Preséntase mañá luns no centro cultural Marcos Valcárcel; un novo libro que creo será o primeiro dunha serie, coa que profesionais do mundo da cultura ourensá, dirixidos polo profesor de Juana, vannos achegar á biografía de vellos ourensáns que deixaron a súa pegada entre nós.
Polos datos que coñezo, se que nesta primeira entrega aparecerán nomes como: Don Ramón, Basilio Álvarez, e Malingre Parmentier, entre outros; personaxes dabondo coñecidos, pero dos que seguramente da man destes profesionais podamos descubrir novos datos.
Sera mellor que asistades á presentación do libro, e alí seguro que recibides unha información máis fiable.
Vémonos ás 20,15 no centro cultural Marcos Valcárcel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario