A amiga Genoveva Alvarez Eire, deixounos esta fotografía, que recolle un grupo das señoritas, que nos anos 50 realizaban os cursos da sección femenina.
Xa no blog apareceu a lo menos outra imaxen parecida, e supoño que iran aparecendo moitas mais, penso que esta era unha das fotografías tipicas naqueles tempos, non eran moitas as actividades que podian levar a cabo as ourensanas, e sin entrar a opinar sobre quen ou como se organizaban, entendo que era un xeito de aprender cousas nos mais dos casos utiles; os cursos normalmente eran de cociña, costura, pintura, musica etc.
O que si me gustaria, e que non confundirades os Cursos de Hogar da Sección Femenina, co Servicio Social da Sección femenina, os cursos que corresponde a fotografía, eran totalmente voluntarios e tiñan unha función formativa, sin embargo o Servicio Social, era cuasi obligatorio, xa que se exisia o seu cumplimento, pra desempeñar moitas funcions posteriormente; algunha xente comparaba este Servicio Social, co servicio militar que os homes tiñan que cumplir, (e cumplimos). Pensando a tempo pasado, alo menos no seu comezo, era unha función de gran utilidade, xa que desempeñaban traballos de axuda en hospitales, bibliotecas, comedores, arquivos, e outras entidades publicas con problemas de man de obra, e que a situación economica non permitiria cubrir doutro xeito.
Cando consiga algunha fotografia de ourensans nestes traballos, seguiremos falando do tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario