Unha moi boa fonte de información, para recordar persoas, negocios e detalles do pasado, confórmano, os anuncios de prensa antiga; ou como neste caso os programas de festas da cidade.


Hoxe tráiovos estes catro anuncios, de negocios con moita historia na nosa cidade, da Ibense, e a competencia entre os estudios de Pacheco e Schreck, xa o sabedes case todo. Non obstante non temos tan fresco na memoria, a competencia entre diarios de información que vedes no outro anuncio.
Afeitos á existencia dun único diario local, se acaso en competencia coas edicións locais dalgún outro rexional; saber que durante un longo período de tempo, houbo non menos de tres cabeceiras de prensa na cidade faise difícil de entender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario