Consejos y avisos

4/10/22

A Emprendedora por Enrique Murga

OR-568. Aunque no se vea bien, el vehículo cubría la linea A Rua - Viana. y por matricula nos vamos al año 1925

Afortunadamente, cada vez é máis habitual que os meus artigos sexan lidos por quen ten máis datos ca min para amplialos e axustalos á realidade, é o caso da colaboración que hoxe vos traio da man de Enrique Gonzalez Murga. Grazas a el poderemos coñecer máis detalles dunha empresa que no seu tempo foi unha das máis antigas e activas de Galicia "A Emprendedora"

Óla, permítame que me dirixa a vostede para mellorar unha información antiga que publicou no seu blog “Ourense no tempo”, no que se refire á empresa de transportes “A Emprendedora”. Son un descendente directo do seu fundador, e por tanto, coñezo de primeira man cando se creou a empresa e cal foi a súa evolución e desenvolvemento ata que se vendeu.

Así de maneira resumida, direille que a súa andaina comezou polos primeiros anos do século XX con carruaxes e coches de cabalos e con algunha plataforma de tracción animal, para despois incorporar vehículos de motor, sendo unha das empresas máis antigas do sector do transporte existente na Comunidade Autónoma de Galicia. Foi unha das primeiras empresas que incorporou as marcas alemás de vehículos Henschelsl, Krupp, a inglesa Leyland, as italianas Alfa Romeo e Fiat , as americanas Chevrolet, Ford, Dodge e Boique así como as españolas Hispano Suíza, Barreiros e Pegaso.

Aínda se conserva no álbum familiar algunha fotografía na que aparece nos talleres da emprendedora un mecánico alemán que viñera a arranxar os motores das marcas alemás, e que cando comezou a guerra civil española , segundo dicía o meu avó Aurelio, colleu medo e largouse a Alemaña. Tamén posuían unha berlina Hispano Suíza que era toda unha xoia da automoción da época. Sinalar que nos seus talleres estivo a montar un motor o ilustre ourensán Eduardo Barreiros.

 Nesta foto aparece o meu avó no centro e á esquerda un mecánico alemán con corbata que veu á Rúa a reparar os motores alemáns que tiña a empresa.

Naqueles anos 30 e 40 aos que fai alusión no seu artigo, a empresa tiña unha importante frota de camións e autobuses que daban servizo a máis de 80 nucleos de poboación dos concello do Bolo, A Veiga, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño , chegando nun principio a liña regular de viaxeiros ata O Barco e Verín, da que despois, con respecto a esta última,  fíxose cargo a empresa Guerra desde Viana a Verín. En todos os nucleos había unha importante poboación, pois aínda non comezaran os fluxos emigratorios a outras partes de España e Europa, converténdose os vehículos da empresa como os únicos medios de transporte para a mobilidade daquelas persoas. Tamén distribuía o correo e a paquetería, e os camións transportaban cemento e outros materiais para a construción da liña férrea Zamora-A Coruña e para a construción das presas de Prada e o Bao, así  como tamén trasportaban viño e uvas das máis importantes bodegas da comarca como as Bodegas Losada, Eiroa etc,, por  distintos puntos de Galicia. En todo o traxecto da linea regular  existían garaxes na Rua, Alto de Cobelo, A Veiga e Viana do Bolo.  Durante a guerra civil española foron requisados algúns dos vehículos da empresa, dos que a maior parte deles non foron recuperados.
OR-903, la empresa no dudaba en colaborar con las fiestas patronales y 
sus vehículos siempre estaban dispuestos para el desfile de San Cristobal en A Rúa


Finalmente sinalarlle, que a empresa de coches mixtos aos que se refire no seu artigo foi adquirida a finais da década dos 60 coa compra das empresas de “feira,” empresa “Sarmiento” e empresa “Luciano”, ampliándose de maneira significativa  o recorrido concesional e aumentando o numero de unidades utiles para este tipo de transporte  ás provincias de Ourense, Lugo , Zamora, e a comarca do Bierzo..

Nos últimos tempos, a empresa contaba cun autobús urbano para facer o servizo entre a Rúa e Petin, ademais de ofrecer o transporte de traballadores ás centrais hidroeléctricas da zona e o transporte escolar aos concellos da súa influencia. Ata o momento da venda da empresa, principios dos anos 90

Espero que lle quedara claro, aínda que sexa con catro pinceladas, a historia da empresa “A Emprendedora” ata finais dos anos 60. 

Atentamente, Enrique González Murga e familia

 Por si fora poco enviarme o texto e os datos que fan esta entrada Enrique envioume os poucos dias toda unha coleccion de fotografias da empresa, que vos mostro para voso deleite. 

En proximos dias subire mais fotografias da empresa

Grazas Enrique


No hay comentarios: