Consejos y avisos

27/3/19

Toponimia da provincia de Ourense "Manuel domínguez Quiroga"


    El amigo Manuel Domínguez Quiroga, sigue empeñado en sorprendernos con su sabiduría y la calidad de sus trabajos; a su fantástica web www.Canedo.eu suma en estos días un libro de obligada consulta para los que amamos a este nuestro Ourense.
    Salvando gran cantidad de problemas que un tema tan complejo como la toponimia ofrece, Manuel ha conseguido mostrarnos de forma comprensible para los profanos los entresijos de las denominaciones de nuestros lugares.

Gracias Manuel. Por el libro y por tu amistad.

 Esta es la presentación que el propio Manuel Domínguez nos hace de su obra.

    Neste libro trato de precisar a toponimia dos lugares habitados da provincia na dobre vertente do significado da palabra. Primeiro, a localización xeográfica-administrativa de 4.400 lugares (casaríos, barrios, aldeas, vilares, vilas, etc.) indicando sempre a parroquia e o Concello os que pertence. E segundo, algunha teoría que explique por que ese lugar se chama como se chama. A miña laboura a este respecto non foi a dun erudito investigador senón algo parecido ó traballo que fai unha formiguiña. Hai traballos moi doutos e interesantes sobre a toponimia en xeral e sobre a toponimia galega en particular, pero eu botaba en falta unha divulgación, sinxela e popular, para as persoas non especialistas e o que fixen foi unha recompilación de todo o material que puiden atopar a eses efectos, resumilo e ordenalo alfabeticamente. A meta era explicar a orixe dos nomes duns 3.025 topónimos, a veces repetidos en lugares distintos. De moitos deles atopei a información precisa (ás veces con contradicións), pero ao final quedou unha cantidade de sitios (450-500) dos que, por non localizar nada, tiven que facer as miñas propostas e suposicións. Sempre advertindo desa circunstancia. A Bibliografía do final do libro é, exactamente, o conxunto de obras que “debullei” para chegar ó compendio final.
Se ao final, este traballo resulta útil ou atractivo para alguén xa me considerarei con iso pagado

No hay comentarios: