Consejos y avisos

2/3/20

Roteiro Otero Pedrayo




Roteiro Otero Pedrayo.

   Xa se comentou no blogue, que iste ano pra Galicia, pero sobre todo pra a nosa cidade ten algo moi especial: cúmprense 100 anos da aparición da revista Nós, todo un referente daquela xeración que traballou pra poñer en valor o coñecemento da nosa Galicia no mundo.
    É de esperar que as institucións envórquense na celebración e a medida que se achegue a data do 30 de Outubro en que se cumpren os 100 da sálida do primeiro número á rúa, se vaia visibilizando a efeméride.

    De momento e considero que de xeito plausible, A Fundación Otero Pedrayo comezou a camiñar. Si fai unhas semanas, o profesor Monxardin dentro da Peza do Mes (Museo Arqueolóxico), presentábanos a revista de xeito magistral, nesta ocasión, achégannos por medio dun Roteiro Teatralizado, aos personaxes que lle deron vida á revista, Otero, Risco e Cuevillas. (Con algunha simpática incursión dunha xovencíña? dona Eladia nai de Otero). Non dubido que a Fundación co señor Saco e o incansable Monxardin que lle poñen rostro á entidade continúe durante todo este ano traballando por:

Nós.
Grazas

Permitidime felicitar tamén aos actores que se encargan das caracterizacions, xa que o fan dun xeito excelente, (Don Ramón ata ten un aire ao Don Ramón de mozo que coñezo das fotografías). Do equipo de Visual Q  xa non digo nada, porque ter a Luís Baños, en Ourense é todo un luxo; enorme profesional.
Os actores son da Asociación cultural Platea Lúa.Otero Pedrayo é José Novoa SalgadoVicente Risco é Jorge MartínezFlorentino Cuevillas é Jesús Zaplana GómezEladia (nai de Otero Pedrayo) é Mary González Méndez

No hay comentarios: