Consejos y avisos

5/6/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XV)


Esta fotografía que nos deixou a amiga Ana, reflicte a parte amable da vida dos emigrantes.
Historias da emigración raro e o ourensán que non pode contar algunha. Son historias no seu comezo tristes, polo que supuseron de deixar atras a familia, a terra, e en moitos casos as ilusions; algunhos foron capaces de sair adiante, e ahí estan os nomes de triunfadores na emigración. Loxicamente non todos tiveron a misma fortuna; quero pensar que a gran maioria lograron ter unha vida digna, ainda que outros non tiveron a mesma sorte.
A todos eles, os que non marcharon, teñen a obriga de agradecerlles o seu esforzo, e a sua axuda, que dende os paises de acollida enviaron a unha terra que daquelas estaba moi necesitada.
Nos últimos tempos, tiven a fortuna de poder coñecer a historia de dous deses ourensans, que marcharon, naqueles anos 50, un cara America, e outro o paraiso Suizo; os dous eran traballadores incansables, hoxe falariamos deles como "emprendedores" -non descarto falarvos en mais ocasions deles, porque de certo que as suas vivencias merecen a pena de ser recordadas-.
Pero deixareime por hoxe de "contos", e direivos o que mostra a fotografía.
Pepe un deses emigrantes, chegou a America, cunha pequena maleta e unha maquina de coser debaixo do brazo, pensaba que tiña xa un traballo asegurado, pero o baixar do barco atopouse soó, e sin saber que facer. O primeiro día durmiu entre as mercadurias do porto, o día seguinte pusose en marcha e en pouco tempo pudo xa dormir nunha pensión; a maquina de coser e as suas máns, foron a sua primeira arma de traballo, co tempo moito esforzo e algun sufrimento foi mellorando e comezou a ter unha vida holgada; así foi que chegou o momento de poder permitirse unhas vacacions. Ese e o momento que recolle a camara, o primeiro retorno do meu amigo "Pepe"; logo voltou pra seguir traballando, pero xa na sua mente estaba o desexo de retornar a sua terra, e ese día chegou, pero esa e outra historia.....
Outro día o millor falovos de Manolo; os nomes asegurovos que e unha casualidad que coincidan cos que o cine fixo habituais nos nosos emigrantes,  pero son os reais.

No hay comentarios: