Consejos y avisos

19/6/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XIX)

Cando nos deixou esta fotografía o amigo Alberto Parada, durante a exposición do museo, inmediatamente a metín no grupo que se lle enviou o diario "La Región", pra sua publicación.
Nela aparece a sua muller, e os seus fillos, eu sabia que o pequeno Xocas, (quen desafortunadamente sufre desde fai tempo un importante problema de saude), disfrutaria vendo a sua imaxe no periodico que a diario revisa, pra ver as fotografias que saen referentes a sua pasión, o futbol.
No momento de tomar a fotografía nos xardinillos do Padre Feijoo anos 50, (o fondo vexe a antigua fachada do local da Viuva de Lisardo), debian vir directamente da casa, xa que si non seria imposible que tiveran os zapatos tan limpos,  Xocas e mais o seu irman, eran dos que no podian deixar pasar unha pelota sen lle propiñar unha boa patada, como vos dixen, o futbol e a sua pasión, e durante tempo practicaronno, de feito o seu irman ainda segue a ter relación co deporte rei, eso si agora como entrenador. Algun de seguro que lembra o Xocas, da epoca na que puxeron en marcha o equipo da peña Panchito.
Unha aperta Xocas.
Si o teu pai nos deixa algunha fotografía tua xogando o futbol, eu vouna publicar, a ver si te facemos mais famoso ainda.

No hay comentarios: