Consejos y avisos

21/9/12

"Como decíamos ayer"...


   Non, non vos fagades ilusións, non encontrei ningunha relación entre Fray Luis De León e a nosa cidade. O emprego da súa célebre frase ao retornar ás aulas da universidade salmantina, é porque relendo o Catecismo do Labrego, (hai tempo que teño unha moderna edición, pero recentemente conseguín facerme cun exemplar do 1922 e aproveitei para darlle un vistacillo, é difícil de explicar, pero son dos que opinan que ler en papel e sobre todo se é antigo, non é o mesmo que unha edición dixital; serán teimas miñas pero...), de Frei Marcos d'a Portela a gran maioría das súas páxinas parecíame que podían estar escritas onte, se non hoxe mesmo; por desgracia existen situacións nesta vida que nos tocou vivir, que se resisten a cambiar; ao mellor teremos algo de culpa todos, non??.

   Este é un dos parágrafos, pero podería reproducir outros moitos, e veriades que se mantén de rabiosa actualidade.
 .…..
P. ¿Qué cousa é fe?
R. Creer o que non vimos.
P. ¿Vistes as moedas de cinco pesos?
R. Non, padre.
P.¿Y-os billetes de banco de cen pesetas?
R. Non, padre.
P ¿E creendes n-eles?
R. O qu`é creer, creemos.
P. ¿Por qué creedes?.
R. Porque oubimos falar d`eles ôs ricos; porque sabemos que os nosos cartiños vanse xuntando n-as faltriqueiras  d´os zumezugas de todal-as castas para se convertir en moedas e billetes; porque nos deprocatamos de que â conta d´eles medran, trunfan e campan os que s´alcontran n-o poleiro.
…..
Ocórrenseme moitas cousas lendo este libro, pero somentes vos fago un comentario: "que o galego antigo é, para min, esteticamente moi belo"; xa sabedes que non falo de política.
O do poleiro, non confundilo cos do curso do Poleiro eso e outra cousa. 


Aproveito para advertirvos que esteades atentos, xa que segundo teño entendido sairá proximamente un libro á luz, que intentara ser o comezo dunha colección de semblanzas de Ourensanos de prestixio, entre os que con toda lóxica aparece Don Valentín, pero non podo dicir máis.

No hay comentarios: