Consejos y avisos

25/7/23

Día de Galicia

  

Primeira vez que se iza a bandeira galega no Concello de Ourense xuño 1930 Foto Daniel para Vida Gallega.

 "Primeira bandeira galega"

Obrar con naturalidade, adoita ser a mellor opción para evitar crispación e enfrontamentos.

 O xoves 19 de xuño de 1930 celebrouse a procesión do Corpus, na cidade; ese día antigamente era dos máis sinalados do ano, como sabedes durante moito tempo ese día era o central das festas maiores Ourensás; co tempo, as festas seguiron chamándose do Corpus, pero a relación coa celebración relixiosa foise diluíndo.

A igrexa local encargábase de todos os preparativos, contando coa colaboración da banda do rexemento, varias unidades militares, os espectaculares gastadores entre elas, e todas as autoridades locais.

Naquel 1930, o país vivía uns momentos complicados, a ditadura de Primo de Rivera se desmoronaba e achandábase o camiño para a entrada da República; Ourense como de costume tentaba parecer allea aos acontecementos, pero nesta ocasión foi imposible. Ata catro alcaldes rexeron na casa do concello; excepto Jesús Soria, todos bregados na faena de dirixir a cidade, Lombardero, Ginzo e Junquera repetían ou “tripitían” no cargo. E cada decisión tiña que ser coidadosamente calibrada para evitar conflitos.

 Escoitábanse naqueles días de comezos de xuño, frecuentes reivindicacións das nacionalidades históricas, reclamando “certa autonomía” e como unha das súas demandas figuraba o uso de bandeiras e insignias; o goberno interpretou que era unha solicitude licita que podía ser atendida e aceptou e regulou o seu uso. Nesa tesitura Ourense en poucos días tería unha oportunidade histórica e aproveitouna.

Quizais por consello da intelectualidade galeguista con recoñecida influencia na cidade, Otero, Risco, e un, hoxe pouco lembrado Álvaro de Las Casas, o empresario e alcalde naquel momento Alfonso Junquera Devesa decidiu autorizar que a bandeira Galega ondease no mastro do concello ese día tan sinalado á beira da Española.

Este é o comentario que De Las Casas a través da prensa, envíalle ao alcalde días antes :

 …//…Creo interpretar un sentimiento unánimemente gozado y un deseo que todos sin excepción, llevamos dentro del alma, rogándole encarecidamente que dé las órdenes oportunas a fin de que la bandera gallega ondee sobre el pórtico de nuestra Casa Consistorial… (La Región 13 de junio 1930)

Junquera aceptou a petición, pero atopouse cun inesperado problema, á hora de colocar a bandeira: existían dúbidas sobre cal debía de ser a oficial de Galicia. E por iso de maneira urxente buscou asesoramento. O cronista da cidade, o crego Emilio Vázquez Pardo e personaxes de recoñecido prestixio deron a súa opinión, pero non coincidían plenamente.

Como todos sabemos, hoxe a bandeira, é branca cunha banda azul e o escudo no centro; baseada na bandeira da Comandancia de mariña coruñesa; xa que segundo contan: os galegos que marchaban ás Américas, partían principalmente do porto coruñés, e os barcos portaban a cruz de San Andrés, un aspa azul en fondo branco, ao chegar a destino era a que quedaba no recordo daqueles emigrantes. A coincidencia coa bandeira da mariña rusa fixo que se modificase deixando só unha banda azul. Existen outras teorías, pero hoxe non é o tema; e máxime, cando consultada de urxencia a intelectualidade Galega na persoa do presidente da Real Academia Galega, Eladio Rodríguez contestou dicindo: la bandera es toda blanca, con escudo fondo azul y dentro un cáliz de oro y una hostia de plata encima; e así se fixo como podedes ver na fotografía superior.

Bandeira que se aconsellou utilizar nese acto, pola Real Academia Galega

Pouco despois decidiuse o cambio, que recuperaba a banda azul; pero iso non quita importancia ao feito de que a primeira bandeira de Galicia que ondeou de maneira oficial nun balcón de edificio público fóra na nosa Auria aquel 19 de xuño de 1930 e con ese formato…

Dilucidado “o preito” que non foi tal, ese fue a bandera de Galicia que se izó ese día en el balcón del concello de Orense al paso de la procesión del Corpus y será saludada por los compases del himno gallego que ejecutaran las músicas. Ese mesmo día, pero sen máis motivo que lucir as nosas bandeiras, izouse tamén nas Casas dos concellos de Pontevedra e A Coruña e no palacio da deputación de Ourense. O que non sabemos é se todas as corporacións adoptasen o mesmo tipo”. (El Orzan 19 de xuño 1930)

En Lugo con todo non se aprobou ata o 18 de decembro dese ano, a colocación das dúas bandeiras España e Galicia no Concello….

Feliz día de Galicia

No hay comentarios: