Fotografía do arquivo de Don Lisardo Mazaira
Los "sufridos" lectores que seguís el blog desde sus comienzos, es posible que os "suene" alguna de estas entradas sobre Inmortales, y estáis en los cierto, aprovechando que creo haber encontrado el formato adecuado, para reunir a tod@s los personajes que dejaron huella; estoy reeditando muchas de las ya publicadas, añadiendo datos y fotos que han ido surgiendo después de su primera publicación.
Fraín
“FRain o Frailde” (Ourense, siglo xx)
A súa presenza pola cidade aínda que era habitual, non se podía evitar nos días de feira, o 7 e o 17 na súa axenda estaban marcados como de obrigada asistencia á feira ourensá.
Fotografía propiedade, Tito Bustillo |
O seu look era bastante singular, aínda que nalgúns momentos partes da súa indumentaria estiveron de moda, rexeitaba o uso de calcetíns, aínda que non é que usase mocasines precisamente, o seu calzado era de forte bota, (por desgraza en non moi bo estado), e do mesmo xeito que a mocidade actual, os pantalóns adoitaba levalos caídos, suxeitos por un rudimentario cinto de coiro, que non permitía que chegasen ao chan, aínda que era normal velo tirando deles cara arriba, (non teño o dato sobre se usaba gayumbos de marca, como os nosos retoños), outro dos seus signos de identidade, era o seu servizo de comida, que sempre levaba presto a pór en funcionamento, era unha daquelas latas de medio quilo, de sardiñas Alfageme, que o mesmo lle servía de prato, como de improvisado tambor, para amenizar a súa ladaíña "Deme unha pesieta por favor", en ocasións e dado que era bastante coñecido, (e de fiar), pedía directamente comida, entón os seus pasos encamiñábanse cara a domicilios onde el xa sabía da boa vontade dos seus propietarios, e entón pedía "una taza de quialdo ainda que estea muermo". Esta última frase procede do libro de Don Antonio Cid Miranda, "Cisneros 50 aniversario dunha promoción".
Algúns amigos din que durmía nun forno na rúa Reza, e non o discuto porque alí houbo un forno, pero non creo que coincidise co tempo de Frain. Neses anos penso que ise forno xa era a panadería da confitería La Trinidad. O que me asegura o amigo Manuel Domínguez é que o hotel, perdón, o Forno do Camilo en Canedo era un dos seus lugares favoritos, alí recibían aloxamento e, en moitos casos, comida este e outros ourensás.
Archivo de Carlo Vello |
No hay comentarios:
Publicar un comentario