Consejos y avisos

31/5/10

Don Ramón e o mitín no Ferro


Non é habitual neste blog, que de xeito tan seguido apareza o mesmo personaxe, ou se fale del. Pero as circunstancias fixeron que Don Ramón se vexa involucrado na de onte, pola festa Bela Auria, (aproveito para felicitar a Martinho e Brais, polo seu impagable esforzo); e na de hoxe por culpa do profesor Afonso Vázquez Monxardín, que me fixo chegar esta imaxe, e non puiden evitar facer esta entrada.

Carlos Casares no seu libro "Otero Pedrayo conciencia de Galicia", menciona un dos recordos de Don Ramón de neno:
"Sabemos que as primeiras lembranzas do pequeno son imaxes dunha multitude de xente amoreada na veciña Praza do Ferro escoitando un discurso patriótico do coronel "Tacones" contra os mouros durante a chamada guerra de Melilla."
Fálanos tamén de xoguetes, risas (escasas) e complicidade co seu amigo Vicente (todo isto xa se escribiu nalgunha ocasión neste blog, e algún día procurarei amplialo; ata poida que móstrevos imaxe dun deses sinxelos xoguetes, que conseguiron pervivir grazas ao agarimo que lle tiñan ao patriarca persoas da súa contorna, que sempre souberon valorar eses preciosos recordos, insignificantes para moitos, pero evocadores para outros).

A fotografía de hoxe quere facernos imaxinar a un Don Ramón neno, que entre asustado e sorprendido escoita o murmurio do xentío na praza do Ferro, dende o balcon da sua casa na rúa da Paz; que sabia el daquelas, de mouros, coroneles, Jaimistas, Albistas, Conservadores, Agraristas e demais historias??. Pero dalgun xeito, estas manifestacions, cotiás nesa ubicación foron forxando a personalidade daquel rapaz, que hoxe admiramos.

Non podo confirmar se a fotografía era do mitín do Coronel Tacones, pero a todolos efectos, ben vale pra lembrar a Don Ramón.

30/5/10

A Bela Auria hoxe e o día

Supoño que non faredes agardar a Don Ramón, vinde xa pra o Posío; o caron da estatua do seu amigo Lamas Carvajal, tenos preparado un dos seus aleccionadores discursos. Se por algún motivo non chegamos a velo, eiqui vos deixo esta fotografía, do día da inauguración do monumento; eso si lembrade que mudou de ubicación, nos últimos tempos; pero continua a ser a mesma que o patriarca gabou no seu día.
Bromas a parte, lembrade que hoxe temos unha cita ineludible, no xardín do Posío, pra volver tomar contacto ca epoca de mais esplendor cultural da Auria que todos queremos. Non o esquezades, e vinde pra o Posío.

29/5/10

I Festa Bela Auria II

Este e o marco elixido pra disfrutar do Ourense de principios do seculo pasado, se vos fixades nas fotografías, pouco ten mudado, as diferencias mais importantes estan no tamaño da vexetación, e eso non deixa de ser fermoso, hay que crecer; do resto, pouco cambio hai.
O que si teremos que cambiar, o domingo, e que nas imaxes o Xardín vese case que baleiro, e nos temos que conseguir enchelo. Entre todos podemos conseguir facer desta festa un referente da cidade, pra que se saiba o que foi, e o que podemos facer os Ourensans.
Animadevos, e vinde o domingo trinta o Posio; os que poidades, facedeo vestidos da epoca, neste blog, e no da organización (o que tedes o enlace na dereita), veredes unhas cantas suxerencias de vestimenta.
Vemonos maña no Posio,na Festa
A Bela Auria

28/5/10

I Festa Bela Auria

Xa está todo preparado para celebrar, a primeira festa a Bela Auria.

O domingo co permiso da autoridade, e faga o tempo que faga, (aínda que se anuncia bo e posiblemente caloroso), nos xardíns do Posío, e a súa contorna, celebraremos a festa A Bela Auria.

O programa está repleto de actividades, interesantes, que coa vosa concorrencia, serán esplendorosas. Música, xogos, cine, arqueoloxía, esgrima, conferencias, fotografía, todo un abanico de posibilidades, que farán que este domingo podades divertirvos, recreando o Ourense de principios do Século XX.

Nas fotografías que me deixa Norberto Tabares, podedes ver tres dos modelos, que esperamos ver en directo o domingo; eses dous cabaleiros e esa damisela, estamos seguros de que no seu tempo, gozaban correteando polo paseo central do Posío, ou gozando do frescor da herba na zona do bosque, mentres a dama, que se vos fixades tamén aparece (oculta polo máis pequeno dos infantes, xa que estaba velando pola integridade deste), na fotografía, contemplaba as raras especies que se cultivaban no botánico.
E nesta outra a elegante señorita, que presume co seu aro; eu non teño claro que soubese usalo, pero de seguro que intentaba correr detrás del.
Esperámosvos o domingo en "A Bela Auria"

27/5/10

Rizo e a familia


Non sei a vos, pero a mín sempre me resulta agradable, atopar unha das "galletas", do Sr. Rizo.
Xa me queixei amargamente, de que no catalogo, e a exposición que se fixo del no edificio Cultural da Deputación, poucas eran as imaxes que se mostraban, das que fixo na cidade. Eso no quere decir, que non estea claro, que o seu traballo abarcaba todo o territorio provincial, pra saber onde habia feira ou festa na provincia bastaba preguntarlle onde ia ir o día seguinte ao amigo Xósé Vázquez. Un dos lugares preferidos por "Rizo", pra facer o seu traballo, era Celanova.
A fermosa imaxe que hoxe vos mostro, sei que vai dar lugar a algun mail, comentando a semellanza dun dos retratados, conmigo, pero xa vos aclaro que o que é da miña familia, non e o das longas orellas, senon o que esta sentado por riba del.
Penso que a fotografía obtivose na rúa San Roque de Celanova, nos anos 60.

26/5/10

Cine Ourensán

Sabedes que me encanta, navegar pola historia de Ourense e descubrir os feitos e as persoas que marcaron o noso pasado.
Toda esa historia, por fortuna non ten data de caducidade, e día a día continúa escribíndose.
Así como nas letras, podemos presumir de ter un grupo de excelentes representantes; nas artes visuais, o elenco é moito máis escaso.
Falar de cinema en Ourense, á marxe de honrosas e excelentes excepcións como as de Antonio Román e Carlos Velo, sempre foi un tema de conversación curto; no que se falaba mais de exhibidores, BarbaGelatta, Samaniego, Losada, Xesteira etc, que de películas. Descoñezo as causas desa escaseza, pero non creo difícil supolas, dado que medios humanos había; para confirmalo basta lembrar, que Don José Gil, autor da primeira película galega "Mis Ledya", tivo na cidade posiblemente as súas primeiras incursións no mundo do celuloide, mentres mantiña o seu estudo fotográfico na rúa Progreso, e posteriormente na fotográfica rúa da Alba.
Sentado pois que non é por falta de medios humanos, temos que pensar que foron os económicos, os culpables desa falta de produción cinematografica en Ourense. De feito temos tamén o dato, de que os citados Román e Velo, desenvolveron a súa carreira cinematográfica desde Madrid e Méjico respectivamente.
O tema de hoxe, é que algo está a cambiar.
Desde que comezou a rodar a escola de audiovisuais do CIFP A Farixa, e a pesares de continuar sendo escasas as axudas económicas, o abaratamento dos equipos, pero sobre todo, a ilusión e esforzo de alumnos e profesorado do centro, permitiron que vexan a luz os primeiros froitos.
As imaxes que acompañan o texto, son as caratulas dos dous primeiros curtos que saíron desa factoría, non me atrevo a xulgalos, non son quen. Con todo podo darvos a miña opinión de espectador, ENCANTÁRONME; por unha banda sorprendeume a calidade técnica, por outro a orixinalidade dos guións; en canto aos actores, só felicitalos, en especial ao meu amigo Ernesto Ferro, quen fai unha pequena colaboración en "Instalación".
Por certo, só a modo de idea, non se podería aproveitar a memoria e lucidez de Don Ernesto, para outro curto. Sería un "Instalacións II", incrible, asegúrovolo.
O mellor de todo, é que xa nos anuncian a próxima saída doutras dúas obras, que agardamos con interese.
Podedes obter máis información do traballo deste colectivo, facendo clic nesta ligazón. Farixa Audiovisual
Se me autorizan poreivos nunha entrada algún anaco destas obras, vanvos gustar.

25/5/10

As carretas según Don Ático

Estou intentando facer unha pequena biografía de Don Ático Noguerol, e pra iso espero contar coa colaboración da súa filla, Dona Mercedes.
De momento e mentres busco tempo para facer esa entrada, tráiovos outro dos debuxos que Don Ático nos deixo, e a súa filla permitiu que estean en poder do Arquivo Histórico Provincial.
Non é o primeiro que aparece no blog e non será o último, a Don Ático como xa saberedes, gustáballe lembrar as cousas do Ourense antigo, e por fortuna gozaba dunha memoria fotográfica, nos seus debuxos; (nos que non tedes que fixarvos na calidade pictórica, senón no documento que polo reflectido representan), plasmou case fotografías de edificios e elementos cotiáns de outrora, con gran fidelidade.
No caso que hoxe nos ocupa, trátase da carreta que facía o traxecto Ourense-Verin, e Ourense- Santiago.
Por se non entendedes a letra de Don Ático, aquí tedes o texto explicativo, co que acompañaba o seu debuxo.
"Así eran os coches que iban á Verin y á Santiago, tiraban seis caballos, cada 3 leguas, mudaban los tiros, tardaban de 12 á 14 horas. Arriba era la Baca y delante de ella iba gente. Era de lona embreada y olia muy mal.
Y una de las diversiones que teniamos los chiquillos era el irlos esperar al Pte Mayor ó á Mariñamansa para venir montados en los estribos de atrás. Los rapaces que eran poco espabilados y no podian montar, se vengaban, gritandole al mayoral ¡ Tralla atrás ! y zurraban de lo lindo."
Como vedes Don Ático lembranos atá os cheiros daqueles tempos, noutras das suas laminas dinos incluso cal era a sua opinión, dalgún dos seus conveciños, "eran unas paveras", "un pollo pera", etc, pero co que os poucos imos descubrindo do autor, penso que non era un xeito despectivo de falar da xente, se non que eran adjetivos pra definir, o mesmo que hoxe decimos "e un pijo", ou "vai de emo" etc.
Outra das virtudes de Don Ático, era que gustaba de falar cos seus maiores, quenes de bo grado facilitabanlle datos que lle permitian logo, facer debuxos de edificios que el non chegara a coñecer.

24/5/10

Maristas; a porta de Bedoya

Non fai moito tempo, falando dunha fotografia semellante a esta, Alfredo Veiga, deciame que tiña que verse a porta que habia na metade do edificio, na rúa Bedoia, e certamente naquela imaxe que ainda por riba, era moi mala, non se distinguia ese detalle.
Unha casualidade, da man do amigo Amador Rego, fixo que poidera botarlle unha ollada o libro Avances da Provincia de Ourense, que no ano 1960, se fixo a xeito de resumen de todalas milloras que se levaban feito na Provincia, pra presentar en Madrid. Teremos que interpretar, que as autoridades locais, facilitaron a instalación dos Irmans Maristas na cidade, e por eso presumian de ter case que rematado o colexio; que eu saiba, o merito e dun grupo de cidadans antigos alumnos,e algún Irman moi vinculado ca cidade, (pero esa historia non e pra hoxe).
O caso e que nesta imaxen, se que se ve a porta da que falabamos antes, na rúa Bedoia. Teño que preguntar os expertos, pero supoño que a porta teria loxica, ata que se fixo a apertura da rúa Cabanillas, e de paso que fago a pregunta verei se podo averiguar onde daba esa entrada, non e que coñeza profundamente as instalacions do centro, pero penso que por dentro non quedan restos desa porta, ainda que supoño que coincidira ca que esta no patio o caron do que fora a libreria do colexio; por fora desde que souben da sua existencia, se que e facil identificala.
Cando teña mais datos seguirei co tema.
Agora quero aproveitar esta entrada pra felicitar a un grupiño de rapaces, que este ano xa rematan unha fase moi importante da sua educación, e o venres tiveron a sua despedida oficial do colexio.
Felicidades e grazas a todolos alumnos de 2º de Bachiller.
Ainda que personalizo nestes rapaces, (algún motivo persoal teño), fagoo extensivo a todolos rapaces de ourense que rematan o seu Bachiller.
O que resta non e moco de pavo
Sorte no Selectivo

23/5/10

Os catalogos de Malingre

Non sei, se vai tardar moito en chegar unha entrada, que nos aporte datos da historia desta familia que tanto axudou a cidade no seu desenrolo; magoa que non foran moitos mais os Malingre Parmentier, que decidiron instalarse nesta terra.
A xeito de entremes desa entrada, (que chegará), mostrovos hoxe dous dos productos que mais demandados eran de entre o amplio catalogo que elaboraba a empresa.
Arriba tedes a cociña economica; todo un luxo pra os nosos avós, e non digamos pra os bisavós. Non temos que facer moito esforzo, pra atopalas ainda en moitas das cociñas do rural. O seu sistema de alimentación, que o mesmo podia ser de leña, que de carbón, e a capacidade do ferro de conservar a temperatura, fixeron destas cociñas "economicas", o centro de reunión de moitos fogares, bastaba botar outra "hacha" o lume, e podiase continuar 0 fiadeiro o quente.
Non vou falar dos platos que nela se cociñaban, xa que entrariamos na discusión de si era o xeito de quentalos que tiña o aparello, ou a calidade das materias primas que se usaban daquelas, os responsables dos sabores daqueles platos; sinxelos, pero exquisitos.   

Posiblemente, o articulo do que mais cantidade saiu daquela fundición, foron os potes; e sinceramente, penso que dame o mesmo que o deseño inicial, fora Belga ou Galego.
Pode perfectamente ser certo que o señor Manuel Malingre Parmentier, trouxera a idea da sua terra natal, pero sen dubida, que eiqui se lle deu o toque galego, e a sona da que ainda hoxe gozan estes "cacharros", temos que recoñecer, que a sua misión hoxe e case que somentes decorativa, mais non se pode descartar que buscando atopar os sabores de outro tempo, alguen volva poñer de moda estes fermosos potes.
Se tedes algún na casa, e andavos a molestar, decideme onde o ides tirar, que eu xa lle buscare un sitiño pra gardalo.

22/5/10

O primeiro libro

Non, hoxe non toca falar da biblia, nin sequera do primeiro libro escrito en Galego, o titulo ven a conto, de que este cabaleiro que vos presento, ten a honra de ser o primeiro que fixo unha donación, a nosa biblioteca, logo do incendio que arramplou con gran parte da historia bibliografica da cidade.
O pavoroso incendio que na noite do sete ao oito de nadal do ano 1927, destruiu, as instalacions da biblioteca, no Instituto Provincial, (hoxe Otero Pedrayo), foi unha das mais grandes perdas, da cultura Ourensana, e pode que de toda España.  A perda do local foi sensible, pero non tan importante, como a enorme cantidade de exemplares, en moitos caso incunables, que sucumbiron ante as lapas, (algún día noutra entrada, falarei das impresións dalgúns dos nosos concidadáns, que segundo narra a prensa local, non eran capaces de reter as bágoas).
Esa historia sera outro día, o de hoxe e lembrar e o mesmo tempo agradecer o Sr. Don Gumersindo Bustos, (na imaxe superior), a sua diligencia e rapidez de reflexos, ante unha perda de tal importancia, a sua primeira reacción, foi enviar de xeito inmediato, un exemplar dun libro, pra comezar a reconstrucción da biblioteca.  Adjuntaba o libro, a seguinte dedicatoria:
"Para la Biblioteca Pública de Orense, modesta contribución a la que seguirán otras, veinticuatro horas despues del incendio hubo de destruirla.
 Buenos Aires 9-XII.1922. Gumersindo Bustos."
Transcribo a dedicatoria, tal e como figura no libro escrito por Don Juan Fernandez Perez, "Xesta", "La nueva biblioteca provincial de Orense, Su Resurgimiento - Memoria" Imprenta La Región 1942. A pesares de que penso non errar si digo que a fecha debese a un erro de imprenta, teria que decir Buenos Aires 9-XII-1927.
O fio dese libro escrito por Don Juan, sabemos que Don Gumersindo, era un  Galego de Compostela, escribano de profesión e altruista e bibliófilo de vocación, que impulsou a creación da biblioteca "America" en Santiago, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela.
O exemplar enviado, foi o primeiro dunha serie de contribucions deste home, e tratase do libro "Atlantida " do doutor Diógenes Decoud, (outro erro de imprenta, no libro de don Juan Xesta dice "Degoud"). O dato que non facilita, e si se trata da edición de Paris 1885, ou unha das  de Bos Aires 1901 ó 1910. Sera cuestion de ir velo na biblioteca, supoño que estar gardado por ali?.

21/5/10

Hoxe fotografía imposible

O mestre Ksado,  no seu albúm "Estampas de Galicia", legounos unhas fermosas imaxes da cidade (pouquiñas), en moitos casos imposibles de obter hoxe en día.
Nesta fotografía do que ia ser asilo de orfas, auspiciado por Dona Angelita Varela (do que xa temos falado en mais dunha ocasión), podese ver en todo o seu esplendor a magna obra que naqueles anos se fixo na cidade, (polo aspecto do edificio, senon estaba rematado pouco podia faltar, co cal falamos do ano 1925, ou 24).
Pola perspectiva, penso que tivo que conseguirse a fotografía dende a esquina da nova rúa Dali, no cruce ca rúa Faustino Miguez; o que non me cadra e o angulo da imaxen, que fai pensar nun punto elevado, e nesa zona que eu saiba o que habia eran unhas leiras. Sexa como fora, pra facer hoxe esa fotografía, haberia que botar abaixo mais dun edificio.
Aproveitando o tema, lin estes días que o solar antes de mercalo dona Angelita, debeu formar parte do que o Sr. Malingre Parmentier, adquiriu pra facer o traslado da sua fundición dende o San Lazaro, (preto do que hoxe e o edificio da Sindical), ata o barrio do Couto.

20/5/10

Colexio Rosalia de Castro

Supoño que se busco mellor no arquivo atoparei outra imaxe de mellor calidade, na que se vexa este edificio, que tantos bos recordos tráeme á memoria.
De momento serve, porque esta será unha entrada preliminar.
O ano 66, e logo da miña primeira experiencia escolar, no colexio das Carmelitas, (da que algunha historia e evento taurino xa figuran no blog, facede clic ), comezou a segunda etapa do meu periplo estudantil. O centro era: a "Academia Rosalía de Castro"; situada no terceiro andar,dese edificio hoxe desaparecido da rúa Progreso. Lembro o nome dos que creo eran todo o elenco de profesores, Dona Encarnita (a directora), a señorita Pili (a miña profe), a señorita Mari Fe, (dela teño menos recordos, e ata dubido se ese era o nome, alguén me axudara a aclaralo), e o bo de Don Xullo, (un portento nas materias de ciencias), quen creo que se limitaba a dar clases particulares no centro.
Tamén lembro ao Clemente, coa súa librería no portal, sempre con libros de xadrez na man, e unha gran paciencia con toda aquela tropa de "clientes".
Pero bo, hoxe non se trata de falar do edificio, nin sequera do colexio, senón de intentar localizar aos antigos compañeiros que estivemos aqueles anos no centro; sei que é complicado, pero haberá que intentalo.
De momento teño localizados a moi poucos, a miña irmá Bea, os meus primos Domínguez, Xullo, Pía e José; os irmáns Santos Cao, Carlos e Ana; as irmás Fernandez Gil, Belen e Cristina, e o marido de Cristina, Jesus Lage, fai moito que non vexo a Prudencio, aínda que si á súa avoa, e non creo que sexa complicado localizar a José Luís, e os seus curmáns, (Siboney), se vos fixades, o alumnado, eran familias enteiras. Se algún de vós os meus lectores, pode achegar datos, sería de agradecer, xa que me gustaría, reunir anécdotas, e si e posible imaxes daquela época infantil.

19/5/10

Homenaxe Marcelo Macias 1917 (Federico Román Alonso)


Outra excepcional colaboración do amigo Federico Román, na que ademais de achegarnos un recordo da homenaxe a Don Marcelo en 1917, facilítanos a identificación, dos ilustres ourensáns que formaron a comisión do evento.
Moitísimas grazas Federico.
"Uno de los homenajes que recibió don Marcelo Macías fue el que organizó, en 1917, el Ateneo, recogiendo una idea de “El Eco de Galicia”, periódico de La Coruña, y al que la prensa orensana se adhirió con una separata especial, publicada por “La Región”, “El Diario de Orense” y “La voz pública” el 20 de enero de dicho año.
En ese número colaboraron: doña Emilia Pardo Bazán (“Todo lo que se haga en honor de Marcelo Macías, me parecerá poco, dados los merecimientos de este hombre que se asemeja a una moneda antigua, de oro, de cuño rico …”); los obispos de Orense, Osma, Cartagena, arzobispo de Tarragona, Antonio Gaite Lloves (presidente del comité ejecutivo del homenaje, vicepresidente del Ateneo, tío-abuelo de Carmen Martín Gaite), Manuel Murguía, César Abellás, Manuel Lezón, Agustín Moreno, Eugenio Marquina, Filomena Dato, Andrés Martínez Salazar, Eduardo del Palacio, Antonio Valcárcel, Santiago Alonso Garrote, Basilio Alvarez ( “… D. Marcelo más que el maestro insigne, es el genio que puso luminarias a nuestro vivir. Nadie como él para trazarnos la ruta … Cuando el sepulcro se lo trague –y ojalá tarde mucho- no habrá gallego que no haga de su tumba un altar”), Emilio Amor, Enrique Cantón, M. Martínez Sueiro, Benito F. Alonso (“… Sin rival en la elocuencia, distinguiéndose por la riqueza de su imaginación, por la flexibilidad de su ingenio y por la habilidad de su dialéctica al unísono con Demóstenes y Cicerón. Como epigrafista ocupa hoy su puesto al lado de Emilio Hübner y el P. Fita …”), Augusto G. Besada, Manuel Vidal, Salvador Padilla, Jacinto O. Picón, Cristóbal de Castro, R. Beade, Marcial Ginzo Soto, H. Calvelo, F. A. de Nóvoa y José. F. Gallego.
En la fotografía que encabeza el texto se encuentran los miembros de la Comisión ejecutiva del homenaje:
De pié (de izquierda a derecha): D. Antonio Losada Diéguez, D. José Osorio Martínez, D. Julio A. Cuevillas, D. Emilio Vázquez Pardo y D. Jesús Soria González.
Sentados: D. Manuel Cambón Fraga, D. Antonio Gaite Lloves, D. Benito Fernández Alonso y D. Emilio Amor Rolán.
Además de esta fotografía, la publicación editó en su primera página un retrato de D. Marcelo, con el soneto que le dedicó D. Antonio Rey Soto, otra de D. Antonio Gaite como presidente del Comité ejecutivo del homenaje, así como un dibujo - retrato a pluma a doble página del homenajeado realizado por D. Luis Fernández Pérez (“Xesta”). Por suscripción popular (más de 900 personas y sociedades de distintas partes del territorio nacional) se acuñó una medalla en bronce para cada uno de los contribuyentes, y una en oro para D. Marcelo (adjuntamos la fotografía que también publicaron en la separata).
En el anverso de la medalla, que modeló el gran escultor gallego Francisco Asorey y acuñó el grabador y medallista Eduardo Ausió de Barcelona, se puede apreciar su busto con la fecha de ejecución MCMXVI; en el reverso, el Pórtico de la Gloria de la catedral de Santiago de Compostela con un pantocrátor sedente y, a ambos lados, como columnas, las palabras orador y polígrafo.
La medalla y las adhesiones se las entregaron en un acto que tuvo lugar en el Teatro de la calle de la Paz (Teatro Principal), celebrándose a continuación un banquete en los salones del Liceo, donde el alcalde le hizo saber que le habían otorgado el título de “Hijo adoptivo de la ciudad”. Unos años más tarde, en 1925, las cuatro diputaciones lo nombrarían “Hijo adoptivo de Galicia”.

18/5/10

Rúa do Vargaal ou Vergairo

Non, hoxe no podo mostrarvos unha imaxe, desta antiga rúa da cidade. O motivo, e que teño un problemiña, non son quen de saber cal era con exactitude.
Unha amiga, que esta a facer un traballo historico, relacionado cun dos mais vellos apelidos da cidade, preguntoume uns cantos datos, e recoñezo, que a miña ignorancia, ou mais ben a miña falta de metodo, impediume darlle unha resposta.
Explicovos o caso: Cando estiven a facer o rueiro, lín diferentes informacions en varios dos libros que consulto frecuentemente, e algún que non era meu. O non tomar nota de onde atopei a informacion dalgunha das rúas, o seu valor cientifico, e nulo, xa que non se pode citar a fonte.
Debido a eso, non podo dar unha resposta fiable ante a pregunta da miña amiga.
Por si podedes botar unha mán, plantexovos a pregunta e doubos as opcions que estan xa delimitadas.

Onde estaba exactamente a rúa Vaargal ou Vergairo?.
Si mirades no plano (chapucero) que fixen, veredes as duas opcions marcadas cunhas flechas bermellas.
Poderia ser o tramo comprendido entre a praza da Imprenta, (antes rúa da imprenta), e o Hospital da Trinidade, (ainda non existia a rua do Padre Feijoo), algo así coma unha continuación da rúa de Colón.
Ou tamén, o pequeño calexon, que vai da praza da Ferreiria, ata a rúa Pelaio.
Se podedes botar unha mán, por ahí tedes o meu mail.
Grazas por anticipado.

17/5/10

nós

Por extrano que poda parecer, non e unha publicación coñecida por todolos Galegos; o nome si que lle soa, pero o contido xa e outro cantar.
Eu non podo achegarvos, nin sequera facilitarvos, a lectura de toda a publicación, xa que e moi extensa; o que si podo facer, e maxime na data de hoxe, día das Letras Galegas, e facer un agasallo, a todolos que colaborades e visitades de cando en vez este blog.
Eiqui tedes a portada do número tres, e dous dos artigos nese número publicados.
Os dous son un luxo; pero no primeiro, tedes agas das verbas de Castelao , un dos seus orixinais debuxos. Como sabedes, a maioria das portadas da revista eran diseño deste Galego universal, mais os primeiros numeros non poideron presumir deste detalle, polo cal este debuxo, suple a sencillez da portada.

Por outra banda, eiqui vos deixo un conto de Antón Losada Dieguez.

Pra rematar, penso que días como hoxe debemos lembrar estas verbas de presentación da Publicación.
"Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intucionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posiciós posibles respeito das catro antinomias da mente contemporanea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos."

16/5/10

A festa Bela Auria


Xa temos o programa da festa "Bela Auria", e o unico que podo añadir o tema, e que soo fai falla que o tempo acompañe; do resto xa se teñen ocupado os organizadores, a quenes xa lles damos as grazas polo esforzo que estan a facer, e o mesmo tempo, os nosos parabens.

Xa antes de comenzar, conseguiron algo de moito merito, que e lograr implicar a tantos e tan variados colectivos da cidade.

Pra que teñades unha informacion completa do programa de actividades que se vai desenrolar, visitade a web que acaban de abrir.


Ata o día trinta que gozaremos da festa, teredes un enlace no lateral do blog, a esta páxina, pra que non vos esquezades.

Animadevos a participar, entre todos podemos facer desta festa un referente da historia cultural de Galicia.

15/5/10

O señorito da Reboraina

Tal e como anda o tempo, que dende logo non esta pra sair a rúa, podedes aproveitar estes tres días pra ler este estupendo e ameno libro de Don Ramón.
O Señorito da Reboraina é a derradeira novela escrita por Don Ramón, e nela a traves do relato da azarosa vida do fidalgo Xoán Manuel Pereira de Castro, fai unha parodia da fidalguia, da que xa tiña falado na sua millor (pra mín) novela, "Contos do camiño e da rúa".
A pouco que vos metades na súa lectura, de seguro que algún sorriso provócavos.
Publicado pola editorial Galaxia (Vigo) 1960

14/5/10

A Pista de Baile do.....

As veces, tamén a mín poñenme deberes; esoutro día, o amigo Pastor Fabrega (amigo e colaborador), envioume esta fotografía, (años 40-50), e somentes a acompañaba destas preguntas, onde é?, e cal era a cancion de moda neses momentos?.
Tera que ser él, quen me poña a nota, pero penso que non vai ser tan cruel, como pra non darme sequera un aprobado, a ubicación, saqueina, non por coñecer persoalmente o sitio, que penso que xa non existia cando eu tiven uso de razón (evitade a broma facíl, ainda hoxe non o teño, pero eso e outro tema), o caso e que outros amigos, Santiago Mosquera, Amador Rego, Ernesto Ferro, etc, teñenme falado en varias ocasions do lugar, incluso Santiago, xa me ten deixado algunha fotografía do Club.
Pois eso, tratase da pista de baile do Clube de Tenis, do que xa temos falado, e se atopaba na traseira do Goberno Civil (Delegación de Goberno), no que hoxe e, Edificio Iscar, e case que todas as casas ata a esquina de Concello. Quen dera hoxe poder ter esas instalcions tan centricas, e tan versatiles, agás de poder xogar o tenis, podiase cear o aire libre no verán, e facer bailes nos que non tiñas que sufrir as suores típicas dos locais pechados (véñenlleme á cabeza, as noites no zoo de Sanxenxo, e o Vila Rosa de Bayona).
Bo, o caso e que faltoume a outra resposta, de certo que tíñaa abaneandose a piques de saír na neurona, pero non cheguei a tempo, e penso que xa non me diron por valida a resposta, se vos fixades na decoración que o pai de Pastor, fixera pra velada, veredes a Casiña de Papel que esta no muro do fondo; esa era a resposta, a popular "Mi casita de papel".
Podedes imitar o amigo Pastor, e enviarme exercicios, se non son quen de solucionalos, alguén podera botarnos unha man.

13/5/10

Caixanova o Caja de Ahorros Provincial de Orense?

Arquivo Pastor Fabrega Carballo
Non, certamente non cabe ningunha dubida, non e o mesmo.
Caixanova e unha entidad de rango superior, na que a Ourensana Caixa de Aforros, xuntou as suas armas, cas da Caixa de Pontevedra e a de Vigo. Estes días (ou meses), estamos a escoitar os problemas que esta a dar unha nova fusion cas Caixas do Norte, o que hoxe e Caixa Galicia.
Non teño ninguha intención de opinar sobre a conveniencia, nin o xeito de levala a cabo, o unico que si quero facer, xa que e competencia deste blog, e lembrar cal foi o orixe da nosa:

Caja de Ahorros Provincial de Orense. (C.A.P.O.)
As caixas de aforro, naceron pra facer fronte á necesidade de axudar ao pequeno aforrador; a inexistencia de sistemas de protección social, e o feito de que a banca privada, só mostraba interese pola empresa, e as grandes fortunas, levaron á clase política a mediados do século XIX, a fomentar a creación das Caixas de Aforros.
Os seus fundamentos pois, non buscan o lucro, senón o servizo á cidadanía, por iso nos seus órganos directivos, sempre estiveron involucrados os gobernos locais.
Cando no ano 1932, desde a deputación Provincial, Don Luís Fabrega Coello, impulsa a creación da Ourensá, Caixa de Aforros Provincial, buscábase, abrir unha porta a toda a cidadanía, para que co esforzo común, e unha "segura" política de investimentos locais, fomentásese o crecemento da Provincia.
Obrigado é recoñecer, que no caso Ourensán, tivemos que esperar ao boom da emigración, para que a nosa caixa vivise os seus momentos de esplendor, lonxe quedaban aqueles días, en que Don Luís achegábase á oficina da Caixa nos baixos da actual Deputación e logo de consultar como ían os movementos do día, (escasos ou inexistentes a maioría dos días), efectuaba un ingreso na súa conta.
A colaboración da Caixa, foi fundamental, para o crecemento das escasas industrias que se crearon na provincia, e pra a mellora na calidade de vida dos Ourensáns; a proximidade no seu momento foi fundamental.
Hoxe en día é evidente que non é viable un sistema case familiar, como era o da Caixa, pero algún modelo haberá que atopar, para que se poida seguir axudando ao pequeno empresario, e colaborar cos emprendedores locais.
Esperemos que esta nova fusión, sexa beneficiosa para toda Galicia, e as provincias máis desfavorecidas, non se vexan esquecidas por esta nova entidade. Por certo, escoitei que unha opción de denominación para o resultado desta fusión, era "Caixa Atlántica", se é así mal empezamos, Ourense e Lugo, non son precisamente bañadas por ese mar, que tal se lle pomos "Caixa Galega", ou aínda que se poida confundir cunha anterior, e ata coa catalá, chamarlle "Caixa de Galicia".
Na fotografía que vos mostro, feita o día da festa da inauguración (20 de maio de 1933), no deposito de auga de San Francisco, recoñeceredes entre outros, a Don Luis Fabrega Coello, Don Justo Mendez Aguirre, Don Eleuterio González Salgado (Leuter), Don Constantino Añel, Don Manuel Suarez Castro, Sr. Vidán (gerente de la caja de ahorros de Vigo, quien colaboro activamente en la fundación de la ourensana) etc.
se recoñecedes algún mais podedes mandarme o dato por mail, e iremos completando o grupo, non e sinxelo, xa que algún dos retratados, eran invitados de fora de Ourense, pero podese intentar non?

12/5/10

O Quiosco da Alameda II

Como vos comentei onte, a entrada de hoxe, remítema o neto de don José, quen desde logo esta máis capacitado ca mín, pra narrarvos os feitos desta desagradable parte da historia local.
“Nas fotografías pódense ver a José Rodríguez Faílde (meu avó) (1887 Piñeirón-Carracedo,1958 Os Peares) e o Quiosco situado nos Xardíns do Bispo Cesareo (Alameda), da súa propiedade, que rexentou nos primeiros anos trinta do século pasado ata que chegaron os anos do chamado "alzamento" e a guerra civil española.
O meu avó cos cartos que fixo en Cuba, onde estivera emigrado, mercou o mesmo e comezou vender libros, revistas e xornais que non debían de ser moi do agrado de certos sectores da cidade. Xa en 1934 foi detido simplemente polo feito de non vender prensa de dereitas e estivo uns quince días en prisión. Sería o preludio do que sucedería uns anos máis tarde.
O delito de José Rodríguez Faílde era ter unhas ideas demasiado progresistas para a época.
No quiosco reuníanse obreiros a ler e comentar a prensa e tamén xente como os da A.T.E.O...

Dicían nunha denuncia os de Falange (tan de moda de novo estes días) contra o meu avó: “...que estaba afiliado a izquierda republicana, habiendo hecho una gran propaganda extrema. Formó parte de mítines comunistas en el municipio de La Peroja.
El quiosco, de su propiedad, era centro de reunión de todos los directivos del periódico “ATEO”, órgano del magisterio. Vendía toda la prensa comunista, revistas pornográficas y toda clase de folletos disolventes ¿?. Su conceptuación religiosa es la de ateo y la vida pública mala.”
Por estas razóns tan demagóxicas e subxectivas debeu ser que nos primeiros intres do "alzamento" o seu quiosco foi queimado por estes elementos, precisamente, e non contentos co realizado foron depositar as cinzas á porta da casa dos meus avós en sinal de vinganza de non sei moi ben que?.
O meu avó tivo que regresar a aldea e andou fuxido un ano ata que o prenderon estivo outros tres en distintos cárceres acabando en liberdade miragreiramente sen terlle feito mal a ninguén...
A día de hoxe as calamidades que tivo que pasar el e a familia non foron reparadas e o quiosco que foi e era o modo de subsistencia da mesma nunca foi indemnizado nin moral nin económicamente.
Alfonso Rodríguez (neto de José Rodríguez Faílde).
(Na dereita do blogue tedes un enlace a páxina de Don Alfonso, na que podedes ampliar os datos deste feito, incluso o relato da detención, o mais puro estilo dun thriller)

11/5/10

O Quiosco da Alameda I

Unha das construcións máis rechamantes, que tivemos na cidade, foi o quiosco da alameda.
Como xa comentamos nalgunha ocasión, os xardíns do Bispo Cesáreo, eran o punto de chegada e saída da maioría dos carruaxes e dilixencias de finais do século XIX, e comezos do XX.
Esa concentración de actividade, deu pé, a que en maio do 1902, os empresarios Andrés Perille, e Constantino Álvarez construísen o Quiosco da alameda, que sería rexentado nun primeiro momento, por don Modesto Moure; a idea era poder servir refrescos e prensa, aos viaxeiros.
(fixadevos no tamaño dos xornais que se vendian na epoca, era preciso leelos na mesa do comedor, pra ollalos comodamente)
Como podedes observar no plano e o anuncio que vos mostro, o deseño inicial, non foi precisamente respectado, e o que ía ser un local cadrado, con tellado a catro augas, similar aos que aínda hoxe coñecemos, (e asociamos cos antigos fielatos), converteuse nun precioso quiosco con planta hexagonal (*mudéxar), rematado por unha *cúpula que semella unha estupa budista.
*(correccion do amigo Pastor Fabrega)
Este quiosco por desgraza, forma parte da crónica negra da cidade, e na entrada de mañá coa axuda de Don Alfonso Rodríguez, neto do último propietario do Quiosco, coñeceredes o resto da súa historia.

10/5/10

A procesión de Fátima e as obras

Este volveuse tolo, que terá que ver esa fotografía co título da entrada?
Pois evidentemente , nada; as obras de Juan XXIII no ano 1959, por fortuna xa están rematadas, (se algún non recoñecera a localización, que se fixe no edificio da dereita, e sen dúbida recoñecerá a traseira da actual Delegación do Goberno (Goberno Civil). O caso é que esta fotografía de obras na cidade, dáme pé a falarvos das molestias que están causando as obras de Ervedelo. (que non haxa ningunha, mala interpretación, penso que eran necesarias, co cal temos que sufrilas pra poder gozalas ao rematar).
A principal, que supoño debida a un fallo na previsión de datas, penso que vai ser o cambio de itinerario da máis popular das manifestacións relixiosas na cidade: a Procesión nocturna da nosa Virxe de Fátima.
O que vai ser lamentado polos veciños da zona afectada co peche, vai ser motivo de felicidade dos (na súa maioría novos), veciños da recentemente estreada rúa Dalí, e de todolos ourensáns que residen no tramo do parque infantil na rúa Progreso, que é o percorrido alternativo elixido para este ano de obras.
Como anécdota, que penso descoñecida por moitos ourensáns, direivos que o cambio de percorrido, vai impedir dar cumprimento a unha tradición (non oficial), que leva xa, máis dunha década realizándose.
Ao entrar na ponte de Ervedelo cara O Progreso, a Virxe fai sempre unha parada; (o feito pasa desapercibido, xa que e moi habitual que a procesión sufra parons, debido a inxente cantidad de feligreses que queren acompañar a Virxe no seu percorrido, mais agas de esta parada, as demais son aleatorias); e un xeito "casual", de saúdo e respecto dos cidadáns do Couto, cara a Don José González, "O Parroco de Couto ", quen tanto esforzo dedicou ao servizo da Virxe e os veciños; desde que a súa saúde impediulle acompañar á virxe no seu paseo anual pola cidade, Don José acompañábaa co corazón, e neses breves intres en que podía vela desde a fiestra do seu domicilio en Doutor Fleming, coa vista.
Era un xeito de encontro entre amigos.
Nota de última hora, o final a procesión tampouco pasara pola rúa Dalí, o recorrido sera pola rúa Greco

9/5/10

Feria de abril

Do que estou certo que carece este blog, é de frescura nas súas noticias, habitualmente, saen con polo menos corenta anos de atraso.
Hoxe con todo, o atraso foi de só duas semanas.
Remataba fai quince días, a feira de abril sevillana do 2010, e hoxe ensinámosvos a fotografía destas fermosas señoritas que se paseaban polo real da feira, nun instante de repouso logo de darlle duramente á sevillana.
...Perdón, ao darlle a volta á fotografía, vexo que esta datada no ano 1965, e no canto de ser obtida na rúa do inferno sevillana, foi no patio do colexio Carmelitas de Ourense.
Agora xa non merece a pena cambiala, e a verdade, é que se adapta mellor ao blog, con estes datos.
Posiblemente o erro débase a que as señoritas retratadas, a pesar do tempo transcorrido, son facilmente reconocibles.

8/5/10

Vigo - Orense

Xa o domingo pasado, o falar de Auria Bella, lembrei esta "similar" publicación.
Neste caso o resultado e semellante en canto o nivel cultural, pero temos que admitir, que na sua lectura, poidera ser que nalgun momento pensemos que son excesivos os encomios, que se dedican os Ourensáns e os Vigueses; é moi certo que desde sempre Vigo foi cidade acolledora para os ourensáns, e dende logo nesta publicación quedan perfectamente definidos eses lazos afectivos.
Aparecen na publicación, firmas tales como a de Don Marcelo Macias, Filomena Dato , Lopez Aydillo, Martinez Sueiro, Modesto Lamas, Ginzo Soto, Luis Madriñan e un longo etcetera de personalidades da cultura, tanto ourensana, como olivica; as fotografías, como non de Don Jose Pacheco, e algun debuxo do Sr. Xesta (Juan Fernandez Perez), que como na publicación feita once anos atras, tamén aportou algun articulo.

7/5/10

Baixada as Burgas

En máis dunha ocasión, queixeime pola desaparición dalgún edificio da cidade, (non tantos como poida parecer), o estrañado Roma en Progreso, o Circulo Católico no Paseo, a Casa do Pobo no Posío, e pouco mais; por fortuna aínda que é posible que nos sobren os defectos, soubemos conservar nunhas condicións aceptables, o noso casco histórico.
Hoxe ensínovos esta fotografía do arquivo Pacheco, (Museo Etnolóxico de Ribadavia), na que aparecen as últimas casas típicas que había na baixada Burgas, e supoño que coincidiredes comigo, en que non tiña moita lóxica a súa conservación; diferente é que nos guste ou non o que as substituiu, pero ese é outro cantar.
Ao mesmo tempo que vedes as casas, gozade duns detalles, que evocan tempos pasados, (non tanto que eu aínda os lembro, e son un mozo Ourensán), as pitiñas paseando "altaneras" por encima da burga, camiño do seu galiñeiro, (seguro que eran dos Giles, e procuraban estar pouco tempo na casa, non fose ser que Aser as metese na tixola), e o carriño da panadeira, que descansa á sombra, logo de realizar a repartición polas casas da cidade.
Nota para os tragaldabas; cantos botamos de menos os máis saborosos palitos de pan que se facían na cidade?, segundo comentan algúns, o sabor debíase ao interese pola reciclaxe que tiñan Rosa e Camilo, utilizando o aceite sobrante das empanadas, para enxougar esas delicias tan simples; eu prefiro pensar que ese exquisito sabor, debíase á arte de manexar as masas que adquiriran no forno co paso dos anos.
Pido desculpas ao resto de excelentes profesionais do pan dos que gozamos na cidade, Remedios, Antonio (As Cabanas), etc. Pero outro día tocáselles a eles, na fotografía de hoxe o forno de referencia era este.

6/5/10

A galeria de Juan de Austria

Esta iba ser a fotografía que ilustrara o exercicio de onte, pero o final decidín cambiala, para facelo un pouquiño mais sinxelo.
Unha galeria coma esta, non deberian pasar desapercibida nunha cidade pequena como e a nosa, pero vai ser que non moitos recoñeceredes onde estaba, (hoxe xa e tarde para ir botarlle unha ollada, supoño que debido o seu desastroso estado de conservación, o actual propietario descartou a sua recuperación), certo e que non habia moitos puntos desde os que se vira, e o habitual era vela de esguello, cando subias cara a catedral pola rúa Santa Eufemia.
Xa case que vos dixen onde e, pero pra que non lle deades mais voltas, e o edificio que esta na parte baixa de Juan de Austria, o que fai esquina ca rúa da paz.
Aclarado o tema, e non a xeito de exercicio, senon coma un favor, gustariame que alguen me dira unhos datos que me faltan.
Esoutro día ensineivos unha fotografía na que se ve o edificio que conformaba a praza do Recreo, (volverei tocar o tema con outra fotografía semellante nunhos días), moitos xa saberedes que existe unha (pacifica), discusión, sobre se o nome da Praza, debeuse a ubicación alí do Liceo Recreo, ou a que nela, era onde os rapaces do Seminario e/ou os do Instituto , saian xogar nos recreos; eu non vou entrar a dar a solución, maís que nada porque non a sei, o mesmo que non sei, cal era exactamente o edificio que ocupaba O Liceo?; e esa e a miña pregunta, alguen mo pode decir, eu sempre pensei que era o edificio do que vos mostro a Galeria, pero alguen xa me comentou que lle parecia que era encima do Latino, e dende o día que vos mostrei esa fotografia, outro dixome que nese edificio que se via na imaxen, era onde estaba a Sociedade.
Por se vos serve de axuda, o do Latino penso que e o que menos posibilidades ten, xa que coido que era dos Puga, (que tiñan o Bazar no baixo), e o do liceo segundo contaba Don José Adrio, era propiedade de Don Fernando Perez Bobo; estiveron nesa ubicación desde setembro do 1852, ata o mes de xaneiro do 1870, e por indicación tamén do sr. Adrio, sabemos que cando o liceo deixou o local, pasaron o ocupalo, os do "Circulo Carlista".
Eiqui remato, se algun ten o dato de cal era o edificio, agradecerialle que mo dixera. Grazas.

5/5/10

Exercicio novo

Non e que sexa moi vella, (o redor dos corenta anos), e dende logo non e unha canella agochada nun barrio da cidade.
Mostrovola pra que vos decatedes, do que fai, somentes a falla dun edificio, a hora de recoñecer unha antiga imaxen das rúas do vello Ourense.
Dareivos unha pistiñas, ainda que penso que non son precisas, pero non vaia ser, que algún se quede ca dubida.

Nesa rúa se prendes un "Cohiba", estaras no seu sitio.

Ese solar era unha "Isla" no mar de cemento, e co edificio novo, case que continuou sendoo, pero pra os viaxeiros

Pola zoa, tamén sae a rúa que lle adicaron o defendido por Don Juan Manuel Paz Novoa.

Se sodes tan amables, agradeceriavos que antes do fin deste mes, me enviedes un mail, decindome cal e a rúa, e xa postos gustariame saber si son do voso agrado este tipo de pistas, xa que si e así, poderiades intentar vos poñer algun exercicio, pra que os demas busquemos as respostas, eu comprometome a poñer fotografías (sempre que as teña), da zona ou a persona referida.
Pra animarvos, se recibo cincuenta mails cas resposta correcta, antes do día 25, o día trinta na exposición que se vai facer no Otero Pedrayo entre os actos da festa Bela Auria, poderedes ver unha fermosa fotografía, inedita do ano 1903, que para os afeccionados a fotografía antiga sera un autentico pracer, vela.

4/5/10

Vicente Pérez y Pérez

Vicente Perez y Perez
Desde o nacemento da cidade, en que os nomes das rúas tiñan unha significación obvia, Villare (rúa da vila), Pomerii (rodeada de leiras de maceiras), Uico ab descendam... etc. Pasando pola época en que a denominación venia dada por quen a ocupaban, zapateiros (Paz), Ferreiria (Herradores), Crux dos Ferreiros (Praza do Ferro), ata hoxe, en que o criterio non está moi definido; tivemos moitos cambios nas denominacións, neses cambios foron quedando polo camiño, nomes de cidadáns que nalgún momento os nosos conveciños, consideraron oportuno dedicarlles unha rúa, para que o seu recordo pervivise na cidade.
Nunha nova serie de entradas, intentarei lembrarvos, quen eran estes veciños, e aproveitar para refrescarvos tamén datos dalgún, dos que aínda que manteñen o seu nome nas rúas, o seu recordo esta difuso na mente dalgúns Ourensáns; o paso do tempo para certas cousas, non é beneficioso.
Por aquí pasaran: Ático Noguerol, Vicente Pérez, Os Irmáns Villar, os Xesta, Basilio Álvarez, Paz Novoa, García Mosquera, etc.
Espero que sexan de voso agrado, e desculpedes algún erro que seguramente cometerei.
Hoxe visítanos un político practicamente esquecido, que tivo o seu nome nunha das rúas máis céntricas da cidade.

Vicente Pérez y Pérez

Cando en 1873 rematanse os trámites para a apertura da actual rúa do Paseo, (adquisición do caserón Quintans, de don Juan Igneson), esta ía ser a continuación da rúa do instituto, decidiuse entón que debía ter nome propio e é así como ao primeiro tramo, desde San Miguel, ata Concordia, chamouselle Paz Novoa, e o segundo, que chegaba ata o parque de San Lázaro, chamouselle de Vicente Pérez.
Nado en Ourense o ano 1851, avogado de profesión, pertencía a unha familia de comerciantes e banqueiros (Banca Fuentes e Pérez - Bobo), dedicouse moi novo á política; a súa tendencia liberal, en breve converteulle no líder do partido liberal durante os anos da Restauración Borbónica.
En 1872 obtén por primeira vez o seu escano, como Deputado a Cortes por Ourense (Capital), vivindo en primeira persoa a continua sucesión de lexislaturas, froito dos difíciles momentos que se vivían no país.
Durante eses anos, continua desenvolvendo actividades na cidade, así no ano 1879, funda o diario "El Eco de Orense", e en 1898, debido a discrepancias con quen dirixía neses momentos a publicación, Don Valentín Lamas Carvajal, (Don Valentín quería darlle ao diario unha orientación Liberal- Conservadora, e as ideas de Don Vicente, estaban máis en liña cos progresistas de Sagasta), abandoa "El Eco" e funda o diario "El Miño".
Posteriormente e debido aos seus sucesivos nomeamentos políticos, Director Xeral de Prisións (30 de xuño de 1905), Director Xeral dos Rexistros Notariais (1910), Ministro Togado do Tribunal de Contas (1910-1921), trasladouse a Madrid, onde faleceu o 19 de Decembro de 1921.
Os seus últimos anos encadrouse na liña Albista (corrente liberal que apoiaba ao zamorano Santiago Alba Bonifaz, nas súas teses de aproximación ao socialismo).

3/5/10

A festa en Celanova

Propiedade Botas
Levaba tempo sen aparecer a terra do meu pai polo blog; a verdade é que non é que antes aparecese moito, o motivo é e foi, que practicamente non teño fotografías de fóra da cidade.
Cun pouco de sorte, no referente a Celanova, pode cambiar; fai uns días presentáronme a un amable matrimonio, que logo dunha breve charla, fixéronme chegar unhas preciosas imaxes da miña terra paterna, e coido que atesouran algunha mais.
De momento ide gozando desta, que hoxe vos mostro.
O marxe de situala na vila de Celanova, (que me aseguran quenes ma deixaron), pouco máis podo facer que elucubrar:
- As roupas, dos personaxes, fanme datala, nos comezos do século pasado (190?).
- Posiblemente tratásese da festa que o primeiro día de marzo celébrase en lembranza de San Rosendo, (As Marzás), penso que naqueles anos, non puxésese as galas unha banda de música, para actuar, sen motivo dalgún evento especial. O San Roque, descártoo, porque, quen aguanta con capa nos rigores do mes de agosto?.
- En canto a unha localización máis definida, supoño, que sería na praza maior, pero o meu pouco coñecemento da historia local, fan que non me atreva a aseguralo.
Se algún de vós pode achegar algún dato, non tería inconveniente en volver publicar a fotografía, cun texto máis clarificador.