Consejos y avisos

14/11/11

O Convento de San Domingos

Recorte ampliado da fotografía orixinal

A miña intención era seguir hoxe coas entradas da historia da fotografía, pero creo que vos vai gustar máis esta.
Como vos dicía na entrada de onte domingo, Cándido Ventim facilitoume unha fantástica vista da cidade de comezos de século XX, (aprox. 1906), na que se aprecian detalles que ata agora eu polo menos non coñecía. Estamos a darlle voltas á imaxe, e como supoño que vos gustase, vou ir adiantándovos algún detalle.
Comezo por un edificio que eu nunca vira en fotografía, soamente podía facerme unha idea, por dous debuxos que xa tedes no blog; un é dos que Don Ático Noguerol legou aos ourensans, e o outro é un plano da súa fachada á actual rúa Concordia. Falamos do antigo Convento de Santo Domingo.
Na fotografía aparece perfectamente recoñecible a traseira deste histórico edificio, construído polos Dominicos, e que durante a súa estanza entre nós, despois de ser subtraído aos seus propietarios; paso a desempeñar diversos papeis ao servizo da cidade; dende Audiencia Provincial, Cuartel, e mesmo recinto de celebracións festivas (polo blog hai un cartel que anuncia unha actuación circense que se realizou entre as súas paredes).
Na fotografía marqueivos algún dos edificios próximos que aínda hoxe resisten as ansias construtoras que en varias épocas dende aquel 1906 aproximadamente, foron modificando a fisionomía da nosa Auria; certo é que nalgún caso, eses edificios estaban de estrea, e noutros aínda estaban a recibir os últimos retoques.
Por certo que me esquecía, a fotografía como vos dixen recuperouna o amigo Ventim, pero o fotógrafo a quen debemos esta xoia foi Don José Pacheco.
Mañá máis.

No hay comentarios: