Consejos y avisos

31/5/12

A Ponte no 1867


   Coa chegada do mes de xuño, comeza a tempada de verán, no blog; e este ano a programación, será máis austera aínda que noutros anos. De feito limitareime a realizar entradas os luns e xoves, de forma fixa, aínda que existe a posibilidade dalgún cambio tanto no sentido de aumentar algunha entrada, como de que non se produza; botade un ollo a diario e asi non vos perderedes ningunha.

   Estas medidas de austeridade, son por solidariedade co resto de sectores do país; xa que temos que recortar, recortemos. Non, non van por aí os tiros, a crise por desgracia estámola a sufrir, pero non chega a afectar ao blog; non quero desvelarvos nada, pero realmente faime falta o tempo para un proxecto que teño que rematar, e se non hai ningún problema vería a luz aproximadamente en febreiro do ano que vén.
   De momento e a xeito de "pista", aquí déixovos unha das fotografías máis antigas que temos da nosa vella e bela ponte, fíxoa en 1867 o fotógrafo francés Jean Laurent, e hoxe en día, unha copia polo menos está custodiada polo Ministerio de Cultura. Ojala todas as vellas imaxes fosen tan doadas de identificar e catalogar non?.

30/5/12

Postais daquelas


   Onte advertinvos que ían ser dous as entradas con material cedido polo amigo Gonzalo, parte eran fotografías, e parte eran postais; sei que mo comentou no seu momento, pero xa non recordo se era a súa nai a coleccionista de postais, ou era a súa avoa; inclínome a pensar na súa avoa pola idade das postais.

   Ao mesmo tempo, esta colección tráeme á cabeza algo que xa vos comentei, sobre as artistas que visitaban a cidade pra actuar nos cafes cantante da nosa Auria "Moderno", "Mendez Nuñez", "Unión", "Regio", "Bilbaina" etc; algunha delas representada tamén neste tipo de postais, digamos de difusión oficial.
    Refírome ás fotografías que polo menos o Sr. Don José Pacheco, segundo contan as malas linguas (de ser certo, supoño que serian mais os compañeiros de profesión que ofrecían eses servizos), obtiña no seu estudio destas señorita para despois distribuílas entre os parroquianos.
   Certo é que existen probas, de que as modelos non ían tan tapadas como na postais oficiais que hoxe vos mostro, pero non vaiades pensar en escenas pornográficas, sempre quedaban nun belo erotismo, o que as facia posiblemente máis interesantes.
   Dende o punto de vista económico, eran unha autentica mina, para todos os implicados, que non eran poucos; a artista coméntase que recibía sete pesetas (dos anos 30 aprox), os camareiros e limpabotas recibían unha boa comisión pola súa distribución, e o artista fotógrafo seguro que non se queixaba. Por se fose pouco, fomentábase a cultura, xa que supoño que a discreción, esixía que os distribuidores levasen algúns modelos de despiste, así é como se fomentaba a afección ás postais náuticas, de monumentos etc.


29/5/12

De novo, a do Ferro


   Fai tempo que quería mostrar algunha das fotografías que o meu amigo Gonzalo, prestoume, e non encontraba o momento.

local nos baixos da Casa dos Temes
    Por iso en vez dunha entrada farei duas en desagravio e agradecemento ao mesmo tempo pola fermosa e abundante colección de fotografías e postais que me prestou.   Hoxe veremos dúas das fotografías que mostran unha praza do ferro, xa coñecida por todos nós, pero que segue chamando a atención cada vez que se encontran imaxes. Trátase de fotografías obtidas nos anos (50-60?) en que se decidiu nivelar a praza, e eliminar os chanzos da fonte; posiblemente a intención fose boa, pero a min non se me ocorren máis que pegas arquitectónicas para que quedase ben, se non, buscade polo blog*, e veredes como quedaba o remate co que eran os soportais da ferraxaría Blanco Vega, o que hoxe é o Duque, certo é que os xubilados da época encontraronlle utilidade rapidamente e converteron ese falso banco en punto de reunión; pero as protestas de comerciantes e veciños conseguiron finalmente que se repuxese a praza ao seu estado orixinal; á fin e ao cabo as prazas en Ourense por tradición teñen que ser en pendente non????.
*Pra que non teñades que revisar todo o blog na busca da foto, eiqui deixovos o enlace Detalle do escalón
Praza do Ferro Augusto Pacheco 1960


28/5/12

Tempo de verán = Xeados = ?

   Nada máis lonxe da miña intención, que querer entristeceros con recordos dun pasado próximo; pero chega o tempo en que a moitos encamíñanllenos involuntariamente as pernas cara á esquina do Paseo con San Lázaro, buscando a fría sensación do "mantecado" nas nosas gargantas que nos axude a combater as calores que en teoría se nos aveciñan.

   Por idade, a maioría de vós recordardes os postos fixos en parques e rúas de moito transito, pero seredes moitos menos os que lembredes o "carriño dos xeados", eu non podo asegurarvos en que datas conseguiron o status de negocio con dereito a "ancorarse" na cidade, pero supoño que sería unha cuestión sanitaria, (o tema das baterías eléctricas non ía con eles).

   Sexa como fose os carriños tamén marcaron unha época, e os seus propietarios alcanzaron gran renome, sobre todo entre a poboación xuvenil. Non serei eu quen revele secretos xeadero - cliente, pero asegurovos que o xeadero en moitas ocasións convertíase en "mestre", "conselleiro", "protector", "vixiante", e algunha tarefa máis; certo é que os tempos cambiaron moito, e algunha das súas funcións hoxe podería mal interpretarse, (sempre había un pitillito para o quinceañero que quería pavonearse diante das mozas), pero en xeral tanto pais como fillos valoraban a súa presenza no parque.

   No blog xa estivo dona Teresa Lamelas, posiblemente a primeira muller que tivo un posto de xeados na rúa, e hoxe visítanos outro histórico, Espina, o xeadero do Xardín; falta algún máis, pero por desgraza aínda non teño fotografía deles, Pepe o do parque, era un dos máis famosos, e seguro que alguén ten por aí unha fotografía súa, así que buscala e eu contareivos algunha anécdota que me sopraron.

Non sei se vos destes conta, de que non nomeei ata agora  a La Ibense, verdade que non facía falta, que todos tiñádela en mente??????. Valeeeee algún tamén El Cortijo.
La fotografia es uno de los hallazgos del amigo Javier Torres 

25/5/12

Quebra cús

Aprox. primeiras decadas do seculo XX 191?, (perdoade a vaguedade na datación, pero escapo de errar)
Volve visitarnos esta, chamémoslle rúa, aínda que algún purista poida corrixirnos, e dicir que só se trataba dunhas escaleiras de acceso. Que mais dará?

Descoñezo se é polo magnífico miradoiro que sempre supuxo a súa parte alta, desde o que se divisan, (ou divisaban) os tellados da catedral, e os montes do seminario, a máis diso un tramo do noso Miño; o caso é que existen unhas cantas imaxes na que o primeiro plano, está reservado para ela, Quebra cús.

É posible que a orixinalidade do nome, (na Rúa aínda pervive unha con ese nome, e na veciña Portugal concretamente na universitaria Coimbra, teñen unha mais casta pero semellante, Quebra costas), tamén sexa un atractivo adicional para retratala. E precisamente do nome quería falarvos, ou máis ben facer unha reivindicación: cónstame que algún edil da nosa corporación de "cando en vez", pásase polo blog, (tamén algún ou algunha xornalista local para coller ideas), polo cal aproveito para suxerirlles, que contemplen a posibilidade de recuperar algún nome antigo das nosas rúas; en moitos casos non suporían ofensa ningunha, se seica incomodidade para veciños e carteiros.

    Comezariamos con Quebracús, e poderiamos continuar con Rapagatos (San Miguel) e porque non recuperar o nome de Pelouriño (Colón), só o nome.

24/5/12

Quen me mandaria a mín

    Xa sabía eu que era mellor non falar de actualidade, pero ao final caín; o martes felicitei e din ánimos ao Ourense de futbol, onte ao Cob e hoxe con esta foto do recén ascendido Club de Hóckey Barrocás, fago extensiva as felicitacións e ánimos a todos os clubs, agrupacións deportivas e deportistas individuais ourensanos, que segundo parece entre ascensos, vitoria de campionatos e demais competicións, forman unha lista moi longa.
    Para curarme en saúde, e como lle comentei aos que me protestaron vía correo electrónico, por limitar a miña felicitación aos dous deportes de sempre, (pido desculpas, porque teñen toda a razón), desgraciadamente as fotografías que teño dos outros deportes, son moi escasas, do hóckey o pouco que teño xa está no blog, e me queda algo de ciclismo, atletismo e judo que pouco a pouco irei colgando.
   Así que se tedes fotografías de deporte en Ourense antigas, e mas deixades con moito gusto intentarei facer entradas con elas.
   De todos os xeitos e agora que xa pedín desculpas, o do Hóckey Barrocás, ten moito merito, se non me equivoco é o único equipo Ourensano que vai xogar na primeira división nacional, (se me equivoco corrixídeme).
Por iso, MOITISIMAS FELICIDADES

23/5/12

Imos C.O.B.

Bosco Senior 79-80 os comezos do club: Armando, Vidal, Cortizo, Toni Ladra, Cuquejo, Quique, Amarillo (Jose Gonzalez), Moncho Novoa, Nino y xxxx.
Fotografia de prensa conservada por Nino (Vicente "Nino" Santos Garcia)
   Se onte era o Futbol, hoxe en xustiza ten que ser o baloncesto, de feito sabedes que se atopan nas mesmas condicións, e porque non dicilo, eu son máis de canastra que de portería.

   Aproveitando, o tema, creo que escuso escribir moito; este ano o equipo parece que traballou dabondo, e os resultados aí están, cun pequeno empuxonciño mais, o ascenso está feito.

   Permitídeme que aproveite para felicitar tamén á canteira, que nestes casos ninguén se acorda dela, e desde o meu humilde punto de vista, tamén teñen a sua parte (ademais iste ano despidense catro rapaces excepcionais; non pensedes que o feito de que un sexa meu fillo teña algo que ver, e bromaaa), valeeee, o presi actual, Jorge Bermello, tamén o fixo dun xeito excepcional, (é incrible ver a cantidade de xente que se mobiliza partido tras partido), pero non nomeo a ninguén máis, a todos animo e a rematar a faena.

Imos Cob.

Caixa Ourense 84-85 fotografia da web do COB


22/5/12

Imos Ourense

   O habitual é que este blog, escape das noticias de actualidade, por diversas razóns; a principal é evitar dar as miñas impresións sobre moitos dos feitos que sufrimos; xa que nalgúns casos poden non ser coincidentes coas dos lectores, e non me gustaría caer na ditadura do que controla o medio.
   Nesta ocasión ídesme a permitir romper a miña norma, para dar ánimos ao equipo de futbol da cidade; Clube Deportivo Ourense, atópase en condicións de regresar a 2ª B, non é que iso sexa a solución a ningún dos nosos problemas, pero polo menos pode axudar a pasar un intre entretido os domingos no campo do Couto aos afeccionados.

   Como dicía o meu pai, os domingos hai que ir ao "Campo", a respirar aire PURO, en referencia aos caliqueños que a parroquia prendía con motivo do evento deportivo dominical, creo recordar que tamén se ía a insultar ao árbitro para relaxar tensións, pero iso é outra historia, e ademais ese costume sería mellor deixala caer no esquecemento.

   Aquí déixovos dúas fotografías históricas do equipo, que corresponden a dous ascensos; do primeiro non podo dicirvos nada, eu aínda non nacera (1958-59); con todo do segundo, durante moito tempo sóubenme de corrido a aliñación, aínda hoxe en día recordo a moitos deles , é posible que fose porque tiña dez anos daquelas, e na cidade tíñaselles como a heroes (na propia foto, que é un poster do As Color, utilizouse tamen nunha coleccion de cromos , tedes os nomes desa mítica aliñación).
Imos Ourense

Aproveito pra darlle as grazas o Sr. Montenegro, que nos últimos tempos deixoume unhas cantas fotografias por medio do amigo Javier Torres.

21/5/12

Soamente unha "teoría"

Unha folla do Catalogo do CSIC. 1915
   Falábavos fai uns días, das fotografías que publicou no seu día a revísta Vida Galega; e comentábavos que en contra da miña crenza de que eran traballos encargados de forma ex profesa para a revista, tratábase na maioría dos casos de copias remitidas polos colaboradores, que estes á súa vez difundían pola súa conta aos posibles interesados; por certo non esquezades que estou buscando máis orixinais, seguide buscando nos vosos álbums, eu intentarei publicar algún exemplo nestes días.

   Pero ese non é o tema da entrada de hoxe; do mesma xeito que é fácil atopar en diversos medios e formatos as fotografías popularizadas por Vida Galega; estou dándome conta de que pasa o mesmo, coas fotografías que no seu momento encargou a Comisión Provincial de monumentos histórico e Artísticos da Provincia de Orense. (Calquera día empezarei a chamarlle soamente Comisión, non?..), das que creo que xa vos falei (teño que confirmalo), e cuxa autoría debeuse a Martino.

   A amiga Pilar Núñez en febreiro do ano pasado, dábanos todos os datos ao estudar o álbum para a Peza do Mes. Para refrescarvos o tema, recórdovos que a Comisión, xa en 1884 decidiu que sería interesante ter unha colección fotográfica dos monumentos, ou polo menos dos máis significativos da provincia de Ourense, pero non puido ser ata o ano 1895 que ese álbum vise a luz, (o diñeiro adoita ser un gran inimigo da cultura). Posteriormente sabemos que se lle encargo a José Pacheco a realización dunhas copias dese material fotográfico, e na actualidade, (e este é o motivo da entrada), podo confirmar que estas mesmas imaxes, foron utilizadas para algún traballo mais, e obtivéronse máis copias xa naquelas datas, das que inicialmente pensabamos.

  Por iso a miña "teoría", é a de que ante a necesidade de imaxes da provincia naqueles anos, a Comisión "tiraba de álbum", ou o que é o mesmo colaboraba con todo aquel que o precisaba, pero debido ao limitado dos medios, o material que facilitaba era sempre o mesmo.

    Nalgún caso non ter en conta esta posibilidade de repetición de imaxes, conduce a erros en canto á súa catalogación. Para que o entendades mellor: o álbum do C.S.I.C., (fáleivos del fai uns dez días), publicado en 1915, con material supostamente obtido nesa contorna temporal, 1914-1915; contén imaxes deste álbum, como moito obtidas en 1895.

Portada album da Comision 1895
Os poucos estan a aparecer gran cantidad de vellas copias destes exemplares, os que temos que sumar as aparecidas en prensa: ABC 1909, La Esfera 1915, (mostréivola a semana pasada, ruínas de San Francisco), e A Ilustración Española e Americana.

Agas das que pouco a pouco van aparecendo nas mans de institucions e particulares, que nalgun caso conto polo de agora caseque 10 copias orixinais (de epoca); Museo Arqueoloxico, Biblioteca Deputacion, Arquivo Historico, algun particular, etc.

18/5/12

San Francisco, a "hestorea" repitese


   Estas fotografias chegaron as miñas mans recentemente de xeito anonimo, xunto con outras moitas que mostran o deterioro do complexo de San Francisco.

   Estaba a preparar esta entrada, que me apetecería que tivese gran difusión por se servise de algo, cando me recordaron que hoxe se celebra o día internacional dos museos; polo cal a medio facer, pero creo necesario que neste día se recorde a situación que estamos a vivir en Ourense con algúns (case todos) dos nosos edificios históricos.

   San Francisco, Museo Arqueolóxico, Cárcere de Progreso (a outra creo que é privada, pero o seu estado é máis lamentable aínda), complexo do Santo Anxo, Banco de España (este parece que si que va..),edificio de Gulias (na praza de San Rosendo), a Catedral, e a nosa ponte Vella. Son unha longa e penosa lista que posiblemente fose doado incrementar con algún máis; son unha penosa e longa lista de construcións, que están a vivir unha das súas peores etapas entre nós.
   Descoñezo nalgún caso a titularidade, ou responsabilidade da súa conservación; pero iso non é o prioritario, o inmediato, sería poñerse mans á obra e darlle unha solución. Non se me escapa que os momentos económicos que estamos a atravesar son terribles, e antes son as persoas que os edificios, pero posiblemente habería algún tipo de solución transitoria para evitar que seguise avanzando a deterioración; que pode chegar a ser irreversible. Se é preciso mesmo se podería estudar algún sistema de voluntariado para colaborar na súa conservación; eu dende logo estaría disposto a ir a arrancar hierbajos de onde fose preciso.

  Para quitarlle un pouco de ferro ao tema, e non nos desanimar, aquí tedes  a imaxe que mostraba en Xunio do 1915 o complexo de San Francisco cando sufriu unha etapa semellante ou peor; si daquelas foi capaz de soportala, esta vez tamén ten que ser así, ou non ????
Revista La Esfera xunio de 1915, foto Bonilla




17/5/12

Outra de Fausto

Casas do final da rúa Progreso anos 70, hoxe somentes queda en pé a primeira pola dereita, e onde esta o Taller do Ramón
   O amigo Fausto, dende as "terras baixas", (reside en Holanda), segue facendo memoria e cóntanos como era o Auria que viviu de neno; nesta ocasión fálanos de artesáns, e como moitos de nós, laméntase da case total desaparición deste tipo de profesionais.

Déixovos con Fausto


   " Hoxe unha foto de Pacheco das casas que aínda estaban en pe nos derradeiros números do Progreso. Pódese ver unha construción baixa con dúas portas e unha fiestra. (a esquerda da imaxen)

   A porta da esquerda e a fiestra son as da ferrería do Bustillo. Neste taller de ferreiro facían pezas de precisión (ca precisión que daquelas podería haber) maiormente romanas.  Dos tres ferreiros que lémbrome existían cando eu era pequeno este era un deles
   Os outros son os desaparecidos  ferreiros da rúa de Colon, o das coplas dos Maios
Na rúa de Colón enfronte dun ferreiro tes un tendeiro que toca o pandeiro,
 que facía sachos, reixas de arado e outras cousas de labranza.
   E tiñas outro que estaba na esquina da rúa do Villar co Progreso, onde hoxe atopase un axardinado pequeno a outra veira do Posío, e facía ferraduras pra as cabalerías e tamén as puñan a o minuto. (Supoño que se refire a prazoleta da estatua do Doutor Gallego).
   Pois de Bustillo aínda teño unha das romanas. Colgada dunha beira pesa de 0 a 10 kg e da outra de 9 a 35 kg. Lémbrome que tamén has facían dobres nunha beira kg e da outra libras galegas.
   E unha pena que dos artesáns que tiña Ourense non queda practicamente nada. Os xoieiros, reloxeiros, modistas, xastres  e probable que si. O que eu quero dicir son destes outros coma Bustillo. Lémbrome do toneleiro do Progreso, da encadernación da rúa de Colón, dos canelóns de zinc na rúa das Tendas e do que reparaba e facía monecas na praza da Magdalena. "

Fotografias da romana de Fausto, cas marcas do ferreiro Bustillo, no fiel, e na pesa.

Os textos en roxo son pequenas aclaracions que fago eu,, o texto entendese ben, pero sempre pode haber algún despistado.

16/5/12

Museos day


      Como dicían os antigos publicitarios: Non confundirse.....

    Os habituais, seguro que xa estabades advertidos, pero por se acaso,  recordovos, que a presentación da Peza do Mes, atrasase ata o venres, para facelo coincidir coa celebración do día  Internacional dos Museos.
    A pesares das carencias obrigadas pola falta da súa sede habitual (e xa van...... anos.), os traballadores do Arqueológico, esfórzanse en seguir desenvolvendo a súa actividade; cousa que conseguen de forma meritoria.

       Este é o programa que prepararon para celebrar o seu día.


 · PRESENTACIÓN DA “PEZA DO MES”: CAMAFEO DAS BURGAS, coa utilización de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e á presentación.
Venres día 18 ás 20 h. Sala de exposicións de San Francisco
A utilización do microscopio binocular e da luz de fibra óptica coa combinación do emprego da informática permitiron o recoñecemento de determinados procesos de fabricación, de gran importancia, desta interesante peza, que doutro xeito sería imposible de descubrir.
Por outra banda utilizase como apoio para a presentación unha reconstrucción virtual deste Camafeo das Burgas, empregando técnicas de animación e modelado 3D para recrear mediante combinación de imaxe de síntese e material fotográfico o proceso de fabricación da peza e explicar a súas peculiaridades. A aplicación desta tecnoloxía ao eido da arqueoloxía permite xerar material que pode ser empregado, tanto a nivel técnico e de investigación, como didáctico con fins divulgativos.

· VISITA GUIADA AO EDIFICIO E ÁS ESCAVACIÓNS DA PRAZA MAIOR.
venres día 18 ás 12 h.
Co motivo deste día o Museo edita un marcapáxinas coa imaxe da Peza do mes e un lapiseiro como agasallo aos visitantes.
Permitídeme que os felicite con motivo deste día, e lles agradeza a colaboración que sempre recibín nas miñas visitas ao seu "exilio". Felicidades e GRAZAS

15/5/12

Na outra crise

Supoño que non ten importancia, pero non citarei o propietario por si algun parente se enfada.


   Andan as cousas complicadas, pero para a historia, poucas situacións son novas.

   Períodos de crise, xa se viviron uns cantos, e posiblemente cando pasemos esta, (que aínda que non se lle ve o fin, terá que rematar), teñamos outra. A historia é así de caprichosa, e empéñase en repetirse "unha e outra vez"; ou seremos nós os que non somos capaces de aprender dos nosos erros e seguimos caendo "unha e outra vez" nestes.
   Ben, deixemos o tema que xa sabedes que non me gusta falar no blog de algo diferente a Historia. E de histórica pódese cualificar esta fotografía, que retoquei un pouco co fin de que non se poida recoñecer ningún personaxe (aínda que non creo que ningún deles se ofenda); foi obtida alá polos anos corenta, nalgún dos montes que separan a nosa provincia, do país veciño; eran tempos difíciles, nos que unha lata de aceite, ou un par de quilos de café eran artigos de luxo e multiplicaban o seu prezo pasada a fronteira.
   Eran tempos de valor, nos que se mesturaba xente necesitada con delincuentes, eran tempos de honra, nos que a palabra se respectaba coma se fose un documento, eran tempos de enxeño, amizade; eran outros tempos, (que mais dun añora).

   Ao mellor noutra entrada, fálovos do Capitán, ou do Pata Chula, ou contamos algunha anécdota de como llas enxeñaba algún para pasar a fariña en carros, por diante da autoridade. Pero iso si é, será outro día.

14/5/12

Mais de Pontevedra

Rúa Progreso en Pontevedra
    Esoutro día quedei con ganas de ver mais imaxes de Pontevedra, e buscando atopei iste outro estupendo blog,  http://vellapontevedra.blogspot.com.es/ , que trae uns agasallos fantasticos, en forma de textos dixitais; tedes a Historia de Pontevedra, de Claudio Gonzalez (1846), O Colón Español de Jose Rodriguez Martinez con prologo de Rey Soto, y el Catalogo monumental y artistico de la Provincia de Pontevedra del CSIC. 
   Todo elo acompañado duns cantos videos historicos que xa me gustaria a mín atopar da nosa cidade.
   Pra deixar o tema Pontevedra presentovos iste outro blog que tamen paga a pena visitar.  http://beberparaolvidar.wordpress.com/; e iste outro,  http://follasverdesconpontevedra.blogspot.com.es/ que polo que vexo na vila do Teucro semella que son moi afeccionados a esto das fotografias, a ver si eiqui se nos pega algo.... 
Rúa da Oliva anos 60
   Tanto nestes blogues que hoxe presentovos, como no desoutro día a miña primeira busqueda foi a rúa da Oliva, (a rúa do Alba pontevedresa), na que estiveron uns cantos fotografos historicos, algun deles compartido nas duas cidades.


11/5/12

Pontevedra no Tempo

    Non, non me vou pasar as imaxes de Pontevedra, pero atopei esto na rede, e penso que vos pode gustar botarlle unha ollada. O fin e o cabo, as vellas fotografías teñen encanto sexan de onde fora.

    Non e precisamente un blog o uso, e por iso non foi sinxelo atopalo, o enderezo real, non ten moita relacion co tema, www.losnudos.260mb.com de todolos xeitos, sei que cando toquedes un par de botones veredes fermosas imaxes do pasado da veciña Pontevedra.

   Eu xa o fixen, e agora coñezo un pouco mellor a vila onde teño un par de "paquetiños" gardados (iste parrafo e personal)

Eiqui vos queda o enlace directo a zona na que se ven as rúas e prazas,  Click, pero si navegades polo blog, atoparedes multitude de informacion de Pontevedra.  .

10/5/12

Praza do Ferro; Tomas María Mosquera

Retrato oficial do Senador, prop. Biblioteca Nacional
      O grande Aquiles, (o do talón), heroe da guerra de Troya, mantiña que o xeito de converterse en inmortal, era conseguir que o teu nome permanecese no recordo dos homes. Algo parecido debían de pensar no antigo Exipto, e por iso preocupábanse os faraóns de borrar o nome dos seus inimigos de todos os medios escritos, para así conseguir que non existisen.

    Seguindo co razoamento; cando a sociedade decide facer unha homenaxe a un personaxe público, tal como dedicarlle unha rúa, un edificio etc., debía pensalo con moito detemento; e visto o visto coido que seria mellor non homenaxear políticos, dado que ao final sempre pasa o mesmo, e de xente de armas mellor non falar.

    Na cidade temos infinidade de exemplos, Luis Espada, Vicente Pérez, Pablo Iglesias, Calvo Sotelo, etc., nalgúns casos non chegou a desaparecer, senón que se produciu un cambio de situación, (non sei que causas poden xustificar eses cambios, pero....), Paz Novoa, Basilio Álvarez, etc.
   O caso é que eses cambios, en ocasións conducen ao esquecemento do personaxe, e se ben en ocasións se podería admitir, (ao existir algún tipo de imposición), noutras non ten unha explicación moi coherente.
   Xa vos adianto que non serei eu quen xulgue en que casos foi xustificado ese cambio de nome e en cuales, non o que se farei será tentar recuperar algún desas figuras, que no seu día deron nome a rúas da nosa cidade, e actualmente están no máis absoluto esquecemento.

   Hoxe como vedes no titulo, recuperamos a Tomas María Mosquera e García;
Naceu en San Ciprian de Cástrelo de Cea Ourense o 10 de novembro de 1823 e faleceu en Madrid, o 30 de Abril de 1890.
Avogado de profesión, de ideas liberais, participo na revolución de Setembro,  chamada A Groriosa (1868), sendo nomeado o ano seguinte senador por Ourense; ocupo dúas carteiras ministeriais Ultramar (1871-72) e Fomento (1874), sendo nomeado senador vitalicio en 1882.
   Moi escasos son os datos que o relacionan coa nosa cidade, á marxe do seu nomeamento como senador, e se reducen á defensa que en 1861 fixo de don Juan Igneson Miramón, (xa vos falei del tamén, seu era o caserón que houbo de ser adquirido polo concello, para poder abrir a actual rúa do paseo).
Supoño que se lle deu o seu nome á praza do ferro, na mesma época que se lle deu á praza do Topete
Fotografía de Augusto Pacheco 1960; Prop Augusto Guedes

9/5/12

Ribadavia 1929



     La entrada de hoy, está hecha con envidia, no sé si sana o no, pero envidia al fin y al cabo. Hace tiempo que el amigo Julio Freijido la colgó en su blog Maquians y estos días me la ha recordado la amiga Matilde Chao, al compartirla en su Facebook.

   Como podéis ver se trata de una película colgada en Youtube, de la cual no os puedo facilitar ninguna información,  muestra la Ribadavia de 1929, a modo de reportaje grafico; de la misma persona podéis ver en Youtube otras dos cintas también de la villa Ribadaviense. A pesar de la deficiente calidad de la grabación, ya me gustaría a mí tener alguna de estas de nuestra ciudad.

Por cierto si alguno tiene por casa alguna vieja cinta (da igual el formato) que no pueda pasar a sistemas actuales, que me lo comente por mail, a  ourensenotempo@hotmail.com y buscaremos la forma de hacerlo; en algunos de los formatos, el amigo Lisardo Mazaira, seguro que nos da una solución. Y en el resto malo será......

   

8/5/12

Rosendo Varela (Fernando Valcarcel)

Recorte da vista xeral do 1906?, propiedade de Candido Ventim

Comeza o mes con biografias, e non e por casualidade; algunha mais aparecera nestes días polo blog, a de hoxe e froito do traballo do amigo Fernando, quen nos presenta a un "descoñecido" Rosendo Varela; e con el  deixovos.


    “Ao home bravo  a fortuna  dalle a mao”. Digo “mao” e non “man”, e fágoo de forma consciente, porque son de Ourense, e, cando a ocasión o permite, xáctome delo,  e tamén, porque, este refrán, coa peculiaridade dialectal incluida, serve para condensar a actividade dun ousado industrial, dos que hoxe precisaríamos uns cantos, que “agasallou” con novedosos servizos a un Ourense de principios do século XX, que, camiñaba cara á modernidade. Falo de Rosendo Varela. Posiblemente, o nome nos diga pouco, pero, se nos referimos á Casa de Baños “La Moderna” ou a “La Regidora” a cousa cambia.


O bravo industrial nado no veciño Concello de Coles en 1885, probará fortuna  ao lado da súa dona Ramona, instalando un figón no baixo do número 16 da rúa Arcedianos de Ourense. Por aquel tempo, nesta rúa abundaban este tipo de establecementos, que, ofertaban comidas con fundamento a prezos populares, como Marcial Guerra, no número 8, Ángel Dopazo, no 18, ou Lisardo Gómez, no 21.
A prosperidade do local, fixo medrar as espectativas de negocio da familia, que culminarán coa inauguración, o 6 de xuño de 1933, do hotel-restaurante “La Regidora”, sito na rúa do Progreso, no lugar onde se emprazara a Audiencia Provincial,
O triunfo do establecemento radicaba na cociña de Ramona Nóvoa, descrita na prensa local como a “mellor cociñeira de Galicia”. O luminoso comedor, estaba flanqueado  por ventanais que daban ao Progreso e á Alameda. No salón, de sinxela decoración, podíase degustar unha ampla carta que incluía pratos “dos de verdade”, entre os que estaban: o polo con guisantes, a merluza con maionesa, cabrito asado, troitas, anguías,…, e, a mellor repostería entre á que destacaban as tradicionais filloas.
As fermosas fillas do matrimonio, de nomes Conchita e Maruja ,auxiliaban aos seus país no negocio, e, en ocasións sinaladas, a primeira delas interpretaba, de xeito maxistral, multitude de composicións ao piano. As modernas e ventiladas habitacións daban caché a un hotel situado nunha zona privilexada.
Coa idea de diversificar as inversións, e repartir o risco, D. Rosendo adquire a Casa de Baños “La Moderna”, próxima a “La Regidora, e coñecida tamén por “Do inválido”, de “San Roque”, de “Santa Lucía” ou de “San Lázaro”. Solo este singular lugar ocuparía gran cantidade dun espazo do que non dispoño,.., tal vez noutra ocasión porque con tanto falar de manduca espertou o meu apetito, marcho comer, .., antes lavarei as “maos”.

O comedor nos últimos anos con Xosé Ramón lendo o periodico nos dominios de Rosiña.

7/5/12

José Adrio Menéndez

Fotografía de Don José publicada na Revista Vida Gallega o ano 1935

   
   Unha das persoas ás que máis gratitude lle debe este blog, é a Don José Adrio. Dende o momento en que descubrín o seu Del Orense Antiguo, converteuse nun perfecto aliado, non só proporcionando datos, senón tamén, mostrando un estilo a seguir, á hora de contar esa "pequena" historia local.


   A pesar dese interese que esperta en mín, dende fai xa tempo, e que posiblemente mantivese no seu momento relación de amizade co meu bisavó Delfín, (ao cal lle dedicou un exemplar do seu libro El Liceo - Recreo Ourensán); moi poucos foron os datos da súa biografía que puiden recompilar (fáltame intercambiar información coa xente do Orfeón).


   Por iso, e como recordo do 75 aniversario do seu falecemento, facilítovos estes escasos datos:

Funcionario de Facenda, como fonte de ingresos principal, era máis coñecido polas súas colaboracións xornalísticas; El Eco de Ourense foi a súa tribuna habitual, aínda que cabeceiras da prensa galega contaron tamén coa súa firma (Revista Vida Gallega: art. "ante el estreno de canto de la emigración" nº 628 y "Jaime Solá Mestre" nº 648 año 1935).


   Como escritor, asinou que eu saiba dúas obras, El Liceo Recreo Orensano; su pasado, su presente, su futuro. (La Industrial, Ourense, 1930), e o xenial. "Del Orense Antiguo" 1830-1900 (La Popular, Ourense 1935), Iste último non chegou a distribuírse, sendo un descoñecido para moitos ourensanos, ata que no ano 2001 o Concello de Ourense, promoveu a súa reedición, como primeiro número da excelente colección Auria.

   Durante os seus últimos anos foi nomeado Presidente do Orfeón "Unión Ourensana", posiblemente buscando que a sua popularidade no ambito local e Galego axudara a darlle novos folgos a sociedade musical; pero como e ben sabido os momentos non eran os mais apropiados pra eses menesteres.

   Faleceu o día 30 de Abril de 1937 na súa casa da rúa do Progreso 7. (a mais de amigos, polo que vexo, foron veciños el e o meu bisavó).

Hoxe ten unha rua na cidade co seu nome, no barrio da Ponte; unha perpendicular a rua Rio Arnoya, que parte dende a Praza da Marina cara as vias do ferrocarril.

Como vos comentei anteriormente, fáltame comprobar se no Orfeón dispoñen de máis datos sobre o seu ex presidente, pero se algún de vós dispón de datos acerca deste cabaleiro, estaríalle agradecido se mos facilitase.



5/5/12

Homenaxe a Segis

Ainda esta pendente no blog, algunha entrada mais deste cabaleiro da musica ourensá; pero mentras se fae, no seu barrio vaise celebrar o proximo domingo un concerto de musica na sua honra.
 Participaran os seus compañeiros da banda de musica municipal de Ourense, e o Coro da Albor, agas dos veciños e amigos do barrio, que ca sua presencia, teran un recordo pra este gran home.
Vemonos o proximo domingo na praza do Greco. 

4/5/12

Proxecto "Ourense en Vida Gallega" IV

Copia original propiedad de Norberto Tabares corresponde al viaje a San Pedro de Rocas

   Continuando con el proyecto Ourense en Vida Gallega, hoy os enseño una serie de fotografías muy parecidas entre sí, y de las que tenemos ya dos originales en nuestro archivo.
    El haberlas encontrado publicadas en la revista, ha sido la mejor manera de entender el porqué se habían realizado dos fotografías tan parecidas y con un buen numero de personajes  apareciendo en las dos.
Vida Gallega 1 quincena de julio de 1920 viaje a Monforte
3º de Bachillerato 1920.- Esta identificado el padre de Pastor Fabrega y unos cuantos alumnos mas.
   La explicación ahora que la sabemos es muy sencilla: Don Vicente Serrano  Puente, profesor del instituto; a final de curso en 1920 programó tres viajes de estudios con sus alumnos; a los de la clase de historia los llevo a comienzos de Julio a la villa de Monforte; la segunda quincena de ese mes de julio, decidió llevar a los alumnos de Geografía especial de  España, a una visita a Vigo, en esta ocasión conto con la colaboración de don Antonio Rey Soto, y del profesor Aznar, aprovechando también para llevar a su esposa e hija a visitar la ciudad. Finalmente la primera quincena de Agosto, en compañía de los alumnos de Historia Universal, se desplazo al cenobio de San Pedro de Rocas.
   Otro detalle interesante, es el de ver que las tres tienen la firma de don Luis Xesta, con lo cual podemos descartar la que seguro sería la primera opción en cuanto a la atribución de autoría, en la persona de don José Pacheco. 

Vida Gallega 2ª quincena de agosto 1920 Viaje a Vigo.
   Por último y especulando, decir que posiblemente las tres fotografías se hayan obtenido en Orense, y más exactamente en el jardín del Posío, la otra opción sería que don Luis hubiera hecho los tres viajes, y no se yo……. 

   Bueno, espero que hayan quedado claros los objetivos de este proyecto, que se resumen en uno, seguir recopilando la historia fotográfica de Ourense. Para empezar, ya os estoy enseñando la que podremos considerar la primera misión,  A ver si conseguimos localizar la tercera fotografía original, la del viaje a Vigo.
mi mail ya lo sabeis ourensenotempo@hotmail.com