Consejos y avisos

27/3/08

Ourense 1905

1905
Ourense ano 1905.
Este é o plano da cidade máis fiable que de momento atopei, no que xa se albisca cal é o desenvolvemento lóxico da cidade.
Dicía Don Ramón, como razóns da existencia de Ourense:
"Coido que a riqueza ademirabre ofrecida pol-as Burgas ôs romanos amigos dos baños e cicais tamén a poboadores mais antigos, é unha determiñante dina de se ter en conta. Mais coido ser ista outra mais fundamental: o cruce dos camiños de moitas terras na porción baixa do val da Barbaña, na sua afluencia no Miño."

26/3/08

Casa Romasanta (Praza das Mercedes) ~

Reeditada 09-04-2010
Fotografia archivo HH. Maristas
Trátase da esquina superior da Praza das Mercés, onde hoxe están as "Galerías Israel", no primeiro andar da casa residiron os Irmáns Maristas dende o ano 1910 ata o 1915

17/3/08

Estrada Villacastín - Vigo ~

Reeditada, 05-04-2010
Rua do Progreso 1962 General Franco
Esta era "a miña rúa", así a chamaba, quizais porque vivín nela os primeiros catorce anos da miña vida (e iso desenvolve o espírito de propietario), o territorio estaba delimitado, e só podíase circular libremente pola Alameda, sempre e con coidado de que non nos visen, podiamos chegar ata "As Burgas", os pais da época, advertíannos -coidado cos coches-, e é que xa empezaban a circular como tolos, saias da casa, e un seiscentos a fume de carozo, adiantaba ao carrito que ía cara "O Posio".
Á dereita vemos o Obispado, antigo Seminario Conciliar, e á esquerda o edificio de Correos, anteriormente ese solar foi ocupado polo hospital de San Roque, (do antigo edificio non se conserva nada nesa localización, fago a aclaración porque se existe a antiga entrada do hospital, pero foi trasladada e forma parte dunha das entradas da Igrexa de "A Santisima Trinidade").


A continuación de correos e cruzando Parada Justel, estaba o restaurante "A Regidora", (onde Xosé Ramón servía o seu viño galardoado no concurso de cata do Ribeiro, e A Roxiña e mais o seu dono agarimaban os comensales), o seu carón o estudio de "Foto Sanjurjo" (no segundo andar dese edificio tiña a sua oficiña de seguros D. Aser), despois iba a ferreteria "Anta", e un pouquiño mais adiante "O Fornos", (onde dona Carmen cociñaba autenticas delicias e preparaba banquetes todos os fins de semana).

Mais atras vese a construccion do edificio dos "Dieguez" (un dos mais altos da epoca), a carón dese edificio tiña o seu comercio "Avance", Olegario, home emprendedor que tivo a boa idea de ofrecer na epoca das rebaixas a sua mercancia, camisas, chaquetas, pantalóns etc, a troco de ovos, pitas o coellos, (mercancías que durante uns días formaban parte do escaparate, chamabao: "Coñitas e puñeteras Rebajas"). Moitos anos antes estivo alí un dos primeiros surtidores de gasolina da cidade.
Desta ubicación porei mais fotografias (nas que se ven modificacions puntuais), e ampliarei os comentarios, dado que e unha dás zonas que menos ten mudado no tempo, con todo sempre foi un punto neuralxico da cidade.

12/3/08

O "San Miguel"

Entrada reeditada el 21 de mayo de 2015

San Miguel vista dende o Eirociño dos Cabaleiros (a fotografia debe corresponder aproximadamente o ano 1955).
O fondo vese o restaurante San Miguel, no primeiro andar dese edificio residiron os Irmans Maristas cando chegaron a cidade no ano 1908; a dereita o Pazo Dos Armada hoxe coñecida por "Casa de Maria Andrea" acertadamente rehabilitada na actualidade; enfrente o "Restaurante Zarampallo"; os rapaces estan posiblemente na entrada do almacen da tenda dos Mobles Nieto que tiñan o comercio onde hoxe esta a Caixa de Pontevedra nos xardinillos do Padre Feijoo, hoxe ahi estan as oficiñas do Catastro.

Obras

Entrada en obras
En breve estará operativa

Avda. de Pontevedra (Aprox. 1925) ~



Fotografia obtida na Galeria de fotos Ourense Antiguo do Diario "La Región"
Rua Pereira (Avda. de Pontevedra) Os cafés Regio, Unión, Victoria e Iberia

Eran outros tempos, outro ritmo de vida, o traballo era duro, sobre todo nas zonas rurais, pero a xente gozaba mais dá rua, calquera escusa era boa para pasar unha tarde de paseo, ou nas terrazas dos cafés de moda.
Salvo erro penso que o primeiro era o "Victoria", o seu carón estaria o Cafe "La Unión", propiedade de D. José Rodriguez Santos (J.Adrio contaba, "donde camareros de oficiosa sonrisa servian diligentes en copa alta y estrecha, lo mismo el picudo sorbete pulverizado de canela, que la gaseosa de limón, refresco de lujo entonces", a seguir "O Regio" ( que nunha época sen entrar en motivos, decidiu trocar o seu nome polo de "Riego") e logo o Iberia; o ultimo edificio era o dá Drogueria de D. Aurelio Fernández Roman, que inda hoxe segue a manter a mesma actividade.
Nunha epoca mais recente, neses locais estaban, o Hotel Barcelona, o Orfeón Unión Orensá, o almacen Quimi-Cuevas (antiguo Sanchez Cuevas y Cia), e a Farmacia Roman*.

Mais adiante e na explicación de outra fotografia, falaremos do "Victoria" e o resto da rua.
* na esquina estivo a Farmacia Roman, e a drogueria Roman e Saco estaba no local anterior, con posterioridade cambiaron a situacion e a Farmacia Roman paso a estar onde actualmente esta a Farmacia Alameda.