Non me queda máis remedio, que recoñecer o feito de que gozo facendo este blog, e sinceramente, hónrame saber que o le alguén. Pero o que máis me agrada de iste "hobby"; é descubrir aos poucos, datos, imaxes, e persoas pra mín totalmente descoñecidas, ou das que como moito manteño un vago recordo de cando eu era neno, (fai ben pouco).
Vén isto a conto, debido á fotografía que durante a exposición, fíxonos chegar Gloria Rodríguez Cantón; como podedes ver, trátase dunha bela moza, que pousa como unha artista, (e se cadra o era), e segundo reza na propia imaxe a fotografía era de Foto Pacheco (A Coruña).
Este selo, viña completar a lista dos estudos Pacheco en Galicia, e pola miña experiencia, non é fácil de atopar. Cando preparaba o libro do Achegamento a Historia dá fotografía en Ourense, funme familiarizando coa saga dos Pacheco, quenes conseguiron retratar todo un século da nosa Galicia (con perdón de don Pedro Ferrer, Luís Ksado, e algún gran artista mais, que por Galicia foron). Ourense José e Augusto; Vigo Jaime, Horacio e os fillos de Jaime, Monforte Cesar.... poño puntos porque non me atrevo a pechar a lista, sen ir máis lonxe, o Pacheco que hoxe aparece da Coruña, sen esquecer tampouco a Antonia e Beatriz, sobriñas de José que colaboraron no estudo Ourensán, nin ás esposas de todos eles, que as súas boas horas pasaban nos estudos.
Pero, non vou facervos hoxe a árbore xenealóxico da familia, limitareime a aclararvos quen era este Pacheco que traballou na Coruña.
Don José Pacheco Guedes, (outro día intentaremos aclarar o enigma dos apelidos deste señor), comezo da saga, tivo tres fillos, Olga José e Augusto; á arte fotográfica, dedicáronse os homes. Augusto é dabondo coñecido por todos os seguidores do blog, pero o seu irmán José, pra moitos é un gran descoñecido.
Nacido en 1902, xa que logo seis anos maior que Augusto, todo fai pensar que aprendeu as artes da fotografía de man do seu pai; e ata para ser honestos, debemos considerar a posibilidade de que algunha das fotografías atribuídas ao seu pai, realmente fosen obra súa; refírome máis que nada, ás de exterior, realizadas durante a década dos vinte, e os primeiros anos 30, aínda que tamén destes últimos anos poidan atribuírse ao seu irmán Augusto, quen de feito figura como autor das realizadas a partir dos anos 40.
José por cuestións ideolóxicas, durante a guerra civil, sufriu o que se chamaba "depuración", e estivo recluído nun campo de concentración en Francia, de onde regresou a finais do ano 38. Nese momento, é cando, cóntanos o seu sobriño Augusto Guedes, que decidiu establecerse na Coruña, para o que o seu pai cédelle, a cámara da galería, un fondo negro de veludo e algúns focos. Con ese patrimonio, instálase nos 40 na rúa Real da Coruña.
Da súa biografía, espero que o meu amigo Augusto Guedes, bóteme unha man, e a non moito tardar podamos coñecelo un pouco mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario