El tatarabuelo Joaquin acompañado por sus hijas Laureana y Sira con sus maridos |
No es cuestión de genes, y ni siquiera creo que sea por "contagio", pero en ocasiones ocurren cosas que resulta difícil atribuir a la casualidad.
En mi familia, la profesión de Maestros, ha sido la elegida por unos cuantos de sus miembros, no me quiere remontar mas allá, que posiblemente aparezca alguno mas, pero en un vistazo mas o menos cercano, me encuentro con mi bisabuela y su hermana, mi abuelo, mis padres, y ahora ya en cuarta generación mi hijo.
De las primeras de este listado Las Hermanas Sira (bisabuela) y Laureana Gonzalez Cid, dos de las primeras maestras salidas de la escuela de magisterio femenino de Ourense, mi amiga Rosa Cid Galante ha tenido la deferencia de escribir una de las entradas de su blog Historia das nosas Mulleres Ourensas (si hacéis clic en el texto resaltado, lo visitareis).
Rosa ha hecho una entrada por cada una de ellas, yo aquí os repito la de Sira, y la de Laureana puede ser la excusa para que visitéis su blog, os aseguro que encontrareis a todo un ramillete de Ourensanas de las que hacen que te sientas orgulloso.
Syra Petra Cid Gonzalez
Quixera agradecer a Rafael Salgado o haberme referenciado a súa bisavoa e tía bisavoa pois foron das primeiras mestras tituladas en Ourense cando se creou a primeira Escola Normal de Mestras a finais do século XIX .
Rosa Laureana e Sira González Cid eran fillas de Joaquín González Cortés e Petra Cid Blanco. As dúas destinaron a súa vida á ensinanza sendo das primeiras mulleres de Ourense que se titulan en Maxisterio.
Cando Rosa e Sira accederon ao maxisterio nos anos oitenta do século XIX practicamente estaban a crearse os estudos de maxisterio para as mulleres na cidade de Ourense. Fagamos un breve repaso de cómo foi a implantación deste estudos na nosa cidade e que dita información pode ampliarse pola publicación de Rosa Cid Galante titulado: A Orixe da Escola Normal de Mestras de Ourense. Desde a súa orixe aos nosos días.
Con respecto á Escola Normal de Mestras de Ourense, en 1877 o Señor Gobernador provincial indicou á Deputación Provincial de Ourense a necesidade de ocuparse da instalación da Escola Normal de Mestras con arranxo ao que dispuña a Real Orden de 14 de Marzo de 1877. A partir de entón, a constitución da Escola Normal de Mestras de Ourense tivo un proceso longo debido aos pertinentes trámites polos que tivo que transcorrer e que arrincarían dende que a Junta Provincial de Ourense solicitou, o 18 de maio de 1877, ao Rector de Santiago a necesidade de levar adiante implantación desta Institución con tres obxectivos principais: elevar o nivel do ensino das nenas da provincia, formación da muller e, en definitiva, para o ben da provincia en xeral. A Xunta Local destacaba que o número de mestras aspirantes ás escolas era moi escaso debido a que as mestras ourensás eran de escasa fortuna por non existir unha Escola Normal de Mestras e as que querían adquirir un título profesional, tiñan que facer grandes sacrificios para trasladarse a outras provincias.
Así mesmo a Xunta de Instrución Pública de Ourense solicitou ao Reitorado o día 26 de maio de 1877 que comunicara ao Sr. Ministro de Fomento a decisión tomada para que este mediara ante o Rei e dera o visto bo de que a Deputación Provincial de Ourense levara adiante a iniciativa da instauración. O Reitorado responderá positivamente á petición.
A Deputación instalou en 1879 a Escola Normal de Mestras no Ex Convento de Santo Domingo.
A Normal de Mestras pasaría a estar provisionalmente durante un breve tempo no Hospital de San Roque:
Pois ben, as nosas queridas mestras das que nos ocupamos foron das primeiras e aínda poucas mulleres que estarían por estes edificios da nosa cidade que acolleron de primeiras a Escola Normal de Mestras.
SIRA GONZÁLEZ CID
Sira González naceu o 1 de novembro de 1879 en Celanova e era irmá de Rosa Laurenana. Realizou os estudos de Maxisterio acadando o Título Superior e en 1902 foi destinada como mestra interina á escola incompleta de A Merca cobrando 250 pesetas. Un ano máis tarde trasladouse á recentemente creada escola incompleta de Rairo. Permaneceu un ano pois en 1904 foi nomeada mestra da escola mixta completa de Tosende en Baltar onde exerceu cinco anos, ata 1909, ano que foi á escola de Rebordechao en Vilar de Barrio e en 1912 vai para Folgoso de Allariz asecendendo a 1000 pesetas de soldo e onde permaneceu moitos anos ata 1933.
Sira era unha muller devota e subscribiuse para o Monumento do Sagrado Corazón en 1917. No 7 de abril de 1926 amadriñou á súa sobriña Olimpia González, filla dos señores González, Vicente González, Participou na homenaxe ao señor Rubín en 1928.
Como moitos mestres e mestras da cidade adheriuse ao Fogar do Mestre que era un lugar de encontro e intercambio de experiencias así como axuda ao maxisterio en xeral.
Casou con Delfín Sánchez Nóvoa un recoñecido industrial con quen tivo un fillo chamado Antonio Sánchez González. Antonio acadou no Instituto unhas brillantes cualificacións en todas as materias titulando en 1912 e, seguindo os pasos da nai, tamén foi mestre presentándose ás oposicións obtendo a súa primeira praza como titular en San Xoan del Río e logo en Trasalba. Casou con
Margarita Abundancia Fortes filla do avogado Pío Abundancia Álvarez. Sira enviuvou en 1939 sendo o falecemento do seu home moi sentido na cidade1.
Faleceu en 1960 con 84 anos de idade.
MUCHISIMAS GRACIAS, ROSA ES UN ORGULLO SER TU AMIGO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario