Consejos y avisos

11/6/11

Heraclio y Francisco


Ando estes días intentando coñecer a estes dous cabaleiros, e de certo que non e sinxelo atopar cousas deles, nin como xa vos comentei, atopar comentarios doutros autores falando deles.
Lin todo o que conseguín localizar (polo de agora), escrito por eles, e realmente nótaselles un gran apego á nosa Auria. A través dos seus relatos e poesías, podemos coñecer pequenos detalles do Ourense que eles viviron. Nalgún caso espertando a miña curiosidade, por saber se a historia contada ten visos de realidade, ou é totalmente ideada polo autor; é o caso dos relatos de Heraclio P. Pracer, O Puzo dá Sila, e O Puzo do Inferno, dous lugares reais, (o amigo Miguel Doval, e as xentes do Polvorín coñécenos ben), nos que se desenvolve unha terrible historia, que non dubido que de ser certa, terminarei atopando nalgún outro relato, ou na prensa local.

Polo de agora sigo buscando datos da súa biografía, e vou contentándome con ler algúns dos seus artigos na prensa local daqueles tempos, que con sorte vou atopando.

A risco de ser pesado, se tedes algunha das obras destes autores, agradeceríavos que mo comentásedes vía mail. estas son as obras que conseguín atopar.
 
Obra narrativa en galego de Heraclio Perez Placer, da serie Narrativa recuperada.ano 1998. (edita Xunta de Galicia, e centro Ramon Piñeiro para a investigación en humanidades).

Veira do Lar, Heraclio P.Placer. Editorial José Gali i Camps Santiago 1901

Pé das Burgas, Francisco A de Novoa. Areedición La voz de Galicia

Beira o Barbaña -Paisaxes- Francisco A de Novoa, (Edición e introducción de Jorge Martinez Jimenez) Edicios do Castro 1993

No hay comentarios: