Consejos y avisos

9/3/22

Mosteiro de Ramirás, Tesoros olvidados

Fotografía Ángel del Castillo para Pueblo Gallego 1926

 Gustaríame ter máis coñecementos de historia e arqueoloxía, pero terei que contentarme con tratar de comprender o que leo e acudir ás veces aos meus lectores pra pedir axuda. Entre vós sei que hai xente con amplos coñecementos e despexaredes as miñas dúbidas (Pili, Javier.....)

   Ando a voltas con esta xoia da que ata hai pouco descoñecía a existencia, e agora coas miñas procuras sei aínda menos. Mesmo podería ser que unira dous Mosteiros nun. ¡Bo, mentres non me cambiedes os marcos! (perdón pola broma).

   Nunha das miñas pescudas, topei con este texto:

Anales de el Reyno de Galicia : Tomo Segundo, Dedicale a el Primogenito de la Iglesia entre todos los Reynos...

Huerta y Vega, Francisco Javier Manuel de la, 1697-1752

En Santiago : En la Imprenta de Ignacio Guerra, impresor del Reyno de Galicia, 1736
 
 Nel como vedes fala da construción do Castelo Ramiro
 
"En esta montaña pues mando don Ramiro el año de ochocientos y quarenta y fiete edificar un fuerte, de que aun oy fe registran los cimientos y conferva la memoria de fu fundador, con el nombre de Castelo Ramiro".
E tamén alude ao Mosteiro de Ramirás

 "Y porque el piadofo zelo de efte Monarca no fabia ufar de lo guerrero de fu efpiritu, fin mezclar, alternando, lo Religiofo de el culto divino, edifico tambien a quatro leguas de el Caftillo un Monafterio, dotandolo con Real magnificencia, que tambien conferva fu nombre ,  y fe llama de Ramirás; y oy efta unido a el de Monjas de San Payo de Ante Altares de la Ciudad de Santiago"
  Pero fáiseme complicado encaixalo co resto de datos que fun atopando. Non é que a Wikipedia, estea libre de erros, (por desgraza frecuentes). Cita únicamente o Castelo, pero...

     "Castelo Ramiro, también conocido como Castillo Ramiro o castillo de Miraflor, era el castillo de la ciudad gallega de Orense. Fue construido a finales del siglo XII por voluntad de los obispos de Orense, que ejercían el señorío sobre la ciudad." Wikipedia dixit...

Ábsidas do Mosteiro de Ramirás Foto Pedro Ferrer 1904

O caso é que non quedan aí as opcións, este e outro texto que non encaixa.

"El cenobio aparece datado por primera vez en el siglo X, (1 de octubre de 982), al disolverse el de Santa Comba de Bande, fundado por Odonio Bermúdez y quedar recluido en él la monja fundadora Onmega". La Voz de Galicia "El monasterio dúplice de Ramirás" A.C.V.  12-1-2001

 Ainda temos outra cita mais:

 Según Duro Peña, es posible que el monasterio existiera desde la segunda mitad del siglo X como monasterio familiar. El primer testimonio documental que nos ha llegado data de comienzos del año 1021, donde Alvaro Gudesteiz y su mujer Munia donan varias propiedades a Ramirás, que sería por entonces monasterio masculino. Avanzado el siglo XI, o incluso a principios del XII, debió producirse la transformación de monasterio familiar y quizás dúplice, a monasterio femenino. En 1137 consta ya documentalmente que era de monjas benedictinas. El papa Lucio III, en 1185, le menciona entre las donaciones efectuadas a la iglesia de Orense. La época de esplendor del monasterio tuvo lugar durante el siglo XIII, alcanzando la treintena de monjas, para reducirse drásticamente durante los siglo posteriores hasta llegar a dos únicamente hacia 1420. Monasterio de San Pedro de Ramirás       http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/37951         

  E na rede con base probablemente nestes textos pódense atopar mais referencias. A mais completa penso que é a que fixo no ano 2006 o Arqueólogo Manuel García Valdeiras. pra documentar as obras de restauración que se acababan de realizar transformando o Mosteiro en residencia da terceira idade. (Fundación Valdegodos)

Evolución do mosteiro e igrexa de S. Pedro de Ramirás:

S. X fundación do mosteiro, de tipo familiar, pola monxa Onega abadesa do mosteiro dúplice de Sta. Comba de Bande, Onega tivo que recluirse forzosamente neste novo mosteiro por orde de S. Rosendo abade do mosteiro de Celanova e verdadeiro amo de toda a contorna. En honra a fundadora tódalas abadesas deste convento terán o tratamento de Ona, coñecendose o nome de todas dende 1180 a1499.

1017 primeira referencia documental, dando conta da 1ª doazón.

1137 convírtese en convento de monxas da orde benedictina, deixando o seu carácter familiar e dúplice. Por estes anos o mosteiro alcanza gran importancia extendendo os seus bens polas feligresías do val do río Tuño, o aumento da súa importancia van parellos os continuos litixios co mosteiro de San Salvador de Celanova co que competirá polas doazóns dos nobres da comarca. Nesta etapa de esplendor e cando se construe a igrexa.

1185 o mosteiro pertenze á igrexa de Ourense, según consta nun documento de doazón de bens do Papa Lucio III.

1499 incorpórase a S. Paio de Antealtares de Santiago de Compostela, en vistas da reforma levada a cabo por Frai Rodrigo de Valencia prior do mosteiro de S.Benito de Valladolid, a partir deste momento o mosteiro quedará reducido á categoría dun priorato administrativo. Esta incorporación será combatida pola abadesa de San Paio, Dona María de Limia, o que Ile valerá a súa destitución canónica como abadesa.S. XVIII, o convento mantén a súa xurisdición sobre as feligresías de S. Pedro e Sta Mª de Leirado, Sta. Mª de Pao, Santiago de Rubiás, S. Pedro da Torre, S.Martiño de Valongo e Sta. Mª de Vilameá.S. XIX, desmortización de Mendizabal, o mosteiro é abandoado.

1949 o convento é reocupado por monxas clarisas de clausura que se separan do Real Mosteiro de Sta. Clara de Allariz.

1982 o monumento é declarado B.I.C. 

1985 obras de consolidación.

1987 ampliase o cimiterio coa construcción dun novo por detrás da ábsida.

1988 realizase unha rede de drenaxe perimetral co fin de eliminar humidades.1990 derrube de parte do muro de peche do adro e clausura do cimiterio vello.

1996 fanse reparacións na cuberta e no rosetón.

2001 control arqueolóxico das obras de rehabilitación do antigo convento, as remocións non aportan información arqueolóxica o descubrirse só revoltos contemporáneos e a rocha natural a pouca profundidade, pero localizase unha lauda medieval reutilizada como xamba.

2004 rematan as obras para adaptar o antigo convento de clarisas en residencia de anciáns.

  Traballo realizado por Manuel Garcia Valdeiras se queredes ver o traballo completo:

No hay comentarios: