente confirman a sua presencia en Ourense, ata o ano 1925, se ben existen moitas dubidas, sobre se non se trasladaria un tempo cara A Coruña; o ultimo dato da sua presencia en Galicia, e o da marcha o día dous de Outubro do 1930, cara a Hollywood; pero esa e outra "Hestorea".
Outro día revisarei a segunda entrada que fixen deste mestre, pero non ten excesivos erros, podedela ver facendo clic Preme eiqui
Grazas de novo a Marilo Borrajo pola súa colaboración
E a David Paz Novoa, polos datos aportados, e correccions feitas os meus moitos erros.
*Entrada corregida de la publicada el 18-10-2008

13/1/11

Breve historia dos Maristas III

Levaba tempo pendente a continuación da breve historia dos maristas na cidade, e nestes días tiven tempo pra lembralo.
Eiqui tedes a terceira entrega; pra ver o capitulo anterior preme eiqui.
Pasadas as penalidades da gripe do 1918, o colexio retoma a sua actividade, de volta ao edificio de Vicente Perez, (hoxe Paseo). Son momentos felices pra o colexio, o numero de alumnos, vai en constante aumento, e as 9instalcions vanse quedando pequenas. A chegada do Bispo Cerviño no 1921 , (quen viña sustituir o Bispo Illundaín, debido o seu traslado a Sevilla), significou a concesión por parte do novo prelado, da utilización do edificio adxacente, o Circulo Catolico de Obreros, (hoxe no seu lugar esta o Banco de Santander, no blog tedes unha fotografia dese vello edificio preme eiqui, algún día que teña tempo, poreivos os datos relativos a estes dous edificios, que fun conseguindo nos últimos tempos; xa que existe certa confusión entre o que era o Circulo Catolico, o Refuxio do Sagrado Corazón, e o noviciado do Divino Maestro).
Deses anos temos novas tamen dos centros abertos nas vilas de Ribadavia e Carballiño, que contribuiron en gran medida, a aumentar o prestixio da comunidade Marista. 
Esa tranquilidade comezou a perigrar, no ano 1928; o bispado, propietario das instalacions, estaba necesitado de cuartos pra facer arranxos na Catedral, e unhas reformas, polo cal a curia presiona, pra conseguir que se cobre un alquiler os irmáns Maristas.
O convenio suscrito no seu día co Bispo Illundaín, non recollia esa posibilidade, xa que a unica obriga dos irmáns, era manter as clases gratuitas pra nenos necesitados, como así se facia. O litigio foise extendendo no tempo, ata que finalmente o ano 1932; os superiores da comunidade, deciden marchar da cidade; supomos que o ambiente politico do momento, tampouco favorecia a tranquilidade da comunidad, así que esa dolorosa decisión foi tomada.
Durante 22 anos, a cidade non contou ca presencia dos Irmáns Marista.
O ano 1954, un grupo de ex-alumnos, ca axuda do Colexio Maristas de Vigo e do irmán Vicente Lorenzo, conseguiron o retorno dos Irmáns. O proceso levou o seu tempo, e o principal escollo, era a falta de local; os promotores do regreso, estudiaron varias opcions, pero non era doado atopar un local axeitado.
Seguiremos no proximo capitulo ca busqueda do local, que o final foi o da avda. de Pontevedra.
Poñemos a continuación o nome da maioria dos exalumnos que colaboraron no retorno, a sabiendas, de que pode ser que falte algun.
Ricardo Martín Esperanza, Camilo Quelle, Manuel Diéguez Barreira, Ovidio Feijoo Feijoo, Luis-Ramón Blanco Merino, José Rodriguez de Dios, Eduardo Valencia, Rafael Chao Iglesias, Rafael Vázquez Rodríguez, Virgilio López Cid, Andrés, Cao Fernández.....  

12/1/11

Os Magos do 2011

Na entrada do luns, desexábavos que os reis magos, fosen xenerosos con todos vós. Despois quédeime pensando, e díxenme: ¡Xa verás como algún non tivo a mesma sorte que eu!
Por iso decidín compartir os meus, e se algún o necesita, non teño inconvinte en prestarllos, para que os goce o mesmo que eu.
Inclúo tamén a fotografía da xoiería Sierra no ano 1958, só a titulo ilustrativo, para que outro ano os meus fillos saiban onde acudir; estou seguro que o amigo Fernando atenderaos con exquisita amabilidade.
Non sei se vós gustáran, pero a mín asegúrovos que me encantan.
O reloxo marca Low Cost Time (LCT), valorado en 5 €urazos, adquirido posiblemente nunha das moitas tendas asiáticas das que gozamos na cidade, (tanto a valoración como o lugar de adquisición, son suposicións, non tiven o mal gusto de preguntar). É para min motivo de orgullo e satisfacción; fixarvos que conseguiron cumprir o meu desexo de ter un reloxo de ouro, facendo gala dunha gran habilidade para administrar os fondos existentes en Tesourería, (podendo así empregar o excedente, en cousas máis útiles, por ex. As copas da noite de fin de ano).
O máis sorprendente é que o magnífico reloxo, non deixou de funcionar desde o día seis, que as súas maxestades deixáronmo baixo a árbore.
Non esperedes verme con el no pulso; pero é que me dá medo perdelo, ou que algún desaprensivo róubemo.
O outro agasallo, que vos mostro no vídeo, de verdade que me ten emocionado. Non me digades que non é un pracer ter cerca algo ou alguén que che dea a razón en todo o que lle preguntes.
Seguro que algún mal pensado compárao con algún político, por iso de dicir que se a todo, e facer o que lle dá a gana ao final; pero prefiro que non mesturedes a miña felicidade por estes estupendos agasallos, coa política, que iso é outra cousa.
Se algún sente a necesidade de gozalos, que mo pida por mail, e preguntareille ao meu segundo agasallo. Se podo, ou non podo; como seguro que me contesta que se ás dúas cousas, esperaremos a que se decida.


11/1/11

Os Blanco Cicerón en Ourense


Nestes días aproveite para terminar un traballo sobre a fotografía en Ourense, e revisando documentación, deime conta, de que aínda non falara no blog, de Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez.
Os amantes da fotografía antiga, coñecen sobradamente a este ilustre personaxe, e incluso saben da súa familia, que son os responsables, de que non se perdera ningunha das xoias que don Ricardo foi rescatando o longo da sua vida. Desde logo non me atrevo a facervos unha biografía deste Tudense, a quen posiblemente coñecesen os meus antepasados (da rama Pontevedresa); con algún deles coinciden moitos datos, avogado de profesión, alcalde de Tuy etc. Limitareime a comentar a sua relación coa nosa cidade.
Grazas a persoas como Don Ricardo, podemos a día de hoxe, gozar de obxectos, imaxes e textos, que posiblemente estaban condenados á súa desaparición. É o caso dunhas pezas de bronce, que no seu día formaran parte dun retablo da nosa catedral, e que segundo nos contan Belén Sáenz-Chas Díaz e Fernando Acuña Castroviejo, (Catalogo da exposición "Olladas dunha época", Fotografías do Fondo Blanco Cicerón), foron recuperadas dunha quincallería.
Non é difícil supor unha relación polo menos profesional, se non, de amizade con Don Marcelo Macías, co que compartía a paixón pola numismática; os dous foron grandes coleccionistas, e expertos na materia. Podemos supor que esa relación, vísese favorecida en parte pola presenza do seu fillo Tomas Blanco Cicerón García na nosa cidade, onde segundo consta no padrón de 1924, residía coa súa muller, a súa cuñada e a súa filla Herminia.
A garantía de seriedade, que achegaba Don Marcelo, posiblemente fose tamén un dos alicientes, para que o selo empregado durante o século XV no Concello de Allariz, fóra entregado á custodia do noso Museo arqueolóxico.
O marxe destes valiosos obxectos doados por Don Ricardo á nosa cidade, forman parte da súa colección fotográfica, algunhas xoias, que posiblemente sexan das primeiras imaxes obtidas da nosa cidade; é o caso dunha imaxe datada en 1890, da nosa Ponte Vella.

Para ampliar información, podedes facer unha visita ao Museo do Pobo Galego, onde conservan a colección doada pola familia Castroviejo Blanco-Cicerón. Tamén vos recomendo a lectura do catalogo da exposición "Olladas dunha Época, publicado en 2009 pola Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego, con textos dos citados anteriormente Belén Sáenz-Chas e Fernando Acuña; e os de María Reis Camiña Castro.

10/1/11

O Progreso


Comeza un novo ano para o blog, e xa van catro.
Espero que os Reis foran xenerosos con todos vós, e así polo menos achades tido unha alegría entre tantas noticias nefastas e desagradables, que nos brinda a actualidade.
Para comezar o ano, e aproveitando o nome da principal arteria da cidade, gustaríame expresar o meu desexo, de que este ano, sexa o do Progreso.
Progreso que nos permita saír da situación na que actualmente nos atopamos; e non me refiro unicamente á mala situación económica, senón a todos os aspectos (educación, valores etc.), que nos últimos anos foron decaindo, e en gran xeito tamén inflúen en que nos resulte complicado saír desta, tan mala situación.
Pero imos deixar ese tema; non é obxectivo deste blog, tratar temas de actualidade, senón recordar temas do pasado, que se cadra son útiles, para evitar erros no futuro.
A fotografía de hoxe mostra "a Estrada". Proxectada en 1803, para unir Vigo e Villacastín; nos primeiros anos de existencia, era un polvoriento camiño de terra, embarrado durante case que todo o inverno chuvioso da cidade, a pesar diso, aos poucos foise convertendo no centro neurálxico da cidade; nos seus comezos, o Seminario, e o Hospital de San Roque, centraban a atención dos cidadáns, comezaron a xurdir cafés, e fondas que desen servizo aos novos estudantes do seminario, e aos familiares dos enfermos do San Roque, ao mesmo tempo, ía converténdose no feudo da pequena industria local, fabricas de madeira, e mobles, almacéns de materiais de construción, destilerías, etc.
Posteriormente os comerciantes na súa maioría foráneos, comezaron a ver nela a mellor localización para os seus negocios, e con eles os profesionais liberais. Posiblemente a localización do Banco de España, na rúa, contribuíse a esa nova situación, o almacén de Simeón, o caserón dos Pérez Bobo, que xamais chegou a utilizarse para a súa función primigenia, (fabrica de curtidos), e polo que pasaron case todos os organismos públicos, incluído durante un curto período, o Concello e a aparición da fonda dos Cuanda, posteriormente Hotel Roma, foi o toque definitivo, para convertela nunha rúa de categoría para unha cidade que quería comezar a "Progresar".

A imaxe do mestre asentado na Coruña Pedro Ferrer mostra A Estrada das últimas décadas do século XIX, na parte dereita, adivíñase a Fonda dos Cuanda, o almacén de madeira dos Sánchez, a Casa Álvarez coa súa inconfundible galería e tellado a dúas augas, o Banco de España, e a que supomos o numero 73, onde Don José Gil comezou no mundo da fotografía; pola esquerda e como datos máis significativos, fixarvos que aínda non está construído o centro cultural da Deputación (Edificio Simeón, co cal a fotografía debe ser anterior ao 1887), e parece distinguirse a falta de fiestras no edificio Espada, o cal fai pensar en que estaba en plena construción.