Este é o texto que nos presenta a últíma dixitalización do Consello dá Cultura Galega: a revista Celtiga, un dos medios que serviron de unión entre Galicia e os Galegos da diáspora. Reler vellos exemplares de prensa é pra min un grato pasatempo; e de xustiza, é recoñecer este tipo de esforzos que malia a escaseza de medios con que a cultura conta nestes tempos de.... /permitídeme que como é o meu costume non fale de política/,
É evidente o gran esforzo que se está realizando, pra poñer ao alcance de todos os galegos estas xoias da nosa prensa histórica; aínda esta recente a aparición na rede dos exemplares da nosa Ourensana "La Zarpa"; é resulta sinxelo atopar enlaces que nos permitan ler publicacións como A Nosa Terra, Guieiro; ata están dixitalizados varios exemplares de Nós, (aos poucos terémolos todos). Aínda que sexa preciso ter paciencia, ter de cando en vez estas noticias, sobre novas publicacións é gratificante.
Lóxicamente os máis beneficiados desta proximidade da documentación, son os expertos, que cun click teñen ao seu alcance, elementos que antigamente supoñían desprazamentos, gastos, e infinidade de molestias. Xunto a eles, os afeccionados, agradecemos que se nos permita refollar nestas páxinas, aínda que non sexa máis que para insinuar ideas nas que un estudoso gustaríanos que profundase.
Revista do 25 de Marzo do 31 |
Pero vaiamos con calma; no primeiro número da revista, xa se cita Ourense (Orense), cunha foto que admito non souben situar: o pé di Puente de la Merca (montañas de Orense), pero por máis voltas que lle dou á fotografía non sei decir de que ponte se trata, (teño que pasear mais os concellos do rural..).
A vella ponte sobre o Loña mereceu ocupar tamen unha portada, foi a do numero 47, saido o 10 do nadal no ano 1926, (a fotografía foi unha colaboracion de Felix Dopazo)
A vella ponte sobre o Loña mereceu ocupar tamen unha portada, foi a do numero 47, saido o 10 do nadal no ano 1926, (a fotografía foi unha colaboracion de Felix Dopazo)
Tedes tamen unha seccion que conta novas de actualidade, accidentes, vida social, etc, etc..
Sera cousa de dedicarlle un fin de seman destes que se aveciña chuvioso, pra unha toma de contacto no??...
No hay comentarios:
Publicar un comentario