Consejos y avisos

14/6/11

O lume na cidade

A "pequena historia local, é algo que comprendo non a todo o mundo fascínalle, como a min. De todos os xeitos, nos últimos tempos, pódense atopar traballos de calidade, que tratan sobre estes detalles, que non chaman a atención dos grandes investigadores.
A fotografía de hoxe, é unha das xoiñas que teñen no Etnolóxico de Ribadavia, e mostra os traballos dos bombeiros, nun incendio que ameazo as casas do comezo da rúa Progreso, (actual praza de Concepción Areal), nos anos creo que 30, pero....

A miña intención era utilizala, para falarvos da creación do noso corpo de bombeiros, ou quizais dos problemas que había coa perdida de cantaras e tinaxas cada vez que o concello facilitábaos para que se apagasen polos veciños, as chamas que ameazaban a cidade. Pero ao final decidín utilizala, precisamente para comentar, que non se teñen realizado, que eu saiba, traballos que falen destes profesionais que velan pola nosa seguridade. Se alguén se anima, a buscar datos, eu cédolle as entradas que precise no blog.
Precisamente nesa liña, a entrada de hoxe, gustaríame que fose unha pequena homenaxe a estes amigos, que co seu traballo, tanto me entreteñen, e axúdanme en moitas ocasións, a elaborar as entradas, con que vos castigo diariamente.
Xa que así como non coñezo traballos sobre os nosos bombeiros, se que podemos gozar xa de traballos como os de David Simon , empeñado en descubrirnos o devir da historia sanitaria da nosa cidade, centros sanitarios, doutores, farmacéuticos, etc., son o obxecto principal do seu blog.

Do amigo Manuel Domínguez, xa vos falei tamén en moitas ocasións, e a súa especialidade é o Concello de Canedo, como moitos pontinos aínda gustan de recordar ao seu barrio, aínda que por fortuna decidiu realizar incursións nas imaxes e historias deste lado do rio, (non vos perdades as últimas comparativas do antes e o despois).

O estudo exhaustivo que a amiga Rosa Cid fai das ourensás, na seu blog, e cos seus libros

A vila de Ribadavia, conta co seu cronista fotográfico, Julio Freijido, que coa colaboración de cada vez mais veciños de Ribadavia esta reconstruíndo esa pequena historia local

A estes amigos, con blogs de temática complementaria a "Ourense no Tempo", únense traballos doutras moitas persoas, en moitos casos amigos, como Miguel Abad, co seu medycine, e os seus excelentes artigos en prensa, por non falar das reflexións do amigo Aloysius. Fernando Valcárcel coa súa paixón pola Etnografía, ao que algún día convenceremos de que publique. Ana Malingre quen á marxe dos seus amplos coñecementos sobre historia, conta coa fortuna de poder falar de forma familiar, de personaxes, con Lamas Carvajal, ou os Malingre. Don Miguel Ángel Gonzalez, quen nos achega o mundo eclesiastico e a riqueza artistica do patrimonio da Diocesis, (o marxe de outras muchas "delicatessen").  Os amigos Francisco Espino,  Pastor Fabrega, Candido Ventím, os que teremos que darlles un pequeno empurron pra que se animen a darlle forma a eses datos que dende fai tempo manexan nas suas testas...  

Vexo que ao final voume esquecer de alguén, co cal, outro día e intentando suxerir outro tema, continuarei.

Se facedes clic nas palabras remarcadas accederedes directamente aos blogs referenciados.

No hay comentarios: