Consejos y avisos

30/9/11

Apeadero de san Francisco

Estoume dando conta, de que é moi cómodo que me enviedes entradas o cal nos últimos tempos, estades facendo, un máis que outros, reitero o meu agradecemento en especial a Fernando Valcárcel. Pero os poucos cada vez sodes mais, grazas. 

Por experiencia, sei que ás veces é necesario ser un pouco pesado, e a iso vou.
Os amigos de  Carrileiros , Paco, Manel e demais socios, teñen practicamente rematadas as súas novas e preciosas instalacións, do parque dos Carrileiros, (detrás do Auditorio), ás que vos recomendo que vaiades botar unha ollada, e de paso dar unha volta en tren. Precisamente como xa están a piques de terminar, supoño que agora disporán de tempo, para enviarme unha pequena entrada, relativa á súa especialidade, a historia ferroviaria.
Unha suxestión seria, que nos desen os datos concretos, das inauguracións das catro estacións que deron servizo á cidade, Ribeiriño, Canedo, Empalme e San Francisco. Existe certa confusión, entre os meus lectores, polo feito de terse inaugurado a Estación Empalme no ano 1952, e ao ler as crónicas da inauguración da de San Francisco en xullo de 1957, descubrir que naqueles momentos era fin de liña.

A fotografía de hoxe, é unha das que nos prestou Patricia Fernández, en primeiro plano, vemos a Estación de San Francisco na última fase da súa construción. E permítenos decatarnos do espectacular cambio que sufriu ese barrio tan céntrico da cidade; xa noutra fotografía que Santi Reverter prestounos, comentaramos que os edificios situados enfronte da estación, levantáronse nun período moi curto de tempo, supondo un cambio radical na fisionomía do barrio. Por certo sabedes que parte das ribeiras do Miño están nese barrio?. Se navegades polo blog, comprenderédelo, se non o descubrides, explicáreivolo cando os amigos de Carrileiros envíenme a súa entrada.
Para visitar o parque de Carrileiros lembrade que a mañá do domingo é o momento apropiado, para velo todo en funcionamento.

29/9/11

Visita a Oseira

Aínda que no blog xa falamos desta Abadía, estou seguro de que non tardase en volver visitarnos.
A de hoxe é unha entrada que vos vai a facilitar pouca ou ningunha información. Dado que realmente está feita con segundas.

Non sexades mal pensados, non pretendo que o irmán Luís, nin ningún dos seus 14 compañeiros, invíteme a probar o seu magnífico Eucaliptine; o das segundas, vén, porque me gustaría que o profesor Limia Gardon, bo coñecedor daquelas terras, as súas xentes e as súas construcións, regálenos unha entrada, que brevemente nos achegue ao maxestuoso complexo monástico, que forma a Abadía. Xa noutra ocasión coménteivos que para os que aínda non tivestes a oportunidade de visitalo, os monxes teñen unha web, con xenerosa información, que seguro que vos incita a coñecer en vivo as instalacións. (Tedes un enlace no lateral do blog.) Pero creo que o profesor pode contribuír a que vos decidades, de feito no seu blog Do gran ao pan ( http://dogranaopan.blogspot.com/), xa nos propón rutas por aquela zona, que de facelas seguro que gozades. Este enlace levávos directamente a unha delas. fai click. (Se visitades o seu blog con calma, xa teredes moita información, pero egoistamente, gustariame ter un artigo de calidade ca Abadia de fondo no blog

O outro motivo de facer esta entrada, é dar as grazas ao Irmán Luís, pola súa amabilidade e paciencia, ensinándonos os traballos de recuperación da Botica Monástica e deixándonos ver, a pesar de que chegamos fóra das horas establecidas a colección de fotografía que teñen exposta, e da que forma parte esta reprodución que hoxe vos mostro; da que intentarei recoller información, xa que polo que me contou, e unha fotografía con historia. 

Procurarei na próxima visita que será en breve, levarlle algunha das fotografías que teño no Arquivo, e que polo menos non vin expostas, é posible que as teñan, pero polo si ou polo non.

Esta entrada, iba sair onte, pero a urxencia da invitación o concerto do Principal, fixo que a retrasara nun día, tanto ten, ou non?.
Pra mín non, xa que ese retraso permitiu que uns amigos tiverana oportunidade de contarme unha anecdota que cadra hoxe ben ca entrada.
             "Foron estes amigos no veran a coñecer o Mosteiro de Santo Domingo de Silos, e por circunstancias, entraron na igrexia cos oficios xa comenzados, o pouco tempo comezaron a escoitar os cantos dos monxes, e ainda que xa sabian da sua magnifica calidade, pensaron que aquelo que escoitaban, tiña que ser unha grabación; nesas andaban cando, o ir rematando o oficio, ven desfilar os monxes diante deles entonando os seus espectaculares canticos. Co cal quedou todo mais que claro".
A Silos non podo levarvos, pero esto que vos poño a continuación, si que e unha gravacion dos monxes

28/9/11

Maña no Teatro Principal

A pesar de saber que son un monárquico "vergoñento", (como cariñosamente "supoño" chámanme eles). Os Amigos da República, que á fin e ao cabo tamén o son meus, invitáronme ao concerto que organizan no Teatro Principal, Memorial Luis Yzquierdo Balbuena; o ano pasado tiven a oportunidade de asistir, e sinceramente estoulles moi agradecido pola invitación, o concerto foi marabilloso, e a organización perfecta.
Este ano lamentablemente non poderei asistir, porque tiña con anterioridade un compromiso; e síntoo, xa que no programa que me envían, leo que unha das obras é o Canon de Pachelbel; unha das miñas favoritas. E unha das intérpretes, é unha moza Ourensá, o cal faio pra mín aínda máis interesante.
Se podedes asistir, seguro que non vos defrauda o concerto. E por si non podedes, eiqui vos deixo esta pra que o disfrutedes.
Xa me contaredes.
Perdoade o tema da publicidade de Goear, terei que buscar outro xeito de poñer musica, sin publicidade, pero polo de agora e o que teño. O caso e que maña tamen ten musica a entrada. Sintoó

27/9/11

Crónica negra de Ourense IV, Garrote vil


Contrario como son á aplicación da pena de morte. Non por non merecelo nalgunhas ocasións o inculpado, se non pola posibilidade por mínima que sexa de que a xustiza poida cometer un erro.

Cando a semana pasada estivemos pendentes da resolución do caso do Norteamericano Troy Davis con triste e non moi clara sentenza. Recordei ler este verán, un recorte de prensa dos que a miña irmá envioume desde Poio, que recollía unha breve reseña dun axusticiamento na nosa provincia. Descoñezo o número de casos ocorridos na nosa contorna, e supoño que será complicado chegar a sabelo, dado os escasos datos publicados dos acontecidos no período da Guerra Civil.
Buscando información relativa á nota de prensa, deime conta, de que se procuraba darlle pouca difusión a estes casos, ou polo menos así mo pareceu, ao contrario do que se estilaba en tempos pasados, nos que o Pelouriño, servía de escarnio para o reo, e para avisar ao resto da poboación, do resultado das súas malas accións. (Na rede, o profesor José Luís Guede, ten publicado un artigo moi completo falando do tema podedelo ver nesta enlace Civitas Auriensis).

Intentando non caer no morboso, intentarei darvos os datos do caso ao que se refería o recorte de prensa.

A sentenza logo de xuízo, ditouse o día trece de febreiro do 1896, e nela considerábase probado que o reo asasinara a Juan González, con obxecto de roubarlle cando regresaban de traballar en Castela. Descenderon do tren na estación de San Clodio, e ao chegar a unha paraxe deserta acabou coa vida do seu compañeiro.
En varias ocasións logo de celebrado o xuízo, pediuse o indulto, véndose a causa por última vez no Consello do Estado o día 5 de decembro, e aínda que a idea era concedelo,  non chegou a facerse.
Finalmente fíxase a data do 12 de decembro para executar a sentenza, a cal creo que se atrasou, dado que o mesmo día 12 tense constancia da chegada do verdugo á cidade de Orense como recolle o diario a correspondencia de España, de 12 e 13 Decembro de 1896, no que se daba conta da chegada do verdugo da Audiencia de Burgos, (Don Gregorio Mayoral Sendino).
A sentenza execútase como indica o recorte que abaixo vos mostro pertencente ao diario La Correspondencia de España de 15 de decembro de 1896


Apoiandonos no articgo do profesor Guede, intentarei facer unha recompilación da historia destes atiluxios na cidade, ou se quere facela él, sabe que ten o blog a súa disposición

26/9/11

Filomena Dato por Fernando Román Alonso

 A entrada de hoxe, e un agasallo que nos fai o amigo Fernando Román, de quen esperamos que non perda as boas costumes, pra nos seria un pracer contar con algunha colaboración mais del; non en balde e un bo coñecedor da nosa historia, e un estudioso dos nosos persoeiros.
 Grazas Fernando

Filomena Dato Muruais naceu en 1856 na casa nº 10 da rúa ourensá de Cervantes. Tivo tres irmans, dous varóns e unha femia, ós que estivo vencellada toda vida, sendo a maior dos catro.

Filomena Dato foi un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista no século XIX, ademáis de Rosalia de Castro, Emilia Pardo Bazán e Sofia Casanova. As escritoras ourensá e padronesa destacaron, por riba de todo, na poesía en lingua galega xa que foron as únicas mulleres que viron publicados libros na nosa lingua no século XIX ainda que tamen o fixeron en castelán; con Emilia Pardo Bazán e Sofia Casanova uniulles unha boa amizade ainda que na súa obra estas empregaban o castelán.

Daquela integrouse nos cenáculos literarios galegos de sona, especialmente nos de Valentin Lamas Carvajal, no dos seus curmáns os Muruais con Valle-Inclán na casa do Arco en Pontevedra ou na tamen pontevedresa botica da Peregrina e na de Benito Fernández Alonso, no seu comercio de panos, na casa número 8 da Praza Maior ourensá, presidida polo astorgano Marcelo Macías e García. Era tal o valor persoal coma literario de Filomena que mantivo relacións amicais con personaxes senlleiros da literatura e do pensamento galego e español, alguns xa citados anteriormente Valentín Lamas Carvajal, Manuel Curros Enriquez, Manuel Murguía, Marcelo Macías, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, Ramón María de Valle-Inclán, Heraclio Pérez Placer, Alejandro Pérez Lugín, os seus curmans os Muruais … Manuel Curros Enriquez, creada a Real Academia Galega en 1906 propúxoa como membro Correspondente da mesma, sendo aceptada como tal.
A súa sona véulle ó ser premiada a súa obra en numerosos xogos florais en castelan, pero, en especial, en galego, sendo o máis importante o Certame celebrado en Ourense, en 1887, en honra do Padre Feijóo polo poema “Defensa das mulleres” que tiña que ser imitación doutra co mesmo título de frei Benito Feixoo e por un cento de cantares e o romance “Casdemiro”. Recordemos que dona Emilia era a presidenta do xurado.

A súa personalidade poliédrica, sociabilidade, cultura e sensibilidade logrounas amosar na súa obra poética que a converteu nun dos referentes da poesía galega e española, sobre todo en galego; consideráronna a digna sucesora de Rosalía de Castro. Publicou cinco libros en castelán: “La letania Lauretana” (Ourense, 1878), “Penumbras” (Madrid, 1880), “Romances y cantares” (Ourense, 1885), “La luna coimbricense” (Santiago) e “Fe” (A Coruña, 1911) e un, o mellor, en galego: “Follatos” publicado en 1891 en Ourense.

“Follatos” é, sen dúbida, o seu texto máis importante no que recolle as obras premiadas no Certame literario de Ourense de 1887, adicado á “Infanta d´España Dona Sabela Francisca de Borbón”, marquesa de Náxera, sendo a primeira delas “Defensa das mulleres” na que fala de personaxes femininos ó tempo que inclúe outras poesías cun certo carácter relixioso e intimista; todas están escritas nun galego ricaz. Couceiro Freijomil, no seu libro “El Idioma gallego" opina sobre “Follatos”: “... basta para acreditar as dotes nada comúns de inspiración, delicadeza e ternura desta escritora, que xa na data da publicación do antedito libro fora varias veces laureada en numerosos certames”. Destacou as composicións Diol-o empare, Morriña e Lucía ás que cualificou como “sentidísimas e suxeridoras”.

Na súa obra trata o ámbito do ser humano con igualdade, sociabilidade, cunha firme crenza feminina á vez que feminista. Vai claro que demanda xustamente a igualdade do ser humano sen importar o seu xénero; daquela trasmite, con mestría única, a mensaxe da equiparación de dereitos esenciais do home e da muller; ó mesmo tempo defendeu a identidade propia da nosa terra e da lengua nativa.
Fotografia do enterro de Dona Filomena, publicada en varios xornais da epoca, entre eles Vida Gallega, e a Revista Nuñez (anuario de Betanzos 1926), na imaxen aparece o Alcalde da Coruña y Presidente da Academia de Estudios Gallegos, Don Manuel Casas, Don Eladio Rodriguez e  Anton Villar Ponte entre outros persoeiros

Filomena finou o 26 de febreiro de 1926; enterráronna no Cemiterio de San Vicente de Moruxo (Sada), ainda que non se coñece o lugar exacto da ubicación do sartego ó facerse a mediados do século XX reformas no mesmo. O seu pasamento foi sentido en toda Galicia, participando personaxes históricos da nosa terra.
--------------------------------------------------------------------------------

COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio: “El idioma gallego”. Casa Editorial Alberto Martín. Concejo del Ciento, 140 y 142. Barcelona. 1935.

Pido desculpas a Fernando, e a todos os lectores, pola mala calidade das fotografías, pero e que considerei interesante utilizalas, pra que sepades que existe unha paxina que recolle moita prensa antiga de Betanzos http://www.hemeroteca.betanzos.net/, algun día en Ourense espero que teñamos outra. Teño que darlle as grazas o amigo David Simon Lorda, que foi quen me puso na pista desta fonte de información.

25/9/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios VII)

No tempo das nosas avóas, a roupa lavábase de xeonllos ás beiras dos ríos Miño, Barbaña e Loña. O río, e, despois os lavadeiros (xeneralizados a comezos do século XX), eran puntos de encontro das mulleres que, departían sobre asuntos que noutros foros nen se quera se mencionaban.

En 1956 constrúese o lavadoiro da fotografía, anteriormente, existiu outro pegado ao desaparecido matadoiro municipal, próximo ao pontillón da Burga, fronte á "Casa de Baños".

En 1964, recádanse en concepto de "Lavadoiro Municipal" 56.125 pesetas, cantidade que reflexa a demanda deste servizo. Neste ano cobrábase unha peseta por praza, sen reparar na cantidade de roupa que traían as mulleres. Estaban exentas de abonar esta cantidade quen tivera o carné de beneficenza.

Na década dos 60, e, en maior medida nos anos 70, introdúcese masivamente a lavadora nos nosos fogares. As lavandeiras continuaron desenrrolando a súa actividade, pero, pouco a pouco, foron desaparecendo do panorama urbano, e, os lavadeiros deixan de ser lugar de encontro e sociabilidade feminina.

Arquivo visual Ourensán fondo A.M.Ou.
Fotografía propiedade  A.M.Ou.
Fotografo, Augusto Pacheco circa 1960
Texto Fernando Valcarcel

24/9/11

Notas de patrimonio 24 - 2011 (Miguel Ángel González García)

Outro sabado, apropiado pra pasar un rato repasando os textos de Don Miguel Ángel, descubrindo detalles do patrimonio eclesiastico na nosa provincia.
Pra leer ou descargar o texto  clic aquí

23/9/11

A Ponte de....


A técnica xa é vella, pero segue sendo a máis efectiva. Cando non sabes algo, o mellor é preguntar.

Entre as fotografías que as irmás da congregación do Divino Mestre, deixáronme, figuran unhas cantas de (para min) moi difícil identificación. Son todas de zonas rurais, posiblemente próximas á cidade, pero nas que por desaparecer o elemento principal, como supoño que é o caso desta ponte que vos mostro na fotografía, logo de intentalo, teño que admitir a miña incapacidade para identificalo, e recorrer á vosa colaboración.
Os datos que eu teño, son única e simplemente, os da autoría da fotografía que corresponde ao recentemente falecido, Don José Rodríguez Bouzo Foto Foplas, e aproximadamente a data en que se obtivo, que debe roldar polos anos setenta.
Por comparación con outras fotografías, cheguei a pensar se podería ser algunha das pontes que cruzaban o Barbaña, pero fixándonos na contorna, iso queda inmediatamente descartado.

Á espera das vosas colaboracións, só recomendarvos que vos fixedes na sinxeleza da construción, a urxencia por solucionar o paso, primaba sobre calquera outra consideración, desde logo as medidas de seguridade non eran precisamente as máis idóneas, non vos parece?.

22/9/11

La Favorita

Fotografia cedida por Francisca Castro Bermudez; o seu pai, e quen aparece na  porta da Favorita, de aquelas era o representante de Cola Cao para Ourense.

Pensaba deixar pasar un tempo pra dar detalles desta rúa, logo da presentación do libro de Arturo Vispo, Crónicas dunha rúa collage da Paz/rúa dos Zapateiros, para darvos tempo a lelo, pero aínda que o intentei, non fun capaz de aguantar máis.

Supoño que cada un de vós ten os seus propios recordos da nenez, asociados a persoas, situacións, sitios etc. No meu caso un deses recordos, vén da man deste local que hoxe vos mostro na fotografía. A tenda de comestibles e ultramarinos La Favorita. (Paz 27)
Fai case nada, cando eu era un neno, (alá polo 68,69 e arredores), aínda que a moitos póidalles parecer incrible, non existían Supermercados, nin desde logo Grandes Superficies, (nin outras moitas cousas, sen as que por fortuna, heroicamente conseguimos sobrevivir); o máis parecido a iso que había, eran as Prazas de Abastos, unha na Alameda e outra na Ponte, igual que hoxe, (aínda que moitos non o recorden....). Nas prazas, atopábase o que se chamaba de diario, carne, peixe, froitas e verduras (o Rianxo), non era estrano atopar, os bloques de xeo necesarios para o refrixerador de casa, sementes, pensos, animais vivos con destino á cazuela como polos ou patos, en ocasións demasiado noviños, co que cumprían un dobre obxectivo, xoguete infantil durante un período de engorde, e alimento cando chegaban á idade apropiada, (outro día falareivos de porque iso non era un bo costume, e non o digo polo que poidan opinar os da protectora de animais)etc.
O que resultaba difícil de atopar alí, eran os artigos de despensa, embutidos, conservas, especias, salgaduras, bebidas etc. Para iso estaban as tendas de ultramarinos; diseminadas por toda a cidade daban servizo ao modo das hoxe inxustamente pouco valoradas tendas de barrio.
Por proximidade, as que eu máis visitaba eran cinco, Plus Ultra (na Avda. de Pontevedra), O Salat (na Barreira), O Mariano (na Praza), Santorum (en Progreso á beira mesmo da miña casa), e por fin, La Favorita (rúa da Paz); o seu nome xa o indicaba, era para min e a miña irmá (que me corrixa se me equivoco), a preferida; non podo dicir se era pola amabilidade do seu dono, un viejecillo do que non lembro o nome, ou a dos seus fillos uns hombretones simpáticos e traballadores, que en ocasións, poucas, deixábanme utilizar aquel longo bastón con dedos que se usaba para coller as botellas nos afastados andeis da parte de arriba. Sen restarlle merito a todos eles, agora e co tempo mudando a perspectiva, inclínome a pensar que a causa de que fose a nosa favorita, é que a ela adoitabamos ir acompañando á nosa avoa, e ela sempre atopaba na carteira algo solto para comprarnos unhas caixiñas de caramelos de cores, que nós chamabamos reconstituintes. Que tempos aqueles..... Outro día seguiremos.
Un recordo para Ramonita.

Coa entrada xa feita, coméntanme que faleceu Don José Alvarez Santorúm o último dono da tenda de ultramarinos da rúa Progreso, o meu máis sentido pésame á súa familia.

21/9/11

Ases do volante

Fotografia cedida por Santi Reverter.

Non só de recordos vive este blog; o presente e o futuro sempre están no obxectivo.

O mundo do motor para min limítase a ver comodamente sentado diante do televisor, as carreiras de Fórmula 1, e os grandes premios de motociclismo, quizais por iso, decátome ás veces por casualidade, dos éxitos que os ourensáns obteñen nese tipo de deportes. Xa vos falei nalgunha ocasión, do gran Estanislao Reverter, o máximo expoñente deste deporte na nosa cidade, tamén apareceu por aquí, o bo de Ventura, e tería que revisar para confirmar se de Peitos, Beni Fernández Coleman, Facas, Antonio Reverter, para, para, a pouco que busque máis datos na rede, a lista vaise a facer moi longa; haberá que dedicarlle algo de tempo ao tema, aínda que será mellor buscar a colaboración dalgún entendido.

Para non perder o fío, imos ao motivo desta entrada, e xa solucionaremos máis adiante a lagoa que no blog temos co mundo do motor.
Este fin de semana, no Rallye de Históricos de Melide, dous ourensáns alzáronse co triunfo na categoría da Regularidade, trátase dos irmáns Gonzalez, José Luís (Pepelus) e Ricardo (Richard). Como sempre digo, é máis importante as ganas e o empeño, que os medios dos que se dispoñan, eles demostrárono conseguindo este que supoño só será o seu primeiro triunfo dunha longa serie que os levase a divertirse coa súa afección.
Divertirse, e levar con orgullo o nome da nosa cidade por toda España, creo que son os seus únicos obxectivos, e por iso teñen o noso agradecemento.
Felicidades e Grazas Campións.

Ao estilo do gran Carlos Sainz, os nosos pilotos fixeron sufrir á afección, tendo un descoido na última curva; a todos véuselles á cabeza aquel Arrinca Carlos, por Deus arrinca, sorte que nesta ocasión o control xa o tiñan pasado, e todo quedou nun susto de última hora. Podedes ver neste enlace o vídeo deste contratempo. clic aquí


Nuestro pilotos en plena competición con su Ford Escort.

20/9/11

O mestre de José Pacheco?

 Anv e Rev: Retrato de sacerdote não identificado. Década de 1870 Tomás de Aquino Pacheco, Albumina Carte-de-visite Coleccão Alexandre Ramires. MSI-AA-F0924

Sabedes que adoito aproveitarme, do feito de ser un simple afeccionado, pra emitir teorías, das que preciso datos pra súa confirmación.
Hoxe é unha desas ocasións, nas que preciso axuda, para avanzar na investigación e por iso vouvos a dar uns poucos datos, que todo ai que dicilo por aquilo de ser agradecido, débolle á nosa concelleira de cultura Dona Isabel Pérez. Nunha das reunións que mantén cos representantes da nosa vila irmá de Vila Real, mostráronlle unha exposición fotográfica, que organizou o Museu do Som e dá Imagem da cidade (outro día falaremos do tema: para cando en Ourense algo parecido?), na que figuraba esta fotografía que vos mostro e que a ela lle chamou a atención, sorte que teño de que a máis xente gústelle a fotografía antiga.
Bo vaiamos ao tema, como vedes a fotografía a firma T.A. Pacheco. A propia Isabel, tivo a amabilidade de conseguirme un catalogo da exposición, e nel aparecen máis datos.

Supoño que a estas alturas, xa vos destes conta de que a miña intención é comprobar se este Tomas de Aquino Pacheco, que en 1873 no diario O Transmontano anunciaba o seu estudo na rúa de Santo Antonio n 29 de Vila Real, ten algunha relación co noso José Pacheco.

Polas datas, podería ser un tío do noso José (o pai queda descartado, xa que grazas a Esther Pacheco, sabemos que  chamabase Lourenço), e realmente Freixo dá Espada non esta tan lonxe de Vila Real, aprox. uns 150 Km. Tamén é certo que en Portugal o apelido Pacheco é bastante común. Pero tamén é certo que sería moita casualidade que naqueles anos dos comezos da fotografía (penso que máis ou menos 20 anos non é moito, neste tema), dous Pacheco sen relación dedicásense á nova arte en zonas de non un excesivo poboamento.
Gustaríame pensar, que se podería chegar a descubrir que Don José aprendese a técnica co seu parente, e ante as escasas posibilidades de desenvolvemento na súa zona, decidise abrir novos mercados, trasladándose á nosa cidade.

Haberá que esperar, a obter máis datos.

Que non vos confundan as marcas de auga A. Ramires, púxenllas eu, porque non puiden contactar aínda co propietario da fotografía, e sabedes que non me gusta que se poidan utilizar sen permiso do propietario, ou polo menos citalo.

19/9/11

Basilio Álvarez (Fernando Valcarcel)

A entrada dos luns xa e cousa de Fernando Valcarcel, eu alegrome, xa que realmente quero aprender, e iso faise sóo con bos mestres. (paseille o censor por riba, sobran os ha.....,supoño que este pequeno comentario sóo o vai entender Fernando, pero e que e pra el)
  
Hola Rafa, hai algún tempo, repasando as entradas do teu blog, nunha delas aludías a D. Basilio Álvarez Rodríguez, e, convidabas aos lectores a realizar unha entrada sobre este importantísimo persoeiro, figura do movemiento agrario galego.
Despois de estudar un pouco a súa vida, recoñecendo ao tempo a inicial ignorancia sobre o tema, decubrin os problemas e vicisitudes cos que se atopou unha persoa critica e inconformista, e, ainda que non son nin de lonxe a persoa máis autorizada, atrévome a redactar unhas letras, que tratan de achegarnos a Basilio, o home.
Nado en 1877 en Ourense, de moi novo, Basilio tentou sen fortuna sorte na ferrería do seu pai, a falla de aptitude ou tal vez a de actitude para o oficio en cuestión fai que ingrese no “Instituto de Orense”.
Tras rematar exitosamente unha primeira etapa estudiantil, a ausencia de medios económicos provoca que a única posibilidade de seguir cos estudos se limite ao ingreso no Seminario Conciliar de San Fernando, onde finalmente, se ordeará sacerdote o 19 de marzo de 1902.
Intelixente e inquedo, no seu primeiro destino como párroco en Parada de Labiote., toma contacto coa problemática do campesiñado galego, cuestión que non agrada ao bispo de Ourense que o destina a Madrid. Alí entra en contacto coa intelectualidade en cafes e tertulias, e toma enérxico posicionamento fronte o agrarismo galego fundando “Acción Gallega”. Entre tanto, medra a súa obra literaria e o seu bagaxe profesional en xornais da capital, (aspectos nos que non profundizo por darlle practicidade ao soporte e, porque na mesma rede atoparedes os múltiples e valiosos logros deste político, xoranalista, escritor e abogado), ata que en 1912 o bispo de Ourense ofrecelle a parroquia de Santa Eulalia de Beiro.
Multitude de insalvables diverxencias suscitaránse entre “o cura de Beiro” e a cúpula eclesiática por criticar ou cuestionar uns preceptos tan arcaicos como rixidos.
Máis, como a vida e unha montaña rusa, ás veces tamén toca subir, e, o 12 de outubro, unha xunta executiva disposta para tal fin, e, presidida por D. Olegario Muñiz Álvarez, dispénsalle unha homenaxe, consistente nuha marcha polas rúas de Ourense. Ao son da Banda Municipal de Música, estoupaban os foguetes que anunciaban o acontecemento, fíxose parada fronte o número 12* da Avenida de Buenos Aires, lugar onde nacera o homenaxeado, para descubrir unha placa conmemorativa. O acto remataría cun banquete popular nas pistas do “Club de Tennis”.
En 1931, coa chegada da II República, Basilio abandona o sacerdocio, ten dous fillos, afastase da igrexa, e, tras rematar Dereito, adícarase ao exercicio da abogacía e á política.
A guerra civil sorprendeo en Madrid, e ten que “marchar” a Argentina onde continúa coa súa actividade xornalística e editoral.
No seu Ourense natal, según se dí, o seu retrato foi arrastrado por cabalos (aspecto no que discrepo, pondo o dato en corentena, porque, puidera ser que, en lugar do retrato, puidese ir á placa anteriormente mentada) e, a rúa que levaba o seu nome (hoxe rúa Concordia), mudou de “Basilio Álvarez” a ”Capitán Eloy”.
Basilio Álvarez morre en Tampa, Estados Unidos, o 15 de noviembre de 1943 aos 66 anos.

Hoxe unha rúa do barrio da Ponte leva o seu nome.

* temos que recordar que a Avenida de Buenos Aires non comezaba onde hoxe o fai, senón que ocupaba a totalidade da actual rúa Concordia (tramo da antiga estrada de Trives) polo que, a rúa que o viu nacer levaría o do propio Basilio.

18/9/11

OnT nos medios. (La Región XXVII)

Estou a rematar ca serie de fotografías que o diario La Región tivo a amabilidade de  publicar nos días en que estuvo a exposición Ourense un seculo de fotografía no Museo Municipal; de feito quedan duas por mostrarvos.
Non vou ter mais remedio, que intentar convencelos de facer algún outro tipo de colaboración, e así seguir ca sección fixa do OurensenoTempo nos medios. Outra opción seria convencer tamén os do Ourense por Barrios, de que fixeran publicación diaria, pero tal e como estan as cousas dos cartos, penso que vai ser que non, bo xa veremos o que se pode facer.

Volvendo o tema que nos ocupa de verdad, que non e outro que a fotografía. Aquí deixovos esta palomita, supoño que do noso porteiro, nos anos sesenta setenta, nun estadio do Couto a medio rematar. A fotografía deixounola Inma Rafael, a quen lle dou as grazas.

17/9/11

Historias Menores (Miguel Ángel Gonzaléz García) 15-10

Fiel á súa cita dos sábados, recibimos de novo a Don Miguel Ángel González García, quen sigue achegándonos datos das súas investigacións no Arquivo diocesano; nesta ocasión e para que podades ir reuníndoos todos en formato Pdf, recupero o primeiro do que vos falei; penso que é mellor que teñades o orixinal, que un pobre resumo feito por min.

Para ler e descargar o documento, facede clic aquí

16/9/11

Peluqueria Linares

Detras da carroza, ainda se ve o cartel da peluqueria, non sei se estaria aberta, xa que a fotografia deixouma Marcial Feijoo, e data dos últimos dos cincoenta, ou primeiros dos sesenta
Cando leades esta entrada, eu espero estar dándolle unha primeira ollada ao libro que o amigo Arturo Vispo, presentaba onte: Crónicas dunha rúa Collage Paz/Zapateiros; nel o primeiro que ei buscar, serán os datos que achegue do gran Rey Custodio, como saberedes un dos Fígaros como el lles chama que tivemos en Ourense, (non sei ben o por que, xa que a parte da profesión, non lles une outra cousa, a non ser que Arturo coa súa retranca galega, queira facer alusión a outra forma de cantar, que non é a vogal precisamente).

O caso é que Rey Custodio, de acordo que deixou a súa marca na cidade, pero sería inxusto non mencionar a outro dos grandes da barbería da nosa cidade, Ramón Fernández Linares.
"Linares" creo que xa o mencione nalgunha ocasión, tiña a súa barbería na rúa Progreso, xusto enfronte da actual Deputación, daquelas Goberno Civil, como podedes ver no anuncio publicitario que acompaña esta entrada. (ata hai pouco alí tivo tamén a súa tenda o meu veciño Antonio de "El Aguila", hoxe sinceramente non sei se está aberto ou non o local, fixareime).
A situación estratéxica da barbería, e a segundo contan agradable forma de ser, de don Ramón, (se cadra o seu estado civil de viúvo, polo menos desde 1918, tamén lle facilitaba confraternizar cos seus interlocutores) fixo que o seu local fose un dos lugares máis frecuentados no primeiro cuarto do século XX, (aprox. debeu de chegar a Ourense do seu Chantada natal o ano 1912, e o último dato que atopei del é dos 40; tamén descoñezo se o seu fillo Adolfo continuo ca Peluqueria, pero seguro que algun de vos pode darme mais datos), frecuentado, pero non só para gozar dos seus servizos de barbería, senón tamén para decatarse das noticias que circulaban polas altas esferas da cidade, Alcalde, Gobernador, Presidente da Audiencia, o pleno das autoridades sentaban naquelas cadeiras de brazos, e de paso como aínda ocorre hoxe en día falábase. Días había en que o faladoiro duraba máis que o horario laboral. Aínda por riba, xa con esas fontes de información, a súa proximidade á fonda dos Cuanda, (anos máis tarde Hotel Roma), e á fonda da Isidora, facían que os transeúntes con noticias de fóra da cidade, tamén recalasen frecuentemente no local.

Deixarémolo por hoxe, que estou desexando seguir co libro; xa seguiremos falando de Linares. Por certo prometeume outro amigo, Jorge Cachaldora deixarme un libro do que eu non tiña noticias, e fala precisamente dos Fígaros Ourensáns, a ver se se acorda e préstamo.

15/9/11

Club Triunfo. En recuerdo de Joaquin Parada (Xocas)

Entradas como la de hoy ya os tengo dicho que me resulta muy difícil, hacerlas, pero últimamente no tenga más remedio.
Cuando pensé que ya se habían acabado las malas noticias de este verano, por desgracia no ha sido así; al fallecimiento del pintor Virxilio, del cual prefiero que hablen personas entendidas, como por ejemplo el profesor Limia Gardón, (aquí os dejo un enlace a su blog para que leáis la referencia click aqui); se ha unido el de un Ourensano, de los que sin alcanzar fama, ha conseguido ganarse el cariño y afecto de todo su entorno, os hablo de Joaquín Parada Fernández "Xocas".

Para intentar darle una alegría en su larga enfermedad, nos dejo su padre, mi amigo Alberto una fotografía durante la exposición del AvO (para verla haz clic aqui), que publico al diario La Región, luego inclui la misma fotografía en el blog; en ella se le veía a él con su madre y hermano de pequeño en la típica imagen en los jardinillos del Padre Feijoo; allí os hablaba de su pasión por el futbol, la cual le llevo a crear un equipo, la Peña Panchito.
 Los que lo conocieron saben que su alegría y vitalidad le convertían siempre en el animador de todas las actividades en las que él estaba. Por desgracia la enfermedad finalmente pudo con él, y deja un gran vacío en su entorno. Su recuerdo es lo que nos queda, y prefiero que sea el de ese chaval que vemos en la fotografía de los jardinillos, al que le queda toda una vida por delante.

En honor a Xocas, he recuperado esta vieja fotografía de la Revista Vida Gallega, en la que aparece uno de los primeros equipos de fútbol de nuestra ciudad, El Triunfo F.C. (1911), con su presidente, el omnipresente Luis Fernández Pérez “Xesta” a la cabeza fotografiados por el maestro José Pacheco.

Hasta siempre Xocas.

14/9/11

O libro de Arturo Vispo

Cando sabes que un traballo está ben feito, é un pracer recomendalo; e iso é o que estou a facer estes días; recomendarvos a presentación do libro que Arturo Vispo, logo de moito tempo de traballo ofrécenos.
Espero que non se me enfade, porque non quixen ensinarvos a portada na súa totalidade; considero que el é quen ten que reservarse o pracer de dala a coñecer publicamente. Por iso só móstrovos un pequeno recorte de devandita portada; con ela quero ilustrar esta introdución que Arturo tivo a amabilidade de enviarme.
“Crónicas dunha rúa” é unha obra bilingüe incardinable nas celebracións do 90 aniversario de Nós, estructurada nun mix de realidade histórica e recreación literaria, atendendo ó nomenclátor da rúa da Paz de Ourense, antiga dos Zapateiros, e na que se trata de reproducir vida e feitos da dita rúa dende 1212, data na que se ten a primeira noticia dela.
Recolle, coma non podía ser doutro xeito, a actividade comercial dos zapateiros, mestres de obra prima, e da confraría do seu gremio, a de Santa Eufemia; o troco de nome da rúa aló no 1839, Zapateiros polo de Paz, e algún outro intento de redenominala; a impronta do Teatro Principal dende a súa construcción ata a súa rehabilitación nos anos oitenta do século pasado, incluíndo neste apartado o derradeiro artigo do actor, recentemente falecido, Abelardo Pérez Gabriel; o nacemento da Coral de Ruada e maila súa sé no Teatro; uns sinxelos apuntes sobre Risco, Otero Pedrayo e mailo “Xocas”, con tres textos inéditos de don Ramón; a reivindicación doutros e recoñecidos escritores do seu tempo, quizais obscurecidos polos ditos, coma o dramaturgo Rey Soto, Neira Cancela ou o poeta Gómez del Valle, intelectuais e políticos coma Gaite Lloves, Madriñán Megid, Ildefonso Meruéndano, Madriñán Neira, Puga Brau, Asdrúbal Ferreiro ou Alfonso Pazos Cid; coma novidade, os documentos que proban a Blanco Amor coma nado na rúa da Paz e as súas vivencias nela; o recordo sombrío dos fusilamentos e “paseos” a xentes da nosa rúa durante a guerra civil, o propio e primeiro do, xa citado, comunista Manuel Gómez del Valle, o mestre, tamén do partido, Eduardo Villot Canal e mailo do galeguista das Irmandades da Fala, Isaac Forneiro Barandela, todos cunha forte relación coa rúa da Paz; a triste lembranza dos mortos da gripe do 1918; o comercio téxtil impulsado por familias chegadas de Castela, Carbajal, Romero, García, e outros negocios de sempre, algúns dos cales chegan ós nosos días, El Cronómetro, Calzados La Moderna, a antiga xoiería Cid, cunha especial atención a establecementos emblemáticos da rúa coma o Bar Orellas ou o Aceitunero, a primeira tenda especializada de Ourense, ou tamén, e entre outros coñecidos centros de ensino, o célebre colexio da “Profe”, dona Mercedes de Gracia e Astray; persoeiros populares de sona coma o perruqueiro Rey Custodio, padrasto de Blanco Amor, o Peripepe, acomodador do Teatro Principal na época do cine, o rexoubeiro xastre Varela, a Milo, a bruxa do Principal.
E tantos e tantos outros personaxes e acontecementos que o autor describe seguindo as pegadas de José Adrio Menéndez, de Maribel Outeiriño, de...
Invitación o acto de presentación que Arturo fai Extensiva a todolos lectores do blog.

13/9/11

Que houbese pasado

Ao fío da entrada de onte, estaba intentando facer unha entrada, que mostrase máis escenas marítimas no noso Miño; e atopei esta recreación, que apareceu publicada nun xornal mensual de nova aparición, baixo a cabeceira da Perdiz. Cando chego ás miñas mans o exemplar do xornal, pareceume orixinal a idea, pero non lle dei moitas voltas, ao tema; con todo volver velo, trouxo á miña cabeza uns traballos que lera fai tempo, e aos que non dera a importancia que agora considero que tiñan.

A Navegabilidade do Miño.

Existiron que eu saiba, dous traballos que incluían nas súas recomendacións finais, a necesidade de facer o noso  Miño navegable, polo menos desde a súa desembocadura, ata Ribadavia, pero en ambos os casos insistíase na conveniencia de continuar ata Ourense, e incluso seguir ata a confluencia co Sil.

Pedro Ant. Sánchez
Os caldos de Ovrens, gozaron desde sempre de merecida fama, xa no século XIII o rei Alfonso X o Sabio citábaos nas súas Cantigas de Santa María.

É a partir do século XIV cando o viño do Ribero de parecida calidade e superior produción comeza a ser exportado por toda Europa. Para iso foi fundamental o transporte en balsas polo Miño ata o seu embarque nos portos.
Cando as limitacións dese tipo de transporte, fan decaer as exportacións, e ante a puxante competencia dos viños do Porto. No século XVIII, é cando don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde presenta o seu traballo: Representación al inmortal Rey D. Carlos III sobre la navegación del Miño. No que razoa a evidente necesidade de facer esa magna obra, e os innegables beneficios que esta produciría en todo o territorio Ourensán; (aínda que a tempo pasado habería que ver como modificase a economía doutras zonas, xa que propuña aumentar a produción no Ribeiro, e eliminala na costa), pena de Albariño.

Anos despois en 1835, o enxeñeiro Don Francisco Coello, no seu: Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española; cifra en 15 millóns de reais o custo da obra, e indica que debería chegar ata a unión do Miño co Sil, insistindo novamente no enormemente beneficioso que seria para o desenvolvemento desta zona da Galicia interior. A titulo anecdótico, pero non sen certa lóxica, comentar que don Francisco suxire a posible modificación de denominación do noso Miño, aludindo ao maior caudal do seu principal afluente o Sil, co que trocarían os papeis pasando o Sil a ser o principal, e o Miño o afluente.

Hoxe imos deixalo nesta exposición de datos, e gárdome os comentarios para outra ocasión. Déixovos o titulo da entrada a modo de exercicio de reflexión.
 "Que houbese pasado"

Bibliografía.
COELLO, Francisco. Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española
MEIJIDE PARDO, Antonio. Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático fundador de la biblioteca del Real Consulado
GARCIA CORTES, Carlos. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde ( 1749-1806) Un promotor de la ilustración en Galicia.

12/9/11

As barcas do Miño (Fernando Valcarcel)

Estanse a convertir nunha sección fixa do blog, as colaboracions de Fernando; e pra mín son as millores entradas, xa non somentes pola sua calidade, senon porque aportanme ese puntiño de sorpresa que supoño que vos tedes cas que eu fago. Sigo desexando que algun mais se anime a enviar entradas, seguro que todos temos algunha pequena anecdota que contar da nosa cidade. Animadevos.
Eiqui vos deixo a de hoxe de Fernando.

As Barcas do Miño


Xa non se ven barcas no Miño ao seu paso por Ourense. Non hai tanto tempo, eran moitas as chalanas (pequeñas embarcacións de madeira, de elaboración artesanal), que se divisaban amarradas no lugar da desembocadura do Barbaña no pai Miño.
As chalanas ou gamelas da fotografía, non tiñan “quilla”, o que facilitaba a carga e descarga do produto e o desplazamento da embarcación en terra. Sobre os laterais da mesma levantábase un entramado de madeira que facilitaba a estabilidade a bordo. Os homes que a gobernaban (case sempre eran dous), guíaban a barca con remos ou varas ata o lugar máis axeitado onde tiraban a rede que se tensaba coa corrente e atrapaba salmóns, troitas, e sábalos. No Miño tamén se pescaban anguías.
O sábalo, case descoñecido hoxe, era un “habitual” da praza de abastos. Pescábase en grandes cantidades coa arte de arrastre antes descrita coñecida por “alxerife”, Este peixe era económico e moi apreciado polas “clases populares”, delo da conta o seguinte refrán: “Boa é a troita, millor o salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.
A contaminación e as especies invasoras aniquilaron á riqueza acuícola ourensana. Tal vez, algún día comezemos a devolverle ao Miño unha pequena parte do que nos ten entregado.

11/9/11

O mercores Peza do Mes en San Francisco

Sempre que podo acercome pola sala de San Francisco onde se expon a escolma de escultura do Arqueoloxico, pra ver a presentación da peza do mes. E a verdade e que as veces resulta decepcionante, ver que ca escaseza de posibilidades de lecer da que en tantas ocasions queixamonos, non chega nin de lonxe ao medio centenar o numero de asistentes.
Admito que en ocasions, tratase de pezas, pouco chamativas pra os profanos coma mín, pero asegurovos que escoitar as explicacions dos tecnicos, facilita que polo menos seamos capaces de advertir os detalles de maior interese.
A peza que se presenta este mes, pode ser unha perfecta escusa pra comezar a coller o costume de acudir a estas presentacions. Todos recoñeceremos facilmente o representado na pintura, que non e outra que a nosa vella Ponte; cas explicacions do Profesor Francisco Fariña Busto, lembraremos datos de como se vivia a Ponte no século XIX, e como era su entorno; agás de poder coñecer datos do autor da obra, Antonio Cendon, un ourensán practicamente descoñecido`por todos nos.
Nesta ocasión a presentación contara tamén ca presencia de Dona Cristina Rodriguez Rodriguez, restauradora de Pintura, quen se encargara de explicarnos como se fixo a recuperación desta obra o seu estado orixinal.
Animadevos e achegadevos o mercores as 20,00 a sala de San Francisco do Museo, vemonos.  

10/9/11

Notas de Patrimonio Auriense 5-2009 Miguel A. Gonzalez García

Continuo ca publicación dos traballos de Don Miguel Ángel Gonzalez García, e egora que xa pasou o verán supoño que vos viran ben pra pasar algunha destas tardes de frio e choiva que de seguro nos esperan. pra ver e descargar o documento   Clic eiqui   

9/9/11

Volta o cole 2011-12

Non teño claro si esta fotografía que me deixou o amigo Mito, e dun regreso o cole, ou dun viaxe pra pasar a tarde no rio, subindo por una recien daquelas estreada rúa Xoan XXIII, pero de calquera xeito penso que sirve prai lustrar a entrada.

Outro curso escolar está a piques de comezar; para algún@s (non sei se me tomaron o pelo), comezaba este martes. Ídesme a permitir que a entrada de hoxe sexa un pouco máis persoal, aínda que supoño que a algún de vós sóelle tamén coñecido.

Sempre é un fito importante na vida dos nosos mozos, pero este ano poida que mais aínda pola situación que estamos vivindo, e as circunstancias que inciden en l@s que máis de cerca tócanme. Nun caso, é o momento desde o meu punto de vista máis crítico; terminar o bacharelato supón un cambio substancial na vida de calquera estudante, xa non só por que se teña que preparar un exame Selectivo, (xa non se como se chama agora de forma oficial), senón porque, é o ano en que se ten que tomar unha das decisións máis importantes na vida, Que queres ser de maior?, esa pregunta retorica en moitas conversacións de paseo, por fin esixe unha resposta seria. Sinceramente, gustaríame ser capaz de aconsellar algunha dirección, pero creo que nin eu nin ninguén hoxe en día, ten o bo consello; se seica penso que o mellor é que nesa decisión primen o sentido práctico, e o pracer, ou o que é o mesmo, entre o que che guste, escoller o que aparentemente teña mellores saídas futuras. (Que ben queda, e que pouco despexa as dúbidas, pero...).
No outro caso, volvendo ao particular, virxenciña, virxenciña que me quede como estou, ou dito de forma máis laica, a seguir así que a cousa marcha.

Pensaba tocar o tema tan de actualidade das horas dos profesores, pero vai ser mellor que o deixe para persoas máis entendidas, ou polo menos para outra entrada. En lugar diso, quero facer unha reflexión para que me digades se é idea miña, ou vós tamén o observastes.

O comezo do curso sempre pensei que para todo o mundo, sería un momento difícil, logo das liberdades estivais, volver aos horarios e obrigacións custa un pouco, ou polo menos para min sempre foi así, polo que recordo; agora que o vexo desde outra perspectiva, observo que en moitos casos, hai tres etapas:

.- A primeira é a que maioritariamente é causa de choros e desolación; en contra do que poida parecer, unha das máis felices, porque eses problemas teñen unha curta duración, de forma habitual o que tarda en comezar o primeiro recreo.

.- A segunda é a máis dura de todas, e é na que os nosos adolescentes interprétano como un xeito de coartar a súa liberdade en todos os sentidos; os que máis o padecen son os que empezan a vivir algunhas das vantaxes de facerse maior. Esta etapa require dunha gran comprensión de pais e o entorno, pero ao mesmo tempo ter ideas moi claras, para que non se desmande a tropa.

.- A terceira tenme alucinado, empezan o 14, e vanse o 7, que présas, tantas ganas de traballar ata me preocupan, non se me porá mala?. Non, supoño que non van por aí os tiros, pero bo, mentres os resultados non digan outra cousa, a gozar; ás veces o importante é saber organizarse

En fin, ánimo que é o voso traballo, e a día de hoxe ter traballo xa é moito.

8/9/11

Os Milagros

Subiendo de Orense por la carretera de Trives, al llegar al Couso, divisase en medio de un escarpado monte el célebre Santuario de Nuestra Señora de los Milagros que con sus graníticas torres y cúpulas, semeja de lejos una fortaleza medioeval.
Así comeza a descrición do Santuario no libriño do que tedes debaixo a portada.

Segundo contan algúns historiadores, a tradición da novena á Virxe de Monte Medo, vén xa dos séculos XII e XIII (a verdade é que a marxe é amplo), os primeiros datos que atopei escritos, falan de 1640, pero neles xa se recoñece a gran tradición que teñen as poboacións próximas (e algunhas que non o son tanto, xa que se di que viñan romeros e León, Zamora e o norte de Portugal ), de acudir no mes de setembro a visitar á Virxe.

Nos primeiros tempos, tratábase dunha pequena ermida, cunha casa de labor ao seu lado que faría as funcións de casa parroquial; e é a partir do ano 1731 cando se comeza a construción do templo actual, que non rematase ata decembro de 1768, segundo contan, a pesar das obras en ningún momento deixoude celebrarse culto no Santuario.

A organización das festas, (case feira) comezou a realizarse no ano 1771 e desde aquelas, ano a ano foi crecendo o número de romeros que acoden á novena. Nos primeiros anos, é lóxico pensar que todos acudirían a pé ao Santuario, e co paso do tempo fósese perdendo o costume; pero probablemente o feito de que os veciños dos pobos circundantes Allariz, Montederramo, Castro etc, continuasen con ese costume, levou a que aos poucos se fose recuperando esa tradición, e hoxe en día os Ourensáns e moitos outros devotos realicen o percorrido de preto de 30 km a pé, case sempre nocturno para acudir á primeira misa do Santuario.


7/9/11

A festa dos Remedios

 Envioume Don Francisco Mendez fai tempo, o programa que vedes do ano 45 da festa dos Remedios, nestas datas os devotos en gran numero, achegabanse a Hermida, con fervor e ganas de pasalo ben e de seguro que os ourensans querrian que seguira sendo posible facelo.
Durante moito tempo foi a familia de Francisco quen se encargou de toda a organización, e concretamente o seu pai foi o último que se encargou de facer a festa, ata que a idade fixo que a deixara. Hoxe quen se encarga e a parroquia de Maria Auxiliadora en colaboración co Bispado. Claro que non sei como vai ser este ano logo do desgraciado incendio da hermida.
Supoño que teran que trasladarse os oficios relixiosos a igrexia dos Salesianos, pero a novena ten que seguir facendose, non en van e unha das de mais tradicción na nosa cidade.

Botando un ollo o programa de festas, vese claramente que o relixioso tiña moi boa consonancia co festivo, lamentablemete hoxe perdeuse a tradición das festas campestres na cidade, e a solta de globos. O millor poderiase pensar en recuperalas pra celebrar "espero" que o ano que ven a reconstrucción da hermida. (moi caro non pode ser, o fin e o cabo nas romerias populares de antes a xente levaba a sua merenda, e os globos de papel non sei como andara co tema dos incendios, pero cambianse rapido por uns deses tubos de confetti); e con tanta mala noticia economica, fai falla moita "distraucción".  

Ando na procura de datos, sobre os propietarios da capela; a fin de aclarar datos aparecidos na prensa, e conto ca colaboración de Don Francisco, pero teremos que agardar un tempo pra ter toda a información confirmada. Tamen ando buscando datos sobre o tempo que contou cun hermitaño pra contarvolo, pero tamen teremos que agardar.

6/9/11

El Mirto de Oro......


Antes de falar das novenas, que estes días temos duas das mais significativas da cidade e provincia, Os Remedios e Os Milagros, (canta falta fan tanto Remedios como Milagros estes días);  vouvos falar de temas mais distendidos, pra relaxar o testuz.
De paso pedirei a vosa colaboración, pra ver si e posible, dar a ubicación exacta deste centro de diversión que houbo na nosa cidade.
El Mirto de Oro

Rematando o ano 1892, abriuse na parte vella da cidade, un centro de diversión, orientado o entretemento das "Menegildas" e os seus pretendentes.
Pero recapitulemos; Ourense na segunda parte do século XIX viviu o nacemento de varias Sociedades, como foi o caso do Liceo, (a unica que conseguiu sobrevivir), e todas elas encamiñadas as reunions culturais e sociais das clases medio altas da cidade.  Eso daba cobertura e esparcemento a unha parte da poboación, pero deixaba cas ganas, e con ollos de envexa, a un dos gremios daquelas mais numerosos da cidade, o das "Menegildas", (utilizo ese termino, porque e o que atopei nos artigos de prensa que tocaban o tema), estas non eran outras que as doncellas, amas, damas de compañia, sirvientas etc como queirades chamarlles; hoxe persoal de servizo domestico.
O caso e que aproveitando o edificio que deixara baleiro o corpo dos Carabineros, na rúa da Porta da Aira, (descoñezo onde era con exactitude o edificio, pero todo leva a pensar que era o chalet que fai esquina ca Praza de San Cosme e a Rua Xullo Prieto), conseguiron que lles deixaran organizar alí os seus bailes e reunions. Ocurriu según parece, que entre as compoñentes do gremio, somentes se involucraron neses saraos, as mais noviñas, e coincidentemente as que menos cabeza tiñan, ou millor dito, cabeza tiñan, pero nelas soo navegaba unha idea fixa, cal era a de cazar o antes posible un "paxaro" que as retirara do servizo; así foi que se xuntaron como decia a miña avoa, "a fame e as ganas de comer". 
Elas cas suas mellores galas, con moitas ganas de diversión, e ca finalidade descrita, (da caza do pardillo), iban pasar alí as tardes dos sabados, ou domingos, según cal fora o día de libranza, e por alí avidos e coñecedores do "percal", aparecian os "paxaros", que mais que pardaos polo que contan, semellaban buitres, dispostos a comer todo o que se lles pusera por diante.
Resumindo e pra non esgotar o tema, que ten moita miga, o centro social ou clube El Mirto de Oro, tivo unha vida efimera, xa que as autoridades competentes viron que era un foco de problemas continuos, algunha situación simpatica ou mas ben comica se viviu, pero o habitual eran pelexas por celos, ou honores mancillados.
Pero como vos digo vouno deixar por hoxe. gustariame que si algun de vos sabéo ou pode averigualo me diga onde estiveron os Carabineros nesa rúa, e por tanto onde estaba El Mirto de Oro; e por último, botar unha ollada atenta, a fotografía de hoxe, e das do album de Augusto Guedes de Castro, e posiblemente el sexa o rapaz que se ve no fondo no medio da rúa, o problema e que ainda que pra mín e da rua Xullo Prieto (Reina Victoria, Porta da aira), non conseguin confirmalo o cen por cen. Opinade vos.

Intentei darlle un aire comico o tema, pero en ningún caso despreciativo, se algen non lle gusta o tono, pidolle disculpas de ante mán.